
“El mundo de la cultura exige al Gobierno
que llame a consultas al embajador de
Israel “
"Es un país ocupante que ejerce prácticas de terrorismo de
Estado" Ler máis…. En Plural.com
--------------------------------------
Sarampelo: Estou totalmente dacordo nesa chamada ao embaixador Israelí, pero tamén a retirar o noso en Israel. Obrigarlle a estes desalmados a que se retiren dos territorios marcados xa fai tempo polo tratado de Oslo e pola ONU. Resolucións que non fan ningún caso. Rachar coas relacións diplomáticas e un embargo económico.
Israel é un estado máis de EEUU é unha delegación ou sucursal ianqui. Se non recibiran dos “Lobys sionistas dese país” a cada momento do día dos meses e dos anos esa axuda política, financeira e militar, non terían esa arrogancia e prepotencia ante o mundo.
A vergoña máis grande que está acontecendo é a complicidade criminal dos gobernos de Europa consentindo que estes terroristas de estado sigan masacrando á poboación civil e os “machos" israelís matando nenos. É un escándalo en especial o noso goberno de “esquerdas”, soamente escoitar a Moratinos da noxo, moito noxo.
Imos facer un esforzo de imaxinación: os palestinos provocan con armamentos sofisticados máis de 400 mortos israelís nun día, e din que o máis gordo está por vir, atacan por terra Israel e fan unha masacre. ¿Sabedes que acontecería?. Vou facer un xuízo de valor. Primeiro, o Sr. da guerra Mister Bush faría despregar en Gaza tropas de EEUU e por si non chegan nos pediría a Europa e España incluída máis persoal militar para salvar o estado de Israel.
Segundo, todas a embaixadas do mundo occidental despacharían de contado aos embaixadores palestinos con caixas destempladas.
Terceiro, os mas- media ( tamén se lle pode chamar “falsimedia”) ao servicio desa longa man do sionismo coa súa influencia mundial, serían uns narcotizantes para o cidadán de a pé, preparalos para ante un posible invasión a Palestina e esnaquizala para que non digan nin pío, todos calados e que a macabra festa siga. Coido que esa sería máis ven a realidade e non fai falla moito esforzo de imaxinación.
Só quero rematar este artigo ante a tibieza que o PSOE condena estas masacres cunhas palabras que dixo tempo atrás un persoeiro que eu admiro moito como é Martin Luther King : “ Cuando sopesemos lo que a sucedido ante tantas miserias como arrastra el Planeta, lo que más tenemos que lamentar no es la conducta de los criminales de siempre, si no el silencio cómplice de tanta gente bien pensante.”
Nalgúns artigos dos mas-media certos xornalistas están a dicir que , "a data de caducidad do Holocausto comezou co extermino palestino fai uns días." Non lles falla a razón a estes comentaristas e apoio esta frase.

Tzipi livni A Ministra de Exteriores impulsora de esta ofensiva canalla para aspirar a presidencia de Israel.
Ehud Barak o sinistro Ministro de Defensa