Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Guerra

Xeneral Stanley McChrystal, artigo de James Petras

sarampelo 23/05/2009 @ 14:07

Impresionante  e terrorífico  o comezo do artigo de James Petras  

" Os Deltas son uns psicópatas.... Tes que ser un psicópata acreditado para unirche á forza Delta", díxome en Fort Bragg, alá polos anos oitenta, un coronel do exército estadounidense. Agora, o Presidente Obama acaba de ascender ao máis infame dos psicópatas, o Xeneral Stanley McChrystal, á xefatura do mando militar11.jpg estadounidense e da OTAN en Afganistán. O ascenso de McChrystal para ese papel dirixente veu marcado polo papel fundamental desenvolvido na dirección dos equipos de operacións especiais encargados de executar asasinatos extraxudiciais, torturas sistemáticas, bombardeos de comunidades civís e misións de procura e destrución. Incardina totalmente a brutalidade e a afección ao sangue que acompaña a construción do imperio dirixida polo exército. Entre setembro de 2003 e agosto de 2008, McChrystal estivo ao Mando das Operacións Especiais Conxuntas do Pentágono (JSO, polas súas siglas en inglés) que se serven de equipos especiais para perpetrar asasinatos no exterior. Ler máis este interesante artigo de James Petras.




   

   Isto xa non é novo, sempre estiven convencido que os gobernantes ianquis e os seus “mandilóns” estiveron creando unha sociedade enferma. Non me estraña que agora saia este militar que din que é un psicópata, ese exército está cheo deles, comezando por aquel da II Guerra Mundial un tal Patton. Estou vendo que este Obama usa a zanahoria e mailo pau, é máis sofisticado. Non como o xenocida Bush que só usaba o pau. Non deixa de ser o mesmo.mcch400-2.gif Din que a cara é o espello da alma, soamente verlle para a cara deste elemento e como para votar a fuxir e correr ata poñer milleiros de quilómetros por medio.


 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

A crise enerxética

sarampelo 06/07/2008 @ 10:49

A crise enerxética 

Sarampelo: Os inventos dun inimigo pantasma chamado Bin Laden para xustificar os ataques a Irak e Afganistán; o primeiro polo seu petróleo e o segundo para controlar os gaseoductos de Oriente a Occidente. Agora xa pensan en Irán. Mala chispa os coma e así reventen como globos.

 Ao derrumbarse a Unión Soviética e a"guerra fría" tiveron que inventarse outro inimigo para alimentar a maquinaria armamentista e a xustificación para invadir paises productores de petróleo, xustificar leis represivas e dictatoriais, montar campos de concentración (Guantánamo) e ir creando estados policiais en Europa e EEUU, todo coa axuda dos medios informativos ao servicio das grandes corporacións. A especulación insaciable do mundo capitalista nos leva ao desastre senón se atopa alternativas, tanto políticas como enerxéticas.

------------------------------------

Impulsado pola especulación financeira e os rumores sobre un inminente ataque de Israel ás centrais nucleares iranianas, o xoves o prezo do petróleo tocou unha marca inédita cotizando a US$ 145,85 o barril mentres en Madrid fracasaba un cume entre nacións e corporacións petroleiras que intentaba frear a escalada. Ler máis......... 

 

Recoméndovos ollar estes vídeos que son moi ilustrativos.

 

 

O Papa da un recibemento especial a un dos Sres. de Azores

sarampelo 14/06/2008 @ 02:05

Benedicto XVI da un recibimento especial e inédito a George Bush

Como premio pola defensa dos “valores morales fundamentales” Ler máis.......El Plural

yuntados.jpg

Crebando o rigoroso protocolo da Santa Sé, o Papa rendeu unha homenaxe excepcional a Bush e á súa esposa Laura, aos que recibiu de pé, riseiro e ao aire libre, fronte á histórica torre, un xesto especial.

Trátase da primeira vez na historia recente que un Papa pasea amigablemente cun xefe de Estado polos magníficos xardíns do Vaticano. Ler máis..... Insurgente

-------------------------

Sarampelo: Di o Papa que o ricibiu desa maneira polos "Valores fundamentais" .¿Que carallo defende ese Sr?. Personaxe nefasto do século XXI,  foi elexido presidente de EEUU polos votos amañados do seu irmán en Florida. Penso que un dos valores máis importantes do ser humano é a vida. Este Sr. é un xenocida, pringado de sangue ata os cataplines. Declarou unha invasión ilegal en base a mentiras para roubar o petróleo, saqueando e matando milleiros de vidas humanas facendo terrorismo de estado, e suma e segue.

¿ A que están xogando tanto un como o outro?. Que hipocresía por parte do Sr. do Vaticano, ata da noxo velos na foto. Tanto monta, monta tanto.

¿Que nos agarda neste futuro incerto?. O que se aveciña é alarmante.

-----------

¿Serán estes os valores do Sr. da Casablanca dos que fala o Sr. do Vaticano?.

21.JPG11.JPG
abuse-1.jpg

 

abughraib.jpgabuso2.jpg

dogbit.jpg
torturas_irak.jpg

turtura1.jpg

guantanamo.gif
Estes son os "valores humanos" que predica o Sr. Arbusto.
E non digamos do que está oculto.

A franxa de Gaza

sarampelo 25/01/2008 @ 11:00

 

A franxa de Gaza 

enekogaza.jpg

 

Unha ilustración vale moito máis que un milleiro de palabras. O único que quero resaltar é a complicidade de Europa nese xenocidio dos palestinos.

 

Case un milleiro de mentiras para ir á guerra de Irak

sarampelo 24/01/2008 @ 16:47

Segundo recopilou  publicintegrity.org  

Casi un milleiro de "mentiras" para ir á  guerra de Irak.  

 ages.jpg

Bush e outros sete altos funcionarios do seu Goberno guindaron casi un milleiro de mentiras en pouco máis de dous anos para embarcarse na desastrosa guerra de Irak.  

Ler máis en público.es……

 

Ler en inglés publicintegrity.org………… 

Fervello: En iso tamén entra o expresidente español e mailo Blair. Agora chega o Ansar co seu cinismo que o caracteriza e nos quere dar leccións de verdades dicindo máis mentiras. O máis aznar-pinocho.jpgcabreante e que este tío (Ansar) ven dicindo ata o día de onte, mentiras e máis mentiras crendo este Sr. que a maioría dos cidadáns son retrasados mentais. É un insulto grave á intelixencia. Coa que armaron estes muchachos  (El Trío) no mundo, coa cantidade de victimas mortais, represaliadas, torturadas e ríos de sangue que aínda non dan abasto por mor destas mentiras, tiñan que estar xulgados e na cadea por moitos anos.

¿Pero estes iránse de “rositas” sen que sexan xulgados e condeados?. Non o podo crer. 

warcardchart.jpg

 

O gatillo fácil da garda pretoriana do César ( Bush )

sarampelo 03/10/2007 @ 13:29

O gatillo fácil de Blackwater 

Un informe do Congreso de EEUU denuncia a impunidade e violencia dos mercenarios  

OSCAR ABOU-KASSEM - MADRID - 02/10/2007 21:48 Xornal : Público.es

Os mercenarios de Blackwater protagonizaron 195 tiroteos en Iraq desde 2005, segundo un informe presentado no Congreso de Estados Unidos. A maioría dos incidentes produciuse cando os empregados da compañía dispararon desde os seus vehículos sen preocuparse despois polo estado no que quedaban os feridos. Neses incidentes, confirmouse a morte de 16 civís iraquís.

op015-blackwater-0414y-4.jpg







Blackwater pagou en dúas ocasións aos familiares das vítimas para que os sucesos non transcendesen. Na Noiteboa de 2006 un mercenario de Blackwater se emborrachó na Zona Verde de Bagdad e tivo unha discusión cun gardacostas do vicepresidente iraquí. O empregado da compañía de seguridade acabou asasinando ao escolta iraquí. O mercenario foi sacado rapidamente do país e aínda non foi acusado de ningún crime. 


Ler máis en : Público.es 

 

Ler máis en : Radio Cable.com









 

Sarampelo : Neste mundo mundial  de  rapiña,  neoliberalismo de tolemia, de fillos de puta ao mando das grandes transnacionais que intentan rematar con este planeta. Privatiza que algo queda. ¿Que agardabamos desta multinacional privada do asasinato?. Que ían a Irak de “hermanitas de la caridad” . Estes son uns asasinos a soldo que están ao servicio do gran César Imperial. Si, a garda pretoriana de Bush. Unha empresa privada montada á sombra do xenocida da Casa Blanca.Agora máis que nunca estase a demostrar que tanto Bush, Blair como noso “querido” Aznar, son uns xenocidas . Teñen que ser xulgados por crimes contra a humanidade. Como dicía estes días pasados o actor de cine Sean Penn, que todos estes tiñan que estar “na puta cadea”

Vídeo



Ultima hora do día 09-10-07: 

Estes mercenarios matan a dúas mulleres en Irak por no frenar.

Continua a sangria destes

sanguinarios ao servicio dos fillos de puta do goberno de EEUU.

Brutalidade policial contra manifestantes pacifistas en EEUU

sarampelo 19/07/2007 @ 21:16

Brutalidade policial contra manifestantes pacifistas en EEUU

 

Esta muller é torturada por participar dunha protesta pacífica en Pittsburg, Estados Unidos, cando está inmobilizada no chan por dous policías, un terceiro dispáralle coa polémica pistola Taser, tras o cal faina retorcer de dor.

 

O Fervello:Esta é a gran democracia do Imperio. si, aquilo do "sueño americano". Seguro que a que levou "leña" ata no carnet de identidade, soñou con ese lema. Debeuse cagar en todo o cacable, pricipalmente contra ese "policía" ou mercenario ao servicio desa "democracia" de EEUU e do gran capital que alenta e programa guerras xenocidas. Maldito sexas Bush , agardo que algún día sexas xulgado ante o mundo como o maior xenocida da historia, e pases a esa historia como o Hitler do século XXI.


Impresionante vídeo dun asasinato en Palestina

sarampelo 09/07/2007 @ 22:41

Impresionante vídeo do que acontece en Palestina

¿Onde estaban "Reporteros sin Fronteras"?: a barbarie dos soldados israelís filmada en directo

Vídeo de Reuters co asasinato dun cámara palestino tendido no chan e o tiroteo dos que acoden a auxilialo. Ler máis.....Insurgente.org 
video-plestina.jpg

Nos queren ocultar desde as TV públicas e privadas dos asasinatos e a barbarie que os Israelitas está a facer en Palestina. ¿A onde imos chegar coa patente de corso para matar impunemente do exército israelita? ¿Qué fai Europa ante tanta inxustiza que está acontecendo neste puto planeta. ¿ Onde está a esquerda para denunciar tanta barbarie? . Barbarie consentida e apoiada polo Imperio Ianqui e cos ollos tapados da Europa "progresista".
Gracias a Aporrea, Insurgente e Reuters que podemos aínda ollar o que nos quitan os xornais e TV ao servicio de intereses bastardos con xornalistas "mandilóns". Cada vez dame máis mágoa e tristura as Facultades da Información das nosas Universidades.
pic.jpg

¿O 11 S puido ser cousa de Bush?

sarampelo 08/07/2007 @ 20:56
 A actual ministra francesa de Vivenda e Urbanismo, a conservadora Christine Boutin, non se corta. Pregúntanlle nunha entrevista se cre que Bush ?pode estar na orixe do 11-S? e ela contesta que ?si, é posible?. Ler máis....Rue89


( Imos ver canto tempo aguanta este vídeo na rede ) 

O Fervello:Que casualidade despois de 6 anos que digan isto. Coido que os que pensamos como as gastan os Ianquis, sabendo da súa historia bélica, a CIA cos grandes asasinatos e os magnates do gran capital que son capaces de descuartizar as súas nais para  lograr uns obxetivos, a xustificación dese atentado para lograr meterlle o medo ao persoal mundial e ao mesmo tempo asinar leis represivas recortando as liberdades, atacar paises que non están na súa onda, e moitos máis etc. etc.. Nós (que somos moitos neste mundo mundial) os que pensamos desta maneira, xa desde o primeiro día do atentado xa tiñamos a "mosca detrás da orella". E cada vez que hai máis pescuda sobre o tema, máis razón nos acompaña.

Que o diga unha ministra francesa agora, non me dice ren. Dos Ianquis pódese agardar de todo, inclusive se as cousas lles van mal para o Imperio son capaces de morrer matando, en iso non teño a menor dúbida.

Unha das cousas que máis me impactou aquel día, foi a coincidencia do día e mailo mes co golpe de estado de Pinochet en Chile, sorprendente. Digo eu. Nonsi.

A corrupción da linguaxe para fins bastardos.

sarampelo 22/05/2007 @ 21:02

A corrupción da linguaxe para fins bastardos    

El periodista de investigación Jeremy Scahill se nos une para hablar de su nuevo libro: "Blackwater: The Rise of the World's Most Powerful Mercenary Army." [Blackwater: El ascenso del ejército mercenario más poderoso del mundo]. Jeremy es corresponsal de Democracy Now! y miembro escritor de la Fundación Puffin en el Instituto The Nation. Scahill escribe, "Blackwater es la guardia pretoriana de elite para la ‘guerra global contra el terror,’ con su propia base militar, una flota de veinte aviones, y 20.000 "contratistas" privados listos para entrar en acción. Dirigidos por un conservador cristiano multimillonario que financia al presidente Bush y a sus aliados, sus fuerzas son capaces de derrocar gobiernos.”

Los militares USamericanos realizaron a continuación el primero de dos grandes ataques que terminaron virtualmente en la destrucción de Faluya – y en la provocación de una nueva ola de resistencia iraquí que sigue hasta hoy. Mientras tanto, en lugar de limitar su dependencia de contratistas en Iraq, el gobierno de Bush ha expandido la privatización de la guerra. Blackwater fue uno de los principales beneficiados. Desde Iraq a Nueva Orleans, Blackwater ha seguido obteniendo contratos multimillonarios del gobierno, en su mayoría sin obligación de dar cuenta, y en cuasisecreto. Más información en Blackwaterbook.com”.

Ler máis.......Artigo de

( Video da TV 2 sobre unha entrevista a un mercenario )

 

 

 

Falar non ten portelos: "O Fervello": Despois da Guerra do Golfo, o xornal de Londres The Guardian publicou un estudio de comparanza de toda a terminoloxía que estivo usando os medios de masas, escritos e radio-televisivos, para referirse aos aliados e iraquís. Os aliados “eliminan”, Iraq “asasina” Os aliados tiñan “exército, mariña e aviación”, Iraq unha “maquinaria de guerra”. Os aliados daban “directivas xerais” aos xornalistas, Iraq “censura” e “propaganda”. Os soldados aliados eran tratados como “os muchachos”, os iraquís como “hordas”. Os primeiros eran “profesionais, heroes e prudentes”, os segundos “carne de canón”, “covardes” , “bastardos fillos de puta” e “fanáticos”. Os mísiles aliados fixeron “danos colacterales”, os “asasinos” mísiles iraquís “víctimas civís”.

O Saddam Hussein era o “carniceiro de Bagdad”, “ tirano do diaño” e “monstro da tolemia”, polo contrario a o Sr. Bush pai era “resolto” “un seguro e gran estadista”. Como xa teredes ollado e lido en tódolos medios de España naquel entón, nos decatamos que por aquel tempo tamén ao noso país chegara a corrupción e perversión da linguaxe.

Unha das maiores mentiras dos medios de masas na modernidade foi en Romanía durante a guerra civil que se fixo en directo pola TV, era a montaxe da realidade e a mentira. Aquí deuse un efecto tapadeira ou “biombo”: mentres a Guerra do Golfo proxectouse coa base dunha morea de manipulacións e falsidades. Primeiro facer crer á opinión pública de EEUU e Occidente que Arabia Saudita non era un réxime dictatorial e dicindo a barbaridade de que Iraq tiña o cuarto exército do mundo.

Mike Digel, é o maior manipulador de masas de EEUU, foi o home que inventou a Ronald Reagan, montara unha morea de imaxes de gran impacto que reproducían o salvaxismo iraquí. Xamais existiron na realidade, foron filmadas en Novo México.
Agora os mestres de cerimonias os “mandilóns” das TV en especial a CNN falan das guerras como si fora un partido de fútbol, como aconteceu na Guerra do Golfo, así pasou coa destrucción das Torres Xemelas de Nova York. Horas, días, semanas coas imaxes dos avións petando contra as torres, é a ideoloxía do directo o comecocos do século XXI. Con estas imaxes de cada día, o Pentágono comezaba a fabricar o novo Diaño de comezo de século. O bastardo de turno Bin Laden. Se lle fixo unha intoxicación ao persoal mundial, se lle desinformou se lle manipulou. Logo chega O Sr. Imperialista Bush como o salvador do mundo dicindo: “Con EEUU ou con o terrorismo” Con deus ou con Alá. A cruzada de Occidente contra o Islam. Ou sexa ao estilo Felipe II pero con computadora. ¡Manda carallo na Habana!


Con todo esto, volveu a aparecer a censura e a liberdade de expresión por mor duns xornalistas “mandilóns” ao servicio do poder que lles pagan uns soldos importantes e que lles importa un carallo os milleiros de víctimas inocentes que están a caer nas cidades e campos dos países máis pobres do planeta. Así se foi preparando a segunda invasión de Irak e de Afganistán coas consecuencias que agora estamos a ollar. Autores deste desaguisado no mundo (con máis terrorismo e inseguridade) os xenocidas Bush, Blair e Aznar, estes son os máis culpables porque sabian de que ía a cousa, sabían desa desinformación e da “gran mentira” apoiados por eses “mandilóns” e os “falsimedia” ao servicio de intereses bastardos e asasinos.  

Comezo este artigo co título “ a corrupción da linguaxe “ pois para desvelar eses misterios da Administración Bush, tiña que comezar coa manipulación e desinformación dos medios de masas. Agora xa temos unha palabra máis das citadas anteriormente, aos mercenarios asasinos lles chaman “contratistas”, como se foran mestres albaneles que contratas para arranxar o tellado da casa. Hai que ser moi cabrón para chamarlle a empresa de asasinos Blackwater” de EEUU, oficina de negocio para ofrecer a seguridade e o mantemento da paz, a liberdade e a democracia en tódalas partes do mundo e para máis "fodela", din que son os soldados máis "comprensivos". E seguimos con: ¡manda carallo na Toxa ! .  
-----------------------------------------------------------------------------
T

Traducido da páxina Web desa tenebrosa oficina.

“ Blackwater los E.E.U.U. abarca nueve unidades de negocio separadas para ofrecer a la seguridad, al mantenimiento de la paz, y a la compañía profesionales más comprensivos de las operaciones de la estabilidad del mundo.Para apoyar seguridad, paz, la libertad, y la democracia por todas partes.”