Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Pol

Feijoo minte no caso Gürtel sobre Pablo Crespo

sarampelo 09/10/2009 @ 22:46

 

“ Feijóo “no sabía” que Crespo era vocal de su consellería en  Portos.” Xornal.com 09-10-2009  

O Presidente da Xunta de Galicia  Alberto Núñez Feijoo fai uns días mentiu como un “cosaco”, ao dicir que Pablo Crespo un dos  principais da trama corrupta do PP no caso Gürtel non estaba no Consello de Administración de Portos de Galicia. Cando Feijoo estaba no 2005 de Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Política Territorial, Pablo Crespo atopábase  no organigrama do DOGA nomeado en Portos de Galicia como Vocal. Feijoo minte.

Aquí temos a proba, ver en baixo o gráfico da Xunta de Galicia do devandito ano. Cada vez estou convencido que estou nun país anormal, se esta palabra é moi dura, falarei logo dun país atípico, explícome: Cando un partido gañas as eleccións por un iate e un coche, cando se fai política de enfrontamento e confrontación co idioma é, para ir ao cortello e matalas todas, apaga é ímonos para o carallo, así de sinxelo e de mágoa é a cousa.

Castelao, (que agora tamén o reivindican os mesmos que o votaron da nosa terra e se o collen o fusilan) se levantara cabeza da súa tumba volvería a deitarse no seu sono eterno. 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

organigramaportosdegalicia200502.jpg


Información de Xornal.com