Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

Arquivo: Abril 2008

19/04/2008 GMT 1

Nós tamén fomos emigrantes, libro de Gonzalo Bouza-Brey

sarampelo @ 20:48

Esos arousanos que se fueron.

 

El libro de Gonzalo Bouza-Brey sobre los emigrantes de la

 

comarca fue presentado anoche en el Puerto de Vilagarcía...Ler máis....Voz de Galicia

 

 

 

 

Foi presentado por Javier Gago presidente do Porto de Vilagarcía,Antón Xil director do Diario de Arousa e Xabier del Valle-Inclán Bibliotecario da Universidade de Santiago. Foi lido un escrito de Xoán Guitián, persoeiro que tiña que estar na presentación,onde por causas de índole familiar non puido acudir. 

 

 

 

 

 

gonzalo-foto-folgoso.jpg








p1040588.JPG


 

 

 

 

 

 

-------------------------------------------------------

 

 

 Gonzalo, “..a derradeira pinga non esvarou..”

 

Comentario de Teo Cardalda F.  

O día 18 pasado presentouse nos locais da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa o libro “Los arousanos por el mundo: Nós tamén fomos emigrantes” do compañeiro e camarada Gonzalo Bouza-Brey. Trátase dun libro que recolle historias de mulleres e homes de Arousa que tiveron que emigrar, uns obrigados polas circunstancias de non caer nas garras dos fascistas naquela “longa noite de pedra”, outros por iniciativa propia. 

Persoeiros que tiveron un aporte cultural, político, economico, literario e deportivo naqueles países  onde emigraron en especial a América . É un libro moi interesante para aqueles que teñan inquedanzas  sobre a memoria histórica arousá,  un libro de consulta e moi didáctico, cunha orientación ás conciencias actuais de coñecernos a nós mesmos do que somos e do que foron os nosos pais e avós. Deste país como Galicia de milleiros e milleiros de emigrantes ao longo dos anos; o título é moi significativo, marca o principio de algo moi fondo da nosa terra, dos galegos : “Nós tamén fomos emigrantes”. 

Coñezo a Gonzalo desde os tempos “negros” da ditadura franquista. Sempre lembramos ese día, foi moi especial. A miña labor política en Vigo era contactar en Vilagarcía cun membro do PCG. Sabía que esa persoa con ese nome estaba agardando no Café Central, din moitas voltas para observalo, non me fiaba, pensaba que era unha trampa e el un policía, ata que contactei cun xornalista, daquela corresponsal da Voz de Galicia en Vilagarcía que me axudou,  foi cando chegamos a coñecernos en circunstancias moi especiais  que deixan pegada ao longo da vida. 

Fago este anterior comentario da nosa amizade, simplemente é para retalo a escribir a historia dos anos da ditadura e transición na bisbarra do Salnés e Vilagarcía, cousa que o vivimos moi preto. Sabes amigo Gonzalo que hai moito que contar e moito que dicir e xa vai sendo hora de poñer a cada quen no seu sitio, iso tamén é memoria histórica aínda que sexa recente, soamente fai 35 anos. 

Gonzalo,  lembrábache o amigo común Xoán Guitián no seu escrito lido na presentación, aquelas verbas do teu poema tan fermoso cantado por Olalla Bouzas “...a canle da fonte quedou seca....”, Eu che digo que a fonte aínda ten que votar moita auga histórica e a derradeira pinga non esvarou. Meus parabéns Gonzalo.

Artigo escrito en GaliciaDixital  

 

14/04/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Ojo con los Objetivos del Milenio, Carlos Taibo

sarampelo @ 12:59

Comando Cultural Os Rabiscos. 

Artigo de Carlos Taibo para o Mañanceiro. 

 Ojo con los Objetivos del Milenio   

 

Carlos Taibo 

 colaborador-ctaibo6.jpg

Mucho se ha hablado en los últimos años de la Declaración del Milenio, aprobada por la Asamblea General de Naciones Unidas en 2000 y poco después concretada en Monterey (México). La declaración en cuestión estableció ante todo dos grandes propósitos: reducir a la mitad entre 1990 y 2015 la proporción de la población cuyo ingreso es inferior a un dólar diario y reducir a la mitad, también, en ese mismo período, la proporción de la población que sufre hambre.

A esos dos grandes objetivos se sumaron, siempre con el horizonte del año 2015, otros varios: asegurar la educación primaria de todos los niños, progresar hacia la igualdad entre los sexos, reducir en dos tercios la tasa de mortalidad infantil, garantizar el acceso universal a los servicios de salud genésica y aplicar estrategias de desarrollo sostenible. 

Aunque a primera vista nada importante cabe reprochar a metas tan loables como las reseñadas, lo cierto es que los llamados Objetivos del Milenio merecen una consideración crítica que se ajusta a tres grandes razones. La primera de ellas da cuenta de la modestia --son menos ambiciosos que otros programas anteriores-- y, a menudo, de la vaguedad de esos objetivos, tanto más cuanto que no es sencillo determinar cómo se satisfarán y sobran los motivos para concluir que en los hechos en 2015 se estará muy lejos de haberlos colmado.

En realidad, conforme a lo pactado se da por descontado que 500 millones de seres humanos, que viven en situación de extrema pobreza, son insalvables para el año 2015, y se olvida que, en virtud del crecimiento demográfico, a esos 500 millones se sumarán 210 millones más. Hay que señalar, en segundo lugar, que al amparo de los Objetivos del Milenio no se vislumbra ningún afán de contestar las políticas que abrazan el Fondo Monetario Internacional, el Banco Mundial o la Organización Mundial del Comercio, o de reclamar la cancelación plena de la deuda, el final del intercambio desigual y del expolio de los recursos, o el despliegue de medidas que permitan poner freno a la rapiña que ejercen las empresas transnacionales.

Tampoco se aprecia ninguna voluntad de encarar los problemas de un sinfín de minorías --mujeres, poblaciones rurales, grupos étnicos singularizados-- que padecen de forma directa las secuelas del injusto orden internacional del momento. Al fin y al cabo, y como quiera que no se rompe en modo alguno la triada que configuran liberalización, crecimiento y reducción de la pobreza, ni se postulan políticas encaminadas a reducir las desigualdades, parece que lo que se nos propone es, sin más, resolver los problemas sin encarar sus causas. "Una de las principales limitaciones de los Objetivos de Desarrollo del Milenio es su abstracción del contexto social, político y económico en el que deben realizarse", en palabras de Antrobus. 

Hay que agregar, en tercer lugar, que al amparo de los Objetivos del Milenio tampoco se muestra ningún designio de estimular la movilización popular, y en particular la que debe registrarse en los países del Sur. En el mejor de los casos, se le otorga un papel de relativa preeminencia a las ONG asistencialistas radicadas en el Norte, en el marco de un proyecto tecnocrático y elitista que debe beneficiar, por lo que parece, a pobres pasivos que esperan la ayuda exterior.

Por detrás de todo lo anterior, parece sobreentenderse, en una dramática simplificación, que la cuestión del desarrollo se puede reducir sin más a la cuestión de la pobreza y a la erradicación de ésta. Sería lamentable que ignorásemos que hay muchas personas muy valiosas que trabajan con denuedo y con talento por acercarnos a la satisfacción de los Objetivos del Milenio.

Quiere uno creer que en su tarea cotidiana hace tiempo que se percataron de que es preciso, sin embargo, ir más allá de estos últimos, tanto en lo que atañe a las metas precisas como en lo que se refiere a los instrumentos que hay que desplegar. 

 

13/04/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Alfonso Saavedra descansa na Ría, Gonzalo Bouza-Brey

sarampelo @ 23:32

Comando Cultural Os Rabiscos

ALFONSO SAAVEDRA DESCANSA NA SÚA RÍAgonzaloratonteoeduardo-rubianes.jpg

GONZALO BOUZA BREY

Días atrás un grupo de amigos e a súa viúva, a moscovita Tamara, esparexemos polas augas do mar de Arousa as cinzas do inesquecible amigo Alfonso Saavedra, quen finou logo dunha cruel enfermidade na súa casa de Milladoiro (Ames), pretiño de Santiago de Compostela.

Alfonso Saavedra naceu en Cuba no ano 1925 de pais vilagarciáns, víndose para a cidade arousá á idade de tres anos e desenvolvendo aquí toda a súa infancia e adolescencia ate 1951 no que tornou a Cuba. Na illa caribeña Saavedra afiliouse ao Movimiento 26 de Julio, a organización guerrilleira dirixida por Fidel Castro e que no 1956 derrocou ao dictador Fulgencio Batista.

O novo goberno revolucionario no que era ministro de Economía Ernesto “Che” Guevara encargoulle a Saavedra unha importantísima responsabilidade, como foi a de encargado de negocios da República de Cuba diante do goberno da Unión Soviética.Durante máis de 30 anos, Alfonso desempeñou esa labor xestionando todos os tratos comerciais co goberno da URSS, naquel entón o maior proveedor económico da illa caribeña.

A súa estreita colaboración co “Che” xa foi recollida neste xornal nunha reportaxe sobre a súa vida e obra realizada no outono do 2002. Alfonso Saavedra tamén foi presidente do Centro Español de Moscú durante varios anos, onde desenvolveu importantes tarefas de axuda á colonia española, en especial cara os denominados “niños de la guerra”.

A pesares de ter movido centos de milleiros de dólares a súa dignidade e integridade non baixou nada e acabou retirándose nunha pequena casa no Milladoiro, xunto coa súa dona Tamara, vivindo dunha exigua pensión do Estado español. Saavedra foi durante todo o tempo unha referencia vivente da militancia revolucionaria e un afervoado namorado da súa Vilagarcía de orixe e mocidade, o que lle levou a pedir aos seus íntimos que as súas cinzas foran esparexidas polo mar arousá.Así se cumpríu.

Hoxe, Alfonso, xa estás definitivamente entre nós, aínda que non dubido que algo de ti, movido polas correntes, achegarase ata as praias de Cuba que tanto amaches.

Traerte hoxe ás nosas páxinas non é máis que un intenso e emocionado homenaxe a quen desde o noso pobo foi sempre un exemplo viviente de entrega ás causas da liberdade e dos dereitos dos traballadores de todo o mundo.

Sempre na nosa memoria.

 

Descarga de dúas gandes grúas no Porto de Vilagarcía de Arousa

sarampelo @ 10:43

Espetacular descarga de dúas

grandes grúas no porto de Vilagarcía de

Arousa.

 

 

O día 4 de abril chegou por mar unha barcaza cargada con dúas enormes grúas remolcada por un remolcador belga para a súa descarga no porto de Vilagarcía de Arousa. Ao chegar ao porto foi axudado polos remolcadores "Doctor Pintado" e "Punta Ondartxo". Maniobra que se realizou con éxito. Foi expetacular por ser a primeira vez que acontece neste porto e polo tecnicismo en medios para descargalas.

08/04/2008 GMT 1

Concerto da cantautora Olalla Bouzas

sarampelo @ 00:00

Cantautora Olalla Bouzas 

 

Presentación do disco  "Sentimentos da Alma

Galega"da cantautora Olalla Bouzas no Auditorio de

Vilagarcía de Arousa o 05 de abril de 2008.

Olalla lle puxo música a doce temas dos poetas contemporáneos de Galicia como son: X. Neira Vilas, Gonzalo Bouza-Brey, Xesús Alonso Montero, Xesús Rábade Paredes, Manuel Blanco Mariño, Baldomero Iglesias Dobarrio, Daniel Pino Vicente, Manuel Rivas Barros e Sabino Torres Ferrer.

A canción "Desta Terra" de Neira Vilas, lle puxo a música Teo Cardalda e a canción "Madre e Amiga" tanto a música como a letra son de Olalla Bouzas. Desta maneira completa o disco con catorce fermosas cancións. Disco que sairá a venta a mediados deste mes de abril.

 

O post consta de dous vídeos "caseiros" onde a realidade do impactante concerto supera cualitativamente á calidade do vídeo. O primeiro trátase do comezo do concerto  cunha introducción da banda que acompañou a Olalla, a continuación  a canción "Meu Mar " de Daniel Pino.

O segundo vídeo cun poema de Xosé Neira Vilas "Desta Terra", cantada a dúo Olalla & Teo Cardalda de Cómplices .

 

 

Actuación na TVG no programa Luar.

07/04/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Rogelio Díz. Violencia e Medios

sarampelo @ 13:26

Comando Cultural Os Rabiscos 

Comentario de Roxelio Díz roxelio_diz8.jpg  

VIOLENCIA E MEDIOS

Moito se fala nesta terra nosa de liberdade, democracia e pluralidade. Principalmente entre os medios profesionais de difusión ( enténdase radio, televisión e prensa escrita) onde en aparencia e apelando á liberdade de expresión cada un deles expón aos seus lectores unha ampla gama de informacións e artigos de opinión para formar o criterio de quen nos atopamos máis alá da mesa.

Pero a pesar que en aparencia todo esta dentro do contexto que entre todos establecemos, a realidade cotiá demóstranos que non sempre é así.
Os medios xornalísticos industriais cunha crecente voz e capacidade de influencia no espazo público, constitúen moitas veces un factor máis de violencia. A través dos seus contidos noticiosos crean, promoven, reforzan e lexitiman a violencia xeneralizada cara a quen consideran poden ser un obstáculo dos seus propios intereses.

Xa que ao banalizar e descontextualizar a información van creando e construíndo asociacións como: emigrante = delincuente; nacionalismo = independentista radical violento, creando estigmas que dalgún xeito intentan lexitimizar a agresión na súa contra e fórmase o caldo de cultivo perfecto de violencia política, social e deportiva.

Non é difícil atopar na nosa historia recente, de innumerables casos de enfrontamentos, xa sexa entre grupos con diferentes ideas políticas ou deportivas que terminan con feridos, detidos e ata algún que outro morto, onde o inicio foi unha información en forma de bóla de neve o suficientemente amplificada por algúns medios con resultados que quizais ninguén podería prever. Ou o que seria máis grave, cando esta información fose dada coa intencionalidade de realmente provocar o enfrontamento.

Non fai falta mais que darse unha volta polos diferentes foros dos diarios electrónicos en Internet, onde na maioría permítese aos lectores verter os seus comentarios sobre as diferentes noticias dadas ou artigos de opinión e que nunha boa parte e acubillados no anonimato queda reflectido ese sentir onde o insulto e a descualificación cada vez máis soez e descarnada gana terreo sobre o comentario reflexivo por moitos lectores expresado.

A critica e a diversidade de opinión é sana nunha sociedade moderna e democrática, pero cando esta se baleira de contido e a palabra convértese en violencia en forma de insulto, nada bo fai presaxiar, e nisto temos bos mestres nalgúns políticos, xornalistas e pseudos-intelectuais que pululan por estas lareiras, ¿como queremos entón non atoparnos con verdadeiros mamporreiros da palabra ao outro lado da liña ?

Neste sentido quero expresar o meu xúbilo de escribir en Xornal.com, e botar unha lanza a favor dos seus lectores, un dos poucos medios a nivel mundial onde os seus lectores na súa gran maioría demostran cos seus comentarios un gran nivel, que moitas veces fainos sentir o compromiso que os que temos o privilexio de escribir aquí, debemos coidar e soster en cada un dos nosos artigos.

Rogelio Diz-Analista político


rdiz51@yahoo.com.mx