Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

11/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F. Os Ilustrados das TV

sarampelo @ 23:03

Comando Cultural Os Rabiscos.    

8.jpg

Teo Cardalda F.  

Os “ilustrados” das T.V. 

Artigo en Galicia Dixital  e Diario de Arousa

Vaiche boa a cousa, mala chispa os coma. Non sei se vos dades conta que dun tempo acó, non se pode ollar a Televisión sen alporizarnos. Algúns “parroquianos” os ves tvbasura.jpgpola rúa con cara de beatos e as uñas de gato.   

 

Dáme que pensar  que as productoras para que estéamos “cabreados” día si e outro tamén, acometeron unha estratexia onde non hai un só programa que non remate a ouvear, berrar e ornear, inclusive xa comezan os programas berrando como lobos, logo no intermedio do programa ven a publicidade cun son infernal que rematas cunha subida de adrenalina e cun “cabreo” épico que che dan gañas de coller un mazo de ferreiro e escachar o aparato da TV. Estas productoras están a sementar sen semente, para que os oíntes e televidentes rematemos segando sen fouciño. 

images31.jpgIntentas desconectar os miolos  un anaco e pos calquera programa de corazón (subcultura) dos que temos agora. Pero moi lonxe da túa intención, o teu “cabreo” vai a máis cando aparece alguén que coñeceu a non sei quen; que saíu con non sei cantos; que estivo na cama con tal persoa; que si a vaca da miña veciña da mellor leite  que a miña; tal é a nai como a filla; uns en boa cama e outros en mala. Neste programa de lixo xuntouse a fame coas gañas de comer.   

Falan gritando como nas lonxas do peixe (con moito respeto polas peixeiras). Qué máis quixeran algunhas “señoritas” que saen neses brodios de TV cunha cultura máis semellante a pés de bancos, chegarlle á altura dos tacóns as nosas peixeiras galegas. 

 A subida de “cabreo” ten lugar cando o presentador berra máis que os “personaxes” invitados e pasas a converterte nun cabalo furioso  e rematas ouveando todo descomposto: ¡ Vaia anaco de cabróns…....!. 

A túa dona mira para ti e pregunta se estás doente, que tes unha cara descomposta e sáenche os ollos e os dentes para fora. Para non armala  colle-lo coche e vas dar unha carreiriña, sintoniza-la  radio e escoitas máis berros, esta vez a Jiménez los Santos que ladra e fai posible aquel refrán galego: “na terra dos lobos hai que ouvear coma todos”.   Apagas a radio, saes do coche e vas dar unha volta; tes a negra sorte de atopar a uns coñecidos que comezan a berrar polo ruín dun presentador nun faladoiro de fútbol na TV, enchen o ar de blasfemias dirixidas a estes comentaristas, comezo a fuxir dese ar tan contaminado de “cabreados”, voto a tvbasura2.jpgandar é “pírome” axiña para non rematar tolo.  

Ao pouco tempo os “chips” da miña “cacholiña” lémbranme o libro de cabeceira que estou lendo ("Vivir para contarla", de García Márquez), e sinto unha tranquilidade, un acougo que o corpo comeza a relaxarse ao momento, métome na cama comezo a ler, estou ata preto das tres da mañá saboreando o  intelixente tema de Gabo; foi como un sedante e durmín como un bendito.  

¿Como é posible que estes responsables das TV, guionistas “ilustrados”, productores e toda esa  tropa poidan insultar á intelixencia dos “parroquianos” con tanta impunidade?. De ruín madeira, nunca deu boa astela.

Á única maneira de facerlles a “puñeta”: apáguemo-lo televisor nas horas de máis audiencia e collámo-los libros e os discos, é a mellor terapia contra os principios da tolemia.  

Agora que acaban de aparecer os índices de lectura neste país e, por fin Galicia, imos en cabeza en algo: lemos pouco.  Non lle deamos pé a estes comediantes e farsantes das TV a seguir sendo os primeiros no negativo. Libro pechado non fai letrado.

Graciñas Gustavo por darme a idea.  

 

09/02/2008 GMT 1

Comando Cutural Os Rabiscos, artigo do Curmán do Fervello "¿Cultura para qué?

sarampelo @ 11:03

Comando Cultural Os Rabiscos, Artigo do Curmán do Fervello

¿Cultura para qué? 

Acaban de aparecer os dados sobre os índices de lectura neste país sen Estatuto de Nazón e, por fin, imos en cabeza en algo: lemos pouco.  

cuerpo_56350.jpgXa sei. Agora toca meter-se coa televisión, cos maquinetos dos nenos, coa Play Station e trebellos así para explicar por qué raio aquí non se abre un libro. Pola contra en Galiza non paramos de editar libros e, como cogumelos, aparecen carimbos editoriais en cada comarca practicamente cada semana, o que indicaría que os índices de lectura deberían seren máis elevados, e, diso, nada, monada. 20050730165316anxela.jpg 

Qué razóns hai entón?. Pois miren, resulta que ser editor en Galiza é participar nun mercado cautivo polas axudas e subvencións oficiais, nomeadamente da Xunta de Galicia; se a vostede lle entra un repente ou apretón e quere pasar aos anais da historia como editor galego de século XXI, que saiba que menos perder cartos pode pasar de todo; para que un poida sacar peito e decir aos colegas que é editor, bastaría con se dar de alta no rexistro correspondente, editar un libro e saber que o goberno galego, tanto se é de Progreso coma de Regreso, único ou bi, comprará tal número de exemplares que será imposible que perda cartos, e se non es un manta algún cartiño sacarás para pagar uns vasos na taberna aos parroquianos que, admirados, f355fd9c5131a3d6i3.jpgcontemplaran-che como se mesmo foras un marciano. 

Está claro, digo eu, que a vida hai que vivila e mellor neste val de pesadelos ca na outra vida futura e sen subvención. A maiores, se es un editor dócil e publicas moito sobre temas dos que gosten os gobernantes, poderás optar a unha pasaxe para acudir á Feira do Libro da Habana, un mercado aberto e sen censuras estruturado de tal xeito que é imposible asinar nengún tipo de contrato porque Fidel non recoñece a Convención de Berna. Ou sexa, que, vale, está ben iso de ir a Cuba a ver parentes lonxanos, beber ron e trasnoitar, pero a facer negocios, pois pouco. Ah, sempre se pode visitar a un poeta entalegado e recomendar.lle prudencia até que a palme Fidelito. g17p45f1.jpg

E se es un editor que tira libros de texto, entón, chico, entón es o amo. Pensen e, sobre todo pensao ti, Fervello, que se cada ano a Real Academia Galega introduce algunha modificación idiomática por miuda que pareza, alá van tomar por saco os libros do ano anterior xunto cos dicionarios e a carraxe dos cativos, que non saben por onde andan e preguntan se agora se dí Retor ou Reitor, gracias ou grazas, e así. 

Ao empresario do mundo do libro, ese editor subvencionado e con chalete enx__anton_lopez_dobao.jpg Portosin ou en Praia América, tanto lle ten que se diga grazas ou obrigado, o caso é agardar esperanzado que un académido da Real galega, conetado e ben con grupos editoriais do país, vexa imprescindible que haxa que escreber "imprescindíbel" e non imprescindible. Non, non agarden a que concorden dunha vez e para sempre a ortografía, qué va, o negocio está aí. Naturalmente o de menos é que se lea en Galiza. Ese non é o tema. O ideal é que exista un mercado cautivo dominado polos políticos e certo número de mariachis e intelectuais.

Vaiamos ao segundo: supoño que todos e todas saben que o Presidente Touriño fala un idioma que, sorte que temos, agora podemos entender gracias ao Dicionario Galego-Touriño, Touriño-Galego, texto en edición dixital que non recebe subvención e que poden consultar na Rede, máis exactamente na "Touripedia".  Pois ben, este o noso Presidente de Progreso, camarada Touriño, non aquela dúas verbas nen con chuleta pero, sí, está arrodeado de asesores culturais que cobran unha burrada e algún procede da Editoral Galaxia, nomeadamente o camarada Villalaín, un salario perfectamente prescindible/prescindíbel. Acaso ese chico e outros asesores máis abriron últimamente un libro e llo recomendaron a Touriño?. Pois vai ser que non. 

gdecarla_bruni_-_foto_1.jpgOutros dos nosos intelectuais tampouco abriron un texto desde hai tempo, especialmente libros de xestión cultural ou contabilidade non creativa; estou a citar á recua de listos e listas que acudiron á chamada da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo (pobre, Paco Rodríguez tenna enfilada, vai durar menos ca unha subvención á porta do Concello de Vilagarcía) para "repensar" o proxecto da Cidade da Cultura, iso sí, cobrando: se esta xente, incluida a nosa Bugallo, tiveran lido algún libro nos últimos meses pois saberían que o mellor e máis sensato era botar o candado, parar a obra e montar neses terreos un grande Casino conectado con Lavacolla e, optativamente, un enorme prostíbulo con luces e fervenzas quentes, tipo Caldas. Pero, nada, fiámolo todo á sabiduría de Antón Reixa, Antón Dobao (vaia petartada a súa última peli), Suso de Toro, Marilar non-sei-qué, Os Tonechos e Carla Bruni, e untitled6.bmpseguimos sen abrir un libro nen sequer de cociña. 

Carecemos en Galiza dunha rede de bibliotecas públicas que mereza ese nome e son inexistentes as bibliotecas escolares. Así queremos fomentar o hábito de lectura?De qué imos, colegas?.  Asistimos á construción de grandes edificios que toman nome de Auditorio, tipo o de Pontevedra, que sae por un riñón tan só a calefación, para mantelos infrautilizados máis da metade do ano. De verdade alguén con boa vontade pensa que Vilagarcía merece unha biblioteca como a que ten, biblioteca que hai anos expandíu as súas instalacións á sala de teatro gracias á ocurrencia de aquel fenómeno alcumado "Sacauntos"?roberto-marta1.JPG

Con ese tipo de infraestructuras de verdade, en serio, imos fomentar o hábito lector entre as crianzas? Saben acaso que Santiago de Compostela carece a día de hoxe dunha biblioteca pública e que se está a rematar por fin o edifio que vai albergala?. Pola contra, Compostela foi hai algúns anos "Cidade Europea da Cultura", un mamoneo máis para que o alcalde e varios jetas da oposición lisquen a Bruxelas uns días a comprar panetones e bombóns.Non, con cultura de espectáculo non se fomenta o hábito lector. Con cultura de espectáculo engrosamos os petos de varios autotitulados artistas multimedias e multicaras.  

Non, pagando becarios que cobran menos ca un mileurista non se monta unha biblioteca nen se atende un servizo público. Con libros vellos, anticuados, con instalacións de alpendre, con edificios vellos e con persoal mal pagado non imos pola camiño doado. E, mentres, estes os nosos intelectuais vendendo as súas bibliotecas por millonadas para a Cidade da Cultura ou revalorizando as súas pinacotecas particulares facendo loubanzas da pintura de tal ou cal pintor desde as páxinas de “El País”. alvarez-pousa.jpg 

Ah, esa é outra historia. Que contento está Luis Álvarez Pousa e o director da Televisión Galega, Suso Iglesias, mirando cómo se revalorizan as merdas que compraron, caras, hai uns anos.Pero esa é outra historia. 

O Curmán do Fervello. 

 

06/02/2008 GMT 1

Unha gran "sopa de plástico que flota no océano Pacífico

sarampelo @ 00:12

Unha gran "sopa de plástico" que flota no océano Pacífico cun tamaño dúas veces o territorio de Estados pacific-garbage-patch30oct07.jpgUnidos  Ler máis ....insurgentepacificc.gif

Segundo os científicos, o maior vertedoiro do mundo. A mancha cobre preto de 500 millas da costa de California, rodea Hawai e esténdese ata case Xapón, segundo publica The Independent e Los Angeles Times.

 

Charles Moore, o oceanógrafo norteamericano que descubriu a "gran mancha de lixo" e creador dapacific-garbage-patch30oct07.gif Fundación de Investigación Mariña Algalita cre que contén unhas cen millóns de toneladas de desperdicios. Atópase nunha zona que navegar por un vórtice que os mariños xeralmente evitan porque hai pouco vento e moita presión.

Sarampelo: É o que faltaba, entre que os Polos se derriten, as guerras que provoca o Imperio do Tío Sam con armas de plutonio, a contaminación do CO2 e máis merda-lixo que aínda non sabemos, coido que imos ao desastre e os gobernos de occidente o único que lles importa é engordar aínda máis a eses tiburóns insaciables das grandes corporacións. Un dos exemplos destes "predadores humanos" o temos agora na política, un tal Pizarro. Oxalá rematen todos comendo plástico. Aínda que tamén nós, si, os que vivimos nestes países da opulencia, os que somos paisaniños tamén temos o noso grado de culpa o de non procurar e evitar de encher o mar de lixo-plástico. Coido que a cousa non é de coña. Os nosos netos o teñen ben "fodido".

__________________

Artigo de: *Juan Gelman en Rebelión

 

*Premio Cervantes 2007 .

04/02/2008 GMT 1

Según el ex-presidente italiano Cossiga, los servicios de inteligencia occidentales organizaron el 11 de septiembre

sarampelo @ 23:43

Impactantes declaraciones del ex presidente italiano
Según el presidente Cossiga, los servicios de inteligencia occidentales organizaron el 11 de septiembre. Ler máis ......co390-5.jpg 

 Corriere della Sera

El ex presidente de la República Italiana, Francesco Cossiga, tiene la reputación de hablar claro. En una lacónica declaración, Cossiga proclamó que «el rey está desnudo». Según Cossiga, como saben todos los dirigentes occidentales –aunque ninguno lo dice–, fueron los servicios de inteligencia estadounidenses e israelíes quienes perpetraron los atentados del 11 de septiembre de 2001.

Cossiga comenta ahora el engaño más grande de la historia que se haya montado contra la población mundial. Según el artículo del Corriere Della Sera: «Nos hicieron creer que Ben Laden había confesado [ser el autor] del ataque del 11 de septiembre de 2001 contra las dos torres de Nueva York –cuando en realidad los servicios secretos estadounidenses y europeos saben perfectamente que aquel desastroso ataque fue planificado y ejecutado por la CIA y el Mossad, para acusar de terrorismo a los países árabes y así poder atacar Irak y Afganistán». Ler máis..... 

 Sarampelo: Se isto é certo, aquí temos uns criminales contra a humanidade que non lle chegaría o tribunal  semellante ao de Nuremberg para xulgalos. Destes "neocons" terroristas de estado podemos agardar de todo nesta era que vivimos. E como estámos a ollar cada día, os israelitas  e os de USA son insaciables. Que mágoa me da Palestina, xamais arranxaran o seu problema.

Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F.-Os revolcóns amorosos do Sr. Fajardo de IU

sarampelo @ 14:13

O sábado pasado día dous de febreiro saía un comentario nos xornais de Arousa do portavoz do PP no concello de Vilagarcia   Sr. Fole criticando ao Goberno bipartito dp1040435.JPGo PSOE e mailo BNG, polo desembarco do

concelleiro Sr. Fajardo de IU na presidencia da Comisión de Obras. O Sr. Fole dicía o seguinte: que iso

(Foto da nova do Faro de Vigo) 

era unha “cacicada  e un “mercadeo”,  comparaba ao bipartito cun matrimonio de conveniencia no que axiña aparece “….un amigo con dereito a “revolcón”. 

Comentario de Teo Cardalda a esta crítica 

Comando Cultural Os Rabiscos 

Os “revolcons amorosos” do Sr. Fajardo de IU 

Ímola andando, que a festa vai boa. O Sr. Fole comentou estes días nos xornais que, alcaldesa-foto-boa.jpgo desembarco de Fajardo de IU na presidencia da Comisión de Obras é unha “cacicada” e “mercadeo”, nembargantes o que máis me ilustrou  foi o que dixo despois: compara ao bipartito  cun matrimonio de conveniencia no que axiña aparece “...un amigo con dereito a un “revolcón...”. ¡Carallo!. Isto si que é novo na política.

(foto,Sra. Alcaldesa) 

Non me parece mal que nos tempos que corren (século XXI), non haxa un entenden  a tres, un trío na mesma cama, sempre e cando sexa consentido e en mutuo acordo. O Sr. Fajardo con consentimento do “bi”, ten todo o dereito a “revolcarse” . O amor Sr. Fole, sexa como sexa fai cordos aos tolos e sabios aos parvos; daquela maneira, tres que dormen nun xergón, vólvense da mesma condición, e se iso é  para mellor, benvido sexa o “revolcón”. O amor tódalas cousas iguala, o que non se pode  Sr. Fole é chamarlle antes de tempo cornudo a ninguén, o que non sei que é o cornudo, se a Alcaldesa ou o Sr. Ratón. xose-castro-raton-ng.jpgHai quen calando fala e falando non di nada xa que a mellor palabra é a que está por dicir. O comer e a rascar, todo o malo é empezar e se o trío chega a ese acordo amoroso, non se fai fóra de tempo o que se fai no seu tempo, e se non se fai as cousas dunha vez fanse  de dúas ou tres ou cando ese amor chegue a culminación do (Foto, Castro Ratón)

 

acto, e si é para ben, mellor que mellor. Paseniño a paseniño fixo unha vella unha juan-fajardo11.jpgpipa de viño.

(Foto, Juan Fajardo) 

 

 

 

Sr. Fole, dígoo que á auga de correr e á xente de falar non se lle pode privar, coido que as palabras que dixo nos xornais son ditas sen intención xa que os días do Entroido máis o dos fole.jpg

                                                                      (Foto, Tomás Fole)

Santos Inocentes, non se poden tomar en conta. Sen acritude compañeiro Fole, ven que nos coñecemos, só lle digo que tamén a Vd. lle gustaría facer de cando en vez algún que outro “revolcón”, a min tamén me gustaría. Nesta curta vida que temos, o probar tódolos praceres non é pecado. ¡Non si, Sr. Fole!. 

 

Hai un refrán con moita retranca galega que di: “véndeme os bois e véndeme as vacas e non me vendas o pote das papas”. E que siga o Entroido.

Teo Cardalda F. 

Artigo escrito no Dario de Arousa

 

31/01/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos.Artigo de Carlos Taibo."Renace el Foro Social Mundial"

sarampelo @ 23:57

 

Comando Cultural Os Rabiscos

Artigo para O Mañanceiro de Carlos Taibo Arias 

 

Renace el Foro Social Mundial            

 

colaborador-ctaibo3.jpg* Carlos Taibo 

 

El fin de semana pasado se ha celebrado en un sinfín de lugares, por primera vez con carácter descentralizado, el Foro Social Mundial. Al amparo de esas reuniones los movimientos que contestan la globalización en curso han disfrutado de una buena oportunidad para calibrar cuál es el camino recorrido hasta hoy y cuáles los retos que se presentan en el futuro.

    

Obligados estamos a dar fe de la asistencia masiva que ha caracterizado a la mayoría de las sesiones celebradas entre nosotros en Andalucía, Canarias, Castilla-León, Cataluña, Galicia o Madrid. Quiere uno creer que esa presencia notabilísima de activistas y de curiosos refleja, por encima de todo, un general descontento. logo_forum_social_mundial2.jpg

 

Una parte de la ciudadanía se percata con radicalidad --parece-- de que las propuestas que formulan las fuerzas políticas al uso de poco o nada sirven para afrontar los problemas más perentorios. Bastará con rescatar al respecto dos ejemplos. Hoy ya sabemos, por lo pronto, que los buenos propósitos vinculados con los llamados Objetivos del Milenio en modo alguno encontrarán satisfacción en 2015: la desaparición de la pobreza en el planeta, en otras palabras, habrá de tomarse su tiempo en un escenario en el que, sin embargo, bien conocemos que los recursos materiales y técnicos son más que suficientes para resolver, con rapidez, el problema correspondiente. Entre tanto, los gobiernos se contentan con elevar misérrimamente los niveles de las ayudas oficiales al desarrollo.

    

El segundo de los ejemplos que interesa invocar no es otro que el que ofrece el cambio climático. A estas alturas el que más y el que menos intuye que la dinámica iniciada en Kioto no es sino un parche para postergar unos minutos lo que puede convertirse en una catástrofe irreversible. Si es razonable adelantar que esto lo saben también los gobiernos, habrá que concluir que no deja de ser lacerantemente significativo que en la abrumadora mayoría de los casos prefieran seguir sucumbiendo a las presiones empresariales de siempre.

    keypic2.jpg

Claro que en el resbaladizo terreno en el que nos movemos hay que atribuir responsabilidades también a los medios de comunicación. Por cierto  que los dos o tres últimos años éstos le han dispensado una atención sensiblemente menor a las actividades del Foro Social Mundial. Y eso que uno creía que habían tomado nota ya de las secuelas delicadísimas del permanente coqueteo con la especulación, las fusiones de capitales, la deslocalización y la desregulación que ha caracterizado de siempre a las propuestas que emanan del oficialísimo foro de Davos. Que esto haya sido así, una vez más, este año es tanto más llamativo cuanto que en los últimos días, y crisis bursátiles de por medio, a nadie se le escapan las secuelas, que empiezan a ser dramáticas, de las prácticas depredadoras y delictivas a las que se ha entregado a menudo el capitalismo global. 

    

Agreguemos que los movimientos contestatarios parecen haber ajustado cuentas, también, consigo mismos, en la medida en que, cuando se celebraba con carácter centralizado, en Porto Alegre, en Mumbai o en Nairobi, el Foro Social Mundial acabó por privilegiar la primera de las dimensiones inserta en uno de los lemas profusamente esgrimidos por las redes antiglobalización: el que invita a "pensar globalmente" para al tiempo "trabajar localmente".

 

kiotohome.jpgAunque el éxito inesperado, en materia de presencia y participación popular, de la mayoría de las sesiones de este pluralísimo Foro Social Mundial invita razonablemente a la esperanza, convengamos en reconocer que el balance final habrá que realizarlo transcurridos unos meses. Y es que tantas conferencias, tantos talleres y tantas manifestaciones no servirán de nada si, en el ámbito de la vida cotidiana, los movimientos no recuperan el pulso de sus demandas y no consiguen convencernos a los ciudadanos de las sociedades opulentas de que tenemos que repensar críticamente lo que significan conceptos como los de "crecimiento" y "consumo". Y es que --no nos engañemos-- el futuro de esas redes no se dirime en foros o contracumbres, sino en el día a día del trabajo, a menudo sórdido y poco vistoso, en barrios y pueblos.

 

 

Ler máis »

30/01/2008 GMT 1

Os animais con roupa contra os animais

sarampelo @ 21:33

 

V CAMPIONATO ESTATAL DE CAZA DO RAPOSO  DE PORTOMARIN

Vídeo do 29 de xaneiro de 2008

Fervello: Remato de ler o Bolgue de Perfeuto Conde Muruais. Carallo, pois quedei abrallado sobre o exposto. Trátase da caza do raposo por centos de cazadores á persecución como tolos tralo o animal. Pero o que máis me chamou a atención foi os outros animais con escopeta ameazando aos defensores  da fauna e xurando como tolos. O vídeo é escarallante e inclusive coido que ten unha carga delectiva pola graves ameazas que lles fixeron. Non estaría mal que algún fiscal ollara este video.

Estes animais con roupa e pantalóns pertecen a fauna da Galicia máis profunda. Perfeuto di no seu post que algún deles, se cadra, poden ser directivos dalgunha empresa, ou quizais de profesións liberais. Pero non deixan de ser uns animais irracionais. Cada vez que estou coñecendo ao ser humano, máis lle quero ao meu cán. 

Comando Cultural Os Rabiscos. Opinión Teo Cardalda. A Tómbola da feira política

sarampelo @ 14:02

Comando Cultural “Os Rabiscos".

  

A tómbola dá feira política

 

 

Por Teo Cardalda F.

 

 Remato de ler a nova do ofrecemento electoral dos grandes partidos deste país. Estou abrallado ante tanta indignidade, inmoralidade e miserias humanas. Desde os comezos dá transición ata as datas de agora, a democracia foi paseniño deteriorándose ata uns límites dá actualidade que non teño palabras para describir a estes políticos que se consideran de esquerda.
3bsoci01comp.jpg





Sempre, ou case sempre se falou que os partidos de esquerda levaban consigo desde tempos antigos a bandeira dos valores éticos e morais, cos seus erros que foron grandes, non así os de dereitas que prima moito máis o egoísmo, os recortes sociais e representa hoxendía ás grandes corporacións impersoais (liberalismo salvaxe do século XXI), non ou digo eu, senón que a historia así ou ven dicindo con feitos.

Os  dous partidos maioritarios  deste país, estanse a volver en máquinas tolas, asemellan ás tómbolas dás feiras. Uns ofrecen unha cousa e os outros ofrecen máis. Ante o proxecto de ofrecemento do PSOE de 400 euros, achegámonos á culminación do esperpento. De boas intencións está ou inferno cheo.

Destes catrocentos euros de impostos directos pregunto ¿A que produtos lle aplicaran os impostos indirectos para compensar o engano?. Estas intencións de chantaxe, compra e venda non é máis que pan para hoxe e miserias para maña. 

carro_voto.jpg


 Non fai falla ser un gran economista para saber nestes intres que a economía no país vai ter unha recesión importante, xa está comezando a sentirse, senón que llo pregunten á ama de casa cando vai a mercar aos súper, cada vez entrega máis euros e no “carriño” veñen menos cousas.
 

Síntome avergoñado desde xa fai un tempo desta esquerda que abandonou os seus principios aliándose co neoliberalismo máis salvaxe, enganando ao pobo con melloras sociais e ao mesmo tempo consentindo a esas grandes corporacións que campen as súas anchas e que fagan o que lles pete. Temos un dito moi galego que di: “mentres capo, non asubío”, pero estes están a caparnos e tamén queren asubiar.

Quero subliñar que tampouco hai que meter a tódala esquerda no mesmo saco, xa que as declaracións de I.U. nestes días foron coherentes sobre este tema e cos principios de solidariedade e valores que debe ter unha esquerda consecuente.





A esquerda ten que volver á ética política, non soamente é facer política cada catro anos a pedirnos os votos, a esquerda ten que facer debates nos seus partidos continuamente para que todo quede refletido na sociedade e na perfección dá democracia. O monolitismo e monopolismo que existe hoxe nalgúns partidos de esquerda non dá pé para desenrolar un avance neste sistema de democracia partidista. tombola1.jpg

Aquí o que a maioría do pobo quere que se goberne con un pouquiño de sentido común, que funcione tódolos estamentos do estado, que a sanidade este á altura dos países europeos máis avanzados e a educación sexa un ideario de valores humanos. Con isto dá tómbola política, fraco favor se lles fan a estas novas xeracións de mozos falando de cartos, chantaxes e de inmoralidades. Coido Sres. políticos dá “esquerda” que, antes de mercar o becerro, tendes que face-lo cortello.


 

 

Que se deixen dá caralladas,  eses catrocentos euros a maiores os envirtan non que sempre a esquerda fixo, en inversións no social, en máis médicos e hospitais, melloras do ensino tanto nos colexios como nas Universidades públicas, mellora dás pensións. Un pouquiño e outro pouquiño fan un moitiño.



Son abondo pesimista ante este problema de falta de democracia interna nos partidos que logo se reflite na sociedade, como así ven sucedendo,  de políticos que lles chega a lameira ata os mesmos fociños, non teño moitas esperanzas desta esquerda do século XXI, o digo apoiándome non que meu avó me dicía fai tempo, recollendo aquel refrán moi galego: “quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá”. Aquí perdemos todos.

 


 

 

 

Coido que desta maneira de facer ao estilo de tómbola de feira, xamais acadaremos unha sociedade máis xusta e equitativa. Camiñamos polo arame facendo equilibrios, ata que cheguemos a esnafrarnos, sendo esa caída para non erguerse máis.

 

Hai un tempo atrás dicía Jacques Cousteau aquilo de: “ Só cando se corte a última árbore, só cando o último río morra envelenado, só cando se pesque o último peixe, só entón verás que o diñeiro non se pode comer”.

 

 

 

¿Será esa a sociedade do futuro co consentimento dá esquerda?. Coido que outro mundo é posible.





 


 

 

27/01/2008 GMT 1

O Pentágono afirma que Uribe traballou para o narco Pablo Escobar

sarampelo @ 00:53

 Nova dos días pasados

 Zapatero en xuntanza con Uribe 

José Luís Rodríguez Zapatero aceptou fai uns días formalmente a petición do presidente de Colombia, Álvaro Uribe, para que España -xunto a Francia e Suíza e baixo a coordinación da Igrexa católica- medie ante a guerrilla das FARC (Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia) para conseguir a liberación dos secuestrados. uribe-za.jpg


Zapatero deixou claro que a mediación española non irá por libre, como a de Venezuela, pois cada paso acordarase coas autoridades colombianas. "Nada se pode facer, como é lóxico, sen contar co presidente Uribe", afirmou. España forma parte desde fai anos do grupo de países que apoia as xestións de paz en Colombia, con nulo éxito no caso das FARC e avances significativos coa outra guerrilla, o ELN.

Durante a súa breve estancia en Madrid, Uribe foi recibido polo Rei e departiu entre outros co xuíz Baltasar Garzón con quen, segundo dixo, abordou o decreto sobre axuda ás vítimas do terrorismo que prepara o seu Goberno. Antes de partir cara a Suíza, para participar no foro de Davos, o presidente colombiano acudiu ao congreso de víctimas do terrorismo.  Ler máis.......


------------------------------------------------------------------------ 

Agora ollamos a outra nova relacionada co presidente

de Colombia  

Un informe do Pentágono afirma que Uribe traballou para o narcotraficante Pablo Escobar.

En setembro de 1991 o departamento americano de defensa recompilaba unha lista de individuos que cría que estaban asociados co coñecido cartel colombiano da droga de Medellín. Hai 106 nomes no recentemente desclasificado documento de intelixencia entre os que hai quen están sinalados como vándalos, asasinos, traficantes de nivel medio e avogados corruptos. paramilitares_.jpg

O cruel xefe do cartel, Pablo Escobar, era o principal na lista, xunto co antigo ditador panameño Xeral Manuel Antonio Noriega. Pero o que verdadeiramente chama a atención é ítem Non. 82 que di: " Alvaro Uribe político colombiano e senador dedicado á colaboración co cartel de Medellín nos altos niveis do goberno. Uribe vinculouse a un negocio involucrado nas actividades dos narcóticos nos Estados Unidos?. Uribe traballou para o cartel de Medellín e foi un amigo íntimo  de Pablo Escobar Gaviria.

     

Ler máis na revista NEWSWEEK........BLACKLIST TO THE A LIST
ONCE DEEMED A BAD GUY, URIBE IS NOW A TOP ALLY...
   

   Os miolos do sobriño do Fervello: 

É unha irresponsabilidade a xuntanza do outro día de J.L.R. Zapatero co Presidente colombiano Álvaro Uribe Vélez.

O Goberno español terá que dar resposta a moitas preguntas se quere ser coherente coa súa política e cos seus compromisos electorais en materia exterior na súa cooperación de Dereitos Humanos. O que máis lle está a preocupar ás organizacións sociais e defensoras dos Dereitos Humanos do mundo son os vínculos de Uribe cos grupos paramilitares de extrema dereita e responsable de decenas de miles de crimes de lesa humanidade. Xa esta demostrado a participación de sectores políticos, económicos nacionais e trasnacionais no fortalecemento e orzamento do proxecto paramilitar en Colombia. Segundo a Corporación “Nuevo Arcoiris,” 1.845.773 votos obtiveron os 33 Senadores e 50 representantes á Cámara incluídos nas pescudas xudiciais polos seus vínculos cos paramilitares, todos eles aliados estratéxicos da campaña de Uribe. 

 

O noso Presidente en vez de reunirse con Uribe, debería apoiar a demanda que está presentada contra o mandatario colombiano ante o Tribunal Internacional de  La Haya. O único que estaba levando as cousas nas negociacións coa guerrilla é Chávez con resultados positivos. Agora o Uribe, que xa fixo as súas falcatruadas cando a liberación das rehens, quere que negocie España, Francia Suíza e maila Igrexa. Imos apañados coas directrices que manda o Imperio con tal de desprestixiar a Chávez, e o noso goberno apoiando a un xenocida. O que me está a roer os miolos nestes intres é algo que non me entra nin polos pos da miña pel. ¿Como o Garzón non o meteu na cadea a este homiño?. O digo moi en serio non é unha ironía, nin caralladas.     

 

25/01/2008 GMT 1

A franxa de Gaza

sarampelo @ 11:00

 

A franxa de Gaza 

enekogaza.jpg

 

Unha ilustración vale moito máis que un milleiro de palabras. O único que quero resaltar é a complicidade de Europa nese xenocidio dos palestinos.