Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Xoán de Cagalloso e Soutomaior

Licencia para matar e esquilmar

sarampelo 18/11/2009 @ 20:49

 Xa teñen licencia para matar e para esquilmar.

seguratas.jpg
De tódalas novas que escoitei este día sobre o Alakrana, a que máis me alegrou foi a liberación dos 36 mariños.  Trinta e seis vidas humanas que fuxen a todo meter rumbo as súas casas e estar coas súas familias, iso é o máis importante.
Porén, temos que ir  sacando moitas conclusións do que está a pasar en Somalia por parte dos armadores na pesca do atún naquelas augas. Por iso vou a escribir sobre o que pode pasar no futuro, cando se privatiza unha misión que só compete ás Forzas Armadas ao mando dun goberno dunha nación. O exemplo o temos nesa funesta empresa de EEUU de nome  Blackwater Worldwide, onde eses mercenarios asasinaron, violaron, e torturaron a persoas civis e iñocentes.
A ilustración que secuestrei a Vergara di moitas cousas, cada quen que a interprete como lle veña ao maxín.
O principio non é moi alentador destes mercenarios de "empresas" privadas e pagados metade por os que pagamos impostos, para encher os bolsos desas "empresas" e aforrarlle uns cartiños aos armadores. O sábado 14 deste mes na TVE1, un destes "primitivos" fixo un corte de mangas, inclusive asustoume algúns deses tatuaxes que levan. Ao ver isto, veume á cabeza aquel ex-militar que matou no metro de Madrid dunha puñalada ao xove Carlos Palomino, suceso que foi gravado en video.  
Isto xa comeza con delirios do imperio de Felipe II, onde xamais poñíase o sol. Todo fédeme a podre, rancio e casposo (é moi forte dicir fascismo), non sei como rematará este belén. O vexo moi mal.
Na conferencia que deu o Coordinador de "Izquierda Unida" Cayo Lara en Salamanca sobre o tema, coido que está a dar no blanco da cuestión. Ler Artigo da conferencia.....

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

 

O Centro Galego de Bos Aires sentiuse Chantaxeado polos mandados de Feijoo

sarampelo 02/11/2009 @ 22:35

O Centro Galego de Buenos Aires sentiuse "chantajeado" pola Xunta  

Os emigrantes acusan de chantaxe e actitude mafiosa aos dirixentes que propoñen que o centro o dirixa unha fir2009110119443992767.jpgma foránea

 

 

A actitude dos representantes da Xunta foi mafiosa e chantajista, están a xogar cunha institución histórica e coa saúde de miles de galegos, di un dos socios do centro que, como todos, prefire manter o anonimato ante o temor a posibles represalias. Foi unha chantaxe en toda regra, era dicir si ou a ruína e a nada para os e8974.jpgmigrantes, aclara outro emigrante coñecedor das conversacións que tiveron lugar nunha tensa reunión que deixou sorprendidos aos representantes galegos.Ler máis......en Xornal.com 

 

resize.jpg================================

 A tropa do demo  e "mandados" de Feijoo que foron a Bos Aires son: Conselleira de Sanidade Pilar  Fajas ,  Conselleiro da Presidencia Alfonso (Wheel) e toda a tropa de secretarios e outras malas  herbas. Foron a impoñer a privatización da sanidade nese centro, pero para máis carallo cunha empresa (3A Recoletas) foránea de Galicia. Esta tropa fixo “Camino” ata Arxentina como auténticos  sectarios do mesmo Camino de Balaguer e mandados  de Feijoo  presidente de Galicia que só coñece o idioma da privatización do social, consignas de FAES e do Sr. do bigote ese home forte do trío das Azores.

 

Lembrar que nos agarda un goberno moi “negro” con respecto á sanidade, educación e outros servizos públicos para a maioría dos galegos e non se escapan dista maldade  os que tamén lles votaron no seu día. Comezan en Bos Aires esa táctica de as “public-private partnerships" de inspiración neoliberal-salvaxe como as que está aplicando Esperanza Aguirre en Madrid. 

Arxentina é un laboratorio de experimentación que preto estará en Galicia. pilar-farjas_3.jpg

 

Fracasou no mundo ese modelo “neocón”, hai que tomar outras medidas de control estatal para pararlle os pés a todos aqueles que nos meteron nesta grande crise mundial e estes novos gobernantes de Galicia privatizan que algo queda. Vannos meter outra vez o raposo no galiñeiro e case neste sufrido pobo nin temos galiñas, estes “neocóns” coa súa rapina insaciable ata lles interesa as plumas destas aves.

Temos que pararlle os pés a esta xente que aínda non se decataron que o sistema neoliberal-salvaxe fracasou e nos leva á destrución do planeta, no social, valores humanos, na ecoloxía e na galopante corrupción  política.





Atopámonos collidos por uns gardiáns de luva branca, que lles importa un carallo acadar todo como sexa: diñeiro público, diñeiro dá usura bancaria ao persoal, máis e máis diñeiro para eles só. Son eses poucos que orquestran a degradación dás nosas vidas: empresarios, banqueiros e políticos.

 Un xornalismo nas mans deses gardiáns que seguen en manter este sistema xa caduco de consumo e de libre mercado salvaxe, todo elo para enriquecerse moito máis eses poucos, por iso dá moita mágoa ler hoxe ou ver calquera medio de comunicación. Sabemos que ese libre mercado quebrou fai máis dun ano, e os nosos gobernos seguen coa mesma, onde lles deron diñeiro público a mans cheas para manter a eses "gardiáns" do sistema. Cos nosos impostos. ¡manda carallo na habana!. 

 Coido que a esquerda está a perder o tren dá oportunidade desta crise económica, de valores e ecolóxica para dar un xiro político de 300 graos e buscar unha vía nova para esta sociedade mundial que está a perder o norte. Teñen que trocar dunha vez por todas ou sistema actual que nos leva sen remedio a un túnel sen saída. O exemplo o temos neste goberno de Galicia que segue neste inferno neoliberal. Non sei a onde nos leva.  Porén, fágome unha idea cal é o camiño.

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

Xa falan desde a oposición que chantaxe lles fixo Alfonso (Wheel) Rueda aos galegos en  Bos Aires e comentan desde o BNG que intereses ten este homiño nesa empresa de Recoletas  

Moi interesante ler as novas desta desfeita mafiosa en: Xornal.com e o Blog Feijoomente.blogaliza 

Foto da xuntanza en Bos Aires de Xornal.com

 

A Casa Real paraliza a publicación dun libro do Coronel Amadeo Inglés

sarampelo 31/10/2009 @ 23:59

A Casa Real paraliza a publicación do libro “La Conjura de mayo”
do coronel Amadeo Martínez Inglés








Contén reveladoras e inéditas informacións sobre as responsabilidades do rei no 23-F.

Por favor ler o resto da nova (premer no titular), xa que é moi interesante ante o que estamos a pasar coa liberdade de expresión neste "bendito" país, cousa que  nada din os medios "bastardos" de falsimedia. Que vergonza de democracia estamos dando ante o mundo 

================

jpg_martinezingles.jpgTodos aqueles que se consideran demócratas tiñan que ler o resto do testo, xa que isto asemella no 2009 aos anos do duro e puro franquismo.Seica que este estado borbónico está por riba de Deus e da Carta Magna (lease Constitución). Isto estános a dar a razón aos que loitamos por unha democracia neste país naqueles anos escuros e fascista. A desilusión a estas alturas é tan grande que o único que nos queda e o pataleo e cagarse no teu interior contra todos estes que nos levan a unha "democracia" corrupta, imperfecta que cada día que pasa incha moito máis como se fora un globo. Porén, os globos chegan a estourar, entón xa a cagamos. 

Como non se lle pode pedir responsabilidade a este Sr Borbón, porque está por riba do humano e do divino e da Constitución, se lle silencia e se censura o libro como se estiveramos nos mellores tempo do franquismo, pero coa complicidade das forza políticas e  dos medios de comunicación máis importantes do país. ¡ Atado e ven atado!. Non temos solución.

Todos os meus parabéns para o coronel Amadeo.  ¡ Bravo! coronel ! . A sus órdenes.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior 

 

 

Premendo aquí podedes ler ...

En exclusiva a Introducción do  libro de Amadeo Martínez Inglés, "La Conjura de Mayo". Esta exclusiva foi recollida e secuestrada por este Blog en "La República..es"

Ler máis.........

Ler máis »

A pesca en Somalia e a viñeta de Aneko

sarampelo 25/10/2009 @ 10:32

   A pesca en Somalia e a viñeta de Aneko

 Viñeta de Aneko, secuestrada de 20 minutos.es

1013336.jpg

A viñeta de Eneko xa o di todo, non fai falla moitas palabras para entender o que está a pasar nas augas de Somalia. Agora mandan a mercenarios  asasinos ( chámanlles "vixiantes") nos atuneiros. ¡Manda carallo na Havana!. A seguir roubando a man armada, e logo un tal Baltasar que a sigue cagando e metendo a pata  como sempre co seu "ego"ata os sancomiños. Seguiremos falando disto con máis datos (non das mentiras dos medios falsos deste país "democrático")  neste mesmo blog.

Xa comezan a dicir mentiras, os falsimedia ao servicio dos bastardos. Están a comentar hoxe día 26 de outobro que os "piratas somalies" pertencen a o grupo "terrorista Al Qaeda".  O di a Asociación Española de Escoltas (ASES) . Será a Asociación De Mercenarios e Asasinos, penso que é o máis correcto (ADMA). Cando hai que xustificar unha invasión preventiva, matar e asasinar sempre (para intereses mercantís) se pon por medio a "Al Qaeda". Isto parace unha goma, estira é estira para os bastardos neocóns, gobernos neoliberais e socialdemócratas, e o pobo a tragar e tragar sapos. ¿Aínda hoxe non sei que é Al Qaeda?. Pero o máis colloudo é que ese señor do "anels" Osama Bin Laden xamais apareceu. Non pensei que no século XXI a CIA sexa tan inoperante para non collelo. Con toda esta parafernalia xustíficase todo ata que che den polo cú.

¡Pon o cú que ven Osama!. Na escola asustando aos nenos:¡Qué ven Osama!. Non fagas iso nin o outro que ven Osama. Si, cando nos dician  na escola : que ven o home do saco, ou o sacauntos.

Seguimos coa novela por capítulos: Hoxe día 28 de outubro xa temos novas. Os que pagamos impostos temos que apoquinar aos mercenarios, xa que o goberno central e o basco van a pagar a mitade do que valen estes mercenarios e engordar as caixas destas "empresas" de matar, para seguir roubando coa forza das armas. Para máis carallo os señores do goberno están a a ver como desenredan a madexa que cometeu o Baltasar e o seu "ego", xa o viña dicindo o Coronel Amadeo  Martínez Inglés fai unha chea de días, meteu a pata ata os sancomiños, xa que os somalies están dispostos a poñer na custodia aos mariñeiros coas familias dos que Baltasar trouxo a España. Non dan unha no clavo. Son como Quixotes. Spain is different"".

Ler  a :

Joaquim Sempere  Profesor de Teoría Sociolóxica y Socioloxía Medioambiental da Universidade de Barcelona.

2742hari_resized.jpg 

Ler a pescuda de:Johann Hari do xornal  London Independent

Ler Noticias sobre o tema, sen falsimedias bastardas traducido ao español..........

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

Ler máis »

O PP desmantelará o servizo de software libre.

sarampelo 17/10/2009 @ 00:31

“O PP desmantelará o servizo de software libre "Mancomún" en Galicia”Ler a nova completa.   

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, confirmou o desmantelamento do centro de servizos de software libre “Mancomún”, dependente da Xunta e que había posto en marcha o goberno bipartito, tal como informa o BNG a través dun comunicado.   2009-04-22_img_2009-04-15_13_24_35_alfonsorueda.jpg

Na súa intervención, a deputada nacionalista relatou os éxitos cos que contara o servizo “Mancomún”. Entre eles destacou que se conseguiu que o 10% das empresas galegas utilicen software libre e que o seu uso se multiplicase por tres nas escolas. Lembrou ao conselleiro que todo isto foi recoñecido pola ONU.  

------------------------------- 

Queren desmantelar todo signo que cheire a bipartito e a lingua galega. Non teñen vergonza estes tíos/as. ¿Que se pode agardar duns gobernantes que non respectan aos seus antepasados, aos seus avós?.

Como van a respectar á maioría dos galegos, cando ni sequera se respectan así mesmos como galegos que son.¿Como se vai poder aguantar a uns elementos que gañaron as eleccións coa demagoxia dun iate é un coche?. 

Que fixemos nós, que delito cometemos a maioría dos galegos que queremos falar galego, ter unha sanidade social e un progreso sostible para aturar a esta caterva de retrógados, sectarios políticos e relixiosos.

Vaia tropa que nos tocou vivir 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior   

Ler máis »

Michael Moore a Obama: Si non sae de Afganistán, devolva o Premio.

sarampelo 11/10/2009 @ 20:07

 

"Mensaje de Michael Moore a Obama: Si no sale de Afganistán, devuelva el Premio."Ler a continuación todo o artigo de Moore...............

     ¿Quen fai o baremo dos méritos para otorgar tan relevante premio?. ¡ "Cachis la mar "!. Outra vaca no millo, ollade que levamos preto de dúas décadas con paridas abondo. Xa me chegou ata os mesmos "cataplines" o estar almorzando tódolos días con novas que case son de tolos, a cordura cada vez é moi escasa con tantos "mequetrefes" que nos están gobernando. No país dos cordos o tolo é o máis san nestes intres.  premio_nobel_p.jpg

     Nobel fundou este premio arrepiado polas guerras e o poder de destrución dalgún dos seus descubrimentos pero a súa rama digamos "politica" deixa bastante que desexar hai tempo. Tanto como que alguén que non coñecese a historia do mundo se sorprenderia de que personaxes como Menahen Beguin, terrorista do Irgun judio con mais de 600 mortes ás súas costas sumadas só as que ocorreron ao voar o hotel Rei David , calcúlanse mais de 200 e a masacre de todo un pobo palestino con mais de 400 victimas, tivese no seu poder o premio nobel da Paz. A Henry Kissinger, correctamente definido por Gore Vidal como o maior criminal de guerra que anda solto polo mundo.

Ese día os premios Nobel da Paz tocaron fondo , só serven para escarnio da razón ao concederse de novo a un personaxe cuxo unico merito logrado a base de publicidade é tratar de levantar a moral duns cidadáns occidentais fartos de ver morrer inocentes en Iraq, Palestina ou Afganistan, esa era a esperanza, acabar cos Guantánamos da civilización, meter en vereda a tanta mafia oficial (CIA, FBI, Mosad, M15, etc), limpar de tanta merda as esferas de poder e dar aos cidadáns do mundo unha nova esperanza de que a vida sobre a terra fose un pouco mais xusta. nobel-obama.jpg

E por riba aínda mete xoio en Sudamérica metendo 7 bases en Colombia, serán bases de "hermanitas de la caridad", digo eu. Aínda nos seguen vendendo a moto Obama pero as cousas van por diferentes camiños, e querer e non poder, onde a extrema dereita no seu país son sanguinarios e controlan as fábricas de armas e todo entaramado financeiro e son os responsables da desfeita  económica que nos meteron e a que nos agarda en tódolos eidos sostibles nesta planeta chamado terra. E non falemos da falta de dereitos humanos nese páis que din moi democratico de EEUU.

Non sei se coa idade que teño chegarei a ver o que pasa cando os falsimedia fáganos esquecer cal é a realidade do mundo actual e a xente normal acábese dando conta que catro árabes e os seus camelos non son o verdadeiro mal deste planeta. 

Ao día de hoxe 15-10-2009, xa se destapou a "farsa". Os titulares dos xornais así o din: "Tres do cinco xuíces que fallaron o premio opúñanse nun primeiro momento segundo un diario noruegués"  . Este mundo xa non ten solución os valores humanos están tirados polo chan. Que siga o entierro ata o final.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior.

 Caricaturas de: Rubén Hernández e Tomy

Ler máis »

A manipulación da canle de TV La sexta de España

sarampelo 30/09/2009 @ 14:34

 A manipulación da canle de TV La Sexta

Isto da manipulación da cadena española La Sexta é de xulgado de guarda.  Olleen ven o vídeo, este tío sinverguenza e para collelo darlle unhas labazadas ata rompelo, metelo nun carto escuro, pechala porta e meter dentro a un mono con revólver.

Así nos vai, e o persoal se lle fai un "carallo" os miolos ao escoitar a este canalla. Como non vexo a T. V desde fai case 12 anos, non sei como lle chaman ao tío este. Coido que algún de vos sabedes como lle chaman e donde para a tomar o café. Así se podo lle amargo o café aínda que sexa cheo de sucre. Maldito sexa o tío cabrón. Onde tiña que estar este sinverguenza ao servicio dos bastardos, era picando pedra nunha estrada durante 3 anos.

Aquí tendes  unha opinión dun venezolano:"El idiota de narrador es el que merece "la hostia", que tipo más pendejo, él debe hacer mención de que tiene las bolas de plástico, es la summa expresión del periodista palangrista, pendejo a más no poder."

Xoán de Cagalloso e Soutomaior.

Concerto de "La Paz sin Fronteras" Cuba

sarampelo 21/09/2009 @ 14:22

 Concerto de "Paz sin Fronteras" Cuba.

1253502731905cuba-9gd.jpg

O cor branco foi o máis visto na Praza da Revolución da Habana.  O título deste post corresponde ao proxecto do cantante Juanes de 2008, que converteu  en realidade este  soño seu o pasado día 201253502227623cuba-2gd.jpg de setembro na Habana. Despois de ollar os vídeos deste macro concerto (un millón de persoas), quedoume na testa o estribillo da canción que cantou Juanes con Miguel Bosé : "Dame una isla en el medio del mar, y ama la libertad; dime que el viento no la hundirá y ama la libertad".1253502353853cuba-4gd.jpg Este estribillo fédeme un pouco a rancio, deume a impresión que o tanden Juanes-Bosé intentaron manipular ao persoal. Notouse por parte deste dúo que viñeron a Cuba coas ideas neoliberais pero co rostro amable. Cando remataron a canción intentaron que o público corearan o que estes dous patéticos desexaban oir. A resposta ás súas insinuacións sempre foi a mesma ¡Cuba!, Cuba, Cuba !.Señores Juanes e Bosé, aos pobos dignos e cultos non se lle pode tomar o pelo nin enganar dunha maneira farisaica falándolle de falsas liberdades. Juanes e Bosé (tanto monta monta tanto) non estaban diante dun pobo inculto, alienado, embrutecido como o de estas sociedades neoliberais nas que vivimos, de TV lixo e xornais ao servicio de bastardos, con falsedades e programas miserables que embrutecen e desmontan os valores máis importantes do ser humano.

;

;

Fixeron os dous no hotel un batifondo patético (ver vídeo), inclusive estiveron por suspender o concerto. Falaban de paz e liberdade, nada dixeron dos presos de Guantánamo. O Juanes falou dos secuestrados no seu país, pero nada falou dos escuadróns da morte do narco Uribe. Se Juanes desexa igualdade e hermandade para todos que nos explique en qué son irmans e iguales, oligarcas y obreiros.

  Tamén hai que dicir sobre as agresións verbais, críticas e ameazas contra Juanes por parte daqueles sectores da extrema dereita de Miami, moi ben pagadas polo goberno de EEUU, son da mesma raza do terrorista Posada Carriles. Ao final de todo, estes dous arganizadores nin contentaron aos de Miami nin a maioría do persoal deste planeta que estamos por un mundo mellor e máis xusto. Que lle vaian cantar os dous ao pé da Casablanca, e á casa de Uribe (sete bases USA no seu territorio) para que teñamos paz neste mundo. 

Lle preguntaron ao cantautor cubano 1253502484086cuba-6gd.jpgAmaury Pérez, sobre que pensaba deses cubanos recalcitrantes e sectarios de Miami que non lles houbese gustado que se fixera o concerto, 1253502426686cuba-5gd.jpgcontestou cunha cun sorriso moi tranquilo: "Le gusta a mi pueblo y con eso nos vale" .Finalizou o concerto Silvio Rodríguez co Grupo Los Van Van.

Recordo neste intre dos trinta e seis anos da morte de Victor Jara (seguro que Juanes-Bosé nin se acordan nin queren acordarse), antes de asasinalo lle machacaron as mans por tocar a súa guitarra de recendos a primaveras e esperanzas.

 Lembro cando cantou na Habana un 4 de febreiro de 1972 na "Casa de las Américas" interpretou a canción, entre moitas, aquela de : "Ni Chicha ni Limoná".
Juanes-Bosé, este concerto que organizachedes digoo con toda humildade, foi "Ni Chicha ni Limoná". O máis bo e intusiasta de todo, foron o millón de cubanos cos gritos de : ¡Cuba,Cuba,Cuba !

344-juanes_embedded_prod_affiliate_84.jpg

 

Máis embaixo premer nos links para ollar algúns vídeos deste  concerto.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

cubainformacion.tv

Para que despois falen que non temos crisis

sarampelo 15/09/2009 @ 22:58

 Para que despois falen que non temos crisis

 image_mini.jpg

Seica que o pasado fin de semana a cadea de TV Telecinco tivo unha audiencia a todo meter. Din os entendidos deste lixo fedento da caixa tonta, que fai moito tempo que non rexistraban tan boas audiencias. Tamén din que, foi a rentabilización que fixeron de Belén Esteban ( de algo sóame esta muller, pero non sei de que, paréceme que é algo así como unha grande científica ou algo parecido, estou en dúbidas). E logo dín por eses camiños e congostras da política  desta "España querida" que non temos crisis. Temos unha crisis económica de cabalo, pero o máis triste é a crisis de valores e o analfabetismo televidente que, sumando todo laeteba.jpgelo, danos un coeficiente de cero patatero. Esas si que son as armas de desinformación masiva. Son armas que están utilizando desde fai tempo os grandes globalizadores e xenocidas para entorpecer a mente ao persoal e que teñan un pensamento único. Algo disto xa o dicía o Sr. das Azores un tal Ansar. 

Os deuses nos collan confesados, se temos que que aprender e culturalizarnos destas armas chamadas Televisións Lixo (Basura).

 

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

ANIVERSARIO DO GOLPE DE ESTADO CONTRA SALVADOR ALLENDE POR POR PARTE DA CIA

sarampelo 11/09/2009 @ 13:19

11 DE SETEMBRO DE 1973

 ANIVERSARIO DO GOLPE DE ESTADO DA CIA E O GOBERNO DE EEUU CONTRA SALVADOR ALLENDE.

errazkinonceesekalve.jpg

 

Xa estou farto de ollar a propaganda dos falsimedia internacionais de pasar  o das Torres Xemelas  cada 11 de setembro de tódolos anos, parece que case sempre o teño no prato de xantar. Propaganda para un lavado de miolos e xustificar guerras e xenocidios por parte de EEUU e Europà.

Por iso o meu recordo sempre vai por o Chile de Allende daquel nefasto 11 de setembro de 1973. Kalvellido o expón moi ben no seu grabado.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

Conmemoración y actos importantes en Chile y en el Palacio de la Moneda-11-09-2009

Premer aquí para ler máis sobre a diferenza entre os dous 11 de setembro.