Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Cultura

Homenaxe a Ramiro Fonte

sarampelo 23/07/2008 @ 14:49

 

Homenaxe a Ramiro Fonte o día 28 de xullo en Ferrol. 

 O día 28 de xullo terá lugar o acto no pazo do Concello de Ferrol esta homenaxe do mundo das letras ao escritor e poeta Ramiro Fonte.

-------------------------------------------------






1998-letras-galegasnovoneyrarabadetabuyom.JPG

 Remato de ler no blog “Croques” de Perfecto Conde desta homenaxe a Ramiro Fonte. Súmome á homenaxe a Ramiro con toda a miña admiración. Lémbrome xa fai unha década de cando o coñecín persoalmente, foi no día das Letras Galegas de maio de 1998, cando se sumou desinteresadamente a un recital de poesía que organizaramos Gonzalo Bouza-Brey e o que escribe no Fogar do Pescador de Vilaxoán de Arousa. Alí xuntáramos a preto de vinte poetas galegos.

O Fogar do Pescador de Vilaxoán, naquela época non podía ser alleo a aquel día dedicado aos poetas do mar, Mendinho, Martín Codax e Jhoan de Cangas e ao mesmo tempo esta entidade lembrara a aquel gran poeta arousán, Señor de Sobrán, o inesquecible D. Paio Gómez Chariño.

Ramiro Fonte coido que se lembrará desta gran festa poética. Deste acto acompaño unha foto e un anaco de prensa onde están con el Manuel María, Uxío Novoneira, Xesús Rábade e Domingo Tabuyo.Deste mesmo festival poético editouse un libro “O Cancioneiro e o Mar” de tódolos poemas que foron recitados por os poetas. .

Lle quero dar  unha aperta moi agarimosa desde este anaco de vila da beira do mar de Arousa  con todo o meu cariño na súa homenaxe. Graciñas Ramiro por darnos naqueles días algo moi especial, a presencia da túa persoa, o cariño con que describiches a esta vila de mar na túa intervención e os teus fermosos poemas.

Vou lembrar un anaco do seu poema "A man do tempo" do seu libro (daquela data inédito) "Capitán Inverno" .

“Xamais posuiremos / Esa caricia sabia, poderosa, /Case cruel / Como só pode selo a fermosura, / Para pintar a imaxe dun recordo, / Ou dun rostro que amamos, / Destes ollos que miran esa porta. 

Teo Cardalda F.

Vilaxoán de Arousa, 23-07-2008. 

Nota:  A tódolos que se queiran sumar a esta homenaxe o poden facer ao mail : amboage56@hotmail.com

Video daquel recital de 1998 no Fogar do Pescador en Vilaxoán de Arousa.

 

 




fde-vigo-15-v-98-letras-galegasentrevista-a-uxio-novoneyra.JPG

Pazo de Ruanova. O Salnés. Pontevedra

sarampelo 18/06/2008 @ 00:25

PAZO DA RUANOVA 

 

 

A casa pazo da Ruanova atópase pola corredoira que dende a Igrexa de San Martiño de Sobrán leva a Faxilde e Renza, dende este lugar vaise polo antigo Camiño Real ata Aralde, ao carón desta aldea fica o lugar da Ruanova, onde atópase o Pazo do mesmo nome. Ao camiñar polas devanditas corredoiras, síntese o pracer do vento mareiro da Ría de Arousa que vén mesturado co recendo dos piñeiros e carballos dos montes de Eiviño e Renza. Percorrendo o Camiño Real contémplase o verdor do campo cheo de millo, leitugas, patacas e outras hortalizas segundo sexa o tempo do ano. Polas beiras das corredoiras e congostras decátase da chea de videiras ao longo dos eidos, mesturadas de viños brancos albariños e tintos do espadeiro.

 

Ao chegar diante do Pazo, érguese un fermoso cruceiro cunhas escadas, onde antigamente as vendedoras de hortalizas pousaban a mercadoría agardando un anaco para descansar, e logo segui-lo camiño para chegar o máis axiña ao mercado de Vilaxoán ( este mercado estaba asentado diante do Pazo de Pardiñas). Na fronte do Pazo ao carón da Capela, dúas placas de pedra limitaban a freguesía de San Martiño de Sobrán coa de San Loenzo de András. Na placa que atopamos á beira da Capela reza a lenda: “Jurisdicción de Villajuán, feligresía de Sobrán”. Na outra placa que está un pouco máis ao sur da mesma Capela pon o seguinte: “Villanueva, feligresía de András”.

 

Este edificio da Ruanova, ten unha fachada dunha ampla larganza ao longo da corredoira de verdes ourelas que atravesa por diante da vivenda. Na metade da fronte do Pazo formando corpo co edificio, atópase a histórica Capela cunha fornela enriba da entrada da porta, coa efixie de San Miguel e remata nunca sinxela espadana. Na fronte, pola banda sur, sobresaen no lintel os escudos dos fundadores da fidalga casa. Esta Capela serviu de escenario a D. Ramón del Valle-Inclán para inspirarse na composición das escenas dramáticas de don Farruquiño e don Pedrito da sonada obra “Romance de Lobos”.

 

Un portalón ameado da banda norte dá paso aos eidos, e na á nobre unha porta que antano estivo protexida dunha banda a outra por cadeas señoriais, na actualidade aínda ten unhas argolas onde se ataban os cabalos.

 

Esta casa comezouse a edificar a principios do século XVIII sobre unhas ruínas dunha  antiga fortaleza da época dos Reis Católicos. Debeu ser D. Antonio Inclán ( o menor ) quen comezou a construcción, ao mesmo tempo que reconstruíu a Capela que xa en tempos pasados comezara D. Andrés Malvido e a súa Dona Francisca Rico da Rúa, pais de Dona Rosa Malvido esposa de D. Miguel Inclán, matrimonio que rematou esta fidalga construcción.  No eido da casa, atópanse sobre uns pedestais dúas estatuas de granito que sobresaen polas videiras, representando a D. Miguel, con casaca, chapeo, polainas e unha espada sostida baixo o brazo dereito. Dona Rosa, unha chaqueta curta con volantes, saia longa e un laúde pulsado pola man dereita e sostido pola man esquerda, man que na actualidade non ten.

 

Esta estatuas atópanse nun estado moi deteriorado, e lembran os tempos idos de saudade, dando unha sensación que están a chorar polo desleixo desta obra que con tanta ledicia edificaron co desexo de futuro e perpetuidade sendo hoxe testemuñas da incuria e desleixamento que pouco a pouco vaise apoderando desta nobre mansión. Mediante de tanto descoido, algo ten que dicir e facer os organismos oficiais para que estas esculturas históricas non rematen calquera día esnaquizadas, ou guindadas nunha esterqueira.

 

Na parte norte do Pazo, érguese a Torre onde se lle chamaba no século XVIII, a Torre do Colexial, lugar onde era a estadía de meditación de D. Francisco del Valle-Inclán.Este Pazo, tamén foi dos lugares escolleitos de cando en vez por D. Ramón del Valle-Inclán para escribir algunhas das súas obras e lugar de inspiración literaria.

 

As pedras que erguen este Pazo agachan unha fermosa historia; testemuñas silandeiras do acontecido no transcorrer dos anos dende a súa fundación.

 

Na actualidade, o Pazo está repartido entre varios donos e sofre un deterioro progresivo.

 

Teo C.   

 

 

                                

.Vilaxoán de Arousa. Un pobo que aínda conserva parte da súa historia.

sarampelo 17/06/2008 @ 18:14

 

Vilaxoán de Arousa.Un pobo que aínda conserva parte da súa historia. 

-----------------------------------

Sarampelo:Imos hoxe cun vídeo "caseiro" recorrendo un pouco as zonas vellas e históricas de Vilaxoán de Arousa (Pontevedra).

Ollaremos o Pazo de Sobrán do século XV, Pazo do Rial do mesmo século, Pazo de Pardiñas do século XVI, Igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII onde está soterrado o fundador da vila Juan Mariño de Soutomaior que finara no ano 1496. Ollaremos algúns edificios e rúas antigas, así como as zonas novas da vila.

Foi concello de seu desde 1836 ata 1913. Na actualidade pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa.

Agardaremos co tempo que, o cemento e mailo ladrillo no rematen co pouco que temos conservado. Barbaridades urbanísticas xa se fixeron dabondo.

Nós tamén fomos emigrantes, libro de Gonzalo Bouza-Brey

sarampelo 19/04/2008 @ 20:48

Esos arousanos que se fueron.

 

El libro de Gonzalo Bouza-Brey sobre los emigrantes de la

 

comarca fue presentado anoche en el Puerto de Vilagarcía...Ler máis....Voz de Galicia

 

 

 

 

Foi presentado por Javier Gago presidente do Porto de Vilagarcía,Antón Xil director do Diario de Arousa e Xabier del Valle-Inclán Bibliotecario da Universidade de Santiago. Foi lido un escrito de Xoán Guitián, persoeiro que tiña que estar na presentación,onde por causas de índole familiar non puido acudir. 

 

 

 

 

 

gonzalo-foto-folgoso.jpg








p1040588.JPG


 

 

 

 

 

 

-------------------------------------------------------

 

 

 Gonzalo, “..a derradeira pinga non esvarou..”

 

Comentario de Teo Cardalda F.  

O día 18 pasado presentouse nos locais da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa o libro “Los arousanos por el mundo: Nós tamén fomos emigrantes” do compañeiro e camarada Gonzalo Bouza-Brey. Trátase dun libro que recolle historias de mulleres e homes de Arousa que tiveron que emigrar, uns obrigados polas circunstancias de non caer nas garras dos fascistas naquela “longa noite de pedra”, outros por iniciativa propia. 

Persoeiros que tiveron un aporte cultural, político, economico, literario e deportivo naqueles países  onde emigraron en especial a América . É un libro moi interesante para aqueles que teñan inquedanzas  sobre a memoria histórica arousá,  un libro de consulta e moi didáctico, cunha orientación ás conciencias actuais de coñecernos a nós mesmos do que somos e do que foron os nosos pais e avós. Deste país como Galicia de milleiros e milleiros de emigrantes ao longo dos anos; o título é moi significativo, marca o principio de algo moi fondo da nosa terra, dos galegos : “Nós tamén fomos emigrantes”. 

Coñezo a Gonzalo desde os tempos “negros” da ditadura franquista. Sempre lembramos ese día, foi moi especial. A miña labor política en Vigo era contactar en Vilagarcía cun membro do PCG. Sabía que esa persoa con ese nome estaba agardando no Café Central, din moitas voltas para observalo, non me fiaba, pensaba que era unha trampa e el un policía, ata que contactei cun xornalista, daquela corresponsal da Voz de Galicia en Vilagarcía que me axudou,  foi cando chegamos a coñecernos en circunstancias moi especiais  que deixan pegada ao longo da vida. 

Fago este anterior comentario da nosa amizade, simplemente é para retalo a escribir a historia dos anos da ditadura e transición na bisbarra do Salnés e Vilagarcía, cousa que o vivimos moi preto. Sabes amigo Gonzalo que hai moito que contar e moito que dicir e xa vai sendo hora de poñer a cada quen no seu sitio, iso tamén é memoria histórica aínda que sexa recente, soamente fai 35 anos. 

Gonzalo,  lembrábache o amigo común Xoán Guitián no seu escrito lido na presentación, aquelas verbas do teu poema tan fermoso cantado por Olalla Bouzas “...a canle da fonte quedou seca....”, Eu che digo que a fonte aínda ten que votar moita auga histórica e a derradeira pinga non esvarou. Meus parabéns Gonzalo.

Artigo escrito en GaliciaDixital  

 

Pazo do Rial-Vilaxoán de Arousa

sarampelo 01/03/2008 @ 11:24

Fervello: Estivemos remexendo os miolos os que facemos este blogue e pensamos que, non hai mellor terapia para todos aqueles que temos aínda un criterio propio (mentres non no lo quiten), ante esta patética campaña electoral o fuxir axiña de tantos dewater e promesas que xamais se cumpliran, das mentiras,  hipocresía e da devaluación da democracia, o pasar a un plano moito máis cultural como son os nosos monumentos artísticos da nosa Galicia. 







PAZO DO RIAL


O Pazo do Rial quizais sexa un dos máis fermosos da bisbarra do Salnés. A fasquía deste Pazo seméllase ao de Sobrán, encadrándose nunca traza moi xenérica de edificio central corrido entre dúas torres.Atópase no centro dun outeiro que antano favorecía a vista dos seus dominios.

Racha a norma, unha liña de ameas ao longo de toda a fronte do edificio e unha capela que está preto dunha das torres, engadido moi pouco estético a verdade. No eido existen un piorno e un pombal.

Descoñecese a súa orixe con certeza. Seica en tempos antigos, sobre a parte posterior do mesmo Pazo se erguía un mosteiro polos restos de rocha que aínda hoxe se atopan no lugar. Figura en tódalas guías de Galicia, inclusive en unha morea de obras que fai referencia á arquitectura barroca de España. Nun artigo de Xavier Ozores do Faro de Vigo de 1925, falaba o seguinte: “Por su traza, amplias proporciones y típica arquitectura es uno de los más hermosos de Galicia”.

Fai uns anos pertencía á familia Ozores; Estivo unha morea de anos en completo desleixamento e case ruína, ata que foi vendido para facer un hotel, foi restaurado polo dono actual, aínda que ao mesmo tempo rachou a conxugación maxistral e estética desta fermosa arquitectura palaciana, xa que non reflicte a propia fisionomía barroca das terras en que se asenta por mor dun edificio moderno que se ergueu ao carón do Pazo.

 Ao seu arredor existía un frondoso arboredo  que en tempos de primeiros do século XX facíase unha romaría moi importante no día de San Xosé, que en Vilaxoán tiña o nome da “Romaría dos Xosé-finos”, que era unha Asociación fundada por Xosé Garrido, Demetrio Garrido, Luís Faro e Francisco Villaronga. Nacera esta asociación en 1915 para tratar de non esquecer o que viñan facendo os seus antergos dende tempos antigos. O dono do Pazo e posesións daquel entón o Marqués de Aranda era tamén partícipe desta festa-romaría, cousa que na actualidade xa se perdeu. Organizaban bailes populares con gaiteiros, cucañas e unha puxa de vacas e becerros. A esta sonada romaría acudía moita xente da bisbarra do Salnés ao fragor daquel bosque ao remanso do río Rial e preto da praia das Saíñas.

Pertenceu este edificio barroco de primeiro aos Mariño de Lobera, estivo vencellado nalgún tempo ás familias Soutomaior, Valladares, Aldao, Sarmiento e Araujo entre outros;Ten unha chea de escudos coas armas dos Mariño de Lobera, Soutomaior, Maldonado Aldao .

Un dos escudos da fachada aparece sostido pola serea que a lenda pretendeu engaiolar co seu canto a un home da caste do apelido Mariño. 

t.c.f.

 

RosadoMar,escultura do Porto de Vilagarcía de Arousa.Xaquín Chaves

sarampelo 13/02/2008 @ 19:07

RosadoMar

Nova escultura para un peirao novo do Porto de Vilagarcía

Obra diseñada polo pintor - escultor Xaquín Chaves López.

chaves.jpgp1040464.JPG

 

Vídeo

A Mariñeira, filme en galego

sarampelo 19/12/2007 @ 00:34

O cine en galego.

O día 19 de decembro vai de estreo no Teatro Principal de Santiago de Compostela co filme " A Mariñeira " . Felicito a Julio Casal o productor de Ficción Producciones e a Mamen Quintas pola súa contribución a facer un producto en galego na toda súa extensión e comprometerse cunha historia que vai en consonancia coa Memoria Histórica, apostando por productos galegos no que toca ao cine. Agardo que sexa un gran éxito por  todos aqueles que puxeron todo o seu esforzo neste filme e por Galicia.

Foise A-Randeeira do Blogomillo

sarampelo 15/05/2007 @ 23:28

 

 

Foise A-Randeeira do Blogomillo 

capture-1.jpg

 Agardo que este impás sexa por un tempo, xa que é un referente dos librepensadores. Cando comecei con isto dos Blog deume ideas e inclusive lle roubei algunha que outra foto. Nembargantes tamén digo que o comprendo desde o punto de vista humano, o digo por aquilo que xamais che domine o blog, ti tes que dominalo, no intre que isto troque non queda máis remedio que deixalo.

A-Rendeeira, cando vexas que estás en condicións para volver por estes trebellos, non o penses nin un segundo.

Graciñas polos bos momentos que pasei cos teus intelixentes post e polas túas boas maneiras de respostas en os comentarios.

Saúde.

Sarampelo

Los Tamara e o Idioma Galego

sarampelo 20/04/2007 @ 15:36

Los Tamara 

Artigo de Teo Cardalda Fernández

Hoxe imos con un pouco de música. Si, daquela música que escoitábamos nos anos sesenta con ritmo moderno (daquelas datas) e ao mesmo tempo algo enxebre e que admirabamos pola súa carga de galeguismo que levaba. Estou a falar en tempos onde o franquismo dicía que o idioma que tiñamos que falar era o “cervantino” xa que o galego era un dialecto de “bárbaros”. 

Ao mesmo tempo quero facer unha homenaxe a Pucho Boedo e a recentemente falecido Prudencio Romo pola súa contribución a divulgar o noso idioma por tódalas partes do mundo.Se ollades as biografías destes dous compoñentes do grupo, que eran o “alma mater” , case me atrevo a bautizar a “Los Tamara” como “Los Tamara Republicanos”. 

Pucho Boedo, o bohemio, o frívolo, o informal. Nos anos de opresión terrible que lle tocou vivir, non lle deixaron máis papel. Un bufón, dandy de sorriso de medio lado. Ás veces no sitio dese sorriso aparecía un salouco que estarrecía a alma. O pai de Pucho foi asasinado no ano 36. José Boedo, un famoso sindicalista da CNT. Un ano despois o seu irmán José Antonio Boedo Núñez era tamén fusilado. Outro irmán, Manuel Boedo, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Andando o tempo Pucho reencontraríase con el. No ano 37 duscentos republicanos intentaron salvar a vida e fuxir por mar dende o Portiño. Tres patróns de bous, da casa Chas da Gaiteira, agardaban aló, se o saber o armador, cos seus barcos. Chegaron agachados os douscentos, algúns de lugares moi distantes. O irmán de Pucho, José Antonio Boedo Núñez, estaba entre eles. Botara un tempo escondido no faiado da casa dos Patiño na Fontenova. Despois, por maior seguridade, agachouse na taberna de Rita Canosa na Moura.  

Prudencio Romo era fillo dun guarda de asalto destinado en Galicia que, durante a Guerra Civil, permaneceu fiel á República, polo que estivo preso no Castelo de Santo Antón da Coruña. En 1958 Prudencio Romo foi un dos membros fundadores dos Tamara. O conxunto formouse na vila de Noia para participar nun concurso de Radio Vigo. Aproveitan a viaxe para dar concertos en Vigo, onde os coñece un empresario francés do espectáculo, de turismo na cidade, que os contrata para dar unha xira polas colonias francesas do Norte de África. Nesa época forman os Tamara a canda Prudencio Alberte Romo, Manolo Paz, Pepe Sarmiento, Henrique Paisal e Xermán Olariaga. Prudencio comentaba desta maneira cando o da censura....."A verdade é que estabamos ata os narices de que se nos dixese que o galego non era un idioma. Cando iamos pasar a censura coas cancións en galego respondíannos que as traducísemos ao castelán para que as puidesen entender, xa que o galego era un dialecto. Tiñamos que levar as dúas copias".

Desde este Blogue quero darlle un saúdo agarimoso a Henrique Paisal o que sempre foi pianista do grupo, lembrando aqueles días onde mo presentaron naquela actuación en Redondela no ano 1968,  polo amigo común  Pensado de Aguiño. Graciñas Henrique e a todos do grupo pola vosa contribución de expandir o noso idioma por tódolos corrunchos en tempos non moi doados para esa aventura . 

Seica que esta canción do Vídeo "A Santiago Voy" foi escrita en galego e a censura franquista só lle deixou unha cantas estrofas no noso idioma.

VIDEO

Grupo Galego "A Quenlla"

sarampelo 22/02/2007 @ 20:36

 

A Quenlla 

“A Quenlla naceu en 1984. A idea de creación do grupo xurdiu deste xeito: “Máis ou menos estabamos directa ou indirectamente implicados na música moitos de nós, por procedencia doutros grupos, outros porque colaboraran con nós e cantaran individualmente e colectivamente e algunhas, sobre todo b-29-11-03-fogar-concerto-da-quenlla-032.JPGas rapazas, foron incorporacións novas. Esto da música é un veneno que se se poidera deixar así, polas boas…pero nós, que procediamos doutro grupo, mantiñamos a idea de levar a cabo o que sentiamos. Empezamos sendo tres, logo fomos catro, con tódolos cambios que esto conleva porque daqueles catro quedamos dous, logo incorporouse a totalidade da xente con soamente unha baixa e unha nova entrada.” 

Hoxe integran A Quenlla: Chusa, Tareixa, Mariña, Aia, Iria, Mijail, Yosi, Raúl Galego (interpretacións de gaita), Mini e Mero. 

Desde os comezos, as “alma mater” do grupo son: Xosé Luís Ribas Cruz “Mini” e Baldomero Iglesias Dobarrio “Mero”, antigos integrantes e fundadores de "Fuxan os Ventos".

O día 17 de xullo de 2004, brindáronse a actuar na primeira festa gastronómica  “Revenidas” de Vilaxoán de Arousa  onde se gravou o vídeo que vai neste post. Tamén actuaron no festival "Nunca Máis" que se fixo polo do Prestige no Fogar do Pescador do mesmo povo o 29-11-2003

t.c.f.