Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Política

O goberno de Feijoo na Galicia

sarampelo 17/09/2009 @ 14:29

 

Se non queres unha cunca de caldo, dámosche dúas 

Desde as eleccións galegas do un de marzo ata agora, coido que xa podemos facer unha análise do que nos agarda con este goberno do PP.mariapilarfarjasabadia-pp.jpg De principio comezaron a votar abaixo proxectos do bipartito, deu a impresión que o estaban facendo por pura vinganza. Agora a cousa  vai moito máis seria. images22.jpgExplícome: Comezan a cambiar as concesións para os seus amigos. Facer contactos con empresas de seguros da saúde para ir metendo o modelo "nefasto" de Esperanza Aguirre. Negocios con empresas (Pescanova) e con amigos. Guerra aberta contra o idioma propio de Galicia. Facer un populismo de moito carallo e non facer ren. Darlle bicos e abrazos a Iberdrola. Ser un instrumento para probas do PP estatal e FAES. Botar abaixo propostas culturais a todo meter coa escusa da austeridade, gastando moito máis en facer propaganda (a galiña) e enquisas. Favorecer  a colexios de elite Opus Dei (a Conselleira seica pertence a esta secta) en detrimento da escola pública. Retirar as subvencións dos libros na escola.

O máis triste de todo isto son as manifestacións e cabreo nas escolas polo dos libros, cando ves a moita xente que votou a estes elementos e teñen a caradura de vir a protestar.

Este é un goberno de extrema dereita que está a facer unha política radical seguindo o dictado perigroso das consignas de FAES ás ordes dese homiño que nos meteu nas guerras e nesta crise económica mundial ao servicio da extrema dereita de EEUU. Si, ese home das Azores que todos coñecemos. ¡Ha!. Segundo os mentideiros din que xa non ten bigotes nin melena. Foder, que narcisista é o "gachó".

Uribe e os seu amigos. Puto lacaio de EEUU

sarampelo 07/09/2009 @ 15:21
p_07_09_2009.jpg

 

 

Grabado de Iván Lira

 

Fulanito Uribe, lacaio do gran capital e EEUU, paramilitar, Narco , cómplice de PRISOE (El País). Amigo do Borbón e outras herbas velenosas.

Durante a súa breve estancia en Madrid, Uribe foi recibido polo Rei e Zapatero e departiu entre outros co xuíz Baltasar Garzón. "Toma ya", eses son os seus amigos, que lles aproveite e que lles den  moito. Menudo elemento este caradura e os chourizos que o  alimentan.

Fervello

Uribe acada en Colombia o que votou a Zelaya de Honduras

sarampelo 20/08/2009 @ 23:02

 

 (  Vaia tropa de canallas e caraduras )

"Uribe consigue en Colombia lo que echó a Zelaya de Honduras"

 

"El Senado acepta comenzar los trámites para una

reforma constitucional que consienta la reelección del presidente colombiano "

 1250748267551uribedn.jpg

================

 

 

Mentres Uribe quédase no seu chiriguito de corruptos, narcos e paramilitares, que evidentemente son os que votaron a favor desta medida, en Venezuela fíxose un referendum, que quero dicir con isto, pois que a democracia é unha ferramenta, e depende como se use e para que se use, a súa aplicación será máis exitosa ou simplemente quedarase nun despotismo. En Colombia non hai unha democracia, senón un despotismo. O malo disto, é que España se parece cada vez máis a este tipo de pseudo democracias déspotas. O máis grave de todo isto en España os medios de comunicación puxeron a Chávez, Evo e Correa como dictadores, en especial ese grupo chamado PRISOE que sustenta esa "basura" de xornal como é El País, que está ao servicio deses intereses bastardos que están na sombra e que se tildan de progresistas. Si, non te fode, de progresistas de postal.

 Por outra banda, este elemento colombiano está a desestabilizar  a rexión sudamericana por consentir sete bases de USA no seu territorio, din estes merdentos que son para loitar contra a droga. ¿Pero que se creen estes mamóns? . Que somos infantis e que chupamos o dedo. Están para provocar a Venezuela facendo incursións na fronteira, para xustificar o inxutificable. Tempo ao tempo.

 

 

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

Honduras. Leña ao mono xa

sarampelo 01/07/2009 @ 00:49

Honduras 

Estes gorilas ao servicio dunha minoría oligarca, lle teñen moito medo a preguntarlle ao pobo. Non o admiten. Serán cabróns.

¡ Leña ao mono xa !

p_30_06_2009.jpg

Ilustración de Lacoste

 

E moitos medios do mundo en especial a CNN,manipulando e terxiversando. Estes son máis gorilas pero máis sostificados, pero non deixan de ser gorilas das ondas e da pluma. Malditos sexan toda a súa puta vida.

Golpe de estado en Honduras. Malditos sexan

sarampelo 28/06/2009 @ 23:46

 GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

 

p_28_06_2009.jpg

Ver videos  , MÁIS VIDEOS

Esta ilustración de  Pedro Méndez Suarez de Rebelión é a máis acorde co golpe de estado en Honduras. Un golpe maís ben ao estilo dos anos 60 do século pasado. Vese ben quenes son os malditos e bastardos: a oligarquía controlando ao poder xudicial corrupto e os animais do garrote.

Pero o máis sangrante é o dese "progresista" xornal "El País" que  xustifica o golpe, son uns sinverguenzas terxiversando e manipulando e animando a eses salvaxes con roupa que teñen as armas. Analisando a información dese apodrecido xornal, olleas que sáltase axiña a lexitimidade da diversidade dos puntos de vista para meterse de cheo no falso e tendencioso. Este xornal bríndanos unha lección impagable de desinformación, é vergonzoso.

Ao final denigra a un persoeiro público como o presidente Zelaya chamándolle un "populista de familia bien", logo usa a fisonomía  "parece un mariachi". O máis triste do xornalismo cando intenta empañar a fama de Zelaya de incorruptible, lanzándolle unha acusación de corrupción (que non especifican) nada menos que de Otto Reich, o xornal El País nada di deste personaxe. Vouno dicir eu quen é este "elemento": foi subsecretario para América Latina de Ronald Reagan e George Bush pai, padriño de terroristas, organizador de golpes de estado, defensor de torturadores, defensor das peores dictaduras e defensor de violacións de dereitos humanos. En "El País" saben de sobra quen é Otto Reich, pero o importante era enmerdar a figura de Zelaya. Temos un xornal en España de manipuladores e mandilóns ao servicio de bastardos intereses, xa no seu tempo apoiara o Golpe contra Chávez.

Xa viña eu facendo desde  un tempo atrás o non ver nin siquera a portada  dese xornal en calquera cafetería; hoxe o collerei para levalo ao Water, pero non para lelo. Son uns impresentables e uns caraduras.

&&&&&&&&&& 

Condena contra este vil acto ao pobo de Honduras e que o presidente Zelaya sexa reposto incondicionalmente como presidente elexido democraticamente polo seu pobo e os causantes sexan castigados como se merecen, civís e militares

Rosa Díez lle chama "Garrapata" e ser " inmundo" a Sastre

sarampelo 23/06/2009 @ 14:48
A deputada de Unión, Progreso e Democracia cualifica ao cabeza de lista de II como "garrapata" e "ser inmundo"

 --------------------

Rosa Díez é o xenuino produto político da eterna transición na que vivimos; cultura mínima, ambición atroz, principios inexistentes e confusión deliberada entre oportunismo e intelixencia; é dicir protofascismo.
A eterna transición se retroalimenta coa ideoloxía que produce e así busca permanecer, como calquera réxime.
Rosa Díez é suxeito e obxecto desa produción, ideoloxía atascada a medio camiño entre unha ditadura fascista con tintes paletos e unha democracia de corte europeo occidental.

Esta Señora aproveita a facer demagoxia e insultar con un grave problema que sempre dou moito de si aos partidos políticos. O problema basco é como unha "goma" estira e estira e sempre volve ao seu principio, uns a estirar e outros a soltar. Uns matando como asasinos que son, e outros alimentándose desa "goma". Por outra banda, os medios (falsimedia) ao servicio de intereses bastardos terxiversan e manipulan xa que ollei o artigo de Sastre completo e non vexo nin demos nin farrapos de gaitas. O principal e demonizar  ao suxeto sexa como sexa. Imos mal, e cada vez peor sendo esta Señora un mal para esta "democracia". Unha muller resentida é como unha tigresa coas uñas afiladas; soamente ler o seu "curriculum"  da moito medo ter a esta suxeta no xogo político. O chamarlle "inmundo" a Sastre lembrame a Hitler cando lle chamaba aos xudeus con ese mesmo calificativo. Da mágoa ver, escoitar e aturar a estes impresentables, arribistas e oportunistas políticos que temos neste sufrido país. Ler o artigo completo de Sastre.

 

 

Se alguén ve diaños no artigo, logo apaga o candil e temos que fuxir deste país.

 

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

A merda co ventilador comeza a expandirse pola Pel de Touro de nome España

sarampelo 18/05/2009 @ 14:36

 Lei de Partidos: O ventilador coa merda comeza a expandirse

tasioleypartidos.jpg

Gráfico de Tasio

 

 

A merda apoiada polos grandes medios ao servicio do PP e PSOE comeza a cheirar que da noxo. Europa nada di, e este país cada vez retroce a épocas daquela "Longa Noite de Pedra". Isto lémbrame aquela historia de Italia que lin fai uns meses e non lembro onde foi:

" En 1630, en Milán, un sospeitoso, denunciado por un honrado cidadán, é detido e torturado e, tras negar inicialmente a acusación, acaba por confesar o seu delito. Baixo tortura, denuncia tamén ao seu barbeiro, cómplice da atrocidade, e este á súa vez denuncia a outros homes, poñendo ao descuberto toda unha cadea de monstruosos malhechores que comeza, ou conclúe, nun cabaleiro de nome Padilla, xefe da campaña de terror. Unha vez condenados e executados, sobre as ruínas da casa do barbeiro alzouse unha columna admonitoria que recordaba a infame acción dos reos e advertía eternamente aos malvados sobre as consecuencias de semellante tropelía. ¿Que fixeran? Considerábaselles untori, é dicir, untadores sinistros que propagaran a peste pola cidade depositando nas paredes e nos obxectos a sustancia contaminante que transmitía a enfermidade. Só en 1778, baixo o empuxe luminoso da Ilustración, a columna foi derribada, considerando a época nova -a de Montesquieu, Verri e Beccaria- que a infamia non residía nos condenados senón nos maxistrados que os xulgaron e nos cidadáns amedrentados e igñorantes que axudaron a converter a tolemia, a superstición e o absolutismo nun procedemento natural."

E isto é o que está pasando neste país gobernado pola "esquerda" e os cidadáns mediatizados polo "Circo" xa que nin polo pan reclaman. Vainos chegar o paro ata os mesmos collóns e aquí ninguen se move.

Agardo con impaciencia que os maxistrados se dignen a ilegalizar ao PP por non condenar o xenocidio de Franco, e meta na cadea a quen fai apoloxismo daquel infame réxime, en especial ao apoloxista Mayor Oreja. Dáme a sensación que vou agardar por estes bos maxistrados ata que mexen as galiñas.

-------------------------------

NOVA do 22 de maio 2009

O Tribunal Constitucional tumba a ilegalización de Iniciativa Internacionalista.

Nesta resolución do Tribunal Constitucional o único que gañou foi a democracia e o sentido común. Retiro as palabras que dixen o outro día neste mesmo post, xa non tiven que agardar a que mexaran a galiñas, aínda que queda moito que facer neste eido. Intentemos os cidadáns que nos consideramos demócratas, indistintamente das suas ideas políticas, que non se enterre a Montesquieu, xa que por parte do partido de goberno de "esquerdas", sempre o intentaron (lémbrese Alfonso Guerra), e do PP xa non digo nada.

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

Premio a Alvaro Uribe Vélez-Premio a la Libertad

sarampelo 26/04/2009 @ 23:49

 Premio a Alvaro Uribe Vélez

 Na Casa de América o 29 de abril ás 11 horas, lle será entregado persoalmente ao "narcotraficante e paramilitar" (non o digo eu o dice a prestixiosa revista norteamericana "Newsweek") Alvaro Uribe Vélez. Premio "Cortes de Cádiz : a la Libertad"

insur_uribe_borbon.jpg

 

A hipocresía chega a un punto de non retorno. Qué amistades temos, somos a reostia en verso. Qué ironía, para máis carallo "A La Libertad".

"Dios los da y ellos todos se juntan"

O mundo cada vez máis axiña comeza a xirar ao revés.

Unha imaxe vale máis que un millón de palabras.

sarampelo 03/04/2009 @ 14:08

Unha imaxe  ( neste caso ) vale máis que un millón de palabras.

termopla.jpg

 Sarampelo:  Só dúas palabras restadas ao millón: Cada quen que o interprete a súa maneira. Non lle vai mal a esta historia Euskalduna esta canción de Laura Pausini:


" quién es, qué te dará, en qué es mejor que yo. Estoy buscando las razones aunque algunas veces no hay razón. Yo por tí, tú por mí Las cosas no nos fueron bien aún siendo así. Y una vida entera a mí no me vale porque no se viven, dos historias iguales. Con los ojos me lo dices, no hables no vas a olvidarme. Es dificil para mí intentar vivir y sonreir sin abandonarme a la añoranza sin saber a donde voy sin tí. Yo por tí, tú por mí. Ya no es la hora ... "

Roubo ao pobo que é o que paga

sarampelo 25/03/2009 @ 01:29
p_24_03_2009.jpg gobil.gif




(Iván Lira)


(Ilustración recollida de Insurgente)

Roubo ao pobo que paga
O premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz criticou o plan de axuda aos bancos anunciado onte polo secretario do Tesouro estadounidense, Timothy Geitnner. Segundo manifestou, o programa para eliminar os activos tóxicos dos balances das entidades financeiras é un "roubo aos contribuientes americanos ao expoñelos a demasiado risco". Pola súa banda, o tamén premio Nobel de Economía Paul Krugman afirmou que está "destinado a fracasar". Ler máis.........

 

 

Fervello: Xa está ben de tocarnos as "pelotas" aos que menos temos e iso soamente non acontece en EEUU senón que tamén pasa neste país das "marabillas".

Temos unha crise galopante e cada vez imos a máis e o único que se lle ocurre a este goberno e embrollarse co xefe da oposición con cousas que non teñen pes nin cabeza, soamente é para intusiasmar ao persoal de que están con enfrentamentos, onde practicamente con respecto á crise tanto un partido cómo o outro dan as mesmos remedios: máis leberalismo salvaxe e apoio económico aos bancos. Intentan curar esta crise con aspirina, cando temos un cangro con metástase. As forzas represoras xa están quentando para dar leña (xa están dando)  a todo aquel que se mova pedindo xustiza e traballo.  Logo comezaremos co rol dos grandes medios Radio, Televisión e medios escritos como un novo exército represivo do sistema,  isto si que vai ser glorioso, pan e circo.

Saben positivamente que temos que voltar ás nacionalizacións da banca (ou crear unha banca pùblica), a enerxía e sectores extratéxicos da economía para tratar de facer un control da salvaxe privatización que está corroendo  un mundo que podería ser sostible e rematando cos valores do ser humano ata límites insospeitados. Os cabróns  socialdemócratas o saben moi ben,  pero non teñen ovos para facelo xa que están metidos ata as mesmas entrañas con ese gran capital salvaxe. Todo o demais son "coñas mariñeiras". Non fai falla ser un grande economista con palabras "extrógenas" "picos de ouro" e aduladores de Milton Friedman (teoría  deste economista que fracasou) para darse conta a onde imos con esta teoría do mercado. Imos a tomar por saco.