Sarampelo./
"Só dúas cousas son infinitas: o universo e a estupidez humana, e do primero non estou tan seguro..." (Albert Einstein)
---------------------------
Gran Corrida de touros e matadores cabestros que pingan aceite a esgalla.
O meu curmán (O curmán do Fervello) mandoume este cartafol e non sei quen é o autor e no podo dar a reseña da autoría, por iso o resalto, non vaia a ser que me denuncie á SGAE por aquilo da propiedade intelectual. Se lle senta mal o retiro do Blog e punto pelota. Como sei que a SGAE ata me pode meter na cadea, tratarei de cumprir co que diga o autor.
Ao cartofol tamén eu lle quero engadir unhas palabriñas:
A raiña da "corrida" será Gloria Lago que irá elegantemente con Peineta e Mantilla española en lembranza de Carme Collares. A Cuadrilla dos "matadores" será dunha Garda Mora a cabalo e con lanzas. O padriño destes dous toureiros será un dos grandes matadores de tódolos tempos: El Niño de las Azores. Todo un espectáculo.
A Garda Civil retén a un cidadán por levar unha insignia republicana
Segundo os axentes, era unha afrenta "á monarquía elixida de forma democrática"
Entón, o afectado solicitou chamar ao seu avogado e a un medio de comunicación, segundo Canarias Agora. Cando os axentes pedíronlle que lles acompañase a un cuarto, o cidadán palmero negouse, asegurando que "se o xuíz mándame quitarme a bandeira, fareino". Entón, a Garda Civil, con moi malos modos replicoulle polos meus "cojones", para facerlle entrar no cuarto.
======================
Isto é unha vergonza, ata pon os pelos de punta que a catro analfabetos déanlles unha arma, e o poder poñernos de seonllos ou pecharnos nun cuarto, é algo de película de terror. Eu levarei a bandeira que me pete na solapa, estou no meu dereito. Xa está ben de intocables neste país, xa está ben de que ninguén poida tocar ao rei, nin ninguén poida discutir a transición que na actualidade é a eterna transición. Logo a estes servidores da orde pública no lle explicaron que o Tribunal Constitucional permiteu a bandeira republicana en calquera lugar , ata no solapa ou na orella. ¿Qué carallo lles enseñan nas academias da Garda Civil?. Dame a sensación que neses centros aínda reside un fedor a fascismo.
Di o garda civil que era "unha ofrenta á democracia". A estes "servidores da orde" seguro que neses "centros" non lle dixeron que a verdadeira institución democrática, elixida polos cidadáns españois, libres e democraticos foi a II República Española, ao que os fascistas arrebataron pola forza das armas, onde fora a máis grande ilusión colectiva de tódolos tempos en España, o principio de acadar un país moderno, e falo e escribo con causa xa que iso mo contou meu pai que ten agora 95 anos e estivo na Guerra Civil no bando dos franquistas, recoñecendo que aquilo foi un erro e perdérase toda esperanza de facer un país avanzado, xa que a Constitución era unha das máis progresistas e xustas do mundo. Foi unha mágoa que a votaran abaixo a sangue e lume polos fascistas. Cousa que aínda hoxe os do PP xamais condenaron o franquismo e estámos na mesma.
Iso de dicir polos meus "cojones", sóame a unha música que xa tiña esquecida. Neste país aínda todo ten que ser polos meus "cojones". A lei destes gardas civiles a descoñecen. ¿Cando se darán conta dunha puta vez que aquí é a lei quen manda e non os "cojones". Xa está ben de ser gardas, xuíces e verdugos, xa está ben carallo, de tanta prepotencia e mangoneo. Eu si que estou ata os "cojones" de tanto fascismo e tanta impunidade por parte dalgúns poderes do Estado.
Ao rei ninguén o elixiu, senón que nolo impuxeron sendo unha rémora daquela "longa noite de pedra". Atopámonos na puta eterna transición que nos leva ao fascismo e as cavernas das que moito lle gusta ao Rouco Varela, aquilo do nacional-catolicismo.
É o señor "socialista" Ruvalcaba" non pensa depurar a estes ou este garda civil. Nin de coña o fai, ten que contentar aos mesmos de sempre, aos "democraticos de toda a vida". Iso é intocable.
¿É que non vai haber nin siquera unha pregunta no Parlamento?. Que vergoña de "democracia transitoria".
Novas probas da vinculación de elementos policiais con grupos neonazis.Ler máis...
O vídeo que aparece embaixo desta liñas recolle o momento en que pasa a policía, trátase do 27 de agosto e o 11 de setembro de 2008
En concreto o xoves 21 de agosto pola noite, cara ás 23:00h pasaron por diante do CSO A Traba dúas motos "scooter" con catro persoas de estética neonazi gritando "¡guarros!". O insulto "guarros" é típico de círculos ultraderechistas para referirse aos movementos sociais anticapitalistas, sexan da tendencia ideolóxica que sexan.
Este feito non tería maior transcendencia se non fose porque 6 horas despois, ás 5:00h da madrugada, unha patrulla da Policía Nacional paseouse lentamente diante do centro social e a través da megafonía do coche un axente gritou, así mesmo, "¡guarros!".
Os feitos repetíronse o mércores 27 de agosto ás 3:00h da madrugada, cando outra patrulla da Policía Nacional pasou diante do CSO A Traba pretendendo espertar aos activistas do centro social gritando pola megafonía do coche "¡guarros, arriba!".
De novo, o sábado 6 de setembro de madrugada ás 2:30h volveron pasar ao berro de ¡guarros, guarros!. E poucos días despois, o xoves 11 de setembro ás 4:30h da madrugada pasaron por última vez ao berro de ¡boas noites, guarros!.
Como vemos, 4 veces en menos dun mes estivo pasando unha patrulla da Policía Nacional, non sempre o mesmo coche, por diante do CSO A Traba con berros e insultos, xusto nun contexto no que grupos nazis realizaran ataques violentos contra o centro social.
Se isto é desta maneira, apaga e ímonos. É como ir ao cortello e matalas todas.¿ A quen meten na policía?. Si se comproba a veracidade polo fiscal que lle corresponda ou mandos policiais ( o dubido moito que metan mano), isto ten que depurarse e a puta rúa cos responsables e non andar con panos quentes. Eu como milleiros de cidadáns que pagamos IRPF, non estamos dispostos a manter cun soldo a neonazis, ¡ foder ! era o que me faltaba nesta vida, despois de burro apaleado. Ollar o de Inglaterra cando o cumio do G20, de inmediato depurouse aos responsables. Se non se fai desta maneira, este país a leva clara. Así nos vai.
“El gobernador del Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, dijo ayer en el Congreso que el sistema de pensiones requiere de unas finanzas públicas saneadas. A modo de aviso al Gobierno ante la tentación de nuevas medidas de impulso fiscal, el gobernador advirtió de que el margen del gasto público "se ha acabado". "El recorrido al alza del déficit público no puede ser ilimitado, para evitar un fuerte aumento de la deuda pública”“.
Durante su comparecencia en la Comisión parlamentaria que analiza el futuro del sistema de pensiones, el gobernador del Banco de España defendió la necesidad de abordar "sin tardanza" la reforma de la Seguridad Social. "Unas reformas moderadas y adoptadas con tiempo suficiente ayudarán a resolver los problemas a largo plazo y a tranquilizar y reducir incertidumbres", dijo.Sin decantarse abiertamente por ninguna medida, el gobernador se mostró partidario sobre todo de las que tengan que ver con la edad de jubilación (como elevar la edad legal del retiro o endurecer la jubilación anticipada) y con la llamada contributividad, esto es, la relación entre cotización y prestación.”
Este tío está de” coña”. Milleiros de millóns (billóns) para reflotar a desfeita do capitalismo salvaxe, para axudar aos culpables da crise ( ninguén está na cadea e purgándoas dos responsables financeiros que nos levaron a esta situación), bancos, especuladores, e, agora ponse en dúbida as pensións. Cando se lles axuda con tanto diñeiro a estes bandidos financeiros e a banca, este suxeto non dixo ren de ren, o tio "cabronazo "só métese cos máis débiles. A pan e auga tiña que estar o tempo de 5 anos.
Non haberá diñeiro para pensións, iso di este Sr. que debe vivir de “puta madre”. Ou sexa, co diñeiro público sanéase aos bandidos especuladores, e este Sr. ten a cara dura de dicir que non haberá diñeiro para as xubilacións. Seguro que alguén que pense coma el dirá que todo o que escribo é pura demagoxia. Non sei si os parados, tanto os que cobran o mínimo como os que nin teñen prestacións lle poden chamar demagoxia. ¡ Xa está ben carallo de tanto xogar co persoal ¡. ¿Quen puxo a este Sr. nese posto, os banqueiros e especuladores ou o PSOE ?.
O que quere este elemento será que, cando estás no cadaleito aos oitenta anos cobres a pensión. Isto é tan cabréante que asemella a un retroceso ás épocas medievais. ¡ Refundar o capitalismo salvaxe!. Anda que se fodan, que vaian a refundar os seus xenitais que falla lles fai.
Rematando: Que despidan a este Sr. co dereito a vivir dous anos co diñeiro do paro e que se sente no “Banco”, pero no banco de calquera Alameda ou do Retiro de Madrid.
O ex presidente do goberno Felipe González asegurou que o capitalismo está en crise "pero non existe unha alternativa, porque esas formas de caudillismo do século XIX con mangueiras de petróleo na man non son alternativas", aínda que asegurou o amigo do millonario Carlos Slim e ex deputado do PSOE, que a diferenza entre a crise actual e a do ano 29 radica na rápida reacción dos políticos agora en comparación coa anterior. Todo isto díxoo González ante mil empresarios e políticos andaluces, onde expuxo ademais a necesidade de que o Estado de diñeiro aos bancos, defendeu o papel dos empresarios, a enerxía nuclear, en fin... . Non se facilitou o que cobrou este señor pola conferencia. Ler Máis......---
O Sr. X di que temos que darlle diñeiro aos que provocaron a crise. Este home porque non se deixa estar na súa casiña coa nova fémina e non tolee, xa que toleu no seu día cando comezou a privatizar ata o ar, cousa que seguiu despois o outro tolo das armas de destrucción masiva.Non me estraña ren que este home defenda a aquel corrupto e masacrador de estudantes o da Intenacional Socialista, ex presidente de Venezuela Carlos Andrés Pérez e a o seu amigo millonario venezolano Cisneros. No mitín da campaña galega en Vilagarcía de Arousa comeulle o coco ao persoal dicindo : “ A los bancos tenemos que meterlos en cintura”. Que contradicción a deste homiño. Pode ser que entendéramos mal e dixera : “A los currantes tenemos que apretarlos”. Sempre xogou a tres bandas . ¿Canto cobraría por esta “arenga”?. ¿ Qué lle darían os das nucleares ?. Pablo Iglesias desde o alen debe estar moi orgulloso deste señor "socialista".
Durante a ocupación pacífica dos mineiros de Boliden na Consellería de Emprego da Xunta de Andalucía en Sevilla, varios membros da seguridade privada golpearon aos xornalistas de varios medios de comunicación que se preparaban para filmar a noticia.
Isto xa é o colmo de tódolos colmos. Non sei neste intre cal é a estratexia que estase a facer no “Ministerio Rubalcava” para reprimir aos descontentos do morrón que nos ven enriba: paro, problemas sociais, manifas a destro e sinestro e radicalización do descontento ante esta sangría de catro millóns de parados. Seguro que dentro desa estratexia represora non están os Comandantes en Xefe dos bancos que teñen a “puta” cara de dicir: que só alugan paraugas cando fai sol e nolo quitan cando chove.
Pero o colmo de todo isto é que os represores da empresa privada “seguratas” tomen iniciativas de orde público coartando a liberdade de información desta “democracia borbónica”. ¡ Ata aquí non se pode chegar !. Isto é un atentado contra os alicerces dunha democracia e non se pode consentir. O “Ministerio Rubalcava”, se non toma medidas radicais contra esa empresa e máis os devanditos “seguratas descerebrados e alienados” desa infame acción. Quere dicir que o “Ministerio Rubalcava” conta tamén con esa estratexia de “leña al mono” por parte das empresas privadas de seguridade. Era o que nos faltaba.
Atopei na Cova do Raposo un interesante Manifesto que obrígame a poñelo neste Blog, pola carga de profundidade que leva moralmente. Da Cova fun dar unha volta por outros Blogues e tamén o atopei. en especial os que de cando en vez dou unha voltiña como son: a Zamarra de Gustavo, un blog moi interesante onde podes atopar a música popular de tódolos tempos das distintas nacionalidades do estado español, logo fun a Ninsesabe que parece que ten as cousas moi clariñas e non se corta un pelo, este levoume a outro blog que xamais estivera: "El Diario de Cornelius" de principio moi interesante, nembargantes teño que lelo con máis detenimento para facer un xuízo máis amplo.
"Nesta terra hai recursos dabondo para satisfacer as necesidades de todos, pero non tantos como para satisfacer a avaricia dalguns". GANDHI.
QUEN SOMOS: Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado. Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas. Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.
A QUEN NOS DIRIXIMOS: Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.
MANIFESTÁMOSLLES: 1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo. 2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países. 3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir a devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron. 4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas. 5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos.
POR TODO ISO, ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES: 1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles. 2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos polas Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha de axustarse a actuación dos paises e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado no 2015, as inxustizas que afectan a humanidade. 3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democratico. 4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos. 5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado polas Nacións Unidas. 6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional.
Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2009.
Ante o ataque xenocida de Israel a Gaza traio neste post algo que me chamou moito a atención sobre a indiferencia de moita xente ante esta barbaridade inhumana. Neste texto ( 36 “Aceptos”) recollo os que marcan esa indiferenza deste xenocidio palestino. Ao ler estes textos quedei alucinado, coido que non deixa de ser uns "aceptos" criminais dos cómodos e indiferentes.
Acepto que se haga la guerra para así hacer reinar la paz.
Acepto que en nombre de la paz, el primer gasto de los Estados sea el de defensa. Entonces acepto que los conflictos sean creados artificialmente para deshacerse del stock de armas y así permitir a la economía mundial seguir avanzando.
Acepto que se condene el asesinato de otro humano, salvo que los gobiernos decreten que es un enemigo y me animen a matarlo.
Acepto que se divida la opinión pública creando unos partidos de derecha y izquierda que tendrán como pasatiempo la pelea entre ellos haciéndome creer que el sistema está avanzando.
Acepto que el poder de fabricar la opinión pública, antes ostentado por las religiones, esté hoy en manos de hombres de negocios no elegidos democráticamente que son totalmente libres de controlar los Estados, porque estoy convencido del buen uso que harán con él.
Acepto que se me presenten noticias negativas y aterradoras del mundo todos los días, para que así pueda apreciar hasta qué punto nuestra situación es normal y cuánta suerte tengo de vivir en Occidente. Sé que mantener el miedo en nuestros espíritus sólo puede ser beneficioso para nosotros.
Acepto que los industriales, militares y jefes de Estado celebren reuniones regularmente para, sin consultarnos, tomar decisiones que comprometen el porvenir de la vida y del planeta.
Acepto que los bancos internacionales presten dinero a los países que quieren armarse y combatir, y que así elijan los que harán la guerra y los que no. Soy consciente de que es mejor financiar a los dos bandos para estar seguros de ganardinero y prolongar los conflictos el mayor tiempo posible con el fin de poder totalmente arrebatar sus recursos si no pueden reembolsar sus préstamos.
Acepto la guerra económica que actúa con rigor sobre el planeta, aunque siento que nos lleva hacia una catástrofe sin precedentes.
Acepto ser tratado como ganado porque definitivamente pienso que no valgo más.
( Video sobre o tema. Subtitulos en castelán. )
Unha pequena mostra dos "Aceptos"
A masacre de Gaza vista na España profunda (e afundida) Insurgente.org
O asasinato de nenos palestinos nas rúas de Gaza, a cargo do sempre valente exército sionista, é visto no televisor dun bar nun pobo de Albacete, Castilla - A Mancha. Os poucos clientes que permanecen atentos á información, exprésanse ao terminar a noticia:
- Ricardo, ¿sabes a que hora empeza o partido??
- “O que me fode é que poñan esas imaxes a esta hora, que un está co aperitivo, tan tranquilo, foder, hai que ver como está a tele”.
-“Se é que digan o que digan como se vive aquí, non hai país no mundo mellor. Ponme outra cana, Ricardo”.
-“Cambia de canle, cona, estou ata os ovos de ver mortos”.
Outros tres paisanos nin sequera moléstanse, un pelexábase contra a máquina expendedora de cigarros, outro lía con esmero un diario deportivo grasento, e no recuncho, un home maior apuraba a súa cuarta copa de coñac para poder pedir a quinta. De todos os xeitos, ao pedirlla ao tal Ricardo, mira negando, como dicindo que nese pobo non hai nada que rascar.
Nota: Trátase dun feito real. É seguro que hai millóns de persoas solidarias, indignadas polo ocorrido en Gaza pero, lamentablemente, non estaban a esa hora nese bar.
Moi interesante o monólogo de Quintero, en todas a súas palabras que di en case cinco minutos resume todo o que está a pasar neste mundo neoliberal do século XXI.
A cobiza, a insaciabilidade do neocapitalismo salvaxe que vimos sufrindo fai tempo, nos está a levar a un camiño sen retorno.
Coa cobiza tan salvaxe destes grandes capitalistas ((1) que teñen nomes e apelidos), rematando con todo o que ten este planeta nun mundo case insostenible.
Sempre me fago unha pregunta:
¿A onde pensan ir con tanta riqueza acomulada e co planeta feito un carallo vendado?. Quizais a Marte ou a Venus. Non saben moi ben os marcianos o que lles agarda.
(1)- Se tendes algún tempo de vagar, podedes ollar en internet as primeiras grandes multinacionais do mundo e veredes os nomes do presidentes dos consellos. Estes son os canallas que lles importa o mundo e as xeracións vindeiras un puto carallo, o digo así de claro.