ACONTECEMENTO POR MARIÑEIROS DE VILAXOAN EN 1916

( BALEA CAPTURADA POR MARIÑEIROS DE VILAXOÁN EN 1916)
ACONTECEMENTO HISTÓRICO PROTAGONIZADO POR MARIÑEIROS DA VILA EN 1916
O nove de novembro de 1916, tivo lugar un episodio na vila que poucas veces ao longo dos anos acontece nas costas galegas, coido que moito menos na Ría de Arousa.
Eran as 13 horas do devandito día, cando os patróns de Vilaxoán: Manuel Bóveda ao mando da súa lancha “Juanita” e Francisco López da embarcación “Elena”, ollaron á deriva preto da punta do Rial un obxecto moi raro que arrandeábase coas andas do mar. Estes mariñeiros atopábanse a pescar na devandita zona, coidaron que puidera tratarse dun submarino polo cor azul moureado. Cando ían achegándose ao obxecto déronse conta que era un cetáceo, unha balea de grandes dimensións, no intre que estiveron preto das costas do animal, este dou unha arrincada e foi varar á praia das Sinas.
Os patróns e mariñeiros saltaron a terra na mesma praia e axudados por uns serradores de Corón que traballaban ao carón da Praia, votáronlle un rizón de catro puntas no oco que as baleas teñan preto da cabeza, trincándoa a terra por un longo cabo. Denantes de quedar en seco sobre as seis do serán, dou unhas fortes sacudidas ata quedar morta.
A praia das Sinas atopábase chea de xente que viña a ollar a balea, segundo as crónicas daquelas datas, era tanta a xente que acudía que aquilo máis ben parecía unha romaría. Os vellos mariñeiros comentaban que xamais lembraban semellante animal nas nosas costas, era un exemplar da súa clase dos máis grandes que se viran.
As dimensións da balea eran de 16,40 metros de longo, e desde a da boca ata o fociño era de 3,60 metros, o peso chegaba a 16.500 Quilos. Ao día seguinte foi poxada por 550 pts.
Alí estivo un persoeiro de Vilagarcia coa súa cámara de fotos, Luís Bouza Trillo, a quen lle debemos esta fotografía que acompaña estes escritos.
La página " del >
-
Teo Cardalda F.







Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario