Un pouco de historia- VILAXOÁN
NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA
Os estudios arquolóxicos de toda orde, a toponimia local e o conxunto de crenzas que se transmiten de xeración en xeración, nos levan a épocas prehistóricas, emporiso non é moi doado fixar con exactitude a época en que escomezou a poblarse este anaco de territorio galego ata formar un núcleo de poboación con un nome
difinido.
O certo que a antiguedade é moi remota, debido aos achados de alfarería romana, moedas dos emperadores romanos Constancio Cloro e o seu fillo Constantino, tamén apareceron moedas no adro da Igrexa de Égica e Witiza, así como sartegos antropoides no camposanto.A vila e porto, foi fundado polo Arcediano de Reina e Sr. de Sobrán Xoan Mariño de Soutomaior, que está soterrado na Igrexa de San Martiño de Sobrán do s.XII, por estas datas o nome de esta freguesía era de San Martiño de Severana.
Conta con outros monumentos históricos como: Pazo de Sobrán do s.XV fundado por Paio Gómez de Soutomaior; Pazo de Pardiñas de finais do s.XVI; Pazo do Rial do s.XVI e Pazo da Ruanova do s.XVII, este vencellado aos Valle-Inclán, fundado polos antergos do famoso dramaturgo D.Ramón del Valle-Inclán, como son: Miguel Inclán e Rosa Malvido. Neste Pazo naceu e foi bautizado en Sobrán, D.Francisco del Valle-Inclán Santos, fundador do primeiro xornal de Galicia "El Catón Compostelano", e da primeira biblioteca pública da Universidade de Santiago.
Vilaxoán foi Concello dende 1836 ata 1913, sendo anexionado ao de Vilagacia por razóns históricas aínda non moi claras, xa que poucos datos e documentos quedan, por mor dun incendio no Concello de Vilaxoán nas derradeiras datas da anexión, parece que foi intencionado para non clarexar as trafulcadas da anexión. dende un punto de vista económico, a maioría da poboación adícase en todo o referente ao mar: bateas de mexillón, viveiros de ameixa, pesca e outros. As industrias manufactureiras se compoñen dun secadeiro de bacallao e tres fábricas de conserva de peixe e marisco.
Atravesando a freguesía, pasa a estrada de Vilagarcia a Cambados, estándo a dous quilometros da primeira cidade, tamén dende Vilagarcia pódese vir pola beiramar ata o mesmo porto de Vilaxoán.
PIECE OF HISTORYVilaxoán de Arousa village is in the sout part of her He Laughs (laugh at Arousa, it belongs (concerns) to Vilagarcia's town hall. A present it he, has 3.562 inhabitants. The village was founded by Juan Mariño de Soutomaior in the 15th century.
Teo Cardalda F.
La página " del >![]()
-






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario