Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Comando Cultural "Os Rabiscos"-Artigos-Gonzalo Bouza-Brey

Comando Cultural Os Rabiscos, Alfonso Saavedra descansa na Ría, Gonzalo Bouza-Brey

sarampelo 13/04/2008 @ 23:32

Comando Cultural Os Rabiscos

ALFONSO SAAVEDRA DESCANSA NA SÚA RÍAgonzaloratonteoeduardo-rubianes.jpg

GONZALO BOUZA BREY

Días atrás un grupo de amigos e a súa viúva, a moscovita Tamara, esparexemos polas augas do mar de Arousa as cinzas do inesquecible amigo Alfonso Saavedra, quen finou logo dunha cruel enfermidade na súa casa de Milladoiro (Ames), pretiño de Santiago de Compostela.

Alfonso Saavedra naceu en Cuba no ano 1925 de pais vilagarciáns, víndose para a cidade arousá á idade de tres anos e desenvolvendo aquí toda a súa infancia e adolescencia ate 1951 no que tornou a Cuba. Na illa caribeña Saavedra afiliouse ao Movimiento 26 de Julio, a organización guerrilleira dirixida por Fidel Castro e que no 1956 derrocou ao dictador Fulgencio Batista.

O novo goberno revolucionario no que era ministro de Economía Ernesto “Che” Guevara encargoulle a Saavedra unha importantísima responsabilidade, como foi a de encargado de negocios da República de Cuba diante do goberno da Unión Soviética.Durante máis de 30 anos, Alfonso desempeñou esa labor xestionando todos os tratos comerciais co goberno da URSS, naquel entón o maior proveedor económico da illa caribeña.

A súa estreita colaboración co “Che” xa foi recollida neste xornal nunha reportaxe sobre a súa vida e obra realizada no outono do 2002. Alfonso Saavedra tamén foi presidente do Centro Español de Moscú durante varios anos, onde desenvolveu importantes tarefas de axuda á colonia española, en especial cara os denominados “niños de la guerra”.

A pesares de ter movido centos de milleiros de dólares a súa dignidade e integridade non baixou nada e acabou retirándose nunha pequena casa no Milladoiro, xunto coa súa dona Tamara, vivindo dunha exigua pensión do Estado español. Saavedra foi durante todo o tempo unha referencia vivente da militancia revolucionaria e un afervoado namorado da súa Vilagarcía de orixe e mocidade, o que lle levou a pedir aos seus íntimos que as súas cinzas foran esparexidas polo mar arousá.Así se cumpríu.

Hoxe, Alfonso, xa estás definitivamente entre nós, aínda que non dubido que algo de ti, movido polas correntes, achegarase ata as praias de Cuba que tanto amaches.

Traerte hoxe ás nosas páxinas non é máis que un intenso e emocionado homenaxe a quen desde o noso pobo foi sempre un exemplo viviente de entrega ás causas da liberdade e dos dereitos dos traballadores de todo o mundo.

Sempre na nosa memoria.

 

Juan Fajardo, IU e a Monarquía-Artigo de G.Bouza-Brey

sarampelo 24/10/2007 @ 14:02

Comando Cultural “Os Rabiscos”  

 

* Juan Fajardo, IU e a Monarquía

gonzaloratonteoeduardo-rubianes.JPGPor Gonzalo Bouza-Brey 

Artigo tamén publicado no Diario de Arousa    

Días atrás coa visita dos Príncipes a Vilagarcía de Arousa o señor Fajardo e demais responsables de Izquierda Unida no municipio verqueron diversas declaracións en contra da visita e que a súa organización e cargos públicos non concurrirían a ningún acto no que estén presentes membros da Casa Real.

Evidentemente calquera pode facer o que queira, asistir ou non asistir aos actos públicos como lles apeteza, pero o que si non poden dicir é que non van en base ao ideario de IU.Non sei se é unha mostra de cinismo político ou que cren que os cidadáns somos uns desmemoriados. Pero non.72172ced4ca7cp.jpgTodos recordamos como Santiago Carrillo, Gerardo Iglesias e Julio Anguina, ex secretarios xerais do PCE, e Gaspar Llamazares, tamén militante do mesmo partido e coordinador actual de Izquierda Unida, concurren normalmente ás recepcións da Casa Real, ben no Palacio da Zarzuela ou no Palacio Real.

Razón pola cal non son quen os izquierdistas vilagarciáns para falar en nome de toda Izquierda Unida e do seu ideario, porque os feitos realizados polos seus dirixentes amosan todo o contrario.

Viña ben relembrar que os comunistas votaron a prol da monarquía no referendo constitucional de 1978 e todos os seus cargos públicos prometeron dende aquela asumila mesma e acatala. Iso é memoria histórica.

Non podía ser doutro xeito e creo estar capacitado para dicilo, pois dase o caso que nese tempo era secretario político do comité comarcal do PCG e membro do seu comité provincial, onde seguindo as directrices da dirección do partido, tiven que facer ampla campaña a prol do texto constitucional.

Mais non polo dito pense ninguén que fago renuncia á miña condición de republicán, pero sei ben que mentras o pobo en consulta popular non se decida pola ansiada III República, todos temos que asumir e respetar e acatar o sistema constitucional, o demais son ganas de aparecer na prensa por calquer motivo.juan-fajardo1.jpg  

 

 

 

* Juan Fajardo Recouso é na actualidade portavoz do grupo de IU no Concello de Vilagarcía de Arousa. Conta con tres concelleiros.

 

 A o amigo Gonzalo

Nota publicada no Diario de Arousa

Nota ao artigo : Lle quixera lembrar (por si non recorda) ao amigo e camarada Gonzalo que, eu naquel entón militaba no PCG en Vigo  e non comulgaba coas directrices que viñan da sede central do PCE (rúa Peligros de Madrid, se non recordo mal), pricipalmente coas consignas de Santiago Carrillo. Non movín nin un só dedo para facer campaña  a prol da Constitución, polo feito de que éramos republicáns. Aquela Constitución (pola que nos reximos hoxe) fixo entrar a monarquía pola porta grande, sen consultar ao pobo. Moitos dos que militabamos e algúns que tiñan responsabilidade no comité de Vigo ( non digo nomes, xa que hoxe algúns teñen cargos políticos de responsabilidade e cada quen coa súa conciencia), non foron a votar, entre eles eu, e por iso non teño ningún remordemento  ante este tema.

 

Sabes Gonzalo ,que moita xente que loitamos contra o réxime  fascista fumos excluidos  dese proceso por non acatar o políticamente correcto, hoxe eses mesmos  daquel entón (moitos  con cargos políticos) que tolean pola República son uns hipócritas,  parece que non lembran aquelas datas, ou non se queren enterar. A memoria histórica desde o pasamento do dictador tamén temos que contala con obxetividade e non darlle gato por lebre nos centros educativos ás novas xeracións.

Hai tres cousas moi importantes que tiveron que acontecer para non estar hoxe facendo unha clara hipocresía ante a memoria histórica: o primeiro rachar con todo vestixio do franquismo, segundo preguntarlle ao pobo que réxime quería e terceiro unha roptura  co fascismo e non pandar coa reforma que foi o que nos impuxeron. Aquela Transición política foi darlle unha aspirina ao doente que tiña cangro. As consecuencias de todo iso é que hoxe as estamos pagando con creces. Unha dereita ultramontana e rexurdimento do franquismo. A mágoa que de todo o que pasou sen curar ben ao doente é que aínda hoxe despois de máis de trinta anos, esa dereita non asimilou que estamos no século XXI, e non se parece en nada a esa dereita do noso entorno europeo. Gonzalo, soamente escoitar a Mayor Oreja enaltecendo o franquismo dame pé para lembrarche toda a represión que pasamos naquela "longa noite de pedra".

 

 Lembras Gonzalo que, daquela houbo moito traidor no PC, trocaron os ideais por un posto, e ti e máis eu sabemos moi ben como foi o "tinglado" da transición. ¿Recordas  cando Carrillo sacou aquel libro do Eurocomunismo?,  eu o puxen no water para cada día ir sacando folla por folla, pero non curiosamente para leelo. E se poñemos nomes deses traidores. cousa que ti e máis eu sabemos, non queda títere sen cabeza, algúns deles que hoxe rixen os destinos de Galicia, chegaron a renegar da súa militancia no PCG. Sorpresa levei Gonzalo, cando olleo un curriculum dun alto cargo da Xunta onde non ven a súa militancia comunista, ¡que mágoa!, verdade Gonzalo.

.

 O Sr. Fajardo daquela era un neno e non tiña a idade para votar, e coido que é consecuente coas súas ideas. Nembargantes, o seu proceder como cargo público quizais non fora o máis acertado pero o comprendo. El non ten a culpa de que nós comulgaramos con pedras de muíño. Así como nós loitabamos para acadar unha democracia, el tamén ten hoxe o dereito de loitar  ( como xóvenes  que son), de tratar de emendar os nosos erros daquel entón

Gonzalo, como ti sabes eu marchei do PCG fai unha morea de anos, e non volvín para ningún partido ata a data de hoxe, ti aos dous anos de aprobarse a Constitución, sendo concelleiro de Vilagarcia, marchaches para o PSOE. Estou a falar desa memoria histórica sen ánimo de acritude, xa que eu che considero un bo amigo, pero no referente á política temos que ser máis ecuánimes e sinceros, non por nós, senón por estas novas xeracións e polas vindeiras. Saúdos Gonzalo.

teodomiro_cardalda_fdez.jpgTeo Cardalda Fernández

 

 

Ler máis »

Cortegada, o que hai que dicir.

sarampelo 04/09/2007 @ 12:42

Comando Cultural “ Os Rabiscos” 

 

Por Gonzalo Bouza-Brey

 

Artigo tamén reproducido no Xornal “Diario de Arousa”

 

 

CORTEGADA, O QUE HAI QUE DICIR

     Estes días é nova xornalística a devolución ao pobo de Vilagarcía da illa de Cortegada, e non é para menos.  

 

Eu, por cantidade de circunstancias, teño algo que dicir en torno a elo. Nun periódico do sur de Galicia comentábase o sábado pasado que un tal Benito García Giménez, que eu nunca souben quen foi, presentara a demanda contra Don Juan de Borbón sobre a illa de alfonso-xiii-en-cortegada.JPGCortegada. 

 

Os que escribimos nos xornais non podemos falar de oídas, hai que documentarse. En primeiro lugar, a demanda sempre a presenta un procurador dos tribunais, e neste caso concreto, fun eu en representación de Fernando García Giménez baixo o asesoramento do letrado Benito García Dorgambide, por certo, e que quede claro, que a pesares da cuantía do pleito (case 1.500 millóns das antiguas pesetas):Ningún dos dous cobramos nada. Só tivemos a satisfacción de manter as mesmas posicións que os nosos devanceiros. 

 

                                                                                                      (Foto, Alfonso XIII en Cortegada)

Falando delo, eu teño que dicir que foi o meu avó, Luis Bouza Trillo, o único concelleiro daquela republicano en Vilagarcía, quen no ano 1914 se opuxo á donación da illa de Cortegada a El Rei. Bastantes anos máis tarde, no 1979, fun eu o único membro da Comisión Permanente do Concello, hoxe Comisión de Goberno, que se negou á aprobación do convenio de urbanización con Cortegada S.A. 

 

Hai moitas cousas que non se saben sobre todo o proceso de Cortegada. Non se preocupen, eu estou disposto a contalas. Agora, cando se di que o presidente Touriño fará o primeiro desembarco na illa, eu lembraríalles que no ano 1931, o día 25 de xullo, o primeiro alcalde republicano de Vilagarcía, Elpidio Villaverde, xunto con todo o pobo, tomou posesión de Cortegada e organizaron unha romaría que se mantivo durante todos os anos da II República. Logo, xa se sabe, pasou o que pasou.  illa-de-cortegada-e-carril-dende-o-peirao-de-pasaxeiros-28-09.JPG

 

Por certo, sexa de educación, boas maneiras e protocolo, que as fillas de Elpidio, Rosina e Mariví, foran convidadas ao acto, non só pola súa relación filial, senón pola súa exemplar loita democrática ao longo de toda a súa vida. 

 

Mais volvendo ao proceso de Cortegada, hai moitas cousas que explicar e que siguen caladas aínda que algún día quizás falaremos abondo delas. 

 

Nunca se falou da famosa cea de Estoril, nun restaurante a carón da Villa Giralda de Don Juan de Borbón, co alcalde José Recuna, Santiago Ferreira, Adolfo Pedrido e o seu comisario político do PSOE, Seso Giráldez, xunto cos concelleiros do Partido Comunista de Galicia Juan Vázquez e Moncho Patiño e o seu comisario político Willy Meyer.  

 

Do que alí se acordou moito haberíacasal-de-cortegada-ano-1900.JPG que falar. O certo é que días máis tarde aprobábase o convenio de urbanización da illa, e o Concello non compareceu diante do Xurado de Montes de Pontevedra no contencioso sobre a recuperación de catro hectáreas de monte comunal, propiedade dos veciños, na illa de Cortegada. 

 

 

                                                                              (Foto, Casal de Cortegada, 1900)

 

 

 

Pero hoxe non vou poñer máis, calo as xuntanzas de Pais Ferrín na sede do PSdeG-PSOE, e moitas outras cousas máis. Pero, se queren saber, pregunten, e eu contestareille de contado.

 

Gonzalo Bouza-Brey Villar

 

O PSOE, o PP e Enrique León.

sarampelo 05/08/2007 @ 17:57

Comando Cultural “Os Rabiscos”      

Comentario de Gonzalo Bouza-Brey. Tamén reproducido no Diario de Arousa 

O PSOE, O PP E ENRIQUE LEÓN     

Coñezo a Enrique León desde que chegou a Vilagarcía de Arousa, hai máis de 34 anos, dada a miña condición de amizade coa daquela a súa muller "Pika" Carrasco, filla de Dámaso e María Xosefa.  Enrique era inspector xefe da Comisaría e eu secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG), na clandestinidade, e iso non impedía que tiveramos unha franca asembleapsoevilagarcia.jpge fonda amizade que aínda hoxe pervive. 0137868001179340397-enrique-leon.jpg

E non foi óbice nese agarimo, que Enrique logo de tomar unhas copas xuntos pola noite me dixera que fora á mañán pola Comisaría, que tiña que determe por "roxo". O trato sempre foi exquisito, antes non, pero non deixaba de ser unha das numerosas detencións que me fixeron na tiranía, que non ditadura, como dicía o meu entrañable amigo "Borobó".

Dito todo o anterior, vou falar dos feitos recentes en torno á elección como alcalde de Enrique León. É incomprensible que o dirixente provincial do PSOE, Modesto Pose, diga que León engañoulles e mentiulles sobre a súa elexibilidade. 

Se os dirixentes do partido do Goberno do Estado e da Xunta son enganados é mellor que dimitan, porque non valen para nada. ¿Enganáronnos en Pontecesures, no Grove, en Sanxenxo...? Modesto, eu podo aceptar, e tí sabelo, moitas cousas, pero para tapar os teus erros, chamarlle mentireiro a un amigo, non.  pose.jpg

Pero con isto non lle estou a dar a razón ao PP. Amigo Tomás Fole, deixa a Enrique León tranquiliño, non andar a remexer no que non ten sentido. Enrique dimiteu, hoxe hai unha nova alcaldesa, mal que vos pese, do PSOE, e arranxade os vosos problemas das listas do PP en Bizkaia utilizando, sen permiso, fraudulentamente, os nomes dos traballadores do Concello do Grove. 

Querido Enrique León, sabes que no seu día, moito antes de que fora pública a túa candidatura, díxenche que non te presentaras, que a política era un mar de puñaladas e asembleapsoe.jpgnavalladas. 

Hoxe dígoche que o que é certo é que aquí tes un aperta fraternal do teu amigo de sempre.

Gonzalo Bouza-Brey Villar. 

Vilagarcia de Arousa, 05-08-2007