Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Dereitos Humanos

O Muro de Berlín

sarampelo 09/11/2009 @ 23:30

 Muro de Berlín

 

Muros que fan moito ruído e muros silenciosos.

 

 

 Moito ruído mediático se fixo cando se derrubou ou Muro de Berlín. Moito ruído se fai agora non seu aniversario con tanta parafernalia.  

Temos neste século XXI moitos máis muros que non fan ruído e seica que non existen. Muros que en resolucións dá ONU ordenaron derrubalos. Aquí é onde nace a hipocrisía dous gobernos de Europa e EEUU, dos medios (falsimedia) que  serven a intereses escuros e todo a aparato neoliberal cun obxectivo irresponsable  de destrución masiva. 

Neste vídeo o explica moi ben Eduardo Galeano dos muros de Israel, Marrocos e dos muros invisibles que nos axexan en cada momento dás nosas vidas. 


Fervello

Camiñando cara o Fascismo

sarampelo 17/06/2009 @ 22:29

 Imos camiño do fascismo se os deuses

non o remedian.

 

 

Sentencia do caso dos Mossos que lle deron unha malleira a un detido nunha comisaría. 

 

Non existiu "trato vejatorio ou degradante" nos 4 Mossos que deron unha malleira a un cidadán
O caso saltou aos medios de comunicación debido a que a Consellería de Interior instalara unha camara de vixilancia en sala de cacheos que gravou como agredían a un detido.

A Audiencia condenou a 600 euros de multa por unha falta de lesións aos tres axentes. A Fiscalía pedía cinco anos e nove meses de prisión, 9.600 euros de multa e sete anos de inhabilitación por un delito contra a integridade moral e outro de falsidade documental, ademais da falta de lesións.

O detido sufriu varias contusións na zona ocular, o nariz, o brazo e o tórax, pero segundo a sentenza non está demostrado que perdese a conciencia.

------------------------

 

Se un ollea o video parece que o xuíz debeu quedar cego. 600 euros por unha malleira ou unha morea de hostias según os xuices ten ese coste.

Daquela os sindicatos policiais votaban chispas contra as cámaras nas comisarías. ¿Logo cando non están que aberracións fan?. Agora estes mesmos sindicatos nada din da sentencia.Isto lembrame o pasado e camiñamos por corredoiras moi negras e escuras.

Ao final da sentenza, din que non está demostrado que perdese a conciencia. É que estes tíos que xuzgan nos toman por menores de idade,  por idiotas ou por cegos. Isto quere dicir que se xuntan vinte polis a dar unha malleira boa, a repartir 600 euros son capaces de votar dando hostias ata que comecen a súar, moito menos euros que ir a un xinnasio.

Ao ollar o video soamente vin a catro elementos covardes que amparándose nunha placa desatan a súa mala hostia con un detido que nada pode facer. Esa mala hostia a levan dentro por problemas sicolóxicos e traumas, xa que non son capaces de facer outra cousa e a súa capacidade intectual e cultural é mínima, onde xamais se preguntan a si mesmos calquera orde que sexa ilexítima ou poñer en cuestión calquera barbaridade ordeada por un xefe. A algúns destes polis  (que pagamos todos) os miolos cero patatero.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior


Avogado de Guatemala acusa a o presidente do seu asasinato.

sarampelo 12/05/2009 @ 22:42

 

 

 O avogado de Guatemala Rodrigo

Rosemberg acusa ao presidente de

Guatemala Álvaro Colóm  do seu asasinato nun vídeo

antes de finar.

 

A gravación deuse a coñecer durante o funeral do avogado Neste vídeo aparece sentado no escritorio explicando as razóns polas cales ía a ser asasinado e se escoita: "Si me ve, es que he sido asesinado" Ler máis......

Hai un comentario no post do enlace  ler máis que, fíxome cavilar os meolos, comenta desta maneira:

"¿Qué habría pasado si esto hubiese pasado en Venezuela? ¿Desembarco de marines USA quizás, con aplausos de todos los "demócratas" made in EU?". Eu amplio un anaco este comentario: ¿Tamén desembarcaría o xornal madrileño "demócrata" El País?


-------------------------------------

Manda nabo, a que extremos  se teñen que chegar para ser escoitado e abrirlle os ollos ao persoal neses países gobernados pola extremadereita ao servicio do imperio.

Dáme moita risa que ese organismo caduco, corrupto e servicial aos intereses do capitalismo salvaxe como é a OEA, saque un informe que en Venezuela se inculca os Dereitos Humanos. Hai que foderse. Que pasa con Colombia, Guatemala e outros países de Centro e Sudamérica da onda de EEUU. Que son, "hermanitas de la caridad". Seguro que non investigan este suceso en Guatemala, pero nin de coña mariñeira.

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

VIDEO I

 

 

 

VIDEO II

 

Comentarios-Opinións

sarampelo 18/12/2006 @ 02:42

 

Matizacións e reflexións na morte de Pinochet. 

 

 

Fai unha semana que finou o xenocida Pinohet, o dinosauro dos dictadores militares latinoamericanos. Coido que xa é hora de facer certas matizacións e reflexións  dunha traxectoria ao longo  dos anos en Chile e o resto dos países do entorno.No momento de finar, Pinochet estaba procesado como presunto autor de secuestros, homicidios, torturas e violacións dos dereitos humanos, entre eles a “Caravana de la Muerte”, unha comitiva militar que executou a 75 presos políticos nun percorrido por Chile en 1973.

 

 

Pero como sucedeu e está sucedendo aos dictadores sobreviventes daquela doutrina de seguridade nacional, este dictador foi o chibo expiatorio dun golpe de estado e un proceso represivo planeado e dirixido polo Pentágono. Naquelas datas eu vivín ese golpe de estado cunha rabexa fora do normal, polas súas connotacións de traizón a un pobo que camiñaba pola senda da xustiza social e dun reparto máis equitativo das riquezas do pais. Dentro das limitacións que a dictadura franquista nos deixaba cos seus mas-media, informando mal e pouco e terxiversando as novas, tratei de informarme por outros medios da realidade do que estaba a pasar, e sacando as miñas conclusións cheguei ao que moita xente xa sabe e que na actualidade están ben documentadas esas realidades.

kissinger_henry.jpg 

 

Detrás daquel golpe contra Allede e da dictadura de Pinochet que veo a salvar a Chile do caos, estivo o Departamento de Estado e os mesmos bancos e multinacionais que hoxe controlan o sistema económico e productivo de Chile con democracia e eleccións. Pinochet, como Stroessner en Paraguai ou Vídela en Arxentina, foron uns pezas dun dispositivo  militar destinado principalmente a rematar con todo militancia revolucionaria dos anos 70. Todo isto era polas disputas e por áreas de influencia que mantiñan EEUU coa URSS. Agora tanto a prensa como os sistemas neoliberais dalgunha esquerda progresista, que hoxe están no poder neses estados “democráticos” que seguen controlados por Washington, agochan ese servilismo ao imperio e poñen como asasinos e xenocidas (que non deixan de selo) aos dictadores de latinoamérica, onde algúns deses demócratas de hoxe foron consentidores e algunhas veces colaboradores daqueles estados de represión.

 

 

Aquela rede represiva chamada “doutrina de seguridade nacional” que facía de guía ás dictaduras sudamericanas naquelas datas dos anos 70, foi articulada polo Pentágono e o Departamento de Estado conxuntamente cos réximes destes países da zona, foi a responsable de milleiros de asasinatos, torturas e desaparicións de militantes combativos da esquerda, que loitaban para cambiar o sistema de dependencia do goberno de USA e das grandes corporacións norteamericanas que estaban a explotar as riquezas deses países.

 

richard-nixon-scarface.jpg 

Nalgúns xornais da actualidade, cómplices do sistema que agocha o carácter antisistema e revolucionario das víctimas de Pinochet onde as pon soamente como persoas, tratando de poñelo como crimes comúns, onde de verdade foi unha represión militar planificada.

Pinochet non foi un xenocida demente, como algúns o queren poñer, estaba moi cordo, foi un instrumento dese proceso de represión militar que saíu das mentes retorcidas do Departamento de Estado norteamericano, en especial daquel  Henry Kissinger personaxe sinistro ao que lle deron o Premio Nobel  da Paz. Hoxe admítese a súa participación na organización do golpe de estado contra o goberno Allende, no golpe de estado de Uruguai.

 

Pero tamén o acusan de organizar aquela operación Cóndor, que era un plan sistemático de facer desaparecer a opositores. Apoiou a alentou o golpe en Arxentina, foi cómplice e do estimulo da desaparición, eliminación dos opositores neste pais. Coñécese a súa implicación directa nos bombardeos secretos de Laos e Camboia, que foron ordenados sen permiso do Congreso. Devanditos bombardeos serviron para que os jemeres vermellos accedesen ao poder, do que servirían para asasinar a máis de dous millóns de persoas. Tamén este sinistro personaxe apoiou ao réxime de Suharno, acusado de xenocidio contra a poboación de Timor Oriental. pinochet.jpg

 

O xuíz Garzón enviara unha comisión rogatoria referente a violacións dos dereitos humanos, pero o Departamento de Estado de EEUU rexeitouna. Existen hoxe numerosas iniciativas para acadar o seu procesamento ante instancias xudiciais internacionais, así como a retirada do seu premio Nobel. Premio que non deixa de ser un sarcasmo.

 

Ante todo isto, cando se pide o castigo e condena de Pinochet, en ningún momento mencionase en que contexto histórico e en que proxecto internacional actuou este dictador. Non se menciona a EEUU, Nixon e Kisssinger, impulsores e sostenedores do golpe contra Allende, como está longamente documentado. Tampouco se pide castigo para os bancos e multinacionais apoiando ese golpe e que hoxe actúan co goberno “progresista”  de Bachalet.

 

 

O xenocida de Pinochet, odiado e condenado socialmente (non xudicialmente, a gadaña da morte foi máis rápida que a lentitude da xustiza), finou aos 91 anos de idade, pero mentres o sistema de dominio imperial que o perpetuou no poder e logo o defenestrou , segue vivo e coleando na América Latina. 

T.C.F.                     18-12-2006