Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Comando Cultural "Os Rabiscos"-Artigos-Teo Cardalda F.

En Lembranza de Anisia Miranda

sarampelo 23/10/2009 @ 22:02

 

Pasamento de  Anixia Miranda  

A escritora e xornalista de orixe cubano Anisia Miranda finou onte día 22 en Gres (Vila de Cruces) era dona do grande literato galego Xosé Neira Vilas.Esta nova do seu pasamento acadou no meu corpo un sentimento de tristura que aínda agora non recuperei. p1000187.JPG

Véñenme neste intre algúns recordos de fai un ano, cando estiven con Anisia e Xosé en Gres unha mañán e parte da tarde, xantando e falando sobre o de musicar ese gran poema de Xosé “Desta Terra” pola Cantautora Olalla Bouzas.

Teño que recoñecer que todo foi amabilidade e agarimo por parte dos dous. Estivemos paseando pola beira do río Ulla e a súa paisaxe de verdes ourelas, as illas de Gres e ollando con moito agarimo ese poema gravado na pedra “Desta Terra”. Foi para min un día emotivo que xamais esquecerei. Como vedes nunha foto que lles saquei, onde están nos bambáns arrandeándose  como dous nenos pequenos onde pódese observar a tenrura e o amor entre dous seres que se queren.p1000178.JPG

Graciñas por darme un día da vosa vida que sempre o lembrarei con moito agradecemento e cariño. O meu sentimento de pesar a Xosé.

Anixia, que a terra che sexa leve. 

Teo Cardalda 

 

Comando Cultural Os Rabiscos -Unha homenaxe aos bos e xenerosos

sarampelo 19/10/2009 @ 00:09

;

Unha homenaxe aos bos e xenerosos          

       2009101816044893737.jpg  Os milleiros de persoas que o domingo 18 asistiron á manifestación en Santiago contra a política de agresión e regresiva da Xunta en detrimento da lingua galega, aparte da súa connotación  reivindicativa, tamén foi emocional. Digo emocional polo feito que, cada un de nós que apoiamos esta protesta  indirectamente lle estabamos facendo unha homenaxe a  tódolos galegos/as que conservaron o idioma durante moitos anos, falo dos nosos antergos, dos nosos avós que, contra vento e marea a seguiron falando aínda nos tempos máis escuros en especial naquela “Longa Noite de Pedra”.       

      Deixáronnos as súas herdanzas  materiais, cousas que van e veñen e outras que se evaporan co tempo. Porén a herdanza que nos deixaron do idioma é a siña de identidade que nos conecta entre o presente e mailo pasado e grazas a eles aínda perdura.      

      Cando se usa a lingua como “arma política”, están a non respectar  e ofendendo a dignidade dos nosos antepasados, non hai peor ofensa que a falta de respecto aos finados de tódalas xeracións pasadas que nos deixaron esta riqueza cultural do noso idioma.         

      A mágoa é ter que aturar a algúns demagogos/as que non representan a ninguén, creando unhas plataformas dun suposto “bilingüismo”que é unha careta que poñen  na face cando lles peta, creándolles un complexo que teñen  no seu maxín e lles fai odiar a lingua dos seus mesmos avós querendo devolvernos ás cavernas da marxinación; o “ bilingüismocastelao.jpg” sempre existiu, todos aqueles que falan galego, tamén falan castelán.           

      Non coñezo a ninguén que fale galego e que descoñeza o  castelán. O que teñen que procurar estes manipuladores da realidade é que, axuden a coidar o castelán con milleiros de palabras anglosaxonas  que da moita mágoa escoitalas. O perigo de que non sexan  ler as futuras xeracións as cantigas de “Alfonso X el Sabio”, é no é demagoxia,  atópase nesta grande manipulación “política” por parte de algúns renegados en contra do idioma galego. O que se intenta por parte desas asociacións é rematar coa nosa base cultural e siña de identidade, todo isto e máis que digan e sigan dicindo fédeme a “casposo e rancio”.      

      Castelao dicía: “ o idioma imposto non acadou matar o noso idioma natural; pero acadou degradalo” O goberno da Xunta intenta matalo paseniño aliándose con esa  Asociación “Galicia Bilingüe” que lidera Gloria Lago, que non sei aínda hoxe a quen representa, que supoño que xoga o seu xogo, facer que fai o que non fai, acadar a súa parcela de poder en base a ese movemento que lidera para finalmente integrarse na rede clientelar usando  unha política trapalleira e perigosa.        

       Porén, se aínda somos galegos é pola nosa fala. Eses mesmos galegos estiveron o domingo en Santiago defendendo a cultura do idioma e homenaxeando aos bos e xenerosos que dormen o sono da eternidade, deixándonos a herdanza desta fermosa lingua .       

      “Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte”, desta maneira falaba Castelao. 

Teo Cardalda F.  

 

  • Artigo en Galicia Dixital
  • Comando Cultural Os Rabiscos, Os Novos "Pre-Jubiletas", Teo Cardalda F.

    sarampelo 02/10/2009 @ 12:45

    script>

    ;

     

     

    Os Novos “Pre-Jubiletas”        

             A pensión vitalicia de 3 millóns de euros do BBVA ao seu número dous José Ignacio Goirigolzarri é como unha moca a tódolos pensionistas deste inxusto país. O BBVA anunciou a saída de “mutuo acuerdo” deste “jubileta anticipado”.  Para afrontar esta suma de tres millóns anuais que cobrará, o banco o aprovisionou en 54, 49 millóns de euros. jose_ignacio_goirigolzarri_ex_consejero_delegado_bbva.jpg      

           Que a estas alturas os responsábeis políticos voten as mans a cabeza ante feitos coma este é para votarse a rir, estes “nenes” están de coña mariñeira. A crises que nos está a comer, tanto internacionalmente como nesta terra da Hispania, foi provocada por eses que controlan os bancos, sendo os máximos responsables da desfeita que temos ao lombo. Que este tipo de actuacións son legais, porque a lei os ampara, desvela ben as claras o punto de corrupción no que estamos, a impasibilidade moral e ética coa que se goberna, a catadura de sinvergonzas que pasean polos salóns. Poderá ser legal. Sí, Poderá axustarse á lei. Sí. Pero non é presentable. Non é ético.       

             Agora o que teñen que facer os representantes dos poderes públicos, co dereito e legalidade que lles asiste é abrir unha conta a este Sr. Goirigolzarri “pre-jubileta” no INSERSO, coller a super-mega oferta de vacacións para a terceira ou cuarta idade, darlle a Tarxeta Ouro en idade de merecer e pasar unha boas vacación nas praias da Cancún, ceo e limbo para herniados e operados de cadeiras, será ideal para que, por fin descanse do ardor guerreiro co que combateu no seu traballo da “codicia”   Nós, os do IRPF o único que podemos facer por ese señor “pre-jubileta”, é elevar as nosas oracións ao Altísimo para que no seu retiro non colla almorrás nin lle veña o mal prostático.delacruzconvencimientod.jpg      

         Despois de que gobernos de todo o mundo, incluído o español aportaron billóns de euros para proporcionar liquidez aos bancos, estes non axudaron nin a familias nin ás pymes. Este diñeiro estatal debería destinarse  directamente a axudar as familias e ás empresas que realmente o necesitaban, para evitar o que hoxe é unha realidade, a parálises total da actividade económica real. E este Sr. “pre-jubileta” vaise de rosiñas cos petos cheos. Non teñen vergonza.      

           Algún día nos explicaran estes líderes políticos o desta desfeita e corrupción por parte destes sinvergonzas. Aínda que para “codicia “ a de determinados políticos que acumulan unha morea de substanciosos soldos, e o que moito peor, a costa do diñeiro público. portdv01-2006.jpg      

           O país con millóns de parados e o remedio e as receitas para parar a crises é máis do mesmo e o goberno nos quere vender a moto.¡A quen queren enganar !. ¿Qué pasa coas SICAV ?. Este goberno nin man lles mete nin nada fai para poñer remedio. As SICAV son sociedades de inversión de capital que pagan o un por cento e no argot financeiro lle chaman “Los Mariachis”, ou sexa un só “codicioso” e 99 mariachis (testaferros). Na práctica, utilízanse para a xestión individual de carteiras de grande patrimonios. Neste intre hai preto de 3.369 SICAV baixo xestión de máis de 27.000 millóns de euros (case 4.5 billóns de pesetas). Disto xa falaremos noutro intre.

          Ao final de toda estp_25_06_2009.jpga historia quen vai pagar os pratos rotos son os mesmos de sempre, os “currantes”. Isto ten responsables, non son máis que os gobernos de quenda durante dúas décadas o deixar o raposo dentro do galiñeiro. Agora nin temos galiñas nin galiñeiro.

         Falan da pandemia da gripe A. Temos neste país unha pandemia moito peor, a enfermidade da corrupción que só pódese curar coa revisión da Lei Electoral e listas abertas.

    Teo Cardalda F. 

     

  • Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F.

    sarampelo 08/09/2009 @ 22:45

    ;

     

    Escrito ao Sr. Mariano

    (Puño en Alto) 

    O Sr. Rajoy cualificou o do "puño en alto" como un símbolo fascista eo PP ao completo di que o "puño en alto" e como un "puñetazo", "totalitario" e "amenaza".

     20071004elpepinac_5.jpg

    ¡Pobre Mariano!. Coido que non o leva moi ben isto da política , leva camiño de se converter no primeiro suspenso de un bo estudante de provincias.  Non Mariano,  que non, que coa xente que tes ao teu carón non tes  futuro. Saes dicindo  unha mentira histórica do " puño en alto" e ao momento toda unha tropa do franquismo sociolóxico que tes rodando á túa beira entra a trapo nos medios como elefantes nunha cacharreira.

     

    Seguro que estás a maldicir a hora e mailo día que saíches  con esa patada de burro. Vouno a tratar de vostede por consideración e respecto a súa persoa, é o menos que podo facer, aínda que vostede non respectou a milleiros de persoas que defenderon e defenden a liberdade deste país.

     

    Sr.Mariano, sabe moi ben que o puño en alto é un símbolo histórico dos traballadores e da loita  obreira, das  forzas políticas da esquerda, dos demócratas convencidos, republicanos. En definitiva, de xente de ben que na súa inmensa maioría son defensores das liberdades. Polo contrario, todos aqueles que levantan a man aberta "cara al sol", non coñezo a ningún, nin un só que as súas ideas non leven a unha grande relación co totalitarismo. Esa é a diferenza, Sr. Mariano.

    Sr. Mariano, vostede quere terxiversar a historia, inclusive ata son capaces de "privatizala", cousa que lles gusta moito, se por vostedes fora ata o ar o privatizaban. Cantos quedaron nas cunetas asasinados por defender a democracia e nos últimos intres de ser fusilados levantaron o puño. Esquécese vostede dos 40 anos que a extrema dereita fascista gobernou este país a sangue e lume, con símbolos en todos os lugares, ata os tiña na sopa e no prato onde xantaba.

    Sr. Mariano, alporízase ( ou lle mandan alporizarse) cos do "puño en alto". Vostede non se decata ou non quere decatarse que no seu partido están agochados franquistas nostálxicos, os ten a montes e moreas e non dan abasto en crispar aos españois acentuando as dúas españas de Machado.

    92111_rajoy_manifestacion2.jpg

     

    Sr. Rajoy, en Europa os nazis e fascistas foron depurados e xulgados. En Arxentina, Uruguai, Chile, Nicaragua, El Salvador, etc, os xenocidas están a pasar polos tribunais. Aquí Sr. Mariano, dormen coa perna solta e teñen a cara dura de seguir defendendo o fascismo  que vostede e a súa tropa xamais condenaron nin condenan.

    Sr. Mariano, no lle vai ser moi doado acadar que o seu partido tome unha clara ideoloxía  de dereitas ou de centro-dereita ao estilo europeo, cando o seu antecesor que lle deixou o "Sofá",  votaba lume contra a Constitución fai 30 anos, levantaba a man  "Cara al Sol" defendendo a memoria de Franco e agora segue dando ordes á sombra e ao amparo de FAES. Mentres que no saque esa rémora de riba do lombo (como o muxe  leva a lamprea), pouco ou nada pode facer.

    Cando o partido que vostede dirixe  condene tódalas atrocidades do franquismo, non rexeiten as mocións de retirar os símbolos fascistas, placas, títulos, rúas, avenidas, estatuas, medallas etc e respectar unha Memoria Histórica, entón Sr Mariano, xa pode darse cun canto nos dentes . Coido que si o intenta vostede, dura tanto como un caramelo ao pé dun colexio, ollará que en menos dun minuto comeza a subirse polos seus pantalóns ao Sr Mayor Oreja número un no seu partido desas ideas retrógradas .

    Aínda con todo ese lastre que ten en contra, lle desexo que teña éxito en facer ese partido moderno e libre de  velenosas serpes fascistas. Ten unha oportunidade de ouro neste intre de coller o touro polo cornos, retirando esas palabras que Vd. dixo do "puño en alto". Rectificar é de sabios Sr Mariano.

     

    Teo Cardalda  

    (A Foto de César Lucas do neno co puño en alto, é un icono dos anos 70 da transición. Premer aquí para saber moito máis desta foto e saber quen é o neno, hoxe piloto de Líñas Aéreas)   

    Artigo de Galicia Dixital "Opinión en Galicia"

    Comando cultural Os Rabiscos-G20, a gran mentira do século XXI-Teo Cardalda F.

    sarampelo 10/04/2009 @ 20:21

     

     

    Comando Cultural Os Rabiscos

     

     

     

     

     

    Comentario de Teo Cardalda F.

    G20, a gran mentira do século XXI 

     

    É tempo de facer un pequeno análise da xuntanza dos líderes mundiais para esa tan cacarexada “refundición do capitalismo”. Nese mesmo día as rúas de Londres estaban cheas de manifestantes co balance dun morto pola policía (ver vídeo). Había catro manifestacións que representaban aos catro xinetes do Apocalipses deste século: a do cambio climático, a dos delitos financeiros, o paro e a fame e a sen razón das guerras. Desde o meu punto de vista faltaba outro xinete que ven dominando desde fai un tempo ata agora como é a falla de valores, alicerce que sustenta todo o demais.untitled14.bmp 

    Desde fai  máis de dúas décadas, cando subiron ao poder Margaret Thatcher en Gran Bretaña e Ronald Reegan en USA, estes foron os que impulsaron ata tódalas consecuencias a teoría de Milton Friedman, teoría que está fracasando estrepitosamente: máis fame no mundo e máis concentración de capital en poucas mans, e isto que está acontecendo agora é a herdanza que nos deixou estas dúas boas pezas, o Vaqueiro e a Dama de Ferro. 

    fotocumbre-interior.jpg

    Ao pasar os anos acontecía unhas loitas e manifestacións alí onde ían as cumes do G8 e berraban cunha consigna onde aseguraban que “outro mundo é posible”, alertaban da desfeita a nivel mundial deses “cinco” xinetes do Apocalipses. Os medios xa estaban coas tendencias e consignas dese gran capital salvaxe acusando a estes de antisistema, violentos, anarquistas, comunistas, e algúns medios máis afíns ao salvaxismo financeiro os acusaban ata de terroristas. A todo este movemento antisistema, o sentido común e o tempo lles está dando a razón. 

    Agora chegou a desfeita e queren “refundir o capitalismo”. ¿Quén cre aínda no sistema?. Soamente os poucos que se benefician del e provocaron este caos económico, financeiro e de valores. Ante esta visión e panorama do que está acontecendo, eu desde esta sinxela tribuna súmome e apoio a estes movementos, aínda que eses xornalistas “mandilóns”ao servizo deses  intereses bastardos acúsenme de anarquista, violento ou antisistema. Cousa que non son nin anarquista nin violento, soamente estou contra este sistema de pes de barro doente de cancro que queren curar con aspirinas.  

    20090329elpepieco_2.jpg

    Este líderes en catro horas tomaron uns medidas que ven sendo máis do mesmo, pero unha das medidas que me deu máis noxo foi darlle recursos dun billón de dólares ao FMI, un moribundo que queren facer revivir, cando foi o causante que fundiu o mundo impoñendo a súa política económica (política USA) en recortes de gastos sociais, privatización das empresas públicas, receitas que hoxe están moi cuestionadas. En fin, un “chiringuito” capitalista para xestionar as supostas axudas (negocios) dos países imperialistas que manexan os destinos globais. O principal é manter ese moribundo do FMI.  É como  meter o raposo no galiñeiro para seguir ás andadas. Estes organismos moribundos do F.M.I. e o Banco Mundial son os vampiros que conduciron á miseria aos países do terceiro mundo, deixándoos secos das súas materias primas e agora intentan facer máis do mesmo inclusive co primeiro mundo. De aniquilar estes dous vampiros, os do G20 non queren nin oír nin falar.  

    int455288be_1.jpg

    A medida que máis me fixo rir, foi a de un compromiso “radical e firme” contra eses “paraísos fiscais”. Estes están de coña mariñeira e seguen insultando á intelixencia do persoal, cando Gran Bretaña que pertence á CEE coa súa propia moeda  “administra” algúns Paraísos Fiscais de : Bahamas, Bermudas, Gibraltar, Isla de Man, Islas Caimán, Jamaica, Jersey e Islas Seychelles, e podemos seguir enumerando  outros “paraísos”  como os que administra USA e outros. nato-300x300.jpg

    Coido, e non é surrealismo,  que estamos sendo testemuñas neste final de década do século XXI ante un golpe de estado mundial encuberto, cun brazo armado como é a OTAN. Oxalá o meu maxín atópese trabucado. Estes “líderes”políticos que nos toca vivir son aprendices do Diaño. Mala chispa os coma, e nós a seguirlle votando. 

          

     

    Comando Cultural Os Rabiscos-Quintín Cabrera o Cantor do Compromiso- Teo Cardalda

    sarampelo 15/03/2009 @ 22:57

    Comando Cultural Os Rabiscos 

     Teo Cardalda F.     

    Quintín Cabrera o Cantor do Compromiso

                

            Pouco ou case ren saíu a nova neses “falsimedia” do politicamente correcto do pasamento dun grande cantautor cómo foi Quintín Cabrera, seguro que foi moito máis importante a bosta e podredume que ese día vomitou ás TV. cos seus programas lixo.                         

    Algún que outro xornal o comentou de pasada e correndo. Neste país do que estamos a xogar á “democracia” tes que ser pesebrista e adorar ao deus de quenda, senón non tes cabida. Cómo dicía sempre a miña avoa, xamais o esquezo, “mala centella os coma”.            cabrera.jpg 

    Calou o cantor. Foise o cantautor, xa non escoitaremos a súa voz en persoa. En Uruguai en España choran os sorrisos e murcháronse as flores.

    Quintín Cabrera, artista  dos pes á cabeza. Artista dos que xamais se renderon, sempre co seu compromiso social  ante esta realidade actual de valores tirados polo chan nun mundo de bafuallada cobizosa e retrincada. Quintín un profesional íntegro que sempre desde aquel día de 1967 que participou no Festival da canción protesta en Cuba mantivo firme esa posición nas trincheiras heroicas, no que hoxe lle chaman o “politicamente incorrecto”.                      

    O coñecín persoalmente en Vilagarcía de Arousa nunha actuación e tiven a sorte de charlar con el durante esa noite e no día seguinte, a impresión que me deu foi impactante, respiraba humanidade por tódolos seus poros, era un grande entre os grandes, falamos do humano e máis do divino, as horas que tiven con el parecéronme minutos xa que nese anaco de tempo aprendín a valorar moito máis o que significa a amizade.                      

    En Galicia sempre lembramos aos grandes e íntegros como “Bos e Xenerosos” e Quintín está e estará  entre eles. Ata sempre compañeiro, que a terra che sexa leve.

    Dolorosa Crónica de Urxencia por Carlos Tena

     

     Este é un anaco da canción: 

    “Yo vengo de un país que ya no existe” 

    “Por eso caducó mi pasaporte.
    Tengo tantos países para no tener nada
    por ir dándome sin pensar en fronteras:
    a nadie le importa en las aduanas
    que llene de cielos mis bolsillos,
    de mares y lunas mi guitarra.”
      

     

    Video 

     

    Comando Cultural "Os Rabiscos- O ouveo dos lobos sempre causa temor-Teo Cardalda F.

    sarampelo 06/03/2009 @ 00:35

    Comando Cultural Os Rabiscos

     

    Teo Cardalda F. 

     

    O ouveo dos lobos sempre causa temor 

    Xa temos outro mapa político nesta fermosa terra de Galicia. Volveu o PP a San Caetano, máis ben volveu por deméritos dos que estaban que por méritos dos que volven, en especial primou toda aquela bosta que fedía abondo no bipartito ocultando os logros que se acadaron nestes catro anos, neste caso non souberon vender moi ben o que fixeron, onde o PP tivo unha capacidade de fabricar con unha alta doses de citologia.gifdemagoxia sen argumentos unha campaña navalleira.        

    Nesta sociedade de líderes escuros, mediocres e grises (poucos se salvan deste cualificativo), na que a liberdade de opinión soamente a fabrican como máximo tres grupos mediáticos, onde cada un deles buscou levar a súa sardiña onde máis quente. A cousa tivo pouco marxe para pensar libremente, os miolos non asimilaron a verdadeira razón de todo isto, non lle deu tempo, o bombardeo mediático  foi dunha machucadura continua  que nos esquecemos da verdadeira razón que nos podía interesar. Aínda hoxe eu non sei cal vai ser esa política do PP cpoder_mediatico.jpgando comece a gobernar, o motivo foi que algúns políticos coa axuda destes medios afíns  case atrofian o meu disco duro de tanto esterco que votaron á rúa.         

     Por iso atérrame que os que chegaron a gañar indiscutiblemente por maioría dos votos da poboación, traten de facer e impoñer ese modelo neoliberal tan defendido polo PP e case ocultado nesta campaña por tanta bosta mediática, xa que esa é a súa ideoloxía, sabendo que esta grande crise mundial que estamos a pasar -“lo que te rondaré morena”-, foi provocada por esas políticas desde fai dúas décadas.       

    Teño  temor a que pasará coas políticas enerxéticas. ¿Que acontecerá con Plan Eólico?. Seguiran con mesmo plan onde as industrias que teñen as adxudicacións fican unha parte dos beneficios que pasarían ao pobo, ou volveremos  a esa política tebeos-exponen-muestra-guerra-civil.jpgnefasta neoliberal de adxudicacións se dar ren a cambio.               

    Teño temor coa Lei de Protección do Litoral dos 500 metros do linde da costa, que vai pasar.       

    Teño temor ante o que poidan facer sobre o da vivenda, cousa que a Concellería onde estivo Teresa Táboas, desde o meu punto de vista foi unha das que mellor funcionou con tódolos seus defectos. ¿Continuará esa mesma política de vivendas de protección social coa recuperación dos cascos históricos para unha boa calidade de vida?. 

    Vexo moita escuridade. De tantas árbores case non me deixan ollar o monte e sinto o ouveo dos lobos que causa eses temores. Ogallá este trabucado para ben desta Galicia. 

     

    In Memoriam- Pepe Rubianes

    sarampelo 02/03/2009 @ 00:44

    In memoriam 

    Pepe Rubianes 

           

     

           Pepe Rubianes Alegret naceu no mesmo pobo que eu nacín Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), o 2 de setembro de 1947, o coñecín fai tempo e  cando me achegaba a Barcelona moitas veces nos víamos . Lembro a última vez que falei con el, foi por teléfono nun momento bastante crítico para a súa persoa, a miñas palabras foron de apoio e solidariedade.

           

           Unha grande perda. Era un anaco grande de artista. Era un exemplo na vida e na forma de vivila, sen dúbida un dos grandes cómicos galaico-cataláns que xamais esquecía a súa terra, sempre estaba a falar de Vilaxoán, tanto en público como en privado.220px-rubianes.jpg

          

           Foi unha das poucas persoas que nos momentos non moi doados da democracia, chamou a cada cousa polo seu nome en especial a algúns políticos. Un dos poucos neste país que lle chamou ao pan pan e ao viño viño e sen pelos na lingua. Na súa vida persoal era un home tímido abondo e lle gustaba pasar desapercibido pero con todo crecíase no escenario ata dalo todo.

          

           Sempre utilizou un humor intelixente e a súa arte non estaba ao alcance de calquera, porque era único no seu traballo de interpretar, por dar vida aos nosos sorrisos, por arrincar montóns de gargalladas, por facer chorar de cando en vez nun ataque de risa. Todo era entrega, devoción na posta en escena en tremenda acción. Este país remata de perder a unha grandiosa persoa en tódolos sentidos e a un profesional como a copa dun pino.

         

            ¡Pepe!, os bos e xenerosos da túa terra galega, todos aqueles en xeral que comprendían as túas palabras intelixentes na rúa e no escenario sempre estivemos e estamos contigo, aínda hoxe lembro aquelas verbas tan reais como a vida mesma: “ Yo insulté a la España que mató a  García Lorca”. Palabras que suscribo e apoio, non como moitos destes políticos que presumen de “progresistas” e actuaron hipocritamente neste caso.

           Coido que Pepe debe estar no alén “descojonándose” de risa ao ver que neste país aínda agora e por moito tempo temos mentes casposas e de tan poucas luces como para non entender o que é o humor intelixente e as verdades cantadas na cara a aqueles que se senten ofendidos duns feitos execrables.

         

             Botarémosche de menos, vaste sendo un grande, de seguro que non era a túa intención, pero deixas un oco imposible de encher, fuches irrepetible.

          

           Agora vouche falar de ti a ti. ¡ Isto non se fai Pepe!. Nin se che ocorra repetir esta función, que de todas as que fixeches é a única que non ten ningunha gracia, pero ningunha gracia Pepe. Dígoche que sempre identifiqueime coas túas ideas de librepensador e  valores éticos e morais dos que faltan nesta sociedade actual para desgracia deste país. Como di o noso himno galego Os Pinos: “......máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non.......” E seguiran moito tempo sen entendernos . Que mágoa Pepe.

           

            Moitas grazas Pepe polos grandes momentos que nos fixeches pasar, o teu humor estará sempre connosco, descansa en paz e que a terra che sexa leve.

    Teo Cardalda F.

     

    Artigo publicado en Faro de Vigo e Galicia Dixital

     

     

     

     

    Videos

       

     

    Comando Cultural "Os Rabiscos- A clave do proceso venezolano-Teo Cardalda F.

    sarampelo 19/02/2009 @ 10:29

    Comando Cultural “Os Rabiscos”

    Artigo de Galicia Dixital por Teo Cardalda F. para o Mañanceiro


    logo1.jpg

    Opinión en Galicia Dixital

    A clave do proceso venezolano

    jueves, 19 de febrero de 2009

    Para entender a feroz agresividade en contra do proceso político de Chávez en Venezuela por parte da oligarquía financeira coa axuda de países na órbita neoliberal salvaxe como EEUU e outros de Europa, inclusive con provocadores e cínicos fascistas cómo o eurodeputado español Luís Herrero “demócrata de toda a vida”. Esta clave atópase nese proceso emprendido fai unha década de grandes reformas sociais que favorecen á maioría do pobo; isto non o digo eu, só repaso os informes oficiais da ONU, onde a finais do ano 2008 dicía o seguinte: “Venezuela ratificada país con Índice de Dasarrollo Humano Alto”. A continuación segue dicindo: “La Organización de las Naciones Unidas (ONU) presentó el informe de la actualización estadística 2008 sobre el Índice de Desarrollo Humano (IDH) a nivel mundial. Venezuela ocupa el puesto 61, entre 179 paises, con un índice de desarrollo humano alto, y a registrado una mejora sostenida desde el año 2003”.

    A emenda constitucional que o pobo venezolano aprobou o domingo 15, puxo en evidencia a eses oligarcas dos de dentro e máis dos de fora coas grandes mentiras dos medios controlados por eles mesmos, inclusive axudados por foráneos insultando ás institucións e ao seu presidente. Este domingo foi unha mala nova para eles.

    É do coña mariñeira esa mentira machacona: “...o Chávez fai este referendun para perpetuarse no poder...”. O din estes “mandilóns” dos medios ao servicio dese grande capital que nos deixou na actualidade en carallo e calceta cunha crise financeira mundial, intentado perpetuar este sistema de socialización de perdas que non sei canto aguantará. Por iso revólvense na seu esterco cando ven no horizonte un troco de sistema no mundo mundial. Un sistema que sexa máis humano e menos depredador.

    A emenda busca corrixir que os artigos 160, 174, 192 e 230 da Constitución vixente impoñen aos electores para escoller libremente quen serán os seus gobernantes. Actualmente permítese a postulación por dous períodos consecutivos, e iso impide aos venezolanos decidir se unha persoa que o está facendo ben, mantense na dirección do país, unha gobernación ou alcaldía, así como os cargos de deputado á Asemblea Nacional, Concellos Lexislativos ou Concelleiros.

    Con que dignidade democrática poden xulgar ese oligarcas corruptos de Venezuela, EEUU e Europa. ¿Non existe esta norma nos principais países de Europa?. Cómo puido ser a Margaret Thatcher primeira ministra por once anos, Helmut Kohl canciller de Alemana dezaseis anos, Felipe González en España catorce anos e un xefe de estado vitalicio, e non falemos de Chaves en Andalucía vintecatro anos. En Francia case tódolos presidentes duraron catorce anos.

    Chávez poderá se presentar cando queira e como queira, o asunto é si sae elixido e o pobo lle da esa confianza outra vez. Con esta emenda os cargos de Gobernadores tamén poden volver a presentarse incluídos eses que votaron non. Que ironía e contradicción.

    A clave non está na emenda en si mesmo, está no proceso político de Chávez. As reformas sociais, culturais, nacionalizacións, a construcción dun novo modelo de desenvolvemento onde o centro de acción é o ser humano, sustentado en valores de solidariedade, xustiza, inclusión social, igualdade e respecto dos dereitos humanos. Cousas polas que aspira a maioría dos seres deste planeta, onde a oposición intransixente de intereses moi escuros intenta boicotear por calquera método, inclusive chegar ata o golpe de estado , cousa que xa o intentaron o 11 de abril de 2002 co apoio de EEUU e o “amén” do ex-presidente de España Aznar, segundo os servicios de intelixencia venezolanos.

    A Comisión Económica para América Latina (Cepal), informou no 2008 que Venezuela foi un dos países desta área que cumpriron co obxectivo de reducir a pobreza á metade, onde segundo datos da ONU a pobreza extrema afectaba ao 7,8 por cento da poboación en 2007, fronte ao 21 por cento do 2002.

    En isto está a clave do proceso venezolano, o que interesa e machucar por parte desa clase financeira e multinacionais o rumbo político de Venezuela de rachar co sistema neoliberal-salvaxe que está caduco. Cousa que estes políticos da mentira non van a consentir que este exemplo invada parte de Sudamérica. Poden usar os métodos pola vía institucional e democrática para acadar o poder sempre e cando o pobo lles de a súa confianza, moi ben; senón leña ao mono como sempre fixeron, usando a razón da forza ignorando a forza da razón. ¡Cómo!, usando os métodos tradicionais que a CIA coñece moi ben, onde a lexislación actual de EEUU, herdanza de Bush, faculta ao presidente a ordenar o asasinato dun mandatario estranxeiro, no caso de que a seguridade nacional do imperio véxase ameazada por estes (Chávez, Correa, Evo, Lula etc...) “diaños marxistas”.  


    851.jpg 

     

    Cardalda, Teo

    ver todas

     

    Comando Cultural "Os Rabiscos- A moralina vaticanista-Teo Cardalda F.

    sarampelo 12/02/2009 @ 19:40

    Comando Cultural “Os Rabiscos 

     

    Artigo de Teo Cardalda F. Para O Mañanceiro 

     

    A “moralina” vaticanista  

    Hai uns días atopeime a un compañeiro que coñezo hai moitos anos; foi deputado polo PSOE e hoxe retirado da política activa, aínda que milita en dito partido. A pregunta que lle fixen foi: ¿ Que che parece o recibimento que lle fixo Zapatero e parte do seu goberno ao segundo de abordo do Estado  Vaticano , Cardenal Bertone?. A contestación que me deu non a agardaba, dixo: ¡ Unha baixada de pantalóns en toda regra.!. Iso foi o que eu mesmo pensaba. Que se deixe este goberno de tantas carantoñas, agasallos e peloteo que ata sentín vergoña allea. Que se poñan dunha vez por todas a renovar un novo Concordato para os tempos que corren  no Estado Español. O actual está caduco e cheira  a p1214847672530291357.jpguro franquismo.   

     O primeiro que tiveron que aguantar os que considéranse agnósticos, os que cren noutras relixións, en fin, os que cremos que pertencemos a un estado laico foi as declaracións que deu metendo a “gamba” na inxerencia dos asuntos políticos do Estado Español xa que veu como representante doutro país, como podería ser calquera ministro de exteriores de calquera estado do mundo mundial. Veunos a ensinar esa “moralina” tan casposa e hipócrita que ata da noxo escoitala. A mesma cantareira que veño oíndo hai décadas.   

    Con que dereito “moral” nos poden ensinar estes señores do Estado Vaticano, cando eles mesmos non a practican. Xamais escoitei estar a favor da Convención Internacional sobre a eliminación  de tódalas formas de discriminación da muller. Que clase de estado é que xamais asinou o Pacto Internacional de Dereitos económicos, culturais e sociais, o Pacto Internacional de Dereitos civís e políticos, a Convención Internacional de Dereitos dos traballadores, o Protocolo para abolir a pena de morte. Neste apartado xamais tiveron a “delicatesen” de berrarlle a EEUU, un estado que se di democrático e teñen os corredores da morte cheos a esgalla. Disto entende moito un talrey1233777634717366015.jpg Bush e o Papa o recibiu con grande entusiasmo tendo como ten as mans machadas de sangue, que nin con augarrás remata de limpalas. O máis grave de todo foi o apoio dese estado Vaticano a “bicos e apertas” cos crueis dictadores de Sudamérica.   

    Coido que aínda pensan que España é o seu coto vedado e seguen coa aquela nostalxia do poder que tiveron unha morea de séculos con aquelas masas de incultos, supersticiosos e atemorizados. Pode ser que aínda teñan parte desa forza, pero hoxe no século XXI moitos dos cidadáns non comulgan con rodas de muíño.   

    ¿Que queren?. De España xa o teñen todo e moito máis, tanto a nivel económico e en concertacións escolares, axudas  etc. Ou tamén queren que aceptemos a súa “moralina” que lles deixemos que nos persigan tratando de impoñer os seus credos, machucando e esmagando calquera inicio de liberdade e crítica . Os non crentes os que practican outras formas de relixión sempre respectaron o seu dogma, cousa que eles xamais respectaron e non falemos dos tempos do franquismo que toda España era como unha “Adoración Nocturna” imposta a sangue e lume.  

     

     Estamos nunha sociedade libre, laica, ilustrada que só quere acadar o benestar e a felicidade a súa maneira sen imposición de dogmatismos e outras herbas de recendos  que feden a rancio. 

     

    Artigo publicado en Galicia Dixital

     

    Ler nova de hoxe día 13. 

     

     

     

     






    851.jpg


     

     

    Teo Cardalda F.