Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

23/10/2007 GMT 1

Rajoy e o cambio climático, Sr. No

sarampelo @ 16:06

Palabras do Sr. NO   

Rajoy resta importancia ao cambio climático aludindo ao seu curmán científico
"Se ninguén garante nin que tempo fará mañá en Sevilla Como van dicir o que vai pasar dentro de 300 anos?", manifestou o líder do PP
  

 Non vai poder Rajoy cambiar de tema facilmente logo de opinar sobre as consecuencias do cambio climático. A opinión do seu curmán o físico xogoulle unha mala pasada porque ecoloxistas e políticos critícanlle por minimizar e case ridiculizar a alarma mundial polo clima.   

Fervello:  ¿E este quere ser presidente deste país?. Imos de puto cu. Agora fala do cambio climático como se fora o home do tempo. Seica lle preguntou a un curmán seu (o de Zumosol),  catedrático de universidade. Deus me libre de que un fillo ou neto meu sexa alumno deste científico erudito, ou sae podre de mente ou paspán.

A un servidor non fai falla que lle pregunte a un experto nesta cousa, soamente lle preguntei a dous mariñeiros do meu pobo, un de 90 anos e outro de 86, ¿Sabedes o que me dixeron?. Que o que está a pasar coa auga do mar en temperatura na ría  no é normal no mes de outubro, que este ano foi moi tolo, que levamos fai uns anos que non é normal o tempo .

Eu sempre lles fixen caso aos vellos mariñeiros que diso entenden de moito carallo, como por exemplo: me din que algunhas especies de peixe xa non existe na ría como o “trancho” etc.. e cren que marchan polas temperaturas do mar e exquilmación.

 

Logo por outra banda sae a Sra basca, outra incombustible María San Gil en defensa do seu xefe onde dixo que: “Rajoy tiene todo el sentido común, y que los españoles tenemos problemas más acuciantes,  saber qué ha pasado entre el presidente del Gobierno Zapatero, y la banda terrorista ETA”. Pero esta tía que di, que terá que ver o touciño coa velocidade. A un servidor preocúpame que os meus netos teñan un mundo mellor (se non rematan con el), o de ETA dentro de 20 ou 30 anos ese problema xa non existe, pero detro deses anos ao mellor xa non existe o planeta. Esta tía paréceme “tonta del bote”.  

Despois da devandita "receta" escrita como  "coña mariñeira" , vou escribir un pouco máis con seriedade, teño que dicir que o Sr. Rajoy non dixo iso como unha barbaridade. Se analizamos todo o contexto  na actualidade a nivel mundial , é unha consigna que comeza a espallar o neoliberalismo (neocon) para  ir quentando motores ante a opinión pública e ir xustificando o consumo ata límites insospeitados. Son consignas que saen da FAES sucursal das grandes corporacións mundiais. Non, Rajoy non é tan idiota como pensamos, segue os mandatos dos que gobernan o mundo na sombra. Intentan crear dúbidas sobre a opinión pública coa axuda dos grandes medios de comunicación, optendo un estado de opinión positivo para eses bastardos fins das multinacionais. Coido que esa é a realidade.

Agora entra o debate entre os partidos, asociacións ecoloxistas etc, para saber quen é o máis bo. Non, o debate non é ese. O debate a falar claro e ir ao "meollo" do problema, coller o touro polos cornos  e señalar co dedo de quen é a responsabilidade de tanta irresponsabilidade. É moi doado, que llo pregunten os partidos que se consideran de esquerdas (pricipalmente o PSOE) aos movementos antiglobalización. Coido que saben moito desta materia. Pero iso non o poden facer, é politicamente incorrecto. Así nos vai. 

Se a principio do comentario falaba de que este home (Sr. NO) quere ser presidente deste país, non falaba soamente polo comentario que fixo, senón que imos de puto  cu se iso se fai realidade  polo que representa e a quen representa, isto é o máis grave.

 



19/10/2007 GMT 1

O Concello de Madrid regala un millón de euros a un elitista club de golf

sarampelo @ 10:34

O Concello de Madrid regala un millón de euros a un elitista club de golf 

O Grupo Municipal de EU no Concello de Madrid cualificou de "inmoral" a subvención dun millón de euros concedida ao “Club Puerta de Hierro” para construír unha balsa de auga reciclada coa que regar os seus campos de golf. 0000007934.jpg

 “É absolutamente escandaloso que todos os madrileños teñan que sufragar este gasto a un Club que non admite socios desde fai 20 anos porque o seu carné é hereditario e que se nutre de membros da realeza, a aristocracia e de persoas cun altísimo poder adquisitivo", criticou a edil de EU. 

Nova e foto recollida de El Plural.com.   Ler máis....... 

-----------------------------------------

 Fervello:   Manda carallo na Habana, os chicos dese Club queren reciclar a auga con cartiños dos “currantes”. Non sexamos malos. Coido que ese millón será para unha causa nobre, explícome: alí teremos xogadores novos con experiencia, existirá moita camaradería todo en plan  amigable, faceren os contactos mentres vai e ven a boliña en oco en oco (e tiro por que me toca), falarán de como “foder” aos paisaniños nun posible tráfico de influencias  para facer mil chalets dosados para os obreiros  do metal, ou do que se tercie. Cemento e ladrillo a esgalla.

O marco é incomparable, herba a moreas, bar para os refrescos e infusións de te,  unha balsa de auga reciclada, ocos a mangallo con bandeiriñas en cada un deles de Cataluña, País Vasco e Galicia sen faltar a da nación. Falaran de que teñen que “salvar España”, que eles son moi patriotas e por iso poñen o seu gran de area para salvala, facendo eses chalets de 100 millóns para os currantes. Outros, mentres xogan lles pedirán o enderezo do seu banco en Suíza, para facer patria.

 Non esquezamos que como concelleira de Madrid a Sra.. de Aznar (Sra. Botella), algo tivo que ver nesta benéfica causa, coido que tamén ten que levar os méritos, a cada quen o seu. Como vedes, penso e sigo pensando que todo é por unha causa nobre e de beneficiencia. Estes Golf-os son como nenos, non teñen maldade ningunha. Todo sexa para “salvar España” das “bandas rojas”. Viva España e os Reis Católicos. Amén.  

 

16/10/2007 GMT 1

Comando Cultural "Os Rabiscos"- Artigos, Curmán do Fervello. "Mamá, son Marianista"

sarampelo @ 16:47

Comando Cultural "Os Rabiscos"

 

Artigo por : Curmán do Fervello 

 

Mamá, son marianista.

Apontamentos biográficos para unha biografía política de don Mariano 
Rajoy co gallo da Festa Nacional de España. Adobados con comentarios 
transversais.

Sí, queridas e queridos lectores posibeis.
Debo confesar e confeso que son marianista. Estudei cos Reverendos 
Padres Misioneros del Sagrado Corazón de Jesús cando era pequeno, 
feliz e indocumentado, nesa orde, mais agora de vello convertinme nun 
apaisoado siareiro de Mariano Rajoy, que non lembro en qué colexio 
estudou porque estudar, sí que estudou Mariano.rajoytrotona.jpg

Vexoo, iso sí, ás portas do Instituto masculino Pontevedrés, entrando 
ou saindo, tanto ten, cando era director José Fernando Filgueira 
Valverde, o auténtico camaleón do Lerez. Mesmo Mariano puido seu un 
daqueles raparigos que sacou Filgueira das aulas, cada quen coa súa 
bandeirola española, a berrar por Pontevedra adiante a prol da 
instalación de Celulosa xusto no medio, medio, entre Estribela e 
Pontevedra. Unha pasada.

Pese a que Mariano foi toda a vida un chapón, que non un pelotas, 
houbo momentos na súa vida que estiveron adicados ao ocio.
A que dedicaba Mariano el tiempo libre?.

Despois de comer na casa familiar que, por certo, era a mesma 
Audiencia Provincial pontevedresa, edificio no que tamén vivía quen 
hoxe ostenta o cargo de Fiscal Xeneral do Reino de España, Cándido, xa 
saben, encamiñábase o noso Mariano até un café que ainda hoxe conserva 
todo o sabor. O Carabela. Establecemento no que os afeccionados ao 
naipe bailaban ases e picas sempre con cartos por diante, as 
agochadas, como sen querer, disimulando as apostas con mixtos e 
caralladas así; se a tarde estaba de cara, continuaban a alegre 
partida noutro local próximo até que as cinco ou cinco e media da 
tarde, cando os tendeiros pontevedreses estaban case completamente 
despexados, Mariano retornaba ao fogar para enfrascarse nos libros e 
conquistar a matrícula, como Teucro Pontevedra, ou como Telmo, un tipo 
07032032328rajoy3.jpgque ten longas mans.

Cecais estou a oferecer un relato capcioso e poidan tirar vostedes 
unha conclusión errónea, ou sexa, que Mariano era un crápula, pero o 
certo é que non se perdía un baile do Casino, seguramente xa entón 
dirixido por Fernández Arruty. Era todo un acontecemento social, o 
baile, non Arruti. Habia-os no Antroido, cando a Peregrina (disculpen, 
pra mín é Peregrina. Pelegrín será o Apóstolo) e mentres estivo 
facendo nús na Escola Naval de Marín don Juan Carlos de Borbón y 
Borbón. Era emocionante a exibición de carne femenina, con virgo 
incorporado, que facían os papás e as mamás da boa vila, chicas 
envoltas en tules, calzaditas con zapatitos de charol e pouco tacón.
Mariano non se perdía unha desas ?rapa das bestas? en versión cutre de 
corte monegasca.

E, como todo, os días pontevedreses cargados de ledicia remataron, e 
Mariano houbo de se instalar en Compostela para cursar os estudos de 
Dereito. Santiago de Compostela era, entón, antes de morrer Franco, e 
aos ollos dun pontevedrés, un noxo, un buraco oscuro con máis humidade 
ca unha batea guindada no medio da ría. As Semanas Santas eran de 
agárra-te e un domingo de outono metía máis medo ca un gris. Todos os 
días  plantexábase o mesmo dilema: tazas ou política, e Mariano pasaba 
de ambas. Él estaba a súa bola.desgastando_al_gobierno.jpg
O Casino de Santiago, supoño que de cabaleiros porque tiveron até ben 
pouco un cadro de Franco pendurado, era por aqueles días unha casa de 
xogos de bastante tronío e de ámbito supra-municipal, lugar de 
encontro e solaz para xogadores novos con experiencia e vellos 
prostáticos relambidos para a ocasión. Amigable camaradería, cubatas 
baratos, contactos e posiblemente tráfico ilegal de preservativos, 
tiñan cumprida cabida na cova.

E aí caeu Mariano. Para exercitar dedos e meninxes. Se a Fortuna bicou 
o seu lombo ou se instalou nos números vermellos, nada podemos aviar, 
pero sabemos que perdía e gañaba, ou viceversa, mentres fóra zurraba a 
pasma e chovía paseniñamente.

Total, que rematou a carreira e, antes de que Franco palmara, estaba 
metido no apartamento que a familia tiña en ?Sangenjo? preparando 
unhas opos a Rexistrador da Propiedade. Qué valor. Hai que valer para 
iso. E sacou-nas, estaría bon, e tras exercer un rato Mariano pegou un 
brinco e meteu-se en política, palabro que Pinini, conselleira que foi 
de algo nun governo Fraga, amiga de ben anos de Mariano, non escoitara 
nunca até entón.

Primeiro foi concelleiro en Pontevedra, despois presidente da 
Deputación e algo despois cargazo naquela sen par Xunta de Galicia de 
Xerardo Fernández Albor .

hilillos.jpgE, natural, colleu porta e liscou a Madrid tras manter todo tipo de 
desencontros con fulanos bragados en feiras e furanchos, cruzados 
investidos do Ser galaico, indíxenas sen mica de mácula no ADN. 
Imaxínense. Por aquelas calendas aínda o Partido Popular era Alianza 
Popular, e xa existían Esperanza Aguirre e Ramón Tamames, tempos 
aqueles, e convivían nesta terra nosa con Xosé Luis Barreiro, o felón, 
actualmente fino analista político do xornal ?La Voz de Galicia?.
Miren o que debeu sufrir Mariano con aquela tropa que houbo de impor a 
un famoso contrabandista de tabaco a medalla do partido, de ouro e 
brilantes, seguro, por toda unha vida adicada a Franco, a Manolo Fraga 
e ao Winston, o Guaris-Nais, o Camel e o Player´s Special.

De Madrid, non lles conto nada porque o espetáculo está fresco na retina.
Todo este rollo ven a conto para formular a pregunta que me trae a mal 
traer: Mariano, ten vocación política ou está aí por purita 
casualidade?.

O certo é que sempre pasou da política. As súas amizades eran como él, 
de dereitas, algúns de Fuerza Nueva, picos afiados nos cantos das 
mesas da discoteca ?Daniel?, pero él pasaba de todo. Tanto pasaba de 
todo que frecuentaba a discoteca de referencia pontevedresa cando era 
presidente da Deputación, e un día houbo redada; menos mal que o 
comisario trasmitíu este recado a Mariano, ?Que se abra cagando 
virutas por el bien de España?, e así foi, e España va bien que te 
cagas.

A un político que quere ser Presidente do Governo de España e V da 
Alemania, hai que supor-lle unha vocación que se manifestaría xa na 
máis tenra nenez, no berce mesmo, durante a xestación se me apuran. A 
Mariano non lle notaron nada, o que me leva a pensar que realmente 
este home non nos vale para Presidente.

Debe vivir, e ben que o sinto, noutro lugar distinto, e rodeado de 
cando en vez por amigotes de Pontevedra, algún deles tan simpático 
como para enviar días antes do ?Día de la Hispanidad? unha mensaxe 
desas que chaman SMS, creo, lembrando aos mornos e despistadas que 
España era a nosa nación. Como ven, toda unha heroicidade.
E por aí, Mariano, non paso.

Estas gracietas de ?Hay que salvar a España?, parécenme moi mal. Que 
teñas a glándula que produce o patriotismo algo excitada non obriga a 
ninguén a compartir fluxos, nen tampouco a administrarse o específico 
que regule a súa natural función. Igoal que o vicio ese que tes. Vale 
que xogues, pero se perdes, coño, non temos obriga de aturar o teu mal 
humor, Mariano.

Estás a tempo de iniciar unha nova vida retirándote do ruedo, con puro 
e todo. Mira a Aznar, a de pasta que fai o tipo. Pensa que un chollo 
como o de José Mari daríache para poñer ao roxo vivo todas as ruletas 
e todas as pastillas de xabrón de ?La Toja?.

Pensao. Ti sabes que realmente es un lacazán, que cando eras Ministro 
de Cultura non estudabas os dosieres que che pasaba Paco Millán e 
botabas horas mirando partidos de baloncesto. E lembras cándo eras 
Ministro de Administracións Públicas?. Querías facer unha reforma que 
che tumbou o Consello de Estado, asustado do grao de discrecionalidade 
que querías introducir na Función Pública, incomparable, e mira o que 
che digo, incomparablemente maior que o que se estilaba durante a 
ditadura de Primo de Rivera.

Evito afondar no manido temita dos ?hilillos? porque non tiveches 
culpa: foi a licencia poética dun alto cargo do CSIC, que meses 
despois foi chapodado con gañas polo Goberno, quen che levou a facer o 
ridículo en todos os fogares de España á hora de comer. Memorabel.
Sí, Mariano, ti non tes madeira para político.
Pégalle un xiro a túa vida. Mira a Xerardo Conde Roa, qué ía pensalo, 
tan do Opus e agora lanzado á voráxine. Hai vida máis aló de Xénova.



O Curmán do Fervello


---------------------------------------------------------------------------

Por Fervello:  O meu curmán ten moito sentido do humor, o artigo é especialisimo, a sorna que leva e moi parecida  aos comentarios incomparables  que nos contaba o noso avó(q.e.p.d.) cando íamos co gando a pastar polas terras de Galáns, ou cando nos levaba a cabalo polo outeiro  "A Goriña". Quizais navegando algunha que outra vez no racú de vela atravesando a ría. Xa choveo desde aquel entón.  Nonsi, Curmán.


Se premedes neste enderezo aparece un anaco de comentario  moi ben adobado do Sr. Rajoy, titulado: "Trotando por Pontevedra" . Cousas de Gays e outras herbas do campo.

14/10/2007 GMT 1

Unha imaxe vale moito máis que mil palabras

sarampelo @ 22:08

Vaia Foto

 

ertzaintzafalangista.jpg

Foto recollida en Insurgente.org

Esta foto lémbrame a tempos que quixera olvidar. Un falanxista en Donostia saudando aos que en teoría nos tiñan que protexer destes provocadores, que o siguen facendo desde fai 70 anos.

Non sei máis que dicir,neste caso unha imaxe vale máis que un millón de palabras. Non sei se teño mágoa, noxo ou vergoña allea deste país de pandeiro e "castañuelas".

12/10/2007 GMT 1

O patriotismo de postal

sarampelo @ 21:06

Comando Cultural “Os Rabiscos” 

 

 

Artigo de Teo Cardalda F.

 

 A bandeira e o patriotismo de postal 

 

 O outro día tiven o valor de ollar o vídeo do Sr. Rajoy, tiven unhas sensacións no corpo que aínda hoxe non teño palabras para describilas. Nembargantes, o primeiro que fixen foi velo para escoitalo, despois repetín a faena para observalo.

 

Fun sacando conclusións, ao final de todo tiven un corto circuíto na miña testa, onde os miolos comezaban a cruzarse como se foran raios e treboadas. Pareceume un discurso ao estilo espantallo-esperpentico, como se fora unha voz das cavernas. Nun intre pasou pola miña cabeza unha película do NODO, onde o Caudillo falaba en Nadal aos españois naqueles tempos da “longa noite de pedra”. Cando o observaba lle mirei para os ollos. Daba medo, era de espanto, canto máis o ollaba máis medo me daba.

 

Comento que o que di ese señor ten a súa gracia ( de coña mariñeira), me explico: o que non sei se fala de patriotas en representación daqueles navieiros españois que teñen as buques en países de bandeiras de conveniencia (Barbados, Islas Caimán). Os que no fan facturas nos despachos privados de profesións liberais. Algúns  cantantes  e artistas que todos coñecemos, residentes noutros países, a saber onde pagan os impostos e royaltis. Algúns deportistas que teñen a dobre nacionalidade (Andorra, Mónaco etc.) . Os que fixeron as grandes fortunas co cemento e o ladrillo poñendo os cartos en países sen control fiscal.

Os que defenden a súa "guita" en representación de intereses globalizados-bastardos falando mil pestes deste país no estranxeiro como o seu "xefe" o xenocida de Aznar", con un soldo de moito carallo. Estes son os patriotas do seu bolsillo, o seu patriotismo é dunha hipocresía que manda carallo na Havana,   penso que son os que o Sr. Rajoy defende.

 

 

Dos soldados que veñen doutros países, soamente defenden a “guita”, a eles lles importa un carallo a bandeira e máis a patria (patria que non é deles).

Non sigo máis, xa que non chegaría dabondo este post para falar dos “patriotas de postal”, hainos dabondo nesta "España nuestra.......mi querida España........."Canto me gustaba escoitar esta canción á malograda Cecilia. Bueno, sigamos co bendito roio.

 

Aquí Sr. Rajoy, os únicos patriotas deste país son os “currantes”, os de nómina, os que pagan para que Vd. teña o soldo de deputado. Eses son os únicos patriotas e lles importa un anaco de carallo toda esa parafernalia que dixo. O que lles interesa e chegar a fin de mes para pagar a hipoteca do piso, as listas de espera nos hospitais, e os problemas sociais que estamos a anos luz dos paises do noso entorno europeo.

Coido que esa é a bandeira que todos temos que poñer no mástil da realidade, todo o demais son monsergas. Faga Vd.  unha oposición construtiva en base a esta bandeira.

 

Rematando con isto, lle digo Sr. Rajoy, basta de apropiarse de cousas que nada teñen que ver co seu partido, se algún se sinte identificado con esas siñas sexa “rojo”, anarquista, comunista ou o que sexa, tamén os ten que respectar. O partido que Vd. representa non ten o patrimonio da identidade ou siñas da nación, soamente son aqueles españois: galegos , andaluces, cataláns, vascos etc os que teñen que dar a última palabra. Todo o demais son espantallos –esperpénticos.

Se hoxe vivira D. Ramón del Valle-Inclán, coido que o único esperpento que atoparía nas Españas sería o do Sr. Rajoy, e para máis carallo galego.

"Vídeo del día de la Hispanidad"

 


11/10/2007 GMT 1

En memoria das mulleres republicanas en México

sarampelo @ 11:00

 

Comando cultural "Os Rabiscos"

roxelio_diz5.jpgArtigo de Rogelio Díz desde México

EN MEMORIA DAS REPUBLICANAS EN MEXICO

IN MEMORIAN RAMONA RUBIANES GOMEZ

O xoves 20 de setembro á idade de 86 anos, deixo de existir outra máis de últimas republicanas chegadas daquela xeración que foron represaliadas en México, a miña nai Ramona Rubianes Gómez. bandera_republica_flickr.jpg

Naceu no mesmo mes de setembro que a viu morrer, pero en l921, en Vilagarcía de Arousa, pequena vila situada nas Rías Baixas e pasou a súa nenez e mocidade no pobo de Vilaxoan, de onde o seu pai era mariñeiro e a súa nai entregada aos labores do fogar.

A miña nai pertenceu a esas xeracións que a sorte foilles esquiva, a Guerra Civil sorprendeuna con tan só quince anos, polo que tivo que abandonar a escola e porse a traballar, xunto cos seus irmáns, despois que o seu pai foi encarcerado por pertencer a un sindicato na prisión Modelo de Barcelona.

Durante toda a guerra e uns anos máis, traballou na industria conserveira de Pita en Vilaxoan, ata que se uniu en matrimonio aos 23 anos co meu pai, Rogelio Diz Fuentes, o cal recentemente saíra de prisión en liberdade vixiada, logo de haber estado recluído no cárcere de cambados por un par de meses, a illa de San Simón preto dun ano e trasladado posteriormente ao cárcere de máxima seguridade no Forte Afonso XII, mellor coñecido como o Forte de San Cristóbal preto da cidade de Pamplona, por rebelión militar contra o Movemento Nacional, da cal xunto con 794 homes mais miliciana.jpgprotagonizaron a maior fuga de España e unha das maiores do mundo.

Desa unión naceu o meu irmán Rogelio Diz Rubianes, o cal morreu cinco anos despois, a falta dunha boa alimentación e unha escasa asistencia sanitaria, nese mesmo ano fatídico para a miña familia, morreron tamén os dous irmáns da miña nai e a súa avoa, con catro mortos separados por tan só uns meses fixo caer a toda a familia nunha profunda depresión, polo que o meu pai habendo conseguido un emprego de canteiro na empresa Agroman, foi destinado á construción de diferentes edificios na cidade de Badaxoz, onde xunto á miña nai viviron por espacio de dous anos.

Atoparon un novo ambiente e xente diferente e alegre, a pesar das carencias, xente marabillosa que lles abriron unha nova forma de sentir a vida. E foi aí, que no medio desa benaventuranza nacín eu, ao que puxeron o mesmo nome do meu irmán, Rogelio Diz Rubianes, por considerarme a reencarnación do mesmo e o que daría novas ansias de vivir nesa convulsionada época da historia de España.
O traballo chego á súa culminación e os meus pais regresaron a Galicia, onde nun terreo que o meu avó dese ao meu pai, edificaron con axuda de todos os amigos unha modesta casiña no Rial, e a miña nai volveu ao seu traballo na fábrica de conservas.

O meu pai acudiu ao chamado de Don Federico Macao Vilar, enxeñeiro co cal traballara en Badaxoz e que nese momento pediulle que se trasladase ás Palmas de Gran Canaria, logo duns meses traballando pero coñecendo os antecedentes do meu pai axudouno a embarcarse no buque Villanueva, como mariñeiro en cuxa ruta atopar o porto de Progreso en México, onde o meu tío Antonio atopábase e axudaríao a quedar neste país.

A miña nai continua traballando na industria conserveira, e soportando a presión policial que buscaba ao meu pai, a miña nai declaraba sempre ante as autoridades que o meu pai abandonounos e que non sabia absolutamente nada del.
cartel-057.jpg
Logo dun par de anos, a miña nai e eu con apenas tres anos, abandonamos España nun buque mercante camiño a Veracruz, México onde nos reencontramos co meu pai e trasladámonos á capital do país.

Durante varios anos, ambos traballaron neste país e lograron unha considerable fortuna polo que creron necesario en 1960 regresar a España para que eu non perdese as miñas raíces, e estudase o bacharelato, así a miña nai e eu regresamos logo de enviar diñeiro para arranxar a nosa casa e pór nela certas comodidades ás que xa estabamos afeitos.

A miña nai investiu parte do que tiñan comprando un barco e un viveiro flotante de mexillón, á espera do meu pai, quen se quedou en México para investir todo o seu capital nunha fabrica de zapatos a cargo de don José Maria Fernández, persoa da súa total confianza.

Toda esa visión idílica veu abaixo, cando ao ano de estar vivindo en Galicia, o meu pai recibe a noticia por un amigo en México, que a Fabrica crebara e que era necesaria a presenza de inmediato do meu pai para intentar recuperar algo. O meu pai apura tramítelos para saír cara a México e élle denegado o pasaporte para facelo posto que había contra o un Consello de Guerra en Cartaxena por haber desertado dun barco da mariña mercante española no porto de Progreso, México.
desfile2.jpg
Grazas á intermediación do Xeneral Gómez de Barreda, o meu pai logra saír indemne desta situación, con todo a pasado máis dun ano e cando por fin sae cara a México, non logra recuperar absolutamente nada. Debido a esa situación de crise na miña familia provocada polo Consello de Guerra, e aos gastos que xeraron tiveron que vender practicamente todo, quedándonos practicamente sen nada, a miña nai capeou como puido esa situación para que eu puidese terminar o bacharelato e regresar ambos os de novo a México en 1969, instalándonos na cidade de Poboa, ata a morte de ambos.

A pesar de todo, grazas á miña nai, aprendín o amor pola nosa terra, pola nosa xente. Onde vin sempre un prato de comida na nosa mesa para calquera que se presentase en casa, unha axuda ou un consello a todo o paisano que o necesitase, me cara a ver a importancia da solidariedade entre os que nos atopamos a miles de quilómetros da nosa terra, para protexer os nosos costumes e acenos identitarias.Fíxome entender que o verdadeiro éxito, non é o económico que pode converterche nun pobre rico, é o transmitir aos teus descendentes o amor e a convivencia harmónica, se o logras, dicíame, non importan todos os altibaixos que a vida dáche, superásenos sen temor algún, e beiras reflectido ese amor nos que che rodean, logo diso xa podo morrer tranquila. E así sucedeu, morreu rodeada do noso amor, o da súa neta e as súas bisnetos e os amigos de sempre, en recompensa, non tivo agonía, simplemente deixo de existir. As súas cinzas descansan xunto ás do meu pai, e nun par de meses cumprirei ultímaa vontade de ambos, dividirei as súas cinzas e deixar a metade de ambos aquí, cos seus, o resto unireinas nunha soa urna e iremos ao porto de Veracruz para devolvelas ao mar, onde poderán xuntos volver facer o percorrido cara ao seu tan estrañada terra.

Rogelio Diz-Analista político e fillo de represaliados españois en México




 

rdiz51@yahoo.com.mx


  

 

08/10/2007 GMT 1

40º aniversario da morte do Che Guevara

sarampelo @ 13:24
che-guevara.jpgHoxe cúmprese o 40º aniversario do asasinato por sicarios da CIA do Che Guevara en Bolivia. Ler máis.....

mario_teran_executeur_che_guevara.jpgCuba devólvelle a vista ao home que asasinou ao Che Guevara

1º-Homenaxe ao Che Guevara
2º-As derradeiras horas da morte do Che
Páxina oficial do Che Guevara
Blog moi interesante e moi completo sobre o Che, referencias, fotos ( en especial, cando lle dan o tiro de gracia), vídeos, cancións etc. En Ninsesabepuntocom
 o-che-guevara-en-madrid.JPG
( Foto do Che en Madrid )
 O fotógrafo César Lucas foi testemuña dunha visita que o Che realizou en 1959 

Vídeos
Silvio Rodríguez fala sobre o Che
Palabras do Che - A bestialidade imperialista, 1965
Entrevista de Ignacio Ramonet a Fidel Castro para o libro "Fidel Castro: biografía a dos voces". Fidel lembra ao Ché
Novo acto de censura do Ateneo de Madrid. Conferencia sobre o Che Guevara

03/10/2007 GMT 1

O gatillo fácil da garda pretoriana do César ( Bush )

sarampelo @ 13:29

O gatillo fácil de Blackwater 

Un informe do Congreso de EEUU denuncia a impunidade e violencia dos mercenarios  

OSCAR ABOU-KASSEM - MADRID - 02/10/2007 21:48 Xornal : Público.es

Os mercenarios de Blackwater protagonizaron 195 tiroteos en Iraq desde 2005, segundo un informe presentado no Congreso de Estados Unidos. A maioría dos incidentes produciuse cando os empregados da compañía dispararon desde os seus vehículos sen preocuparse despois polo estado no que quedaban os feridos. Neses incidentes, confirmouse a morte de 16 civís iraquís.

op015-blackwater-0414y-4.jpg







Blackwater pagou en dúas ocasións aos familiares das vítimas para que os sucesos non transcendesen. Na Noiteboa de 2006 un mercenario de Blackwater se emborrachó na Zona Verde de Bagdad e tivo unha discusión cun gardacostas do vicepresidente iraquí. O empregado da compañía de seguridade acabou asasinando ao escolta iraquí. O mercenario foi sacado rapidamente do país e aínda non foi acusado de ningún crime. 


Ler máis en : Público.es 

 

Ler máis en : Radio Cable.com









 

Sarampelo : Neste mundo mundial  de  rapiña,  neoliberalismo de tolemia, de fillos de puta ao mando das grandes transnacionais que intentan rematar con este planeta. Privatiza que algo queda. ¿Que agardabamos desta multinacional privada do asasinato?. Que ían a Irak de “hermanitas de la caridad” . Estes son uns asasinos a soldo que están ao servicio do gran César Imperial. Si, a garda pretoriana de Bush. Unha empresa privada montada á sombra do xenocida da Casa Blanca.Agora máis que nunca estase a demostrar que tanto Bush, Blair como noso “querido” Aznar, son uns xenocidas . Teñen que ser xulgados por crimes contra a humanidade. Como dicía estes días pasados o actor de cine Sean Penn, que todos estes tiñan que estar “na puta cadea”

Vídeo



Ultima hora do día 09-10-07: 

Estes mercenarios matan a dúas mulleres en Irak por no frenar.

Continua a sangria destes

sanguinarios ao servicio dos fillos de puta do goberno de EEUU.

01/10/2007 GMT 1

Vivienda y mercado sacrosanto. Carlos Taibo

sarampelo @ 14:09

Comando cultural “Os Rabiscos” 

 

Hoxe comeza unha colaboración máis neste Comando Cultural do escritor e profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid Carlos Taibo Arias.

colaborador-ctaibo.jpg----------------------------------------------------- 

 

VIVIENDA Y MERCADO SACROSANTO 

Carlos Taibo Arias 

A menudo sucede que lo más evidente e importante nos pasa inadvertido. En España, y desde hace un buen número de años, se hace valer un gigantesco proceso de transferencia de recursos que, desde las capas bajas y medias de la población, tiene por beneficiario fundamental a un puñado de grandes empresas constructoras.  

 

El alquiler y la adquisición de viviendas generan cada mes sumas astronómicas que, por lo común, pasan a manos de unos pocos, sin que sea sencillo apreciar beneficios obvios para la mayoría de  los ciudadanos. Mucho me gustaría poder calibrar en qué medida el fenómeno que tenemos entre manos ha ido generando poco a poco una sociedad cada vez menos igualitaria, circunstancia a buen seguro medio ocultada por el vigor ingente de la economía informal, particularmente poderosa en el ámbito que nos ocupa.  sesena.jpg

A casi nadie se le escapa que la gallina de los huevos de oro  ha beneficiado también, y notablemente, a la banca. Hace no mucho escuchaba en labios de un colega el relato de un fenómeno de sobra conocido que retrata cabalmente el papel de aquélla: una pareja  joven que reúna, de la mano de dos sueldos de miseria, 1.500 euros mensuales inmediatamente podrá comprobar cómo con ese punto de partida sobran los bancos dispuestos a conceder un crédito hipotecario por valor equivalente a las sumas millonarias que reclama la compra de un piso.   

La ilusión óptica que sugiere que esas  dos personas se convierten ipso facto en propietarios se ve contrarrestada, claro es, con la certificación de que quedan atadas de por vida al pago del crédito de marras. Semejante servidumbre genera  al poco un comportamiento laboral de franca sumisión –a ver quién es el listo que asume una contestación en el trabajo que puede dar al traste con tan suculento proyecto inmobiliario--, un creciente conservadurismo político --va con lo anterior-- y, aunque a menudo se olvide, una vida sentimental marcada también por el inexorable deber de preservar contra viento y marea la pareja primigenia. Y todo sin que, al menos hasta ahora, haya motivos para concluir que los bancos asumen riesgos mayores:  en el caso, poco probable, de que la pareja de la que hablamos deje de pagar lo que le corresponde, ahí está el piso como garantía de que el banco se resarce de buena manera.  

Hora es ésta de subrayar que, salvo medidas de tono menor e ineficacia manifiesta, los poderes públicos poco o nada han hecho para garantizar el derecho constitucional a disfrutar de una vivienda digna. Todo lo han fiado, antes bien, a que el mercado, con su  mano invisible, resolviera problemas y disfunciones. La certificación, fácil, de que no ha sido así en modo alguno ha generado, por lo demás, medidas correctoras en un escenario en el que --no nos engañemos-- a la postre se han movido por caminos similares socialistas y populares, embaucados a menudo, por cierto, en lamentables fórmulas de financiación de los presupuestos municipales.  En este marco, la medida, recientemente introducida por el gobierno de Rodríguez Zapatero, que se propone proporcionar una ayuda de 210 euros por vivienda para facilitar que los jóvenes accedan al alquiler se antoja más de lo mismo. Dejaré de lado ahora la polémica inevitable que suscita el hecho de que el tope superior de ingresos  postulado para permitir el beneficio de esas ayudas parece manifiestamente alto, lo que al cabo –como sucederá, por cierto, cuando se aplique el ambicioso programa de acceso a la vivienda orquestado por la Junta de Andalucía--  acabará por beneficiar en muchos casos a quienes no están más necesitados.

Mayor relieve me parece que corresponde a la evidencia de que las ayudas que me ocupan en modo alguno atienden al que sería legítimo objetivo de poner freno a la usura que inspira tantos comportamientos en este terreno: no vaya a ser, una vez más, que las sacrosantas reglas del mercado se vean alteradas. Recuerde el lector que, las cosas como se proponen, los precios de los alquileres permanecerán incólumes, y ello cuando no subirán en virtud de las imposiciones de los arrendatarios, por lógica dispuestos a sacar tajada también de las ayudas gubernamentales. 

 Que la mayoría de los ciudadanos, presa de una vorágine descontrolada, no se percate de todo lo anterior es triste. Queda el consuelo de pensar, eso sí, que el patético ejemplo que está dando en las últimas semanas la economía norteamericana de la mano de las turbulencias financieras y la radical preponderancia de la especulación más descarnada acabe por abrirnos lo ojos. Porque los de nuestros gobernantes, siempre remisos en los hechos, y pese a alas apariencias, a intervenir con coraje cuando tienen que hacerlo, hay que dar por descontado que seguirán cerrados.   

Carlos Taibo es profesor de Ciencia Política en la Universidad Autónoma de Madrid y colaborador de Bakeaz. 

 

30/09/2007 GMT 1

¿Úla Cidade da Cultura?. Xesús Redondo Abuín

sarampelo @ 21:51

Comando cultural “Os Rabiscos” 

 

 

sin-titulo3.JPGOpinión para o Mañanceiro de Xesús Redondo Abuín   

 

¿ÚLA CIDADE DA CULTURA? 

 

Eu non a diviso, e vivo en Fontiñas. Nin que fose virtual. Non se ve por máis que se mire cara alí. Todos falan dela, pero ninguén nola ensina. E, pois que a pagamos, esiximos vela, úrxenos saber como é e para que serve ou non serve. Temos dereito a saber o que está feito e o que se pensa ou non pensa facer, porque non hai maneira de ver nin o que é nin o que se pensa ou non vai ser. Eu, que non son cego, miro para o Gaiás e só vexo como a silueta dun camelo de tres chepas e como un dedo que semella facernos ós que corremos cos gastos un aceno obsceno. O feito e o non feito no Monte Gaiás é a proba obvia de que o que os chamou polos camiños da función política ós uns e ós outros, ós de antes e ós de agora,  non foi a filantropía senón a cobiza. Menos mal que aí está a Plataforma Cidadán que tanto os irrita. Eu tamén estou aí.  Por civismo. Nada persoal persigo. 

 

E ninguén fale aquí de piquetas. Falemos de aclarar conceptos, de recuperar o malversado e de non investir  nin outro euro público a libre albedrío dos cargos políticos que pasan ó cobro facturas de 300 euros por comida. Xa lle chega ben de libre albedrío ¡Quen me dera a min saber cánto dan de si catrocentos millóns de euros administrados rectamente! E de nada valeron, ou de moi pouco, porque o certo é que antes o Gaiás era un monte e agora nin monte é ¡Para iso se moveron nel un millón de toneladas de terra! O de ‘burro grande ande ou non ande’ é a gran burrada do gran canalla de Estado que o mandou facer emulando a Gengis Kan en aires de grandeza.  foto06.jpg

 

Pero non é o único responsable o goberno anterior. Tamén o é o de agora.  O de agora ten moito que explicar e que corrixir. E nós moito que esixir. Somos os únicos que aportamos liquidez a esa billa. O bigoberno este ten dous asuntos non pequenos -Cidade da Cultura e planta de gas de Mugardos- que non pode eludir aducindo que se topou con eles aí: o que o home monta, pode desmontalo e volvelo a montar en sitio de menos risco para a cidadanía civil e o que foi  mal concibido, debe tratar de reconducilo. Din que lles houbese gustado oír no seu día as voces agora críticas ¡Serán cínicos! PSOE e BNG eran medio Parlamento de Galicia e no seu día nin sequera lograron sensibilizar ás bases dos seus propios partidos.  

 

Di o medio presidente que lle preocupan as irregularidades descubertas polo Consello de Contas. O mesmo di o outro medio. E eu tamén o digo. Pero eu ademais digo que con preocuparme as irregularidades moito, máis me preocupan aínda as regularidades da obra en si: constitúe un total e completo esquilme á cidadanía de Europa, de España e de Galicia. Porque os cartos que seguen fluíndo por esa billa non saen da circulación do capital, como afirman a Condesa de Fenosa e a Duquesa de Alba, senón que son forza de traballo afanada ós asalariados de Galicia e de todos os confíns. Marx dixo hai máis de século e medio que a plusvalía é forza de traballo que se apropia pola cara o capitalismo. E quedou todo dito. Engels chamoulle o Alejandro Magno do pensamento e mellor non podía definilo.  

 

Pois ó actual Alcalde de Santiago nin sequera lle preocupan as irregularidades que din lle preocupan ós dous medio presidentes do bigoberno de Galicia ou Galiza, desde que abandonou os dogmas do libro roxo do Gran Timonel o libro de cabeceira do agora Alcalde de Compostela é a súa propia carteira. Falou así hoxe mesmo: “Ningún comerciante que queira vender un produto se dedica a poñer anuncios que digan ‘este produto é un desastre’ ¡Como están oíndo! ¿Úlo talante progresista deste home? ¿Úlo cambio prometido? ¡Para cuspir, señoras e señores contribuíntes, para cuspir! 

 

Veciño de Santiago.Membro da Plataforma Cultura Si Mausoleo Non   

 

 

Xesús Redondo Abuín