Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Humor

Grave acusación a Aznar de Juan José Millás

sarampelo 09/05/2009 @ 20:34

 

"Grave acusación a Aznar horas antes da presentación do último libro "España puede salir de la crisis"

"Millás: Aznar non escribiu ningún libro nunca aznar.bmp

"Horas antes de que o ex presidente do Goberno, José María Aznar, presente a súa nova obra, "España pode saír da crise", o escritor e xornalista Juan José Millás acusoulle de non escribir "ningún libro" na súa vida." Ler máis.....

 

 

-------------------------------------------

 

O Millás cando fala algo sabe. ¿A quen lle pode estrañar isto?. Quizais aos nacidos de bo berce. Pois a súa capacidade intelectual xa a demostrou ao longo da súa andaina, non sí. Nembargante, coido que co seu intelecto pode chegar a ser un García Márquez, ou quizais un novo Cervantes. Pode ser que Millás esté trabucado e todos nós tamén. Darvos conta que foi o home que apoiou a salvación de Irak con tropas pacifistas. Quixo emular ao gran pintor Velázquez, pintando as costas de Galicia con pintura negra, nesta faceta pódese dicir que case o consigue, faltoulle unha brocha máis para rematar, pero colleu dabondo "prestixio".

O home quixo, ou case o logra, de pechar toda a costa de España con ladrillo e cemento, para tratar de que non chegara o sida cos caiuqueros, desta maneira xa non usaríamos condón e aforraríamos unha chea de diñeiro. Algunhas obras aínda quedaron feitas, pódese dicir que son moi fermosas, que mágoa que non seguira.

Non lin o libro que presentou estes días: "España puede salir de la crisis", e non podo facer unha opinión, aínda que algo teño lido pola Internet.

Seica que o primeiro que fai e buscar un culpable, e fala de Zapatero. Si señor, ten moita razón, este foi o que puxo a andar as hipotecas basura e levounas polo mundo adiante como un tolo, xa llo viña avisando Bush desta anomalía neoliberal salvaxe. Fala tamén de flexibilizar a xubilación, ou sexa que a pensión do xubilado vai ser pagada cada un seguindo no traballo. Nesto temos que dicir que vai por bo camiño xa que desta maneira podemos traballar ata os oitenta ou ata morrer, xa que a preocupación do Sr. Aznar é de que manteñamos  a nosa fortaleza de "macho íberico" e a dignificación do traballo como ser humano, un completo home.

Nembargante, O Sr. pacifista Aznar tiña que facer unha salvedade: os que chegan a padecer alzheimer aos 80 ou 90 anos non pode estar ao cargo de pilotar un 747 de rutas longas. Un ciruxano que padezca parkinson non poida exercer a esa idade.  Un camioneiro de 80 anos con dioptrías de cus de botella non poida levar un trailer.  Poida que o Sr Aznar colla nota destas anomalías, quizais non pensara nesto. Home, son casos aillados, pero ten que telos en conta.

Eu desde esta sinxela tribuna tamén lle podo dar ideas  para superar a crise como: botar ao fondo 30 "prestixes" nas costas, e chamar aos parados para brigadas plaieras. Outra idea sería que todos aqueles compañeiros que tivo cando estaba na Moncloa, que devolvan a España toda a pasta que chulearon en billetes de 500 euros, xa que ao pobre de Aznar o enganaron miserablemente, incluido o seu xenro Agag. Como vedes foi un grande home e pasará á historia como escritor, poeta, pacifista  pintor e dignificador do traballo de anciáns. Coido que pode arranxar a crise deste país. Tiñamos que deixalo e confiar nel. Non si.

 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 

 

Viñeta de J.R.Mora

sarampelo 20/03/2008 @ 23:32

moraresurreccion.jpg

 

A viñeta de J.R.Mora ten moita carga de profundidade.¡Non sí!. Moi interesante a cousa.

Sobre o autor

Peperos Escozios

sarampelo 29/02/2008 @ 21:22

 

Faladurías e Cousas do Carallocampante 

Grupo de Rock Durisimo "Peperos Escozios"

 los-escozios.jpg

 

 Carallocampante comunica : O día 7 de Marzo, final de campaña o Grupo  "Los Escozios" actuaran na Disco "El Valle de los Levantados". Estrenaran tres temas inéditos:

"La niña" "El Papá de la Niña" e "El Rock de la  Sra. Cuaresma." Non nos cabe ninguha dúbida que será todo un éxito. Os seus padriños "musicais"  Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz e O Pizarra-Currante  lles faceran un agasallo, consistirá nun recordatorio en miniatura de ouro semellante á tumba  do gran rockero que tanto éxito tivo coa mesma canción "La Dentadura" durante 40 anos. Lles desexo moitos éxitos e moitos parabens.

...............................................

Carallocampante comunica : El día 7 de Marzo, final de campaña el Grupo "Los Escozios"  actuaran en la disco "Él Valle de los Levantados".

Estrenaran tres temas inéditos: "La niña" "Él Papá de la Niña" y "Él Rock de la Sra. Cuaresma." No nos cabe ninguna duda que será todo un éxito. Sus padrinos "musicales" Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz y El Pizarra-Currante les darán un regalo, consistirá en un recordatorio en miniatura de oro semejante a la tumba del gran rockero que tanto éxito tuvo con la misma canción "La Dentadura" durante 40 años. Les deseo muchos éxitos y muchos parabienes.

...............................................

Carallocampante communicates:  March 7, end of campaign the Group "The Escozios" acted in the disk "El Valle de los levantados". They premiered three unpublished themes:  
  "The girl" "He Dad of the Girl" and "He Rock of the Lady Cuaresma."  Us does not fit none doubt that will be all a success.  Its godfathers "musical" gentlemen Roncón  Vadanas, Cañí-Of the Zares, Alcatráz and Pizarras-Currante will give them a gift, Will consist of a commemorative one in miniature of similar gold to the tomb of the great rock artist that so much success had with the same song "The Denture" for 40 years. Them desire many successes and many congratulations. 


 

 

O Entroido en Vilaxoán de Arousa

sarampelo 16/02/2008 @ 20:08

O Entroido en Vilaxoan de Arousa

Ver Fotos

Sarampelo: Teño uns vídeos  que me deu Fervello para que os puxera no Blogue. Son en relación co Entroido en Vilaxoán, concretamente da Comparsa "Os Trancheiros" e un anaquiño do Enterro da Sardiña. De cando en vez un ten que ser un pouquiño chouvinista e resaltar o pobo onde un neceu. ¡ Digo eu !.

No Enterro da Sardiña vese por un momento ao Sr. enterrador co chepeu e traxe negro o concelleiro de Cultura X.Castro Ratón, no sei si veu enterrar a cultura no pobo ou a sardiña, o tempo nolo dirá.  Tamén ollamos ao "capitan de navío" Sr. Tifón que deixou barba, tamén non sabemos si veu para adornar un pouco ou para pegar un golpe de estado no país de Sobrán. Os deuses nos collan confesados a todos si se lle rebiran os miolos a Tomás (Tifón).

( Comparsa "Os Trancheiros" )

( Enterro da Sardiña )

Humor de "El Roto"

sarampelo 14/12/2007 @ 15:40

 

Humor de "El Roto"

Insurgente.org

rotomentira.jpg

 

Fervello: Non é soamente a mentira a lingua oficial do estado borbónico, senón que tamén é a lingua dos "falsimedia" anganando e coméndolle o "coco" ao españois. Non chego a comprender como pode haber tanto xornalista "MANDILÓN". Pobre facultade das Ciencias da Información, nin son ciencias ni son información.

No vindeiro curso xa lle poden ir trocando o de Ciencias por "Paxaradas", e o de Información por: Desinformación. Desta maneira xa comezamos a quitar a primeira mentira. 

 

Os "Borbones" en pelota picada

sarampelo 27/09/2007 @ 18:12

Os "Borbones"en pelota picada 

682815.jpgOs irmáns Bécquer publicaron no século XIX un libro con ilustracións pornográfico-satíricas da corte borbónica. O libro está composto por 89 acuarelas nas que a raíña Isabel II participa en orxías e o rei é sodomizado. O clero tamén aparece reflectido nestas particulares 'viñetas'.

Ler máis en 20 minutos.es

----------------------------------------------------

Ollar a foto-galería de 20 minutos.es

Estas acuerelas foron feitas por Valeriano Bécquer entre 1868 e 1869  e os guións polo seu irman Gustavo Adolfo Bécquer

(As imaxes reproducidas poden ferir a sensibilidade do lector).

Fervello: Que casualidade. ¿Non había censura no século XIX?. Agora o comprendo, non estaba nin a Audiencia Nacional (TOP), nin os xuíces Marlaska e Garzón. ¿Digo eu, nonsí?. ¿Ou non?. ¿Quere dicir isto que agora temos máis censura que entón?.

 

VÍDEO DO "BORBÓN" ACTUAL QUEIMANDO AS SÚAS PROPIAS FOTOS

!Esto é moito, nonsí ¡


Rachados de Kalvellido

sarampelo 13/05/2007 @ 13:05

 

Os Rachados de J. Kalvellido

errazkinmagokalve.jpg

 

 

3azores.jpg

 

Ollar máis rachados na páxina do autor

Cousas doSr. NO-Murgas cantando Cara al Sol.

sarampelo 07/02/2007 @ 01:36

 Humor a esgalla

 Video que lle secuestrei a Periodismo Incendiario e tiña un interés de telo  plasmado neste post polo humor  que ten. Agardo que o dono do devandito blog o Sr. Manuel Rico non se molestara.

 

 

As murgas de Cádiz entonando "El Cara al Sol"