Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Aqueles anos 60 da música de rock

sarampelo @ 12:14

Parte Primeira

BIBLIOGRAFÍA:
Hemerotecas de distintos xornais.
El País, ABC, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Informaciones. Voz de Galicia.
Biblioteca Universidade de Santiago
Fotos: Portadas de discos persoais, Internet, Biblioteca U.S.
Vídeos YouTube
T. C. F.
-----------------------------------
UNHA PEQUENA HISTORIA DO ROCK EN ESPAÑA ANOS – 60-70-80
Aqueles famosos mañanceiros dos anos 60 do “PRICE” de Madrid,
----------------------------------------------------------------------------
VÍDEOS DAS LEMBRANZAS
Videos recollidos en YouTube de javasturvier . Desde este blog lle quero dalas gracias por levarnos nuns intres ás lembranzas e a nostalxia.
----------------------------------------------------------------------------
VÍDEOS

Miguel Ríos (Himno a la Alegría) 

Luís Eduardo Aute

Karina

Luís Aguilé & Raphael

Los Canarios

Betty Missiego

Los Tres Sudamericanos

Los Canarios & Miguel Ríos

Joaquín Sabina

Alberto Cortéz

Camilo Sesto

Nino Bravo.

Carlos Santana. (Black Magic Woman)

Los Canarios. (Get On Your Knees) 

Victor Manuel 

Los Payos. (María Isabel)

Los Bravos, (La Motocicleta)

Los Javaloyas 

Juan & Junior.

Los Brincos. 

Pucho Boedo-1985-T.V.G. 

 Miguel Ríos & Ana Belén 

Los Bravos (Black is Black) 

 Los Angeles (Momentos)-

Los Bravos-(I want a name)-

Los Sirex

Los Pekenikes

Fórmula V

Los Pasos

Los Diablos

Los Mustang

Mike y los Tonys

Los Relámpagos

Los Tamara (Yo Escuché el Mar)

Los Tamara (A Santiago Voy)

Los Bravos (Bring a Little Lovin)

Juan Pardo (La Charanga)

Los Mitos (Es muy Fácil)

Mocedades (Eres Tú)

Los Amaya (Vive la Vida)

Joan Manuel Serrat (Caminante no Hay Camino)

Raphael

Dúo Dinámico (Resistiré)

Golpes Bajos (Desconocido)

Cómplices Con Triana Heredia(Alegría de Vivir)

Los Secretos (Ojos de Gata)

Los Secretos ( Déjame )

Los Secretos (Agárrate Fuerte a mi María)




Video dos Lone Star, xentileza para O Mañanceiro de Jordi Gené, fillo de Pedro Gené

(Escoitar o só de guitarra de Alex, é unha gozada)


A dictadura franquista tamén tiña moito que ver nos concertos, xa que despois de 24 actuacións do PRICE, foron prohibidas.

Os festivais españois daquela época eran case copias do de San Remjavalollas.jpgo e foron moi 127.jpgdifundidos gracias á recen estreada T.V. E.. Tiñan moito que ver con aqueles famosos programas de radio en directo dos anos 40 e 50.

En España floreceron cantantes en solitario á imaxe de Elvis Presley e de Johnny Hallyday como: Chico Valento, Mike Ríos (Miguel Ríos), Kurt Savoy, Baby Ontiveros e Rocky Khan.brincos.jpgO Dúo Dinámico foi bautizado así por un locutor de radio que negouse a presentalos como The Dinamic Bois, estes non eran rockeros duros, inspirábanse en Paúl Anka, os Cinco Latinos, os Everly Brothers etc.. Crearon éxitos memorables que naquel tempo sacudiron as adolescentes españolas, foron os primeiros en contar con clubs de fans, que a veces protagonizaban enfrontamentos coas seguidoras de José Guardiola, unha figura da vella garda de cantantes melódicos.chico-valento.jpgOs festivais da canción, como os de Benidorm e Barcelona (Festival del Mediterráneo), iniciaron unha época especial que durou ata 1968. Debutaron alí decenas de artistas coa esperanza de igualar a Connie Francis ou Mina. Estamos a falar de Lita miguelrios1.jpgTorelló, Gelu, Karina, Luisita Tenor ou Rosalía, estas foron as máis populares, pero tamén editaron discos exóticos figuras como Kenia, Kinita, Yalina ou Yoli.Pero son outro tipo de festivais, os do Price, en Madrid, nas súas dúas edicións de 1962 e 1963, os que proporcionaron de forma efectiva o primeiro empuxo, aínda que haberá que agardar ata 1964 coa chegada de Los Brincos, Mustang, Sirex e outros.

Esta primeira etapa do Rock non só deu intérpretes que con maior ou menor fortuna están aínda hoxe na brecha como Miguel Ríos, Juan Pardo etc..guardiola.jpgTamén daquela participaron persoas que hoxe son directivos de casas discográficas, responsables de estudios de gravación, productores.En definitiva, os pioneiros foron francotiradores ilusionados en un ambiente raquítico cheo de vontades pero parco en posibilidades.

Eles sentaron as bases para que posteriores xeracións puideran expresar a súa forma de vida a través daquela música ruidosa.Lembro aquela manifestación de xóvenes en Bilbao de 14 a 18 anos; que gritaban polas rúas: “queremos baile”.

Os anos sesenta de século pasado proporciona neste país a toda unha xeración( a que non vivimos a Guerra Civil) a lembranza duns felices e axitados intres que nos transformaron moi radical as condicións de vida. Para min foron uns anos de ebulición xuvenil que images5.jpgcontaxiou ao resto da sociedade.Os tempos estaban trocando, e tamén a música pop: os guateques, festivais, programas de radio e televisión, discos, todo isto transmitiron estes trocos.kurtsavoyrockblanco.jpgVou falar polo que me toca, xa que eu son desa época, que só en catro anos ou cinco, de 1964 ata 1969, é cando se produce os principais acontecementos que dan a siñas de identidade a todo esta década dos 60.


Unha pequena historia do Rock en España dos anos 60-70-80

Parte Segunda

Non faltaban grupos e conxuntos xuvenís nos barrios das grandes cidades, que foron os amos dos clubs e salas de baile das casas rexionais (nacionalidades).

(Los Pekenikes)

pekwb1.jpgNembargantes faltaba algo, unha figura ou grupo un éxito para abrir o camiño definitivo. Así foi como xa os veteranos Pekenikes tocoulles a honra de comezar en 1964, con aquela canción de “los cuatro muleros”. Por primeira vez unha canción chegaba aos postos de honor de listas. Pero os Brincos, impactaron co seu lanzamento, acadaron que este proceso musical se acelerara a unha marcha impresionante, nun país que estaba dsc04315.JPG

(Los Sonor amenizando unha festa)

recortado de liberdades e con un réxime dictatorial, lembramos aquelas cancións deses anos como foron: “Flamenco, Baila la Pulga, Borracho, Tú me Dijiste Adiós, Mejor e Un Sorbito de Champan”. Estas cancións foron os eslavóns dunha cadea de éxitos que non tiña volta atrás. Logo chegaron as comparacións, polémicas e intentos de copias, pero o método xa estaba inventado; cancións propias, cantadas en español por xóvenes dun aspecto saudable e con ritmos que conectaban co que se dsc04316.JPGestaba a facer neses intres en tódalas grandes cidades da música; detrás estaba o fenómeno dos Beatles e o beat de Inglaterra como mentor e modelo.

(Los Mustang)

Os protagonistas españois non apareceron de repente; moitos deles eran pioneiros en estas lides musicais, con moita experiencia ás súas costas. Os grupos mandaban, aínda que figuras como Raphael, Miguel Ríos, Karina, Gelu, Rosalía e outros solistas compartiron o triunfo. A censura franquista estaba sempre ao acecho e non faltaba certas declaracións como por exemplo aquela de: Pepe Palau, locutor de dsc04318.JPGradio que lles votou unha reprimenda a tódolos xóvenes que estaban presenciando un festival de grupos no Pazo de Deportes de Madrid en 1966: “Ahora, cuando vengan los Brincos, os pido que no os mováis de vuestros sitios. Pensad que si armais mucho alboroto no trendéis más festivales y, cuando termine todo, os vais tranquilamente a vuestras casas”. Era o paternalismo da dictadura.

(Karina)

dsc04319.JPGLle fixeran unha pregunta a Raphael nos xornais: ¿Que pensaba sobre o das melenas? .....”me parecen un medio muy práctico de ahorrar dinero. Prefiero no opinar, vaya, que no me gustan”. Eran caralladas oportunistas de Raphael, pero el chegou a levar o pelo longo ao estilo beat.















(los Relámpagos)



Terceira Parte

Unha pequena historia da música do rock dos anos 60-70-80

Esta explosión xuvenil ía acompañada por un nacionalismo musical. Non só compoñian cancións propias dsc04317.JPGen castelán, senón que cantábase en galego, Los Tamara; catalán J. Manuel Serrat pero con censura. Nembargantes tamén se adoptaron os tópicos andaluces para titular a súas creacións. Títulos como Los Brincos, con Lola, Pareces Gitana; Los Roberts, con Ave María e Lola; Gatos Negros, con María Lola; Micky y los Tonys, con Zorongo Gitano; Pekenikes, con El Vito y la Gitana; Cheyenes, con Válgame la Macarena, e Los Relámpagos, con Dos Cruces e Macarena, estes quizais foron os ejemplos máis significativosdsc04320.JPGPor estas datas Mike Ríos trocou ese nome polo de Miguel Ríos e ao mesmo tempo deu paso a cancións compostas para él, como Tema para Rocío e Serenata bajo el sol.


Os acontecementos ían rápido, a unha velocidade impresionante e o principal era subir o máis asiña posible ao tren do moderno, o xuvenil o ye-ye.

Foi a radio, nembargantes, a que dsc04322.JPGapostou máis forte, con programas de música lixeira e para xóvenes. Os locutores pioneiros foron: Raúl Matas, Soler Serrano, Ángel Álvarez, Enrique Ginés, Alfonso Eduardo. Arribas Castro, J. María Mantilla e moitos máis, necesitábase programas que arrastraran a milleiros de xóvenes oíntes que se identificaran non só coa música, senón con outros modos de vida que incitaran ao consumo, para que funcionara todo ese complexo sistema artístico-comercial. Cousa que hoxe é impresionante a cantidade de consumismo, xamais daquela pensariamos que chegara a estes extremos tan cobizosos e alarmantes.dsc04323.JPG

dsc04321.JPG

A Cadena SER o entendeu así e encargou a Tomás Martín Blanco a creación dun programa de cobertura nacional que xuntara todos estes engadidos trebellos chamados hoxe marketing.Este programa chamouse “El Gran Musical” e 1965 era a data e lugar para a súa difusión,xuntanza e presentación de novos artístas que quixeran triunfar en toda España, recuperando aquel fenómeno das “fans”, que esquecérase desde os tempos do Dúo Dinámico, José Guardiola e Marisol. O centro das novas loitas xuvenís era Los Brincos, Bravos, Raphael, Serrat, Sirex e Mustang.

dsc04324.JPG

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>