Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

22/01/2008 GMT 1

Unha sociedade doente, EEUU

sarampelo @ 00:19

A América profunda, unha sociedade doente. 

Esta é  unha reportaxe sobre o negocio das armas no corazón de Estados Unidos, en Kentucky, onde é en grao sumo habitual que os pais regalen aos seus fillos o último e máis sofisticado en armas de fogo.


shotg36c.jpg


A periódicas matanzas en Institutos ou supermercados non asustan a estes pais, que se gastan miles de dólares nestas datas para comprar aos seus nenos os caprichos que ven en violentos videoxogos. O fácil acceso a alta tecnoloxía armamentística, conxugado cunha ideoloxía radical, dá como resultado a proliferación de organizacións paramilitares de ultradereita.

jesussittingnra.jpg

"Aquí non necesitamos psiquiatras nin diváns. Aquí temos armas automáticas. Iso se é unha boa terapia" di un dos organizadores do Festival da Metralleta de Knob Creek, en Kentucky. Un lugar nos EEUU onde nenos de catro anos disparan coas armas automáticas dos seus papas e familiarízanse desde moi pronto co cheiro a pólvora e a sensación de baleirar un cargador contra algo. Ler máis en....Insurgente.org

Vídeos dunha reportaxe de Jon Sistiaga onde mostra o negocio das armas en Estados Unidos


 

Sarampelo: Cada quen que saque as súas conclusións ao ver os vídeos. Eu desde o meu punto de vista estou alucinado. Vaia valores que estes descerebrados lles inculcan aos seus fillos. Non nos estrañe si algunha vez sae un presidente inculto e cos miolos descentrados como Bush nese país da “democracia” e a “liberdade”. Non creo que estes elementos sexan da especie do ser humano, si esto é a si, renego da miña especie.

 

15/01/2008 GMT 1

2008 e Aznar segue coa mesma lideira

sarampelo @ 20:25

"Zapatero debería quedar inhabilitado para gobernar por negociar con ETA"

“Aznar se pregunta "cómo alguien puede fiarse" de él.” 

Vídeo e titulares recollidos de 20minutos.es. ver vídeo e ler máis.... na devandita páxina.  

Fervello: Este pasado luns día 14, nunha conferencia da FAES o Aznar pregúntase: “como puede fiarse alguien de quienes han engañado tantas veces a los españoles”, facía referencia a Zapatero.

¡Carallo!, que alguén o devolva cagando leites a esa Universidade de Georgetown e que se quede alí para sempre. ¿Pero este Sr. non ocultou durante o seu mandato o feito de dialogar con ETA para pactar un cese da violencia?.

Está como un can da rabia desde que perdeu as eleccións. Ti ,Aznar, nos metiches nunha guerra inxusta e logo as túas mentiras fíxoche  perder as eleccións, o mellor é que te cales dunha vez.

Agora que lembro, cando estabas negociando con ETA non lle chamabas desa maneira, lle chamabas EXÉRCITO DE LIBERACIÓN VASCO”. Hai que foderse co tío, tes máis cara que un zapato vello.

É unha vergoña  que este personaxe  estéase paseando por todo o mundo como expresidente. ¿Queres que che diga unha cousa Aznar?. Dásme vergoña allea. 

Non sei como cualificar a este home, ou é un farsante, un estúpido ou é o que dixo o Rei cando estaba de presidente este tío. Ante testemuñas, Juan Carlos  o criticou nunha morea de ocasións (“ ¡Pero qué corto, qué hombre tan corto!”, din que dixo. Isto foi recollido no libro “Un Rey Golpe a Golpe” .

Menos mal que aínda temos hemerotecas e videotecas, desta maneira pódome lembrar do que dixo e do que está a dicir este homiño. Alguén neste país ("Plataforma, Juicio a Aznar") está a recoller sinaturas para que te senten no banquillo dos acusados.

No vídeo do luns pasado ao final da “conferencia” este tío recibe unha morea de aplausos, ¿Pero quen aplaude? . Eu alucino........ Esto é un insulto á intelixencia dos españois.

Videoteca:Vídeos de agora e de antes

Vídeo do día 14-01-2008
Recollido de 20minutos.es

Comando Cultural Os Rabiscos.Artigo de Carlos Taibo - "El Embrollo Kosovar"

sarampelo @ 17:53

Comando Cultural “Os Rabiscos” 

Artigo para O Mañanceiro de Carlos Taibo 

colaborador-ctaibo2.jpgEL EMBROLLO KOSOVAR 

*Carlos Taibo  

 

 

 El conflicto de Kosovo presenta hoy aristas tan delicadas que hay que moverse con mucho tiento para no perder el paso. Dos son los datos fundamentales que conviene manejar a efectos de entender exactamente dónde estamos. El primero lo aporta --y es lamentable que se olvide tantas veces en estas horas-- lo ocurrido entre 1989 y 1997, de la mano de la abolición, por las autoridades serbias, de la condición autónoma de la provincia, de la instauración de una ley marcial y del despliegue, con víctima en la mayoría albanesa de la población local, de un genuino régimen de apartheid, respondido durante años, por cierto, a través de un estimulante movimiento de desobediencia civil no violenta. cartelkosovobalcanes.jpg

El segundo elemento de relieve ha cobrado cuerpo en la forma del protectorado internacional que siguió a la intervención de la OTAN verificada en 1999: al amparo de ese protectorado no parece que se hayan perfilado instituciones democráticas, los derechos de las minorías --y en singular de la serbia-- han sido violentados y la economía no ha recuperado en modo alguno el vuelo.  El principal resultado de todo lo anterior, una vez anulados por unos y otros los agentes que podían oficiar de puente entre las respectivas comunidades, es la existencia de dos posiciones diametralmente enfrentadas: mientras el conjunto de las fuerzas políticas albanokosovares considera irrenunciable la independencia, sus homólogas serbias, en Belgrado como en Kosovo, rechazan drásticamente tal horizonte.

En ese escenario, y como es sabido, la comunidad internacional --un eufemismo para referirnos a las potencias occidentales y a sus intereses-- ha vuelto a terciar a través de una apuesta precisa: lo que ha dado en llamarse una independencia tutelada que, si nada lo impide, cobrará cuerpo una vez al gobierno kosovar, recién elegido, se le dé luz verde para declarar la independencia del país. Es preceptivo agregar que, pese a las apariencias, esas potencias occidentales de las que hablamos respaldan un Kosovo independiente, sin entusiasmo alguno, en virtud de un criterio de estricto pragmatismo: es más sencillo dar rienda suelta a las demandas de la mayoría abrumadora de la población de un país que atender a la defensa estricta, por ejemplo, de los derechos de las diferentes minorías kosovares.  Ante semejante trama, convengamos que no es sencillo tomar partido.

Quienes hemos defendido de siempre el derecho de autodeterminación nos sentimos incómodos, porque importa muy mucho subrayar que, de adquirir carta de naturaleza la independencia mencionada, lo hará sin que de por medio se haya desplegado ninguna fórmula que garantice ese derecho: nadie habla, en particular, de un referendo en el que se fije cuál es la opinión mayoritaria entre los kosovares, y ello por mucho que sea evidente que la mayoría albanesa de la población postula, con claridad, una secesión que permita configurar un Estado independiente.  Mayores son, si cabe, los elementos de incomodidad que se derivan de un segundo hecho, que no es otro que el discurso omnipresente en el grueso de los medios de comunicación españoles en relación con position_kosovo.pnguna eventual independencia de Kosovo.

 Han reaparecido al respecto todas las monsergas que beben de la sacralización de la legislación interna de los Estados --al parecer, Kosovo es Serbia porque lo dicen, sin más, las leyes en vigor en este país--, de la defensa visceral del principio de la integridad territorial --y ello pese a que este principio entre en colisión con la opinión mayoritaria entre la ciudadanía de un país dado--, de la postulación de la estabilidad como un valor que debe emplazarse por encima de cualesquiera otros o, en suma, del acatamiento esencialista de las reglas que impone un nacionalismo de Estado.  

Claro que, más allá de todo lo anterior, lo que ha despuntado ha sido la sugerencia de que un Kosovo independiente --tanto más si se perfila al margen de lo que reza la maltrecha legalidad internacional-- bien puede convertirse en un estímulo para demandas secesionistas como las que se hacen notar en Cataluña, Galicia y el País Vasco. Si, por un lado, semejante manera de ver las cosas es moderadamente sagaz --por mucho que el ministro español de Asuntos Exteriores, el señor Moratinos, se empeñe, sí que hay relación entre las casuísticas correspondientes--, por el otro se impone preguntarse si no conviene escarbar serenamente en un horizonte que el discurso dominante pretende cerrar: el de que, lejos de ser, como parece hasta ahora, un caso aislado, el de Kosovo se convierta en un antecedente en el que fundamentar una discusión legítima relativa a la integración de determinadas comunidades humanas, acaso a su pesar, en los Estados que conocemos.

 Bueno será, naturalmente, que entre las lecciones que esa discusión invite a extraer se cuenten la de que importa, y mucho, saber qué es lo que piensan las gentes y la de que es imperativo garantizar el vigor pleno, en paralelo, de los derechos de las minorías.  

*Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid.

 

13/01/2008 GMT 1

Carta aberta de Ramón Bueno ao Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sr. Javier Gago

sarampelo @ 12:17


Carta aberta ao anterior Alcalde de Vilagarcía de Arousa e actual Presidente do Porto da mesma cidade, Javier Gago. Carta reproducida no Diario de Arousa o domingo día 13 de Xaneiro de 2008.

"DELIRIOS DO SEÑOR GAGO"

 *POR RAMÓN BUENO PIÑEIRO 

Existe quen confunde o control que a oposición fai da actividade política con cuestións persoais, os que sofren este tipo de amnesia soen acusar os demais de mentireiros, pero eu pregúntome, ¿non foi Gago quen fixo da política unha constante mentira durante máis de 16 anos?Aquel que converteu a política na arte da mentira compulsiva, enganando incluso á súa organización, o PSOE, a veciños e colectivos, pretende agora meternos a todos no mesmo saco. javier-gago2.jpg

(  Sr. Gago)

En política non todos somos iguais, existe quen non ten o mesmo obxectivo que vostede buscou, e busca, na política...A súa última patraña foi garantirse un posto no porto de Vilagarcía, cando a cidadanía o deixaba sen votos. Por certo, ten sido vostede quen insultou a quen dende outra posición ideolóxica fixo crítica política da súa xestión. É vostede quen insulta, ou non recorda, cando no Pleno lle chamou "hijo de puta" a Fajardo, ou para os xogadores de golf eso non é insultar... ou non lembra cando se acordou da familia de Ramón Bueno, cando nos impoñía un trágala co párking de Xoán XXIII. Os concelleiros de EU-IU facemos oposición crítica de gobernantes, que, como vostede, non buscan o ben común, senón outra cousa..., e así o denunciamos e o seguiremos facendo.

Fagamos memoria, sentencia dos depósitos de Ferrazo, A Tomada, Mc Donald?s, inundacións, persecución sindical no Concello, indemnización polos terreos do Hospital do Salnés, crise da auga... ¿quere que sigamos facendo memoria?O que a vostede lle gustaría é que ninguén recorde á cidadanía todas estas cuestións, que coma "corderitos" aceptásemos os seus chanchoullos políticos, pero non é posible, non nos fará calar.

Vostede o mestura todo, fai virtude da manobra de confusión, trata de ocultar baixo supostas cuestións persoais decisións políticas que durante anos favoreceron aos catro de sempre, e que, agora que xa non está no Concello, pretende trasladar de ramon-bueno.jpgforma simétrica ao porto.

( Sr.Ramón Bueno . Foto de Iñaki Abella) 

Son os seus amigos da dereita máis reaccionaria, na que podería militar por acción política, quenes o convencen para que culpe incluso a ex alcaldes e ex concelleiros socialistas, e ir en contra do seu propio partido, ou é que ven en perigo os seus propios intereses de clan.Posiblemente está a sufrir un problema de vértigo, dende a súa nova atalaia.

 Debe ser duro pasar de ser o amigo de todos ao amigo dos de sempre, dos que serviu para repartirse Vilagarcía.O dito, saúde e república. 

* Ramón Bueno é Concelleiro por I.U. no Concello de Vilagarcia de Arousa e Vocal do Consello de Administración do Porto de Vilagarcía.

 

11/01/2008 GMT 1

Misión Humanitaria nas selvas de Colombia

sarampelo @ 00:49

 Misión Humanitaria nas selvas de Colombia   

 

Aporrea :10 de Ene de 2008. A canle multiestatal Telesur publicou de forma exclusiva o vídeo co momento no que as Farc-EP entregaron a Clara Rojas e Consolo González á misión humanitaria nas selvas de Colombia.t_20080110_clara_139_p.jpg- 

 

 

 

 

 

 

 t_20080110_consuelo_g_p_266_p.jpg


 

 

 

 

 

“Muchas gracias, Presidente, no baje la guardia. Es un mensaje que les envían los otros que se quedaron. Nos está ayudando a volver a vivir”

"Chávez, no baje la guardia", pidió Consuelo González al presidente venezolano


Sarampelo: De todo isto o que máis “mágoa” teño é que o noso Borbón non fixera estas xestións humanitarias. ¿Non vos parece a Vds que foi unha “mágoa”?.  Se isto fora así non  tiñamos máis remedio que calarnos dunha vez. Que máis quixeran os “falsimedia”  que fora o Rei á selva. 

Ollar o vídeo na selva

 Vídeo á chegada a Maiquetía 

"Uribe, ¿por qué no te callas? "

10/01/2008 GMT 1

¡ Tortura ou non Tortura !

sarampelo @ 23:38

A proposito do que aconteceu en Euskadi sobre os presuntos etarras que detiveron, onde se fala de torturas por parte das F.de S.   

 

Fervello: A estes asasinos de ETA  lles pode pasar de todo e moito máis, collelos para que se pudran  na cadea. Nembargantes, iso da tortura nun estado de dereito teoricamente non ten por que acontecer. É abominable e inhumano aproveitarse do poder, un uniforme ou desde calquera posición de autoridade é moito máis grave. Non debemos confundir a touciño coa velocidade, isto non quere dicir que estase a xustificar a estes malditos asasinos do tiro na caluga. Estamos a falar da tortura, imagestortura.jpgsexa a quen sexa non é xustificable.

Ás veces somos como nenos pequenos, as veces moi ilusos. Agora aparece unha testemuña ocular onde di que a detención foi limpa (ollar declaración no xulgado). Iso desmonta todo o que dixeron a Garda Civil e mailo ministro do Interior.¿Cómo pode haber tortura nunha “democracia” en España?. Iso non pode ser, estamos nun estado de dereito e o único que fan as F de S. do Estado e deter a calquera delincuente e que os xuíces digan a última palabra.

Eu sempre lle fixen moito caso ás versións “oficiais”, non teño porqué dubidar delas. Aínda me lembro cando nos anos 70 os grises facían dísparos ao ar, e caían ao chan os folguistas como Amador e Daniel en Ferrol e moitos máis. Xamais dubidei das versións aficiais, cando dicían que a policía disparou ao ar, dábame a impresión de que os pobres homes loitadores andaban voando e caian a terra como os paxaros. Agora xa nos atopamos con liberdades e “democracia” e iso xamais pode acontecer. Non me creo o que di Amnistía Internacional que en España aínda se tortura, iso é unha falacia.tortura.gif

Esa testemuña que presentou a súa versión ocular (valente o jodido), tampouco a creo, é unha confabulación para deixar ao Ministro en pelota picada, xa veredes como dentro duns días troca esa versión. Fago apostas.

Para min, soamente a “versión oficial” é a que me reconforta, dáme ánimos  para seguir tendo criterio propio e crer en tódolos estamentos oficiais, no estado de dereito e pricipalmente nos “políticos” desta España nosa.

“Amnistía denuncia el silencio del Gobierno ante los "numerosos casos" de tortura en España

El informe de Amnistía revela que las torturas y los malos tratos en nuestro país no son casos aislados. Ningún gobierno ha hecho frente a estas denuncias, escudándose en una consigna de silencio”.

¿Teño porqué crer isto?. Eu teño que crer aos meus representantes políticos que son moi bos, cada día que pasa lles quero máis, son como “hermanitas de la caridad”, nunca minten, xamais permitirían que estas cousas aconteceran. Lles vou a dicir moito máis: moitos deles case superan a MadreTeresa de Calcuta (nacida Agnes Gonxha Bojaxhiu ), en isto Bono os tasiotortura.jpgsupera a todos.

Como pode ser posible que nas F de S do estado poida haber xente da clase dun torturador. A descripción  médica dun personaxe desta calaña é esta:”

(Cuadernillo por TASIO) 

 

O torturador pode ser unha persoa psicótica e insensible, con dificultade de conectar coa dor. Non hai límite no dano que fai, posto que non ten ben desenvolvido o sentido da «compaixón» ou da «piedade». Pode ser tamén unha persoa sádica que goza facendo dano e xa que logo haberá un goce perverso e morboso con cada mostra de dor e sufrimento da súa vítima. Pode ser tamén un torturador ríxido ou paranoico que crea que está cumprindo co seu deber; só cumpre ordes dos seus xefes e estes á vez cumpren os desexos dos políticos.”

Como acabades de ler, esto é imposible que dentro dos estamentos policiais exista un personaxe deste prototipo. Nos meus miolos, que xa os teño dabondo caducos, non me entra. Nembargantes teño que dicir algo, máis ben un pequeno consello, por si acaso non andedes voando moito ao carón de Guantánamo, calquera cousa pode acontecer, non o creo pero pode ser. Coido que máis claro que o que digo é a auga.

Outros enderezos onde falan de torturas, eu non me "creo" ren, podedes chamarme iluso ou paspán. Se queredes podedes lelos, é unha boa terapia para o intelecto.

1º -Enderezo.

2º-Enderezo

 O PSOE e o PP protexen cos seus votos ao ministro do Interior Alfredo Pérez Rubalcaba, para que non compareza no Congreso polo caso de torturas a Igor Portu .

Manda carallo na Habana, estes son dos meus, estes son aos que lle quero tanto, os amo, estou pirado por eles. Escojonome de rir, pensando nesta pobre pel de touro. ¡Viva España!. ¡Viva Cuspedriños de Abaixo!. Amén

 

08/01/2008 GMT 1

Alimentos que nin os zombis comerían

sarampelo @ 22:27

Alimentos que nin os zombis comerían  

Fervello: Remato de ler en insurgente.org un curioso e importante receitario de tódalas “basuras” que a diario comemos. sandwich.gifSe os fixades cando mercamos os alimentos ollaremos unha letra E. ¿Sabedes que temos detrás do número que vai con esa letra?.

Un exemplo dunha morea deses productos: 

 

 

zombie.gifE-312 - GALATO DE DODECILO

Sintetizado a partir do alcol laúrico e do ácido gálico, o cal é producido a partir dos taninos das plantas.



Antioxidante en produtos grasos (Aceites e graxas, margarina, sopas, etc. ), especialmente engadido para previr a rancidez.

É degradado no intestino producindo alcol laúrico e acedo gálico. Este último pode causar eczema, problemas estomacais e hiperactividade.

A inxesta máxima diaria é de 0.05 mg/kg de peso corporal. tweety.gif


---------------------------------------------- 

 

 

E-320 - BUTILHIDROXIANISOL (BHA)

É un antioxidante sintético utilizado en graxas e produtos grasos co propósito de previr a rancidez.



A combinación de BHA con altas concentracións de vitamina C pode producir radicais libres, os cales poden causar dano aos compoñentes celulares, incluído o ADN. Isto impulsou á UE a restrinxir o uso de BHA nun futuro próximo.

A inxesta máxima diaria é de 0.5 mg/kg de peso corporal.

------------------------------------------------------ 


 

 

E-224 - METABISULFITO POTÁSICO

É un po branco inestable, que ao reaccionar co osíxeno forma o sulfato de sodio.
Baixo condicións acedas forma acedo sulfúrico, que actúa como un conservante. Ademais de cumprir esta función nalgúns produtos, tamén pode ser utilizado como un axente branqueador.



É utilizado para conservar as cebolas, bebidas alcohólicas, produtos lácteos, mollos de froitas, puré de patacas, etc.

Debido ao seu efecto oxidante, pode reducir o contido vitamínico dos produtos. Ao ser inxerido, é reducido no fígado ata sulfato, o cal non é daniño, e posteriormente é excretado nos ouriños. As persoas que son intolerantes aos sulfitos de orixe natural deben tamén evitar aqueles agregados aos produtos comerciais (E221-228).


 

 

 

burger-01.gif----------------------------------------------------------------------- 

 

 

E así ata 800 productos máis. Imos rematar como os zombis, se ledes agora as ligazóns ollaredes tódolos productos e logo noutro link veredes o significado e as consecuencias do producto. Carallo, hai cada un destes productos que a marihuana en comparación con estes sobre-alimentos é unha “hermanita de la caridad”. Dáme janas de alimentarme de “maría” ata o que me quede de vida, e logculoburtsimsons.gifo falan do tabaco que si tantas mortes ao ano. Leis para o tabaco, leis para as drogas, leis para ………. Prohibido isto, prohibido aquilo. E estes mangantes das multinacionais da alimentación a drogarnos, matarnos lentamente e legalmente co consentimento dos gobernos de quenda.  Anda, que lles dean a todos polo………. 

¡ Sres. Deuses, bendicide estes alimentos que nin vos comeriades!. 

 

 

 

Ligazón para ollar os productos Ligazón para ver o significado   

Ler máis »

07/01/2008 GMT 1

¿A globalización será o inferno do planeta terra?

sarampelo @ 21:10

¿A Globalización será o Inferno do Planeta Terra? 

 

 

Vídeo onde analizan con precisión o inferno da globalización neste planeta terra unha morea de personaxes, entre moitos están: Pedro Casaldáliga, bispo, teólogo e poeta.Adolfo Pérez Esquivel, Premio Novel. Vittorio Agnoletto, Foro Social de Génova. José Saramago, Premio Novel. Carlos Taibo, profesor  de Ciencias Políticas. María José Fariñas, profesora de filosofía del derecho. Eduardo Galéano, escritor. Jean Ziegler, escritor e político. José Bove, activista antiglobalización. Federico Mayor Zaragoza, Pte. Fundación para una cultura de la paz. Manu Chao, músico. 

 

-----------------------------------------------------------------------------------              

Fervello: Ao pouco do derrube do Muro de Berlín, alguén que hoxe non lembro, dixo, ....a partir desta data, os gobernos elixidos polos pobos nos países de Occidente, os países máis ricos, gobernarán pero non terán o poder. Hoxe é unha realidade, gobernan en base ás grandes corporacións mundiais, o poder o teñen estas multinacionais. 

Estes gobernos de agora sexan de dereitas ou socialdemócratas, privatizaron todo e agora non son capaces de ter marxes de maniobra ante o electorado. Quen  marca as pautas económicas con detrimento nas conquistas sociais son esas insaciables trasnacionais e a grandes usureiros da Banca, algunhas chegan a superar o presuposto do PIB dun país como Austria ou Dinamarca, por poñer un exemplo. A súa insaciabilidade pode chegar ata o límite de recortar o pouco que nos queda do social, a sanidade é a educación. O da cultura xa a teñen no bote, chegan ata o extremo de mercar conciencias. ¡Cantos intelectuais están a protestar por esta debacle?. Moi poucos.  

Camiño levamos de que se apoderen do máis esencial do ser humano, a dignidade.  Daquela o ser humano no mundo seremos autómatas ao servicio dunhas poucas multinacionais que son practicamente impersonais.

Tiñamos que comezar a descubrir e poñer aos responsables con nomes e apelidos a estes madamais , sempre se disculpan con consellos de administración, pero sempre hai un presidente deses consellos, saber quenes son para calquera día nós ou os nosos netos irlle a cagar na súas tumbas, poñer os seus nomes nos medios alternativos. 

En ocasións, persoas que antes ocupaban postos directivos nunha gran empresa pasan a formar parte do goberno. Isto provoca sospeitas de que as medidas que propón (como a concesión de subvencións) tómense exclusivamente para favorecer ás súas antigas empresas. Tamén acontece á viceversa. 

Segundo Clairmont e Cavanagh, a cifra de negocio anual das 200 maiores multinacionais supón, aproximadamente, a cuarta parte (26,3%) da produción mundial. Entre esas empresas transnacionales están: Shell, Xeral Motors, Ford, Exxon, IBM, Mitsubishi, Toyota. Philip Morris, General Electric.
Así, as sedes destas 200 empresas áchanse en tan só 17 países. Máis dunha terceira parte (74) son estadounidenses. Logo de Estados Unidos, destaca Xapón, seguido por Reino Unido, Francia, Alemaña, Canadá e Italia, polo que o Grupo dos Sete (o G-7) aglutina o 80% das multinacionais. Fóra deste grupo, só Suíza, Corea do Sur, Suecia, Australia e Países Baixos pasan da ducia.
   

 

06/01/2008 GMT 1

Comando Cultural "Os Rabiscos", Xesús Redondo Abuín. Conto Inxénuo para un neno calquera

sarampelo @ 18:00

Comando Cultural “Os Rabiscos”, artigo de Xesús Redondo Abuín 

CONTO INXÉNUO PARA UN NENO CALQUERA

 sin-titulo3.JPGXesús Redondo Abuín 

Había un poeta caucasiano tan alto e tan ancho el que, nunha ocasión, uns nenos ó velo pola calle tan inconmensurable e tan xigante lle dixeron: -¿Oia señor, pode alcanzarnos un gorrión?, e el que era o poeta da revolución lles contestou: -¿E non preferides unha aguia? Deixounos atónitos a todos coa lanzada verbal cravada no medio e medio da súa maldade insolente e preguntándose quén podía ser aquel ser tan colosal e tan mestre canteiro 1142535806169.jpgda palabra ben feita. 

A lanzada verbal que el lles cravou adrede onde máis lles doeu armou tal alboroto no horto dos seus pensamentos que non daban pé con bola a saber ben quén podía ser aquel fenómeno da natureza que lles perpetrou tan cortante e punzante coitelada de lume no medio e medio da súa insolente fachenda. Non se explicaban quén podía ser aquel ser de verbo tan contundente e de dimensións tan completas. 

Era Maiakóvskaia, era Vladímir Vladimirovich Maiakóvskaia. Non podía ser outro. E a resposta tampouco podía ser máis afiada e demoledora: tivo o efecto dunha bomba pedagóxica na súa insolente sorna.  Non buscaba el outra cousa: buscaba alancear con férreo ardor o núcleo duro da súa insolente mofa. E logrouno. Fulminounos redondo.

martinez_camino.jpg


O globo da petulancia infantil estalou coma unha pompa de xabón a forza de verbo apoteótico. Esa e só esa debera ser a carga de todas as bombas: de verbo enxoito e sonoro, non doutra cousa ¡Á merda cos megatóns!  El non quería camorra. El só buscaba lidar ó Manolete o Islero aquel e saír indemne. Sen que lle ocurrise o que lle ocorreu a Manolete aquela tarde nefasta para a festa. E saíu a ombros. Gañoulles e gañounos non de farol, senón executando lance a lance impecablemente. Non era el dado ó adorno polo adorno. Aquela lanzada de lume pedagóxico tan propio de Maiakóvskaia nin os arredou nin os rebotou: aproximounos e aproximouse, fixéronse amigos da alma  el e rouco050411300.jpgeles a partir un piñón. 

As barreiras da idade non foron óbice. El mesmo era un neno ós seus 37 anos de pura roca. Todo el era un dolmen. Tamén o eran os seus versos. Os seus versos eran a plenitude total e completa. Coma a súa cabeza. Coma o seu tronco. Coma as súas descomunais extremidades de elocuente linguaxe xestual. Os seus brazos postos en aspa eran dúas extensións interminables que abarcaban o mundo parte a parte. Aquel portento de palabra álxida falaba e xesticulaba como escribía, e escribía e xesticulaba igual que esculpía e pintaba Picasso, seu e noso camarada: Picasso meteu a trazos maxistrais todo o crespón e toda a cera do mundo nun só cadro e Maiakóvskaia nun só poema fixo igual, “O Guernika” púxolle ó mundo un nó de punta na garganta e “A nube con pantalóns” deixou pasmada á propia lúa 24 anos antes de que Yuri Gagarin a abraiase coa súa espectacular cotenada de clase nos propios morros do Pentágono. Maiakóvskaia e Picasso foron os dous luceiros da alba proletaria no firmamento do arte e Yuri Gagarin foi a pica proletaria posta no universo camarada ¡Puxo ó mundo nun ai este trío de ases! Maiakóvskaia vestía aquel día a súa camisa marela preferida e parecía talmente unha impresionante montaña do seu Cáucaso natal. E invocou a aguia, claro, non ía invocar o corvo coa mala sombra que os corvos gastan. oloe-ole.jpg

Cómo ía invocar o corvo se ademais vira pouco antes a un neno clamar ó ceo diante dunha igrexa por algo que levarse á boca e veu o corvo párroco e escorrentouno a clamar por algo que levarse á boca a outra parte ¡Bos son os corvos para compartir nada! Coidado cos corvos. Moito coidado con eles. Téñenlle unha vela posta ó ceo e outra ó inferno á vez. Retratounos realmente ben Lutero: “se hai inferno, Roma está construída enriba del”. Así mesmo dixo Lutero. E era do gremio. Se o coñecería ben por dentro. Cómo será o gremio ese por dentro que cando os ventos non sopraron na súa buguina: converteron a parroquia en caixa de recruta e alistamento. E convén dicir o pecado e tamén o  pecadento: Segura Sáez, Isidro Gomá, Vidal i Barraquer e Pla y Daniel foron o alto mando daquela turbulenta Igrexa que chamou á insurrección e bendiciu os canóns da rebelión. O alto mando agora é Rouco Varela, Martínez Camino, Antonio Cañizares e García-Gasco. Ollo con eles. Moito ollo con eles. 

 Non están a servir e amar a deus sobre todas as cousas, senón a defender con unllas e dentes os seus privilexios, cando os moi cucos entoan a salmodia “salvar a familia” en Colón, no único que pensan realmente é en aferrarse a gloria na que se topan. Ben saben eles que non hai outra. O raro é que os rapaces non asubíen nada máis velos. O gran Maiakóvskaia invocou a aguia e non o corvo por algo: non o invocou porque simboliza a sotana, e el defendía vehementemente o territorio laico fóra da Igrexa, de toda Igrexa, da Copta tamén. “Para o pouco que un vive, non vai axeonllarse ante catro mequetrefes” sería despedirse ó Voltaire, e a el as que verdadeiramente lle ían eran as despedidas ó Lenin, por iso optou por facelo coa verdade de pé de banco esta: -

Cando todos nós sexamos esterco, que o seremos con certeza, o mundo seguirá xirando sen botarnos de menos.  Cada poro dos seus corpos foi unha cheminea. Todos o entenderon. O coloso aquel falaba e xesticulaba coma un libro aberto. Cando dixo ¡ata logo! e se foi: todos quixeron ser el. 

 

01/01/2008 GMT 1

Lembrando a Dean Read o "Elvis Rojo"

sarampelo @ 14:42



Comezamos o ano de carallo. "Con la Iglesia topaste Sancho". É o que hai, non temos outra cousa neste país das maravillas celestiais e espirituais. Que os deuses nos collan confesados.
rotoiglesia.jpg

Cousas de "El Roto"



i58661cagle1.gif

 Que o ano 2008 sexa moi bo e con felicidade para todas aquelas persoas que queiran e desexen a paz no mundo, e os sápratas, xenocidas e guerreiros (o trio das Azores) sexan levados aos tribunais internacionais.

Dean Read o “Elvis Rojo” 

 

Fervello: Imos comezar o ano 2008 lembrando a un mozo daqueles anos 60/70 como foi Dean Read, un fervente idealista e sincero revolucionario coa causa que defendía Salvador Allende para América Latina. Agardemos a que o filme de Tom Hanks sexa o máis obxectivo posible para dar a coñecer a este cantante revolucionario ás xuventudes actuais que non se poden durmir nos laurees, que outro mundo é posible, que o gran capital de hoxendía vai rematar co planeta e que tomen conciencia dos seus grandes problemas que cada vez son máis graves, contratos lixo, a vivenda, o medio ambiente , a sociedade de consumo na que están inmersos e o máis grave, o fascismo que chega enmascarado.

---------------------------------------------------220px-dean_reed.jpg 

O actor Tom Hanks encarnará no cine ao denominado "Elvis Rojo", Dean Read, o cantante estadounidense que elixiu vivir baixo o réxime comunista da RDA e abrazou a causa revolucionaria conmocionado pola morte de Salvador Allende.

Hanks pretende empezar a rodaxe da película inspirada nesa figura e que levará por título "Comrad Rockstar" no principio do ano.
Reed, aclamado pola República Democrática Alemá (RDA) como a antítese anticapitalista do Presley de Memphis (EEUU), apareceu morto o 17 xuño de 1986, con 48 anos, no lago a beiras da súa casa, nos arredores de Berlín.
cultur72d.gif 

 

Era alto e guapo e norteamericano, e a principios dos 60 unha das súas cancións de amor sacudiu os charts de dous remotos países suramericanos. Entón Dean Reed naceu de novo. En Chile e Arxentina arrasou entre as mozas, protagonizou películas e foi tapa de todas as revistas. Pero descubriu tamén a miseria, a represión das ditaduras e unha entusiasta vocación política que en poucos anos levaríao a converterse no embaixador musical do socialismo en plena Guerra Fría. En 1986
 

Foi un entusiasta colaborador na campaña electoral de Allende e miliciano no Líbano.





Coñecéuselle como o “Presley Rojo" porque nos seus inicios buscou a fama nunha voz e un estilo similares ao de Memphis.

Nacido en Colorado, en 1938, fíxose soado entre o público da RDA como heroe que renegou de EEUU para abrazar o comunismo.

Aprendeu español no Chile de Allende, logo pasou un tempo en Arxentina, de aí foi á Unión Soviética e logo á RDA.

Volveu a Chile, xa con Pinochet, para entoar cos mineiros un lendario "Venceremos", en 1983, e estivo entre os ferventes admiradores de Yaser Arafat.


 

Biografía