Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Clásicos do Rock-Carl Perkins

sarampelo @ 00:05

1 

Clásicos do Rock  

Carl Perkins 

Moito antes que Elvis Presley comezara con aquilo do “rockabilly”, un dos pioneiros foi Carl Perkins, era fillo duns labregos e nacera na pobreza un 9 de abril de 1932 no sur de USA, concretamente en Lake City (Tennessee).Parece ser que un home de raza negra foi o que lle enseñou a toca-la guitarra.  Recibiu influencias das raíces da zona: do “blues”, cousa que admiraba a Jhon Lee Hooker e do “country” a Hill Monroe e Hank Williams.

Cando escoitou o “ That`s alright mama” de Elvis, decidiu meterse dunha maneira moito máis perkins_carl.jpgprofesional.Tiña unha morea de cualidades que non tiña Elvis, ademais de cantar, escribía todo o que interpretaba e era un excelente guitarrista.

Herdeiros do seu estilo foron os Beatles e Boby Fuller, cos que tiña unha grande amizade.En 1955 compuxo e gravou unha canción chamada “Blue suede shoes” (zapatos de gamuza azul) que foi un dos grandes clásicos . Elvis tamén gravou a canción e lle roubou parte do éxito.

O 21 de marzo de 1956 Perkins e o seu grupo ían a participar nun show televisivo de Ed Sullivan, era un programa que naqueles intres servía de lanzamento a moitos cantantes moi pouco coñecidos polo público. Tiveron un accidente de coche en Wilmington no que faleceron o seu irmán e o compañeiro do grupo Jay e mailo manager. Perkins tivo unha fractura de cranio que estivo case un ano fora da canción, despois reapareceu, onde fixo traballos de orixinalidade memorables, pero xamais foi unha gran estela , entre outras cousas polo seu carácter moi reservado e modesto.

Haí quedaron para a posteridade cancións como “Boppin the blues”, “Matchbox”, ” Money don`t”, “Everybody´s tryng to be my baby”, Dixie Fried”, foron temas que logo os lembraron os Beatles, Jimi Hendrix e Robert Gordon. Nos anos 70 chegou a gravar coa banda norteamericana NRBQ.

Perkins comezara traballando nos bailes “country” do seu pobo, acompañado polos seus irmáns Jay (guitarra rítmica) e Clayton (baixo). A finais dos anos 60 uniuse a Johnny Cash para percorrer  o circuíto “country”.

A finais de 1985 xuntouse en Memphis con Johnny Cash, Roy Orbinson e Jerry Lee Lewis, para grabar un disco cheo de saudade. Titulouse “ Class of`55 (Curso del 55), sendo  unha referencia ao ano máis glorioso do selo Sun. Nas sesións de gravación, demostrou estar en posesión de tódalas habilidades que o distinguiron como un dos músicos do rock and roll máis completos dos anos cincuenta. Pero non deixa de ser un caso de mala sorte do pioneiro do Rock, Elvis levou a sona. 


Carl Perkins morreu á idade de 65 anos por mor dun cancro de garganta logo de sufrir varios ataques. Foi enterrado no cemiterio de Ridgecrest en Jackson.

T.C.F.

Bibliografía:

Historia del Rock, El País, Luís M. Quíntana.

Ver Vídeo 

 


Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>