Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría:

En Lembranza de Anisia Miranda

sarampelo 23/10/2009 @ 22:02

 

Pasamento de  Anixia Miranda  

A escritora e xornalista de orixe cubano Anisia Miranda finou onte día 22 en Gres (Vila de Cruces) era dona do grande literato galego Xosé Neira Vilas.Esta nova do seu pasamento acadou no meu corpo un sentimento de tristura que aínda agora non recuperei. p1000187.JPG

Véñenme neste intre algúns recordos de fai un ano, cando estiven con Anisia e Xosé en Gres unha mañán e parte da tarde, xantando e falando sobre o de musicar ese gran poema de Xosé “Desta Terra” pola Cantautora Olalla Bouzas.

Teño que recoñecer que todo foi amabilidade e agarimo por parte dos dous. Estivemos paseando pola beira do río Ulla e a súa paisaxe de verdes ourelas, as illas de Gres e ollando con moito agarimo ese poema gravado na pedra “Desta Terra”. Foi para min un día emotivo que xamais esquecerei. Como vedes nunha foto que lles saquei, onde están nos bambáns arrandeándose  como dous nenos pequenos onde pódese observar a tenrura e o amor entre dous seres que se queren.p1000178.JPG

Graciñas por darme un día da vosa vida que sempre o lembrarei con moito agradecemento e cariño. O meu sentimento de pesar a Xosé.

Anixia, que a terra che sexa leve. 

Teo Cardalda 

 

Comando Cultural "Os Rabiscos- Crónica dunha morte anunciada-Teo Cardalda F.

sarampelo 09/02/2009 @ 21:20

Comando Cultural "Os Rabiscos"

Artigo de Teo Cardalda F. 

851.jpgCrónica dunha morte anunciada

O afundimento do palangreiro “Abrente” no porto de Vilagarcía.

Comezo este artigo co título do famoso libro de Gabriel García Márquez, un dos escritores que máis admiro.. Neste caso non vou escribir sobre a morte de Santiago Nasar protagonista desa impresionante obra do citado autor. Nembargantes, remato de facer plaxio co mesmo título a Xoán de Cagalloso e Soutomaior que algo escribiu sobre o tema neste Blog en uns post máis embaixo, aínda que el tamén di que llo roubou a García Márquez. Agora  imos coa cuestíón que  interesa, senón pérdome. Falo desa morte anunciada fai tempo, doutro protagonista, do xa finado “Abrente”.

Remato de lembrar e ler un artigo asinado por este sinxelo “escribidor de cousas” en o Diario de Arousa do día 09-03 do 2003, co título “Unha necrópole de buques”, onde facía unha exposición da “chatarra” que nos viñan deixando as aprehensións de buques por mercancías ilegais.

Se non recordo mal, cando colleron ao “South Sea”, coido que en augas de Canarias, tiveron o santa cativeza de traelo para este santo porto. Non quero nin lembrar (vergoña allea) a parafernalia que fixeron ao entrar o buque na Ría: helicóptero, lanchas ao seu carón, montaxe en terra como se fora unha película de Miami. Todo isto para algúns polítiquillos saír na foto e ao mesmo tempo dar unha sensación negativa cara a cidade de Vilagarcía. Coido que sería mellor deixalo onde o colleron e levalo a Canarias, pero non, tiñamos que gastar máis diñeiro en traelo a este porto por intereses moi escuros.

p1050477.JPGO do “Abrente” xa non te nome, oito anos este cascabello atracado ao peirao cunha historia macabra cando plantou lume no 2003 cunha víctima mortal. Daquela ninguén foi responsable e non se tomaron medidas. Por veces párteseme o beizo de risa cando algúns organismos públicos e políticos de profesións diversas de terra dentro, falan con aquelas bocas cheas da seguridade do mar: Que temos que cumprir as normas, que os barcos teñen que pasar tódalas revisións habidas e por haber. Estou dacordo que se cumpran todas esa normativas e leis para unha mellor seguridade do mar, iso non ten volta de folla. Pero que esas mesmas normativas que obrigan ao persoal do mar a cumprilas, os mesmos organismos públicos que tiveron e teñen responsabilidade na seguridade do “Abrente” nestes últimos oito anos, esa seguridade brillou pola súa ausencia.

Quizais a Autoridade Portuaria de Vilagarcía non tiña porque tragar este e outros buques no seu porto e facer de “mamá” dos outros organismos oficiais que “impuxeron” ou suxeriron os atraques destas “chatarras con parafernalia incluída”. Coido que a súa responsabilidade estaba en forzar ao máximo a que a Audiencia Nacional, Fomento (Capitanía) e outros estamentos implicados, tomaran dunha vez por todas unha resolución definitiva xa fai anos. A min me consta que cando estaba de presidente Xesús Paz, e son testemuña diso, que fixo o imposible para sacar esta “chatarra”, falando con todo “quisque” dos devanditos estamentos, pero sempre atopou en fronte a burocracia política; os cabreos eran impresionantes.

Agora que foi a pique o palangreiro, xa atoparon un responsable con nome e apelidos, unha persoa que chámase Andrés García que puxara polo barco fai uns meses.p1050478.JPG

Eu me fago unha pregunta. ¿ Esta persoa seguiu tendo os mesmos problemas burocráticos-políticos para intentar o desmantelamento do palangreiro?. Se isto foi así, a cousa é de vergoña e ao mesmo tempo sangrante.

Por iso que intentar cargarlle o marrón por unha lei, que non discuto, (segundo o avogado do estado) non parece de recibo. Unha cousa é a lei, outra o sentido común e neste caso non se aplica este sentido que temos os humanos.

Xa que se fala de acatar a lei, cantas veces nestes oito anos os devanditos estamentos oficiais non a cumpriron nesta morte anunciada do “Abrente”.

Artigo publicado en Galicia Dixital e Diario de Arousa

Viñeta de J.R.Mora

sarampelo 20/03/2008 @ 23:32

moraresurreccion.jpg

 

A viñeta de J.R.Mora ten moita carga de profundidade.¡Non sí!. Moi interesante a cousa.

Sobre o autor

Raimundo García ( Borobó )

sarampelo 20/10/2006 @ 18:33
  

EN LEMBRANZA DO MESTRE  

RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ "BOROBÓ"
UN GALEGO BO E XENEROSO
Recibo a nova do pasamento de mestre "Borobó" na noitiña do xoves día 28 de agosto. Neses intres o meu sentimento é de mágoa e tristura ante a perda de un gran home, un galego de pro que concirne a cantos amamos os dereitos humanos. Coido que Raimundo García "Borobó" atópase entre os poucos e escolleitos que dou Galicia no século XX.
A Borobó presentoumo no seu "Pazo de Trevonzos" unha tardiña de verán o poeta Gonzalo Bouza Brey. Naquela tarde, escoitando ao Mestre, as horas facíanse minutos. Coido que aprendín máis neses intres que en tódolos anos pasados, souben valorar un pouco máis a vida, sendo este día un dos máis importantes para min. Dende que o coñecín, sempre sentín unha grande simpatía, respecto e admiración. Simpatía a súa persoa e cara ao personaxe. Respecto polo loitador integro dende as súas posicións políticas e polos valores que representaba, atento á realidade actual, cunha sensibilidade para adaptarse aos novos tempos, sen esquecer os valores esenciais do ser humano no mundo que vivimos de bafuallada cobizosa e retrincada. Admiración, en especial, por ter sufrido tan directa e cruamente a Guerra Incivil ( desta maneira lle chamaba o Mestre á Guerra Civil). A imaxe e lembranza que conservo de Borobó as teño moi marcadas, xa que podo dicir que interveu moi decisivamente na miña vida en momentos moi importantes que determinaron que os meus valores éticos e morais colleran moito máis forza. Disfrutei de case todos os seus anacos, onde por veces facía máis lene a miña tristura, todo isto me fixo ser moi afortunado en especial o legado que me deixou, como é o Limiar do libro inédito "D. Francisco del Valle-Inclán, Unha páxina da historia de Vilaxoán do século XVIII", libro que verá a luz a primeiros do ano 2004.
Ao longo destes últimos anos convidoume a unha morea de actos culturais, en especial a aquelas faladoiros en Rianxo onde Borobó doume a oportunidade de coñecer a moitos intelectuais galegos. Lembro con moita saudade o día que bautizamos en Trevonzos un castiñeiro co nome de D. Ramón del Valle-Inclán, alí estaba o Mestre Borobó presidindo a cerimonia e como testemuñas Xoán Guitián, César Lombera e Xabier del Valle-Inclan, este día foi para min moi emotivo xa que estaba todo en perfecta sintonía, foi un día de choiva, máis ben de orballo, ollando o mar de Arousa, as Torres de Oeste, Lobeira, Xiabre, Vilaxoán, Cortegada.
O mestre Borobó, nun anaco do xornal " A Nosa Terra " referíase a min cariñosamente como o "Vello Rockero", por unha anécdota que eu lle contara cando tempo atrás Rosa Aguilar (hoxe en día Alcaldesa de Córdoba) nun xantar en Vilaxoán me chamara por este sobrenome, cousa que eu xa me esquecera, pero a memoria portentosa de Borobó deixoume abrouxado. Dende aquela sempre nos chamabamos mutuamente e cariñosamente "Vellos Rockeros" .
Foise o Mestre, foise a nosa alegría. Foise para non voltar, xa non leremos aqueles anacos, xa non escoitaremos aquelas anécdotas históricas de proletarios victoriosos e de cabaleiros e políticos covardes. En Trevonzos choran os sorrisos e se marchitaron as flores, pero sempre navegaran os días no lento navío das semanas, meses e anos coas ondas das lembranzas e co recendo do salitre de Arousa, porque o mestre pertence el só aos "Vellos Rockeros" que xamais morren. O día que finou, a historia trocou, a brisa fresca do vento mareiro levouse o derradeiro suspiro, pero sementou de lembranzas e anacos todo un camiño.
Ata sempre mestre Raimundo, onde agora te atopes estarás entre os "Bos e Xenerosos".
Teo Cardalda F.
Na medieval vila de Xoán de Soutomaior, Vilaxoán de Arousa. 02-09-2003

PRIMEIROS DÍAS DA GUERRA CIVIL EN VILAGARCIA DE AROUSA E VILAXOÁN,1936

sarampelo 25/09/2006 @ 00:53

Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

PRIMEIROS DÍAS DA GUERRA CIVIL EN VILAGARCIA DE AROUSA E VILAXOÁN,1936 22">levantamento do exército o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da República nacido das urnas, sendo a cabeza visible o Xeneral Franco, tivo a súas consecuencias tráxicas e sanguentas nesta vila como en miles de pobos do país. A represión foi brutal tanto nos primeiros días como en toda a contenda.
Ao longo da noite daquel sábado 18 de xullo, tivo lugar o incendio das sociedades “Club Náutico de Regatas” e “ Juventud Católica” por parte de persoas que defendían a lexitimidade do goberno; estas sociedades eran rexentadas por persoas da alta sociedade de Vilagarcia sendo partidarias do golpe de estado, algunhas delas simpatizaban coa Falanxe e outras representaban á dereita máis retrógrada.

DIRECTIVOS DO CLUB DE REGATAS, 1935.

O luns día 20 pola mañá, ten lugar unha xuntanza de moitos simpatizantes do Frente Popular no Teatro Vilagarcia para decidir se ían a folga xeral. Neses intres foi chamado con urxencia a Pontevedra o deputado de “Izquierda Republicana” Elpidio Villaverde Rei onde se lle pediu que mandase á capital milicianos armados. De volta a Vilagarcia declarase a folga xeral e fórmase o comité executivo do Frente Popular na Alcaldía, onde se toma a decisión de armar aos obreiros e requisar automóbiles; moitas persoas non saen das súas casas e a cidade vai quedando case deserta. Anteriormente xa meteran na cadea como prisioneiros máis de 30 persoas de significada ideoloxía dereitista, que en todo momento non foron obxecto de malos tratos nin dano algún.

Nembargantes todo isto non foi máis que unha ilusión e nada efectivo, xa que o tenente da Garda Civil de apelido Belay que dirixe as forzas ao seu mando, aborta a resistencia de Vilagarcia e acada que remate a presión dos resistentes na mañanciña do día 21.
Co paso das horas e organizados os simpatizantes do golpe de estado, colle o mando como comandante militar da Praza o coronel de Regulares Salvador Mujica Buhígas, comezando a da-las ordes oportunas. Nomea como alcalde ao avogado Frutos Cereceda Lapatza e adxuntos a Emiliano Porto e Wenceslao Oubiña.
O día 24 preséntase unha columna de Pontevedra ao mando do capitán da Garda Civil Manuel Bernal con forzas de Artillería e falanxistas. Pola estrada de Rubiáns baixa outra columna de Artillería ao mando do comandante Santiago Revilla. Estas dúas columnas únense e marchan sobre Cambados, ao saír de Vilagarcia teñen un enfrontamento a tiros con unha morea de militantes do Frente Popular, que cortaran a estrada ao />carón do convento de Vista Alegre. Máis tarde atoparan outras barricadas con moita resistencia en Vilaxoán e o Rial preto do río do mesmo nome onde estouparan unha ponte, a resistencia non puido parar ás columnas de Bernal e Revilla, entrando en Cambados.
De volta para Vilagarcia, camiñan pola estrada de Pontecesures e atopan en Bamio unha ponte estoupada e non poden seguir, daquela dedícanse a combater aos legalistas republicáns no monte de Xiabre.

O día 25 pola tardiña, estas columnas vanse para Pontevedra despois de reducir en Sanxenxo e o Grove os últimos grupos de leais á República.
Nembargantes, os fuxidos nos montes de Xiabre e Lobeira non foron totalmente eliminados, seguiron resistindo con actos de sabotaxe nas liñas eléctricas e nas vías do ferrocarril. Ante isto volve de Pontevedra o capitán Bernal coa súa columna e fai unha batida o 29 de xullo sobre Xiabre coa axuda dos hidroavións da base de Marín. Ao día seguinte o fan cos refuxiados no monte de Lobeira entrando por Cornazo, Pontearnelas e Sobradelo, facendo cinco baixas e varios feridos aos resistentes, entre eles Latorre, persoa que mandaba un dos grupos.
O 4 de agosto nomeouse xuíz militar da Praza ao capitán Carlos G. Rei comezando a instruír os procesos sumarísimos contra os resistentes e leais á República, as consecuencias destes “procesos” foron arrepiantes, penas de morte, cadea perpetua etc. O fiscal de apelido Puga, lles pide pena de morte a o ex-xuíz municipal Luís Pardo, Manuel Ouviña, Ramón Mondragón e Angel Navia. Ao alcalde Valentín Brionés, Jesús Villaverde Rei e José Otero foron condenados a cadea perpetua. Aos veciños de Vilaxoán, Francisco Muñíz, Antonio Alejandre e Vicente Montenegro, o fiscal pide a cadea perpetua, quen presidía este tribunal foi o coronel Ledo. Tanto os anteriormente citados como Roxelio Diz Fuentes e Juan Piñeiro Pérez foron levados ao Lazareto (Illa de San Simón) . A Roxelio Diz o mandaron para a cárcere de Pamplona, pasados unha morea de anos todos eles foron postos en liberdade, pero era unha liberdade vixiada. Todos eles pasado moito tempo foron refacendo a súa vida paseniño con moitas dificultades, inclusive Juan Piñeiro Pérez chegou a ser Patrón Maior de Vilaxoán.
O mais triste de todo isto foron as represalias en todas a súas formas a centos de persoas ao longo da guerra e na posguerra como: rapado do pelo ás mulleres, control de vixilancia permanente a persoas soamente por vinganzas persoais, control nos Cuarteis da Garda Civil onde lles daban malleiras, requisas nas casas polos falanxistas dos que eles pensaban que eran sospeitosos, práctica do terror a persoas que non fixeron ren pero si algún dos seus familiares, despidos nos traballos , a queima dalgunhas casas por si se atopaba dentro algunha persoa das que andaban a buscar, para queimala en vida, etc..
Arrepiante foi o asasinato de persoas “paseadas” a sangue fría guindados os cadáveres en calquera cuneta por elementos que se dicían da Falanxe. “Paseados” só polo feito de defender a legalidade vixente como era a República e a democracia. Entre moitos deles en Vilaxoán foron: Rodrigo Berruete Alejandre, José Otero Lago, Manuel Soto Valle, Antonio Basilio Sayanes González, José Rei Cores,Antonio Soto Patiño, Manuel Diz Fuentes, Enrique Mariño Barreiro, Serafín Nogueira Santorun, Manuel Rei Urcera, Joaquín Valle Torres e Santiago Rivas Martínez.
Os máis baixos instintos do ser humano afloraron con esta semellante brutalidade, non habendo xustificación ningunha para cometer estes asasinatos que aínda despois de setenta anos quedaron na total impunidade.
Esta é un anaquiño histórico da Guerra Civil e posguerra, historia que sempre nos ocultaron tanto na escola como en outros eidos da vida, sendo imprescindible recuperar esa memoria histórica e dala a coñecer en toda a súa crueza e realidade aínda que non nos guste, para que os nosos descendentes saiban a verdade do que pasou e que non volvan a cometer os mesmos erros.

T. C. F.

La página " del > del <A HREF=

-

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Un pouco de historia- VILAXOÁN

sarampelo 03/09/2006 @ 14:31

NAVEGANDO POLA RÍA DE AROUSA


 

Anaco Histórico
A vila atópase na banda sur da Rïa de Arousa, pertence ao Concello de Vilagarcia, sendo o núcleo máis importante da freguesía de San Martiño de Sobrán. No censo de 2004 conta con 3.562 habitantes (1.861 mulleres e 1701 homes), repartidos polos lugares de Faxilde, Renza, Riolois, Aralde, Eiviño, Piñeiro, Santamariña, Ruanova, Maceiras e a Lagoa.

 Os estudios arquolóxicos de toda orde, a toponimia local e o conxunto de crenzas que se transmiten de xeración en xeración, nos levan a épocas prehistóricas, emporiso non é moi doado fixar con exactitude a época en que escomezou a poblarse este anaco de territorio galego ata formar un núcleo de poboación con un nome difinido.

 

O certo que a antiguedade é moi remota, debido aos achados de alfarería romana, moedas dos emperadores romanos Constancio Cloro e o seu fillo Constantino, tamén apareceron moedas no adro da Igrexa de Égica e Witiza, así como sartegos antropoides no camposanto.A vila e porto, foi fundado polo Arcediano de Reina e Sr. de Sobrán Xoan Mariño de Soutomaior, que está soterrado na Igrexa de San Martiño de Sobrán do s.XII, por estas datas o nome de esta freguesía era de San Martiño de Severana.

Conta con outros monumentos históricos como: Pazo de Sobrán do s.XV fundado por Paio Gómez de Soutomaior; Pazo de Pardiñas de finais do s.XVI; Pazo do Rial do s.XVI e Pazo da Ruanova do s.XVII, este vencellado aos Valle-Inclán, fundado polos antergos do famoso dramaturgo D.Ramón del Valle-Inclán, como son: Miguel Inclán e Rosa Malvido. Neste Pazo naceu e foi bautizado en Sobrán, D.Francisco del Valle-Inclán Santos, fundador do primeiro xornal de Galicia "El Catón Compostelano", e da primeira biblioteca pública da Universidade de Santiago.

Vilaxoán foi Concello dende 1836 ata 1913, sendo anexionado ao de Vilagacia por razóns históricas aínda non moi claras, xa que poucos datos e documentos quedan, por mor dun incendio no Concello de Vilaxoán nas derradeiras datas da anexión, parece que foi intencionado para non clarexar as trafulcadas da anexión. dende un punto de vista económico, a maioría da poboación adícase en todo o referente ao mar: bateas de mexillón, viveiros de ameixa, pesca e outros. As industrias manufactureiras se compoñen dun secadeiro de bacallao e tres fábricas de conserva de peixe e marisco.

Atravesando a freguesía, pasa a estrada de Vilagarcia a Cambados, estándo a dous quilometros da primeira cidade, tamén dende Vilagarcia pódese vir pola beiramar ata o mesmo porto de Vilaxoán.

PIECE OF HISTORYVilaxoán de Arousa village is in the sout part of her He Laughs (laugh at Arousa, it belongs (concerns) to Vilagarcia's town hall. A present it he, has 3.562 inhabitants. The village was founded by Juan Mariño de Soutomaior in the 15th century.

Teo Cardalda F.

 

La página " del > del <A HREF=

-