Clásicos do Rock-Johnnie Ray
Clásicos do Rock
Johnnie Ray
“El chico alto que lloraba”
Biography in language English - Wikipedia.org
Entre a época dos “crooners” (cantantes clásicos ao estilo Frank Sinatra) e a eclosión do Rock, que se produxo aló polos primeiros anos cincuenta. Johnnie Alvin Ray (1927) foi un dos primeiros solistas que soubo utilizar hábilmente algúns trucos para opter unha imaxe que lle asegurara éxitos de ventas e un lugar na escea norteamericana. A súa enorme popularidade ergueuse no histriónico do seu espectáculo. Máis que cantar, choraba as cancións, troulaba no escenario, daba saltos e abríase a camisa. As veces era moi patetico, e este aspecto non era un truco.
Ray era descendente dos indios pés negros. Nacera en Dallas o 10 de Janeiro de 1927. Por causa dun accidente quedou medio sordo aos nove anos, o que lle obligou a usar un sonotone.
Aos 15 anos apareceu nun programa para xóvenes promesas en Pórtland (Oregón) e dous anos despois buscou traballo pola zona de Los Ángeles, primeiro como camarero e logo como extra en películas.Por último converteuse en pianista habitual dun night-club. En 1951 viaxou a Detroit, e acadou ser a atracción do club Frame, un lugar que recollía a xóvenes talentos na procura de oportunidades. O pinchadiscos daquel club, Robin Seymour, convenceu á casa de discos Columbia para que grabase as cancións de Johnnie Ray.
O seu segundo disco sencillo o compoñían dúas cancións: “Cry e The little white cloud that cried. Este foi o seu despegue definitivo. Vendeu máis dun millón de copias, unha cantidade moi importante para a época, e estivo no máis alto das listas durante catro meses en 1952.
Johnnie Ray foi dos primeiros cantantes que acadou volver locas as súas fans, que organizaban escandalosas esceas en aeroportos, hoteis e escenarios.
Algúns incidentes na súa vida privada, aireados polos xornáis conservadores, obrigaron a retirarse temporalmente; non era moi cómodo ser calificado de homosexual en aquela época dos anos 50, aínda que hoxe en España a masa conservadora segue anclada neses anos para desgracia deste país.
Foise da escea, acosado polos marmurios, despois de ter grandes éxitos internacionais e de haber feito unha morea de xiras. Desde entón, a súas aparicións en público foron moi poucas, ante públicos nostálgicos que lembran a lenda daquel rapaz alto de Oregón que choraba.
Ray foi un dos máis populares cantantes americanos do seu tempo e é considerado como un dos precursores do que chegarían a ser certas expresións do rock and roll. Ao contrario que Pat Boone, Johnnie
Ray era moi pouco ortodoxo nas súas interpretacións e adoptaba frecuentemente actitudes teatrais, como aporrear o piano, retorcerse no chan e chorar, sobre todo desde que Cry convertésese no seu tema máis popular. pasaron tamén 50 anos desde que un 29 de Xuño de 1956 gravase o seu último gran éxito, Just Walking In The Rain.
Johnnie Ray finou o 24 de febreiro de 1990.






Chúzao
del.icio.us