En Lembranza de Anisia Miranda
Pasamento de Anixia Miranda
A escritora e xornalista de orixe cubano Anisia Miranda finou onte día 22 en Gres (Vila de Cruces) era dona do grande literato galego Xosé Neira Vilas.Esta nova do seu pasamento acadou no meu corpo un sentimento de tristura que aínda agora non recuperei.
Véñenme neste intre algúns recordos de fai un ano, cando estiven con Anisia e Xosé en Gres unha mañán e parte da tarde, xantando e falando sobre o de musicar ese gran poema de Xosé “Desta Terra” pola Cantautora Olalla Bouzas.
Teño que recoñecer que todo foi amabilidade e agarimo por parte dos dous. Estivemos paseando pola beira do río Ulla e a súa paisaxe de verdes ourelas, as illas de Gres e ollando con moito agarimo ese poema gravado na pedra “Desta Terra”. Foi para min un día emotivo que xamais esquecerei. Como vedes nunha foto que lles saquei, onde están nos bambáns arrandeándose como dous nenos pequenos onde pódese observar a tenrura e o amor entre dous seres que se queren.
Graciñas por darme un día da vosa vida que sempre o lembrarei con moito agradecemento e cariño. O meu sentimento de pesar a Xosé.
Anixia, que a terra che sexa leve.
Teo Cardalda


Chúzao
del.icio.us
los valores que representaba, atento á realidade actual, cunha sensibilidade para adaptarse aos novos tempos, sen esquecer os valores esenciais do ser humano no mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada. Admiración, en especial, por ter sufrido tan directa e cruamente a Guerra Incivil ( desta maneira lle chamaba o Mestre á Guerra Civil). A imaxe e lembranza que conservo de Borobó as teño moi marcadas, xa que podo dicir que interveu moi decisivamente na miña vida en momentos moi importantes que determinaron que os meus valores éticos e morais colleran moito máis forza. Disfrutei de case todos os seus anacos, onde por veces facía máis lene a miña tristura, todo isto me fixo ser moi afortunado en especial o legado que me deixou, como é o Limiar do libro inédito "

