Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Documentales

O terceiro mundo en Madrid

sarampelo 16/10/2008 @ 23:14

 

 

O terceiro mundo en Madrid 

Fervello: Embaixo ollaredes un feixe de fotos do terceiro mundo. Non, non é o terceiro mundo, cando comecei a ler o Blog Sexta Columna a cousa non ía por África nin Asia. As fotos foron sacadas en  Madrid.

882042.jpg

Me cajo no diaño, isto non sae nas TV deste país e para máis carallo lles mandan aos mercenarios do sistema para mallalos a tundas, isto o podedes ver neste vídeo do enderezo que está a continuación.882002.jpg

video

E o Zapatero dándolle o ouro e máis o mouro aos responsables da desfeita económica. Os gobernos que consinten isto e se alían cos estafadores, tolerando a súas especulacións, a súa opacidade, están facendo unha segunda estafa.  Como se lles ve o plumero a estes santiños "vudus" enmascarados de esquerdas.


882049.jpg

Un piloto de Lufthansa evita estrelarse

sarampelo 03/03/2008 @ 18:01
Un piloto de Lufthansa evita no último segundo estrelarse en Hamburgo
 
O vento do ciclón «Emma» provocou que se saíse da pista pero tras tocar terra logrou remontar o voo do aparello no que viaxaban 131 pasaxeiros. 
Un piloto de Lufthansa, de 39 anos e identificado como Oliver A., logrou evitar coa súa pericia este fin de semana unha catástrofe aérea provocada polo paso do ciclón «Emma», que causou 14 mortos en toda Europa.
O piloto conseguiu dominar no último segundo o Airbus 320, con 131 pasaxeiros a bordo, no momento de aterrar no aeroporto de Hamburgo procedente de Munich

Oliver A. logrou dominar o avión xunto ao seu copiloto, a xóven Maxi J, de 24 años. Aterraron na mesma pista ao segundo intento, tras dar varias voltas agardando  de que amainara os ventos racheados.Ler máis...20minutos.es

Fervello: As imaxes o din todo, nembargantes ,quero dicir que o piloto e a xoven copiloto tiveron unha sangue fría e unha profesionalidade fora do normal. Hai que votarlle moitos "aqueles....." Ole por estes xóvenes profesionais. Os meus parabéns para o Sr. Oliver A. e moza Maxi J.

John Balan e Joseph

sarampelo 18/04/2007 @ 21:13

 

Case tres millóns de internautas xa viron o vídeo.
Chámase Joseph, ten 21 anos e causa furor.

" naceu unha nova estrela no ciberespacio: case 3 millóns de internautas de todo o mundo xa viron en youtube o vídeo de 'Joseph, a caixa de ritmos humana', que participou este mes na versión francesa de 'Operación Triunfo', chamada Nouvelle Star 2007 "  Ler máis...20minutos

 

---------------------------------------------------------------------------------------------

 

Distintas épocas e distintos espectadores  

Remato de escoitar a Joseph e coido que non lle chega ni á altura dos tacóns ao noso “xenuíno” e enxebre John Balan (Manuel Outeda), o que foi o home orquesta de Seixo (Marín), seguro que nos 45 anos que levou no espectáculo non chegou a esa cifra de espectadores, pero a vida é moi “cabrona”. É galego, dunha aldea a desgracia foi que non nacera en  Londres ou París. Se hoxendía eses mesmos espectadores (do xurado xa non falo, pois teñen o oido musical no nariz) escoitaran a John Balan, o Joseph non chegaría nin á primeira ronda. 

Vídeo de Joseph 

 


Vídeo de John Balan


Guerrillera-Documental

sarampelo 23/03/2007 @ 01:11

 

Un sinxelo Homenaxe a Muller Guerrilleira 

 GUERRILLERA 

“Guerrillera”  dirixido por Frank Piasecki Poulsen é un documental de 90 minutos que narra a vida de 00000376-original.jpg“Isabel”, moza de 20 anos e de familia de clase media de esquerdas que decide ingresar nas FARC (Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia). elixiron esta guerrilla porque é o 00000396-original.jpgmáis antigo e máis grande movemento de liberación de Latinoamérica e acaba de ser incluído na lista de organizacións terroristas de E.EUU.

Un ano e medio logo de iniciar mediante intermediarios os contactos coas Farc, déronlles luz verde e viaxaron a Colombia en setembro de 2003 onde o director entrou e saíu ilegalmente de Colombia para realizar a produción e tivo que pedir diñeiro prestado porque ninguén quería apoiar un proxecto tan arriscado. 

Duración: 01:14:30-Realizado: 05 setembro 2005|Localización: Colombia

 

( Cancións dedicadas ás Guerrilleiras )

Liberdade para Sonia a Guerrilleira