Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Concerto de Rock Woodstock-1969-Vídeos

Concerto de Woodstock-1969

sarampelo 28/12/2006 @ 00:54

 


 

herb-at-woodstock.jpg

Aquel Gran Concerto de Rock de Woodstock Agosto de 1969 en Vídeos     

O festival de música e arte de Woodstock foi un dos festivais de rock máis famosos da historia. Tivo lugar nunha granxa de Bethel, Nova York, os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. O festival ten o nome de Woodstock porque inicialmente estaba programado que tivese lugar nun lugar do pobo de Woodstock, en Ulster County; a oposición local case cancela o evento, pero Sam Yasgur convenceu ao seu pai Max Yasgur para acoller ao concerto nos terreos da familia, localizados en Sullivan County.

laura.jpghippies2.jpg









 

 

 

Ocorreron tres mortes no festival de Woodstock: unha debida a unha sobredoses de heroína, outra tras unha ruptura de apéndice e unha última por un accidente cun tractor. Tamén ocorreron dous nacementos non confirmados no festival. nome dun famoso documental sobre o concerto dirixido por Michael Wadleigh e montado por Martin Scorsese. Foi estreado en 1970 e gañou o premio Oscar ao mellor documental. A película recibiu o título de "culturalmente significativa" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa conservación no National Filme Registry.

 

 woodstock.jpgwoodstock1.jpg

 

 

 

 

 

 

O Festival congregou grandes artistas da época confirmando a algúns descoñecidos que en pouco tempo convertéronse en verdadeiras estrelas como é o caso de Joe Cocker e Santana. Os grandes concertos do festival estiveron protagonizados por The Who, Jimi Hendrix, Janis Joplin, e BLOOD, entre moitos máis grupos e artistas. A gran ausencia estelar deste macroconcierto foi a do cantante norteamericano Bob Dylan, esperado pola multitude ata o último instante. 

 woodstock8.jpgwoodstockflag1.jpg

 

 

 

 

Os que daquela tiñamos 19 ou 21 anos e estabamos un pouco informados, un ruxe ruxe nos chegaba aos nosos oídos naquela Galicia pechada ao mundo,(non así estaba pechada para a sangría da emigración)  no que respecta  á modernidade que nos viña enriba con novos aires de Europa, cousa que o réxime franquista non admitía. Os que tivemos a sorte de estar no lugar e momento adecuado o “ruxe, ruxe” deste movemento era moito máis claro, é así o entendemos moitos de nós.

 

 

Aquilo de Bethel foi para nós algo fora do normal, chegábanos novas de que había preto de 2.000.000 de persoas, outras informacións dicían un millón, eso xa non importaba, o máis importante era que a nosa xuventude tiñamos claro que o mundo o estabamos a cambiar, que a forza da imaxinación , os ideais de paz e de xustiza social, os dereitos humanos e a solidariedade eran as causas e o significado daquel irrepetible Concerto de Rock. Así nós o entendiamos, pero na Galicia en España o tiñamos bastante crudo para chegar a esa cultura democrática, tiñamos que andar un camiño difícil abondo que era loitar contra a dictadura de Franco, e iso custou suor e sangue. Algo tarde chegamos aos novos movementos da xuventude mundial naqueles anos 70. Nembargantes escoitabamos a cantantes comprometidos como: Joan Baez, Bob Dylan e outros.

Como dicía Machado aquilo de: “..........Al andar se hace camino y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar......” Coido que esta xeración de xóvenes de agora, coa información que teñen a tecnoloxía nun estado avanzado, poden coller aquel facho de entón, recuperar aquela senda que nós non volveremos a pisar e andar ese camiño coa vista dun mundo mellor. Non creo que sexa  pedir moito a esta

xuventude de hoxendía aburguesada, pero temos que confiar en ela ou con este planeta o remata o salvaxe neoliberalismo que estamos a padecer. Outro mundo é posible.   

 

-----------------------

 

Vexan Algúns Vídeos Daquel Evento 

Reportaxe antes do Concerto

Johnny Winter

The Band

Quill

Blood Sweat & Tears

Joe McDonald

Joe The & The Fish

Mountain

Incredible String Band

John Sebastián (Vídeo excelente)

Sly & The Family

Tim Hardin

Bert Sommer

Canned Heat

Sha Na Na

The Who

Ball Chain

Janis Jopling

Jimi Hendrix

Jefferson Airplane

Grateful Dead

Santana

Joe Cocker

Joan Baez  

T.C