Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

17/09/2006 GMT 2

OLALLA & TEO CARDALDA

sarampelo @ 14:09

CASA DE GALICIA - MADRID - CANCIÓN Sentimentos de Alma Galega.

LETRA : Manuel Blanco Mariño. MÚSICA : Olalla Bouzas.

Coa colaboración de Teo Cardalda do Grupo "Cómplices".

17 - Maio - 2006

 

Ver Vídeos da presentación do seu disco "Sentimentos da Alma Galega" no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o día 5 de abril de 2008

 

Cancións: Madre y Amiga, A Canle da Fonte

 

 

 

olalla.JPGBiografía de Olalla Bouzas Cores 

Naceu en Vilaxoán de Arousa o 25 de setembro de 1982. O seu primeiro contacto coa música aconteceu aos 5 anos iniciándose no canto e a guitarra gracias á afección do seu pai.

Aos nove anos comezou os estudios de piano de grado elemental recibindo clases dun profesor coñecido na zona como “Manolé”. Con 11 anos accede ao grado medio de piano no conservatorio de música profesional “Martín Millán” de Vilagarcia de Arousa, onde finaliza os estudios ata obter o título de profesora de solfexo e piano.

Coa idade de 16 anos, pasou a formar parte como solista no grupo “Nova Embaixada” de Vilaxoán, o cal estaba dirixido polo seu pai. A súa vez formou e dirixiu un coro de voces femininas de nome “5ª Harmonía”, grupo que amenizaba os actos nupciais. Nestes anos especializouse en arranxos vocais e composición.

Cando tiña 19 anos, o devandito coro de voces mesturouse con diferentes instrumentistas dando lugar ao que sería o grupo “8pk2”.

Desde o ano 2003, dirixe asemade coa saxofonista Chus Ferreira nacida en Catoira a escola de música “CODA” radicada en Vilagarcia de Arousa.

Actualmente continúa a súa formación musical na especialidade de canto lírico coa soprano Aida López no Conservatorio Profesional de música da devandita cidade.

O seu último proxecto consiste nunha orixinal proposta que poñerá música a poemas da literatura galega xunto con Teo Cardalda de “Cómplices” que está creando a instrumentación do álbum que se gravará   nun  curto espacio de tempo en Madrid.

 

 

 

 

 

 

Trackback URI

Comentarios

Un Comentario »

  1. hola olalla,tienes una voz preciosa espero que lleges muy lejos con lo que te propones muchos besos de tu prima arantza

    arantza | 27-04-2008 - 17:25:23 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>