Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Natureza

Unha gran "sopa de plástico que flota no océano Pacífico

sarampelo 06/02/2008 @ 00:12

Unha gran "sopa de plástico" que flota no océano Pacífico cun tamaño dúas veces o territorio de Estados pacific-garbage-patch30oct07.jpgUnidos  Ler máis ....insurgentepacificc.gif

Segundo os científicos, o maior vertedoiro do mundo. A mancha cobre preto de 500 millas da costa de California, rodea Hawai e esténdese ata case Xapón, segundo publica The Independent e Los Angeles Times.

 

Charles Moore, o oceanógrafo norteamericano que descubriu a "gran mancha de lixo" e creador dapacific-garbage-patch30oct07.gif Fundación de Investigación Mariña Algalita cre que contén unhas cen millóns de toneladas de desperdicios. Atópase nunha zona que navegar por un vórtice que os mariños xeralmente evitan porque hai pouco vento e moita presión.

Sarampelo: É o que faltaba, entre que os Polos se derriten, as guerras que provoca o Imperio do Tío Sam con armas de plutonio, a contaminación do CO2 e máis merda-lixo que aínda non sabemos, coido que imos ao desastre e os gobernos de occidente o único que lles importa é engordar aínda máis a eses tiburóns insaciables das grandes corporacións. Un dos exemplos destes "predadores humanos" o temos agora na política, un tal Pizarro. Oxalá rematen todos comendo plástico. Aínda que tamén nós, si, os que vivimos nestes países da opulencia, os que somos paisaniños tamén temos o noso grado de culpa o de non procurar e evitar de encher o mar de lixo-plástico. Coido que a cousa non é de coña. Os nosos netos o teñen ben "fodido".

__________________

Artigo de: *Juan Gelman en Rebelión

 

*Premio Cervantes 2007 .

Os "cinco pecados ambientais" que está a cometer Pescanova na zona de Mira

sarampelo 23/11/2007 @ 21:19

Nova de Galicia Hoxe   

A "destrución" de dous millóns de metros cadrados de Rede Natura na localidade portuguesa de Mira para construír a macropiscifactoría de Pescanova xa comezou. A pesar das alegacións presentadas e das dúas accións xudiciais interpostas polo colectivo ecoloxista Quercus, cen hectáreas de terreo xa foron "arrasadas", segundo manifestou onte a este xornal o portavoz desta asociación lusa, Antonio Luis Campos. "As obras van moi rápido, xa hai dúas estradas sobre as dunas e os impactos sobre o medio 0442859001176973112-dunas-de-mira-onde-pescanova-pretende-construir-a-planta-foto-antonio-campos.jpgson incuatificables".ffoto.jpg

Os "cinco pecados ambientais" que está a cometer Pescanova na zona: ameaza á biodiversidade, desordenamento do territorio, polución mariña, ocupación do litoral e deficiencias no estudo de impacto, no que non se recolle iniciativas alternativas cos que paliar todos estes danos.

Ler máis.........

 O concelho de Mira é sobretudo conhecido pela aldeia de Praia de Mira, povoação do litoral rodeada por uma área protegida, a Mata Nacional das Dunas de Mira, e que tem vindo a tornar-se popular como estância de férias para aqueles que querem experimentar uma zona mais tranquila. Ler máis.......

gp7f02670961_90815.jpg

Sarampelo:   O proxecto que tiña Pescanova para Galicia era igual ou peor. Non aceptaron o lugar que lle recomendaba a Xunta. Coido que non todo vale para acadar un fin. A implantación ou crecemento das industrias teñen que ser sostibles e sen impacto ambiental. Todo o que se faga irracionalmente, paseniño iremos rematando co planeta.

Tódalas corporacións multinacionais que van ligadas ao neoliberalismo salvaxe tenden a erguerse por riba do pobo e dos gobernos para chegar a facer verdadeiras barbaridades.

Degradación e desfeita do litoral

sarampelo 02/03/2007 @ 21:55

 

Degradación e Desfeita do Litoral en Vilagarcia de Arousa  

Falar non ten Portelos “ O Sarampelo”: Esta é unha parte do litoral do Concello de Vilagarcia de Arousa. Este vídeo filmouse a principios do ano 2006. A cousa segue igual sen a batea que a desguazaron.Moito ríos de tinta percorreron polos xornais nos últimos anos para que se tratara de corrixir e rexenerar esa antiga praia .

Non soamente Vilagarcia é a praia de Compostela como así ven nos folletos turísticos e outros de interés histórico,  isto o teñen como agochado e parece que é a esterqueira da Ría.Xa levan anos prometendo o Goberno Local a rexeneración, pero ao final o lixo nos chega ata o pescozo.

Logo, como é posible que se conceda unha licencia ao pé do mar case enriba da antiga praia para unha edificación, que non se sabe para que vai ser.

Rechiaron a praia fai anos e lle comeron ao litoral . esnaquizaron a praia e agora a edificar. Por outra banda, temos os sumidoiros das fábricas votando por fora directamente ao mar, mesmo onde fai 30 anos iámonos a bañar. 

Agardamos que nas vindeiras eleccións, os que gañen, tomen as medidas máis pertinentes para tratar de rexenerar esta parte do litoral dunha vez por todas. 

Lle puxen a banda sonora de o cantautor revolucionario Alí Primera,  por facerlle unha homenaxe a este malogrado cantor e para que escoiten estes da Corporación Municipal o que significa dignidade. Na segunda canción fala de Iankis Go Home, pero pódese trocar con: Concelleiros Go Home.

Ver Vídeo


A forza da natureza

sarampelo 09/01/2007 @ 01:21

 

 

 A forza da natureza

imagen1.jpg 

Un amigo mandoume esta foto desde México, coido que xa foi pasada moitas veces por Internet, pero pola impresionante que é

a poño no Blog para ollala de cando en vez.

Foi do Tsunami da Illa de Sumatra é a ola mide como 32 metros.

Seica que a foto foi atopada dous meses despois, dunha cámara dixital. Non se sabe, probablemente quen obtivo a imaxe deixara de existir poucos intres despois de pulsar o disparador da máquina.

Estas son cousas da natureza que paseniño a estamos a provocar e cada vez é máis vengativa.