Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

05/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Un combate a dous-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 23:36

 Comando Cultural Os Rabiscos

8.jpg

 

 

 

Por Teo Cardalda F. 

Un combate a dous 

Xamais tiven maior interés por uns debates políticos onde non están representados tódolos votantes do arco parlamentario. Nembargantes, por esta vez tiven a santa paciencia de ollar e escoitar os dous debates para poder facer unha crítica (positiva ou negativa) dos dous representantes dos partidos maioritarios do estado. Cando me acomodei na cadeira fronte ao televisor, deume a sensación que ía a ollar un combate de boxeo, así o reciclei nos miolos desde o primeiro intre ao pé da pantalla.  

Comeza o combate co permiso do árbitro. O aspirante ao título comeza a dar uns golpes baixos demagóxicos  usando de cando en vez uns “barullos”  cara a  certo público que case non entenden deste “boxeo-político”, o aspirante dáse conta que o combate aínda que sexa desta maneira pode coller máis adeptos dese público, onde comezan a aplaudirlle como tolos. O actual campión, comeza a recibir estes golpes e  “barullos” e trata de esquivalos como pode, parte do público que sabe de que vai a cousa, comeza a gritarlle que use a mesmas armas que o seu contrincante. Na metade do combate trata de usar esas mesmas armas nalgún momento, dándose conta que iso non lle fai falla,  comprende que ten parte do público ao seu favor e trata de rematar o combate dunha maneira amigable.zaptero-rajoy-saludan-inicio-debate.jpg 

 

O árbitro da por rematado os asaltos. Ao final os medios e as enquisas falan de gañadores e perdedores. Eu que vin o combate, tamén teño o meu pobre criterio: o considero un “tongo” xa que non gañou ninguén, só houbo un perdedor que foi o público (pobo)  que é o que paga ante un combate tan patético.

Non foi un combate de ideas, pareceuse máis a un monologo facendo carantoñas, destacando o aspirante ao título de intentar insultar á intelixencia de moitos españois.  Cada un fixo o seu papel que lle corresponde no “ring”, dentro das coordenadas que ordena o “regulamento” dos que financian na sombra este “boxeo”político.

Aos organizadores destes combates témoslle que lembrar que non soamente existen os pesos pesados, senón que temos preto de catro millóns de “aficionados-votantes” que tamén lles gusta que se celebren combates de tódolos pesos no mesmo “ring”, onde podemos os españois ter unha máis completa información da grande e rica pluralidade deste país.

O vindeiro domingo día 9 o pobo dará o veredicto. O campión gobernará con ese título pero non terá o poder. Ese poder cos tempos que corren de “neocon” sempre será dos que fan e financian ese “regulamento”.

Ímola andando que a festa vai boa. A bo entendedor moi poucas palabras fai falla.  

Artigo publicado no Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ler en español........

Ler máis »

03/03/2008 GMT 1

Un piloto de Lufthansa evita estrelarse

sarampelo @ 18:01
Un piloto de Lufthansa evita no último segundo estrelarse en Hamburgo
 
O vento do ciclón «Emma» provocou que se saíse da pista pero tras tocar terra logrou remontar o voo do aparello no que viaxaban 131 pasaxeiros. 
Un piloto de Lufthansa, de 39 anos e identificado como Oliver A., logrou evitar coa súa pericia este fin de semana unha catástrofe aérea provocada polo paso do ciclón «Emma», que causou 14 mortos en toda Europa.
O piloto conseguiu dominar no último segundo o Airbus 320, con 131 pasaxeiros a bordo, no momento de aterrar no aeroporto de Hamburgo procedente de Munich

Oliver A. logrou dominar o avión xunto ao seu copiloto, a xóven Maxi J, de 24 años. Aterraron na mesma pista ao segundo intento, tras dar varias voltas agardando  de que amainara os ventos racheados.Ler máis...20minutos.es

Fervello: As imaxes o din todo, nembargantes ,quero dicir que o piloto e a xoven copiloto tiveron unha sangue fría e unha profesionalidade fora do normal. Hai que votarlle moitos "aqueles....." Ole por estes xóvenes profesionais. Os meus parabéns para o Sr. Oliver A. e moza Maxi J.

01/03/2008 GMT 1

Pazo do Rial-Vilaxoán de Arousa

sarampelo @ 11:24

Fervello: Estivemos remexendo os miolos os que facemos este blogue e pensamos que, non hai mellor terapia para todos aqueles que temos aínda un criterio propio (mentres non no lo quiten), ante esta patética campaña electoral o fuxir axiña de tantos dewater e promesas que xamais se cumpliran, das mentiras,  hipocresía e da devaluación da democracia, o pasar a un plano moito máis cultural como son os nosos monumentos artísticos da nosa Galicia. 







PAZO DO RIAL


O Pazo do Rial quizais sexa un dos máis fermosos da bisbarra do Salnés. A fasquía deste Pazo seméllase ao de Sobrán, encadrándose nunca traza moi xenérica de edificio central corrido entre dúas torres.Atópase no centro dun outeiro que antano favorecía a vista dos seus dominios.

Racha a norma, unha liña de ameas ao longo de toda a fronte do edificio e unha capela que está preto dunha das torres, engadido moi pouco estético a verdade. No eido existen un piorno e un pombal.

Descoñecese a súa orixe con certeza. Seica en tempos antigos, sobre a parte posterior do mesmo Pazo se erguía un mosteiro polos restos de rocha que aínda hoxe se atopan no lugar. Figura en tódalas guías de Galicia, inclusive en unha morea de obras que fai referencia á arquitectura barroca de España. Nun artigo de Xavier Ozores do Faro de Vigo de 1925, falaba o seguinte: “Por su traza, amplias proporciones y típica arquitectura es uno de los más hermosos de Galicia”.

Fai uns anos pertencía á familia Ozores; Estivo unha morea de anos en completo desleixamento e case ruína, ata que foi vendido para facer un hotel, foi restaurado polo dono actual, aínda que ao mesmo tempo rachou a conxugación maxistral e estética desta fermosa arquitectura palaciana, xa que non reflicte a propia fisionomía barroca das terras en que se asenta por mor dun edificio moderno que se ergueu ao carón do Pazo.

 Ao seu arredor existía un frondoso arboredo  que en tempos de primeiros do século XX facíase unha romaría moi importante no día de San Xosé, que en Vilaxoán tiña o nome da “Romaría dos Xosé-finos”, que era unha Asociación fundada por Xosé Garrido, Demetrio Garrido, Luís Faro e Francisco Villaronga. Nacera esta asociación en 1915 para tratar de non esquecer o que viñan facendo os seus antergos dende tempos antigos. O dono do Pazo e posesións daquel entón o Marqués de Aranda era tamén partícipe desta festa-romaría, cousa que na actualidade xa se perdeu. Organizaban bailes populares con gaiteiros, cucañas e unha puxa de vacas e becerros. A esta sonada romaría acudía moita xente da bisbarra do Salnés ao fragor daquel bosque ao remanso do río Rial e preto da praia das Saíñas.

Pertenceu este edificio barroco de primeiro aos Mariño de Lobera, estivo vencellado nalgún tempo ás familias Soutomaior, Valladares, Aldao, Sarmiento e Araujo entre outros;Ten unha chea de escudos coas armas dos Mariño de Lobera, Soutomaior, Maldonado Aldao .

Un dos escudos da fachada aparece sostido pola serea que a lenda pretendeu engaiolar co seu canto a un home da caste do apelido Mariño. 

t.c.f.

 

29/02/2008 GMT 1

Peperos Escozios

sarampelo @ 21:22

 

Faladurías e Cousas do Carallocampante 

Grupo de Rock Durisimo "Peperos Escozios"

 los-escozios.jpg

 

 Carallocampante comunica : O día 7 de Marzo, final de campaña o Grupo  "Los Escozios" actuaran na Disco "El Valle de los Levantados". Estrenaran tres temas inéditos:

"La niña" "El Papá de la Niña" e "El Rock de la  Sra. Cuaresma." Non nos cabe ninguha dúbida que será todo un éxito. Os seus padriños "musicais"  Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz e O Pizarra-Currante  lles faceran un agasallo, consistirá nun recordatorio en miniatura de ouro semellante á tumba  do gran rockero que tanto éxito tivo coa mesma canción "La Dentadura" durante 40 anos. Lles desexo moitos éxitos e moitos parabens.

...............................................

Carallocampante comunica : El día 7 de Marzo, final de campaña el Grupo "Los Escozios"  actuaran en la disco "Él Valle de los Levantados".

Estrenaran tres temas inéditos: "La niña" "Él Papá de la Niña" y "Él Rock de la Sra. Cuaresma." No nos cabe ninguna duda que será todo un éxito. Sus padrinos "musicales" Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz y El Pizarra-Currante les darán un regalo, consistirá en un recordatorio en miniatura de oro semejante a la tumba del gran rockero que tanto éxito tuvo con la misma canción "La Dentadura" durante 40 años. Les deseo muchos éxitos y muchos parabienes.

...............................................

Carallocampante communicates:  March 7, end of campaign the Group "The Escozios" acted in the disk "El Valle de los levantados". They premiered three unpublished themes:  
  "The girl" "He Dad of the Girl" and "He Rock of the Lady Cuaresma."  Us does not fit none doubt that will be all a success.  Its godfathers "musical" gentlemen Roncón  Vadanas, Cañí-Of the Zares, Alcatráz and Pizarras-Currante will give them a gift, Will consist of a commemorative one in miniature of similar gold to the tomb of the great rock artist that so much success had with the same song "The Denture" for 40 years. Them desire many successes and many congratulations. 


 

 

28/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Surrealismo Urbanístico-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 00:19

 

Comando Cultural Os Rabiscos

Artigo de Teo Cardalda F.



8.jpg



 


 

 

Surrealismo Urbanístico 

Hai uns días os veciños de o Piñeiro ( Vilagarcía de Arousa ) cualificaban o “muro da vergoña” de tomadura de pelo. Isto ben a conto sobre esa barbaridade urbanística que está a vulnerar a lei do solo no devandito lugar.a12c4f1.jpgFalando cunha persoa que coñece o tema o cualificou  a este “muro” de surrealismo puro e duro. Eu me pregunto. ¿Cantos surrealismos urbanísticos desta e outra índole veñen acontecendo desde fai un tempo atrás?. Non deixaron monicreques con cabeza en case tódolos recunchos do Concello de Vilagarcía.

 (Foto,Voz de Galicia.m.miser)

Os que somos xentes do común, xentes de embaixo, sen política polo medio, afectadas polas anteriores decisións daquel  goberno do Concello ( onde algúns que tiñan as leiras a render lle  chamaban goberno de “progreso”) nas súas diferentes formas, especulación, recheos, circunvalacións, expropiacións etc., estivemos nun desamparo total, onde case sempre houbo escuridade nestes temas, ou interpretacións da lei facendo malabarismos ao estilo : ” nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite”.08-04-04-esteiro-rial-01vv.jpg

Na freguesía de Sobran, voume a limitar concretamente a dous “surrealismos” (entre moitos máis) na zona de Vilaxoán. A primeira trátase dunha edificación “oficial da Xunta de Galicia” con alturas, coido que fora do normal  no parque Dna.Concha. En tempos pasados falábase de facer o parque cun recheo para que “xogaran os nenos”e estar máis preto do mar, fíxose o parque e agora nin nenos, nin ves o mar, neste caso é como pasar pola terra dos tortos e pechamos un ollo.

A outra atópase nas Saíñas, onde xa fai tempo lle comeron ao mar cuns recheos e ten unha entrada de soamente catro metros que vai preto da que antigamente era unha praia (Saíñas) e o Esteiro, neste lugar  permitiuse facer unhas edificacións que pode entrar nese surrealismo do que falaba antes.

23-04-04-destrozo-do-esteiro-falla-r.jpg

Agora están a falar desde os poderes públicos  de recuperar o Esteiro (antigas salinas) rexenerando esta zona de fauna e flora. Todo é unha contradición ante esta iniciativa (por certo, iniciativa moi positiva), os de antes hipotecan a zona con estas edificacións ao pé do mar e agora a queren rexenerar, o mal xa está feito, por intentalo que non quede; aínda estamos a tempo de recuperar o Esteiro antes de que a especulación nos coma vivos.

Isto é unha pequena mostra en Vilaxoán, non digamos o que se permitiu facer en todo o Concello deste “surrealismo” urbanístico.Daquela no Concello o demo para fp1000310.JPGacelas cubríase cunha manta e para descubrilas tocaba unha gaita, o demo naquelas paredes de Ravella xamais durmía.

Lembro fai uns meses cando a ONU alertaba sobre a “especulación urbanística” desenfreada en España, onde hoxe é un problema de estado, dun problema social, medioambiental e cultural máis grave do país. Xamais na historia europea tivo lugar unha ocupación do solo tan brutal polo seu impacto ambiental.

Temos que ir no camiño das cidades máis respetuosas co medio ambiente e recuperar unha calidade de vida máis saudable, cidades feitas á medida do ser humano; cidades onde os espacios sexa posible a convivencia e non o brutal intercambio mercantil.   

2004-aerea-freixo-esteiro-preguntoiroxxx.jpg

Artigo refletido no Diario de Arousa e Galicia Dixital 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

27/02/2008 GMT 1

Faladurías do Carallocampante - O sonado "De-Water"

sarampelo @ 00:04

 

 

Faladurías do Carallocampante 

 

 

O sonado "De-Water"

 

file0668.jpg

 

errazkindebatekalve.jpg

 Carallocampante di: Estas dúas ilustracións as secuestrei en dous blogs, a primeira pertece ao galego López no blogue Croques de Perfecto Conde. a segunda a J. Kalvellido en Insurgente.oreg.. Se a cousa do secuestro lles parece mal, non teño ningún inconveinte e sacalas. Se cren que poden estar neste blogue, graciñas .

Máis ben estas dúas ilustracións case están na miña sintonía con respeto ao debate entre Zapatero e Rajoy. Os medios e as enquisas falan de gañadores ou perdedores. ¡Manda carallo na Habana!, nin  que fora un partido de fútbol. Coido que o único que perdeu foi o pobo ante un  dabate tan patético. O que goberna, falando que fixo máis que o outro nas cousas positivas, e de negativas non fixo ningunha. O da oposición mentindo máis que un cosaco a cabalo ata chegar ao cinismo máis puro e duro, onde ao final nos trae un programa de conto de hadas, que si a meniña chora, que si a meniña non ten que xantar, que o pai da meniña non ten traballo. ¿Pero que carallo foi iso?. Se o pensamos friamente e poñemos os miolos (chips mentais) a toda leite, ata podemos sacar en conclusión e dicirnos a nós mesmos: ¿Qué carallo fixemos nós para merecer estes dous personaxes como dirixentes dun país?. Non houbo debate de ideas, foi un puro monólogo, por non chamarlle un diálogo de besugos. Nembargantes teño que recoñecer que o socialdemócrata Zapatero fixo o seu papel na liña de: "nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite". Como non tiven opción a ver un debate de ideas en representación dos máis de catro millóns de votantes dos demáis partidos, teño que dicir que dentro dese monólogo o Zapatero levou o gato a auga sen moito mérito por parte del, senón máis ben por deméritos do representante dos "currantes" Pizarro, Aznar e Villalonga.

 Está xemellando estas campañas e debates ao estilo do Imperio, Demócratas e Republicáns, tanto monta monta tanto, e os medios axudando a adomercer ao pobo con cantos de sirena e roubando as ideas. Que os Deuses nos collan confesados, se antes non a palmamos con tanta porcallada política.

 

 

25/02/2008 GMT 1

Xuizo a Aznar

sarampelo @ 10:28

 

logo.jpg

"Xuízo a Aznar" presentará unha querela contra o ex presidente tras as eleccións . Ler máis...ELPLURAL.COM/

A plataforma "Xuízo a Aznar" non está morta, nin moito menos. O sábado celebrou unha "xornada de reflexión" cunha nutrida asistencia de público e medios de comunicación, no que supuxo segundo os seus organizadores "un volume realmente desbordante dadas logo-adhesiones1.jpgas limitacións de tempo con que se contaba en cada unha das mesas sectoriais celebradas sobre o tema". Disto conclúese o gran interese que existe respecto diso, tendo en conta que, dado que non é unha actividade que teña reflexo na campaña electoral en canto aos resultados, parece sinalar que o interese da cidadanía podería "campar por outras lareiras distintas dos das promesas electorais".
Ollar os vídeos das distintas conferencias que se impartiron o sábado día 23.

21/02/2008 GMT 1

400 artístas entregan ao PP un manifesto

sarampelo @ 23:16

400 artistas entregan ao PP un manifesto no que lle esixen "respecto"
 

Revolta dos “titiriteros” contra Rajoy

 

Varios integrantes da Coalición Cultura, liderados polo músico e compositor Teo 0000009425.jpgCardalda, entregaron onte na sede madrileña do PP un manifesto en defensa dos seus dereitos, ante os “ataques directos á Cultura” recibidos durante a precampaña electoral. O manifesto, que apareceu publicado hoxe na prensa, conta co apoio de máis de 400 firmas de compositores, autores, produtores, actores, artistas, bailaríns e cantantes e o “avalan e apoian un millón de persoas que traballan nas diferentes modalidades e disciplinas da cultura e o espectáculo”.p1040520.JPG Cardalda comentou:”Non estamos en campaña e que se dean por aludidos os que teñan que darse?, anotou o músico e compositor, subliñando que os artistas senten “discriminados polo PP desde fai bastante tempo”. Ler máis en español......


 

0000009492.jpgBardem dedica o Oscar á súa familia e aos "denostados titiriteros". Ler máis....... 

Teo  C. F.: ¿Pero que fai o meu curmán na cova do raposo?. ¡Mala centella me coma!. Tiña que facerlle caso a aquel refrán moi galego que ten moita sorna: " Casa vella (cova raposeira) todo é pingueiras".

O demo e mailo raposo nunca durmen. O demo para facelas cobre unha manta e para descobrilas toca unha gaita e o raposo fai o morto e cando te das conta non tes galiñas. ¡ Ollo ao boi curmán !.

Comando Cultural Os Rabiscos, Rogelio Díz-La Subasta del Poder

sarampelo @ 16:03

Comando Cultural Os Rabiscos 

Nota: Despois dunha grave enfermidade, Rogelio volve a estas páxinas do Mañanceiro para deleitarnos cos seus artigos desde o outro lado do Atlántico. Alégrome da súa recuperación e que por moito tempo sigamos lendo os seus comentarios. Deséxoche de todo corazón Rogelio que, te recuperes completamente para recibirche calquera día deste ano en Galicia. Aquí estaremos agardando. Unha aperta.  Teo C. 

LA  SUBASTA  DEL  PODER 

 roxelio_diz6.jpg 

Artigo de Rogelio Díz desde México 

Los dos partidos políticos más importantes de España se encuentran desde hace unas pocas semanas en una verdadera subasta de acciones y promesas que podrán llevarnos al Edén, y solamente por el hecho de otorgarles un simple voto de confianza para según el caso, afianzarse en él por cuatro años más, o permitir que la oposición recobre el poder. 

Y eso que estamos en la pre-campaña, no me quiero imaginar cuando en estos días empiece la cuenta final, donde las acciones y promesas se multiplicaran y entremos todos en una vorágine frenética en donde nos veremos acosados de mítines, anuncios televisivos, debates, carteles en las paredes, y toneladas de propaganda electoral dentro de nuestros buzones pidiéndonos el voto por su causa, diciéndonos que son los mejores, el más honrado y honesto, el más coherente, de más credibilidad, el más justo, el más listo, el más, el más y el más…20ventura.jpg Si Zapatero es arropado por artistas y cantantes, muchos de fama internacional. Rajoy los tacha de untados y favorecidos del canon y se rodea de deportistas de elite, prometiéndoles más y mejores subvenciones. Y vendrán los debates entre las dos caras mas visibles, solo espero que no sigan la línea de sus adlátere que lo hicieron en un debate a tres en el programa 59 segundos, donde por una y otra parte, mostraron el cinismo ante las acusaciones de sus adversarios y solamente se defendían con el clásico: y tu más.

No hubo debate de ideas, ni de propuestas a futuro. Solamente el reproche de lo mal que lo hacían, lo mentirosos que eran y lo mucho que se habían beneficiado en sus puestos. Nosotros en México, y pienso que en muchos lugares de la España exterior, estamos acostumbrados a que gane quien gane, nuestros dirigentes en las

Instituciones españolas en este país, así como los representantes consulares siguen siendo como siempre de la derecha y afines al PP y así lo demuestran con su forma de proceder.20070408030512-elecciones.jpg Es por eso que las leyes y apoyos de toda índole promulgadas en aparente beneficio hacia nosotros los residentes en el exterior, las vemos tan lejanas, puesto que ya se encargaran nuestros mandatarios locales de no difundirlas y aprovecharlas para su propio beneficio, mientras que desde sus puestos directivos continúan medrando, discriminando a sus mujeres y a sus propios congéneres, para privilegiar a familiares, amigos y afines a sus intereses.

Mientras que los Cónsules honorarios y el (CRE) Consejo de Residentes Españoles en México, salen de esta misma camarilla, y que el Embajador y el Cónsul General, lo saben pero miran para otro lado y supongo que emitirán a sus superiores que todo esta cumplido y bien gestionado. Aprovechemos estas semanas en que los ciudadanos seremos importantes, los cantos de sirena pulularan por todos lados, dejémonos querer, mimar, adular por todos ellos y disfrutar el momento ya que después del nueve de Marzo volveremos a ser solamente un numero de estadística. 

Rogelio Diz-Analista político

rdiz51@yahoo.com.mx

 

Crea ventos e recolles treboadas

sarampelo @ 00:32

Crea ventos e recolles treboadas

 

 A demócrata San Gil  no 2003  

 

 

Trátase dunha noticia de 2003, cando San Gil, Díez e Gotzone Mora uníronse a un grupo de alborotadores que increpaba duramente ao peneuvista Josu Jon Imaz gritándolle insultos como ¡asasino!, ¡covarde! ou ¡chivato!.

  

0000009408.jpg

Logo en outras declaracións ensalza ao franquismo:"afirmaba rotundamente que “con Franco vivíamos en paz”.
 

 ---------------------------------------------------------------------------    

 

A demócrata San Gil no 2008, Santiago de Compostela 

En declaracións aos medios de comunicación, San Gil confesou que estaba "enormemente sorprendida" e advertiu de que este episodio "debería facer reflexionar aos políticos de Galicia sobre o que está pasando e como pode ser que nunha universidade, que se supón que é un foco de liberdade de expresión, ocorra un acontecemento destas características". "Por encima de todo, se algo defendemos no PP é a liberdade", subliñou.

 

 

 

 

 

  

762982.jpg

Entrevista a un detido en Santiago.  

Fervello: Non fai falla escribir moito, soamente catro palabras que son as que encabezan este post. O resto o din as imaxes