Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Novas-Noticias

Cacicada, Nepotismo ou irresponsabilidade.

sarampelo 16/06/2009 @ 13:15

¿Será isto unha iresponsabilidade, ou un adianto do Entroido?

 

A nova que estou lendo no Blog Esmorga comeza desta maneira: 

 

"Javier Dorado Soto, un crío de 21 tacos, estudiante de derecho, es uno de los tres asesores de la Consellería de Economía e Industria. "


1213988844233compromisario2dn.jpg

Se a nova é certa, apaga o candil e ímonos deste país. Non sei ren sobre este nene, pode ser unha lumbrera, isto non o discuto, pero poñelo como asesor dunha Consellería tan importante para o despegue económico de Galicia hai que ter moitos bemoles. Que a industria e a economía deste país xa de por sí escarallada nestas materias sexa asesorado por alguén que descoñece (segundo as novas) o texido industrial é  como ir ao cortello e matalas todas.

Alguén por eses foros comentaba que, aínda unha persoa moi ben preparada, con anos de experiencia, lle temblaría o pulso ante esa responsabilidade histórica. Aínda non mo creo que isto sexa certo. Manda carallo na Havana. O Sr. Dorado atopou o que non poido Hernán Cortés, "El Dorado" con 5000 euros ao mes.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

Novas-Noticias.

sarampelo 28/12/2006 @ 01:18
Felíz Nadal Consumista, a felicidade do Neoliberalismo
papanoelconsumo.jpg
Foto Recollida de .......Insurgente.org
Comentario do Fervello: Odio o Nadal, cada día fágome máis agnóstico. Pero teño que recoñecer que tódalas persoas que están ao meu carón fan o paripé, e un ten que estar a xogar con este patetico show e costa deixar certos convencionalismos e facer de tripas corazón ante este teatro do Nadal. Das familias que xamais se falan en todo o ano, e nestas datas están xuntos e comeza a hipocresía arredor dun mesa chea de manxares, onde ao final remata todo como o rosario da aurora e se cadra todos a ostias. Que remate axiña este teatro show o máis pronto posible. E todos a o Corte Inglés.
Mensaxe de Navidade da S.M. o Rei de España

  Artigo traducido ao español moi interesante 

 

 

Sean Penn: "Debemos iniciar el proceso de

destitución de Bush e irnos de Iraq"     sean.jpg   

 

 

 

 

Así que, miren... Si tratamos de destituir por mentir por una mamada, pero aceptamos sin discusión estos abusos casi innegables, nos convertimos en una mancha sobre la bandera que izamos. Sabéis, estaba escuchando a Frank Rich esta mañana, que habló en una gira de promoción de libros. Dijo que piensa que un procedimiento de destitución sería un apartadero 'decadente', mientras nuestros soldados siguen muriendo. Admiro a Frank Rich. Y desde luego tendría razón si el procedimiento de destitución fuera lo único que hacemos. Pero somos USamericanos. Podemos hacer dos cosas al mismo tiempo. Sí, sigamos adelante y salgamos rápido de esta guerra en Iraq Y destituyamos a esos hijueputa.  

 

Leer Más……….insurgente.org


Ceuta

Nova de Antena 3
Vídeo

As cámaras de seguridade de valla fronteriza que separa Ceuta de Marruecos, captaron estas imaxes na primavera de 2004: Minutos despois de que se producise un enfrontamento entre a garda civil e contrabandistas marroquíes, un coche da Benemérita detense xunto á verxa. Varios axentes extraen un vulto do maleteiro: o corpo inerte dun home que arroxan por baixo de valla ata deixalo no lado marroquí.



Antena Tres tivo acceso á versión dada polos gardas civís que participaron nestes feitos. Ante o xuíz aseguraron que o marroquí, tras ser detido, foi devolto alén de valla nunha operación habitual, que estaba consciente e que salvo un rasguño non apreciaron feridas nin rastros de sangue. Un dos membros de patrulla afirma ata que, antes de pechar a porta de valla, o detido insultoulles desde o outro lado.   

Comentario do Fervello:

O de sempre por non variar. ¿Cando chegaremos a ser un país normaliño?. As mañas daquelas herdanzas de antano non se perden se antes non houbo roptura e depuración con esas herdanzas. Éche así o conto, que lle imos facer. É a “democracia” deste país e como tal témola que respectar, pero esa “democracia” non nos respecta a nós, os cidadáns de a pé, o "Juan Pueblo", o que paga impostos. ¡Si ! nós, os paspáns que pagamos o IRPF para que outros cobren para facer falcatruadas como estas. Que mágoa de país.  Ler máis.........Antena 3

 Vídeo



A Igrexa católica obtén suculentos beneficios dos seus investimentos en Bolsa

iglesia-dinero.jpgA Igrexa católica é accionista de numerosas compañías españolas que cotizan en Bolsa. A través de varias sociedades de investimento de capital variable, máis coñecidas como Sicav -gozan dun tratamento fiscal favorable posto que os beneficios só tributan ao 1%-, a cúpula eclesial obtén suculentas ganancias procedentes dos mercados de valores.

Ler máis……insurgente.org

Comentario do Fervello: Non me estraña nadiña que a COPE bote “fume de carozo”. Coido que o diñeiro será para repartir entre os máis necesitados. Non pensedes mal que podedes ir para o inferno, pecades de pensamento e iso é moi malo para a saúde da alma. Todos son moi bos, son uns santiños. Cando sexa maior quero ser Bispo.


As 25 «historias top» do Proxecto Censurado 2007 (VII)











Torturadores de EEUU asasinan en Afganistán e Irak

Un artigo de: Dahr Jamail *

21 mortes aparecen como homicidios en documentos desclasificados de 44 autopsias realizadas a prisioneiros de EEUU en Afganistán e IraK, obtidos pola Lei de Liberdade de Información (Freedom of Information Act, FOIA) e difundidos pola Unión Americana para as Liberdades Civís (American Civil Liberties Union, ACLU), o 25 de outubro de 2005 en Nova York. As autopsias foron feitas polos propios militares estadounidenses.

Ler máis......voltaire tor390w.jpg

*Dahr Jamail é un solitario reportero que desafía a diario a censura informativa do imperio con despachos desde dentro de Iraq. Trátase dun xornalista novo non incrustado e viaxeiro incansable, que non é árabe senón un estadounidense de Houston, Texas quen viviu un tempo en Anchorage, Alaska e agora arrisca a súa vida na Mesopotamia ocupada, desempeñándose como corresponsal de medios alternativos interesados no seu traballo e a verdade. Máis información sobre Dahr Jamail en http://www.voltairenet.org/article123405.html e na súa propia páxina web, http://www.dahrjamailiraq.com/ onde se atopan os seus últimos traballos (http://www.dahrjamailiraq.com/hard_news/). Ver, ademais, Proxecto Censurado 2007 Nº 10

Novas-Noticias

sarampelo 15/12/2006 @ 01:04

caricatu.jpg

José Marcader - Rebelión.org





 

 

 


"Yo lo que soy es cojo", recoñeceu o marido dunha concelleira do PP
 Falsas vítimas do terrorismo nas manifestacións de Alcaraz

O pasado 1 de outubro Joaquín Merino, casado cunha edil do PP, participou en 0000005075.jpgcadeira de rodas na cabecera dunha manifestación en Sevilla convocada pola AVT contra o diálogo con ETA. Merino, que se colocou xunto a representativas vítimas de atentados terroristas como Irene Vila, recoñeceu que nin é vítima nin paralítico, senón “cojo” e desde o pobo onde traballa sinalan que nunca o viron en cadeira de rodas. 

Ollar Vídeo da mani... 

Ler máis........plural.com   

Audio.......  

Comentario do Fervello: Coido que estes elementos non teñen vergoña. O que están a facer é un insulto á intelixencia dos españois. A mentalidade destes dirixentes da A.V.T. é tan pequena que se cren que aínda vivimos nos tempos do Cid Campeador, e actúan en base a esa época. Collen a mentira como norma  e este foi un acto teatral esperpéntico. ¿ A quen queren enganar?. Soamente aos que votaron a áncora fai moitos anos e aínda non a subiron e a súas neuronas non dan para máis. Que mágoa de país.


 

 

 

 


 

"¡Españois, fillos de puta"

Seguidores de Pinochet agreden a un equipo de TVE


0000005025.jpg

Ao grito de, españois, fillos de puta , seguidores de Augusto Pinochet agrediron e insultaron esta pasada madrugada a un equipo de Televisión Española ás portas da Escola Militar en Santiago de Chile, onde se instalou a capela ardente do dictador. Malia a hostilidad mostrada a enviada especial da cadea pública, María José Ramudo, tratou de seguir informando nunha conexión en directo.

Ler máis..........Plural.com

Comentario do fervello: Eles mesmos se descalifican, esa actuación cavernícola é unha representación do que foi ese réxime do dictador. ¿Onde están aqueles que berran tanto e presumen de españois ata a médula?. Porqué no berran e condenan agora contra eses energúmenos nazis que nos insultaron.

(Por estes lares de España aínda temos quen di que foron casos aillados. Vexan este vídeo e ollaran como son agredidos outros xornalistas por estes esquizofrénicos.)Video de: lbracci