Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

Arquivo: Maio 2008

30/05/2008 GMT 1

Conversa de dous paisanos en Vigo entendidos na materia musical

sarampelo @ 14:30

 

VIDEO-AUDIO 

Conversas de dous paisanos entendidos na materia musical.

Parece ser que esta conversa foi recollida nunha cafetería de Vigo. A cousa non vai moi desencamiñada no referente á música de hoxe. En resumidas contas lles dou a razón, xa que entre "Gran Hermano" "Operación Triunfo" e outras subculturas das Caixas Tontas, estamos a vivir no século XXI a tolemia do ser humano erguida ao cuadrado. En vez de ir para diante imos para atrás. O que máis me alporiza é que nos tomen por carneiros ao servicio destes "cantamañanas" que lles importa un carallo as consecuencias a curto prazo das novas xeneracións que  as están a empobrecer a mente ata chegar a ser autómatas. Aínda que algúns pensen que os paisanos que falan están a anos luz dos tempos actuais, teñen a razón que lles da a realidade da tolemia de hoxe.

 

VER VÍDEO

23/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Teo Cardalda F.-Son uns pedichóns

sarampelo @ 21:56

Comando Cultural "Os Rabiscos" 

 

 

 

 84.jpg

Teo Cardalda F.

Son uns pedichóns 

 

 

O mundo empresarial ( hoxe en especial pola crises dos grandes construtores) e a banca sempre falaron e falan do liberalismo e do libre mercado. Sempre atacaron con saña a inxerencia estatal,  pero cando as cousas non viran ben, corren como coellos a xunto papá estado para que lles quiten as castañas do lume.deuda.jpg

Isto ben a conto pola nova que lin fai uns días sobre os nosos banqueiros españois que din que son moi “liberais” e sempre lles gustou iso da Unión Europea e a Unión Monetaria. Pasoulles pola testa unha solución dun enxeño que da noxo soamente o escribilo: acudir ao fondo de reserva da Seguridade Social , o chamado peto das pensións para que os saque da crises. A hipocrisía e o cinismo e tan grande que calquera  se pon  a pensar remexendo os miolos, e de tanto remexer, sacas a conclusión de que   están de “coña mariñeira”.

Temos que lembrar xa fai uns anos cando nos dicían que o fondo de pensións estaba en déficit e nos aconsellaban facer fondos de pensións privados, daquela os bancos puxéronse as botas ata os xeonllos.

Agora pretenden convencer ao persoal que facendo esa operación á conta do estado todo o mundo vai saír gañando. ¡ Anda xa!. Que pensan, que aínda estamos a chupar o dedo;  temos un refrán moi ao galego que di: “no ano caro, a peneira espesa e o cribo claro”. untitled10.bmp

Sempre estiveron a reivindicar  aquilo que xa estou canso de escoitalo: privatización dos beneficios e socialización das perdas; cada quen destes banqueiros  fala da feira segundo lle vai nela.

Hai que ter unha cara como un zapato vello. Facer ben a estes  “liberais” pedichóns é como botar auga no mar.

 

 

 

Artigo publicado en Galicia Dixital.

22/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-O curmán do Fervello-Pobre Mariano

sarampelo @ 16:28

 Comando Cultural "Os Rabiscos"

 

 Artigo do curmán do Fervello.

 

!Pobre Mariano! 

A andaina política de Mariano Rajoy comeza a parecerse a un descabelo. Mariano endexamáis servíu para isto da política, extremo éste que estaba archiprobado desde os tempos en que ocupaba a poltrona da Deputación Provincial de Pontevedra e tiña que se bater co cocodrilo do Deza, camarada Pepe Cuiña, paz estea.

Mariano, un tipo serio, vivía nun sen viver coas trangalladas de Cuiña e demáis alcaldes de boina e birrete, que de todo había na provincia. Cecáis algunha vez pensou que facer política desde o goberno de Fernández Albor era un chollo máis aquelado coa súa formación universitaria, mais acabou por saber que ser xefe de tribu na tribu de Alianza Popular de Galiza era un traballo prometeico que lle ocupaba máis de 24 horas ao día: Cuiña e as súas fauces abertas permanentemente; Baltar amasando postos de traballoa para os seus parentes, amigos, familiares e Cacharro Pardo, con ese aire de faraón de terceira división, afiando a navalla coa que acababa de rematar a un gato esmagado polo seu coche oficial.20060531004031-mariano-rajoy.jpg 

Así que, ante ese panorama, que´n, digan-me, quén non se pira e lisca. Mariano marchou a Madrid, un lugar de xente seria, capaz, unida, abondo distante do dislate da política galega. E Mariano triunfou como só sabe triunfar un señor de provincias e de dereitas no centro de toda España, ou do que queda da mesma. Ministro en varias ocasións, Mariano formou-se paseniñamente para que o dedazo de Asnar caera sobre a súa cabeza ordeada e, tras declarar “tengo la convicción moral de que ha sido ETA”, referindo-se ao atentado do 11-M, iniciou unha carreira cara nengures que, polo que se observa, leva camiño de se converter no primeiro suspenso do bo estudante de provincias que foi de sempre, amén, até que emigrou a Madrid coa maleta de cartón. 

Cando digo Pobre Mariano!, que saiban que o digo totalmente en serio. Parece mentira pero Mariano non se decatou de que aqueles primeiros amiguetes de copas e naipes noturnos madrileños (Mariano, eres un fenómeno; Mariano, tú si que tienes futuro; Mariano, colócanos a todos; Mariano, que alto, guapo, educado… eres) tan só agardaban a que estivera no poder para atrapar cartos, prebendas e favores, veraneos de rico e entradas de balde para o teatro de Manolita Chen, que era de Lugo, porén iso non importa hoxe. ppsangilrajoy.jpg

Até as crianzas de teta sabían, xa entón, que culebras prateadas como Pedro J. Ramírez eran pouco de fiar; que a gorza fonda de Federico Jiménez Losantos era calquer cousa agás honrada e noble e que María Sangil, apresurada mociña trepadora, valente e escoltada polos catro pontos cardinais, gardaba tres ases na manga e no capirote que sacaría a pasear en canto alguén lle levara a contraria. Todo quisque sabiao agás Mariano, entretido en cambiar os cueiros das súas criaturas, ir aos touros e mamonear con Rouco Varela e a extrema dereita “por la calle de Alcalá”. E miren que llo dixemos desde este mesmo blog varias veces: que non, Mariano, que así non, que con esta xente non hai amaño nen futuro. E ti, Mariano, pasando de nós, co que te queremos, Mariano. Sentimos moi muito a túa actual situación e os esforzos que fas por aparentar que todo vai ben, como cando en CentroAmérica che picou unha medusa vermella (é certo, era vermella) e tive-ches a perna feita un Bieitiño de Palermo.

Nós, agora, o único que podemos facer por ti é elevar as nosas oracións ao Altísimo e pasar-che un caderno de decoración de interiores para ese caseto que queres pillar en Ribadumia, perto do outro caseto de ese amigo teu de toda a vida; un espazo interior agradable, minimalista nos adornos pero sobrado, de tendencias actuais e seguindo os últimos  modelos de casas “chic” aparecidos en “Hola”, “Semana” y “El Jueves”, será ideal para que, por fin, descanses do ardor guerreiro co que che combaten os teus propios amigos e compinches.Estaba visto, Mariano, nunca debi-ches cruzar o Río Lérez. 

O curmán do Fervello.

 

17/05/2008 GMT 1

O Papa reúne a 3000 virxes en Roma

sarampelo @ 14:15

 

O Papa reúne a 3.000 virxes en Roma e dálles as grazas polo seu "agasallo" a Cristo  

 

O Papa Benedito XVI deu as grazas ás mulleres virxes consagradas que se reuniron no Vaticano o xoves polo seu "agasallo total" a Cristo, e eloxiou un rito sacro que recoñeceu que era difícil de entender para algúns non católicos. 

-----------------------------------786354.gif   

Sarampelo:   Isto é de “coña mariñeira”. Vivo na realidade ou estou soñando.Coido que hai que ter unha visión moi estreita, deformada, amargada e reprimida da vida, para rematar como se fora unha festa ao carón deste home.

Mágoa destas “virxenes” por non se realizar xamais como ser humano, nin ter coñecido a sexualidade, nin sequera o haber proxectado o seu amor a ninguén.

 

 

O que me parece moi “estúpido”  ler isto nos xornais que podemos considerar laicos. Non deberían dedicar nin unha soa liña ás crenzas de calquera “secta” por moi estendida que estea. ¿Como se pode dicir a estas alturas do século XXI, que as virxes son un “agasallo total a Cristo?. Coido que é un insulto á intelixencia.

 

Nembargante, as crenzas son iso, crenzas, non noticias e ser virxe nin é un mérito nin unha deshonra: é unha opción persoal.

Tiñamos que preguntarlle a “Mefisto XVI” onde está a virxindade de máis de 3000 criaturas soamente en EEUU, onde foron mancilladas, humilladas e violadas por curas pederastas.

 

Teño unha pregunta que non teño capacidade para resolvela: ¿Como se sabe que esas 3000 eran virxes?. Coido que pasarían por un recoñecemento vaticano, non o sei, algo así sería. Digo eu.

 

Outra pregunta que desde que teño uso de razón aínda xamais din coa clave: ¿Por qué os fundamentalistas católicos teñen esa obsesión enfermiza co sexo ou a ausencia deste?.

 

14/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos,o curmán do Fervello-Xosé Couso, a súa memoria e máis nós.

sarampelo @ 13:05

Comando Cultural "Os Rabiscos "

 

 

Xosé Couso, a súa memoria e máis nós.  

Artigo de: o curmán do Fervello

 

Hoxe, 14 de maio, erguemo-nos coa nova de que a Audiencia Nacional de Madrid revocou o procesamento dos militares ianquis que mataron ao cámara de Tele5 en Bagdad. Os familiares e amigos de Couso non podemos crer que aconteza unha 2006120562couso_t.jpgsituación semellante, con tantos atrancos, con tanto ir e vir.

 

 

A última decisión judicial, polo de agora, deixa sen efecto o procesamento contra un capitán, un tenente e un sarxento acusados de seren os responsabeis da morte de Xosé Couso, pois os magistrados entenden que non había intención de matar a persoal civil e que Xosé Couso e xornalista da Axencia Reuters, Taras Protsyuk, tamén falecido a causa do pepinazo enviado por un tanque da Terceira División de Infantería Acorazada do exército dos Estados Unidos, son produto dun tráxico erro, común, por outra banda, en todo tipo de guerra. cartel_couso.jpg

 

Xosé Couso atopaba-se alí informando da invasión de Irake polas forzas aliadas que tiñan como obxectivo derrocar a Sadam Husein. Trala a súa morte e a medida que se recebían informacións máis precisas sobre aquel tráxico suceso, os familiares de Xosé Couso entenderon que estaban diante dun asasinato premeditado realizado polo exército estadounidense para lle meter medo á prensa e lograr que desapareceran a fume de carozo do teatro de operacións.

 

 

Así foi tamén entendido polo Maxistrado da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, no Auto de Procesamento dos tres militares estadounidenses executores da orde de disparo contra o acubillo da prensa internacional, o Hotel Palestina. 

 

Cinco anos leva pelexando a familia de Xosé Couso en todos os foros posibeis para que o goberno dos Estados Unidos poña luz sobre os feitos acontecidos o 8 de abril de 2003, colabore cos Xustiza española nos termos fixados no convenio vixente de cooperación xudicial asinado entre os Estados español e norteamericano e cumpra coa legalidade internacional.É posible que algunha das persoas que ten a amabilidade de ler estas liñas esboze un soriso ante tamañas pretensións, máxime se se tenta imputar nun crime ao exército do imperio, á policía planetaria que manda en vidas e destinos con desatino manifesto e cruel. Mais aí está a familia de Xosé Couso e con eles alunha persoa máis para lograr os obxectivos marcados: investigación e xustiza. 

 

As persoas que estamos decididas a colaborar coa familia Couso sabemos que unha axuda é sempre ben recibida. Por iso debo comentar a publicación dun libro titulado “Matar al mensajero. José Couso y los caídos en Iraq”, editado en Cádiz por la Editorial Absalon. A súa autora, Ana María Plana Caloto, quere contribuir a que as xentes saiban as razóns da morte de Couso; entre as case 350 páxinas podemos atopar tamén interesantes reflexións sobre o papel da prensa no conflitos armados, a manipulación militar e gobernamental da información subministrada e a actual situación laboral dos xornalistas, pésima, todo hai que decilo.  

 

Tamén desfila, como non, algún que outro responsable político español que naquelas datas obtivo un xeral recoñecemento popular como mentiroso ou mentirosa, con acusadas maneiras e requebros característicos da docilidade canina. Tamén algunha estrela rutilante en tempos, como Alfredo Urdaci, que debeu suspender na Universidade de Navarra, unha tras outra convocatoria, a asignatura de Caridade couso04.jpgCristiá. 

 

En Galiza, a terra de Xosé Couso, son contadas as institucións políticas ou académicas, sindicais ou puramente do ámbito xornalístico, que se teñen arrimado á campaña solidaria a prol da investigación do asasinato do cámara de Tele5; talvez porque Couso non era de ningunha corda e non pertecía a ningunha redación porque era un “freelance”. Hai algún alcalde progresista galego que ten sobre a súa mesa a solicitude para poñer o nome de Xosé Couso a unha rúa. Como se escoitaras chover, caro Alcalde de Pontevedra e caro Alcalde de Santiago de Compostela. O silencio mesto da Xunta de Goberno da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela sobre o caso de Xosé Couso indicaría que estamos no mellor dos mundos posibeis mentres facemos patria noutros frentes de batalla máis perigosos aínda, como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega,  A Habana, os cursos de verán e outras palestras, sen baixo disparos de forzas amigas.

 

 

Por iso é de gabar a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que, en colaboura con outras institucións, mantén a Premio Xosé Couso que na súa IV edición receberá José Vidal Beneyto. O acto de entrega celebrara-se o 16 de maio e ese mesmo día inagurara-se en Ferrol a Praza da Paz adicada á memoria de Couso. 

 

O curmán do Fervello. 

Ler nova de hoxe

"Los periodistas que estaban junto a Couso acusan a la Audiencia de utilizarles para exculpar a EEUU"

"Afirman que el tribunal ha usado de forma parcial sus palabras para no culpar a los militares"

06/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Teo Cardalda F., O medo aos nosos medos

sarampelo @ 19:12

 

Comando Cultural Os Rabiscos 

 

83.jpg

Teo Cardalda F. 

O medo aos nosos medos 

Os tempos de agora non son moi doados e coido que os vindeiros non sexan mellores ante tanta globalización do capital e cada vez menos do social. Isto repercute no significado real de palabras como: traizón, desconcerto, humillación, loucura, soidade, tristura, mentira, desconfianza e medo; todas elas atópanse hoxe máis ao orde do día que fai vinte anos. bush_christ.jpg 

De todas esas palabras o medo domínao todo. Grazas ao medo fan de nós o que queren, limitan as nosas conciencias ata perder o criterio propio. A solidariedade, o orgullo, a dignidade xa non existe. Só existe o medo. 

A cotío están as “caixas tontas”, as radios e os medios escritos a meternos o medo  no corpo á  maioría do persoal. Os que fomentan este pánico (capitáns “democráticos” que levan este navío chamado planeta)  son os que máis medo real teñen e con elo xustifican leis e accións aberrantes dándolle unha capa de image015.jpgverniz como se foran xustas e democráticas.  

Este planeta xa non é o que foi desde aquel 11S do ataque ás Torres Xemelas, o medo apoderouse de nós e con elo xustificouse a barbarie; comezouse a matar mosquitos con escopetas. Coido que algún día teremos a verdade sobre este atentado, agora sábese que do informe gobernamental algúns investigadores atoparon 115 mentiras. O importante para os capitáns dos navíos “democráticos”  naqueles intres era fomentar o medo. 

O gran escritor Eduardo Galeano falaba do medo cunhas verbas que me impresionaron, comentaba: “A democracia ten medo de lembrar”.  

Coido que nós temos o pánico de descubrir a verdade por medo aos nosos medos. 

Artigo publicado en Galicia Dixital 

 

05/05/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Hambruna global, Carlos Taibo

sarampelo @ 13:02

 

 

Comando Cultural Os Rabiscos

 

Hambruna global 

colaborador-ctaibo7.jpg

* Artigo de Carlos Taibo para o Mañanceiro

En las últimas semanas son varias las instancias internacionales que lo han anunciado: debemos prepararnos para una hambruna generalizada que se apresta a cobrar cuerpo en muchos de los países del Sur. No estamos hablando --conviene precisarlo-- de ocasionales revueltas del hambre como las que hemos conocido en un puñado de países en los dos últimos decenios. Lo que se barrunta en el horizonte es un peligro muy serio que se dispone a amenazar a sociedades enteras en muy diversas regiones del globo.
ghimap.jpg

A decir verdad, y por una vez, escarbar en las causas de lo que se nos viene encima parece razonablemente fácil. La lógica depredadora del capitalismo reclamó decenios atrás que muchas de las economías de los países del Tercer Mundo experimentasen una rápida reconversión en provecho del monocultivo, de la que el último botón de muestra es el empleo de buena parte de las capacidades para la generación de agrocarburantes. De resultas, y aunque esto a menudo se olvide, las tradicionales agriculturas de subsistencia empezaron a desaparecer, siempre sobre la base de que los productos que habían generado de siempre podrían adquirirse merced a los ingresos, que se anunciaban suculentos, derivados del monocultivo mencionado. Sabido es que, si esos ingresos han beneficiado a alguien --dejemos ahora de lado a las empresas foráneas--, ese alguien lo han configurado las elites dirigentes de los países pobres, casi siempre endilgadas con la perspectiva de trasladar sus ganancias hacia las economías opulentas del Norte. Basta con echar una ojeada, en lo que se refiere al problerma de fondo, a los estudios que dan cuenta de cuál es el porcentaje, exiguo, del precio de venta de un kilo de café que corresponde al campesino productor. 7ga20cawuvxsgcasz4nyicaoxdzl6caehq7tscavm7ey3ca4bmr2icain8g8rca38r6t8ca18jd3zcab1j9a3cau29osxca9wtd9eca2jcq5qca1ukfmscawl610ccaxslu55ca00kz0gcagtvcgs.jpg
 

En un planeta en el que lo rige casi todo el beneficio descarnado, que debe obtenerse, por añadidura, en el período de tiempo más breve, no era difícil augurar lo que se avecinaba, tanto más cuanto que a la lógica invocada se han sumado el incremento en el precio de las materias primas energéticas y la demanda creciente que llega de países como China y la India. En los últimos años, y al calor de eso que hemos dado en llamar globalización, las grandes empresas transnacionales de la alimentación han movido sus peones con notable inteligencia y no menos notable falta de escrúpulos, como lo testimonian, por cierto, muchas de las políticas proteccionistas que siguen aplicando Estados Unidos y la Unión Europea. Han conseguido imponer en muchos lugares sus semillas y obligar a agricultores exhaustos a adquirirlas cada año. Han ido substrayendo, por otra parte, elementos centrales del conocimiento agrícola tradicional para, en forma de patentes, impedir en los hechos su empleo por quienes eran untitled8.bmplos descendientes de los genuinos inventores.

     Pero, por encima de todo, y conforme a la regla general del sistema, las transnacionales que nos ocupan han empezado a elevar sensiblemente los precios de los productos, algo que se puede palpar, también, en los países ricos. El efecto final lo tenemos --y valga la ironía terminológica-- sobre la mesa: son muchos los habitantes del Sur del planeta que carecen de recursos para adquirir los alimentos más elementales, en un teatro en el que, merced al expolio ejercido por el sistema que padecemos, hace tiempo que los campesinos locales perdieron la posibilidad de producirlos. baronesmagnates.jpg  

    

Si el escenario que acabamos de mal describir invita, claro, a la indignación, no otra cosa que ésta se impone a la hora de evaluar la reacción que empieza a despuntar en algunos de los gobiernos de los países ricos, y entre ellos el español. La respuesta no es otra que un incremento de las sumas destinadas a permitir la adquisición de alimentos por los países más acuciados por el problema (y ello cuando tal incremento se produce, toda vez que en el caso de EE.UU. parece que las autoridades no contemplan en modo alguno semejante posibilidad, con lo cual, y en los hechos, la ayuda alimentaria que dispensa la principal potencia del planeta se apresta a reducirse). El lector incauto se preguntará por qué lo anterior me parece indignante. La razón es, sin embargo, sencilla: nadie parece dispuesto a mover un dedo para poner freno a la rapiña asumida por las grandes empresas transnacionales, beneficiarias directas, una vez más, de las ayudas mentadas, que se destinarán a comprar alimentos que se pagarán a los precios fijados por aquéllas. La trastienda conceptual de semejante inacción no es otra que la que proporciona la idea de que las reglas del mercado son sacrosantas, incluso en aquellos casos en los que es fácil certificar que colocan en las puertas de la muerte a muchos seres humanos... 

* Carlos Taibo  é profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid.

 

04/05/2008 GMT 1

A viñeta de Kalvellido

sarampelo @ 21:27

A Viñeta de Kalvellido

errazkinrepartocrisiskalve.jpg

Viñeta  Por Kalvellido 

A peste neoliberal do século XXI

 Comenta O Fervello: A viñeta está en acorde con todas as recesións económicas que estivemos a padecer no século XX. O gran capital actúa cun liberalismo desenfrenado metendo caña á maioría do persoal, intentando por tódolos medios "privatizar que algo queda" e cando provocan un "crak", din que teñen que socializar pérdas. Hai que foderse, cando egoistamente ata límites insospeitados pruducen unhas gañancias esorbitantes (como ata agora o están facendo), xamais falan de socializar eses ganancias, un reparto máis equitativo da riqueza dun país. Só entende de socialización cando o erario público (Xoan pobo) lle sobvenciona as perdas que eles mesmos provocan coa súa insaciabilidade.

A diferencia das recesións de antes ás de agora, está na esquilmación sen ningún control que estiveron a facer durante estes últimos 20 anos en tódolos eidos, máis fame no mundo, as enerxías esquilmadas sen alternativas, problemas ecolóxicos dunha gravedade impresionante, cambio climático e o máis grave o "lavado de coco" que meteron e están metendo ao persoal cos grandes medios de comunicación ao servicio destes mangantes. Acadaron suprimindo a mente para pensar con criterio propio  e hoxe non se move nin unha folla contra estes "cafres". ¡ Serán cabróns estes  elementos da raza humana! .