Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

Arquivo: Marzo 2008

28/03/2008 GMT 1

Teodulfo Lagunero, un millonario do PCE

sarampelo @ 22:46

Comando Cultural Os Rabiscos  

82.jpg


  Teo Cardalda F.

Teodulfo Lagunero, un millonario do PCE 

 

Teodulfo Lagunero, Catedrático de Dereito Mercantil, avogado, construtor, millonario e comunista, financiou o PCE na clandestinidade. Estes días cedeu a súa fortuna a unha fundación para construír garderías e residencias para a terceira idade. Agora está escribindo un libro onde recolle unha vida e unha memoria moi importante para a historia deste país.

Lagunero foi o que trouxo a España o sete de febreiro de 1976 a Santiago Carrillo con aquela sonada perruca (perruca que lle encargou ao perruqueiro de Picasso) e sen os seus acostumados lentes de miope, cun pasaporte falso a nome de Raymond B., pasou a fronteira  nun impoñente “Mercedes” conducido pola dona  de Lagunero.

 

Chega a Madrid na noite do mesmo día e instálase nun discreto piso da rúa Comandante Franco e logo nun  “chalet” da colonia madrileña de El Viso na rúa Lizarán  17, propiedade de Teodulfo.teodulfo.jpg

Teodulfo máis ben era un topo millonario do PCE en Madrid nos tempos non moi doados da ditadura franquista. A súa familia era antifranquista, fillo de catedrático comunista, irmán de comunista. El mesmo tivo un consello de guerra cando tiña 18 anos, condenado a morte conmutándolle a pena. Cando tivo os medios económicos tratou co PCE. En certa entrevista lle preguntaron sobre isto, el comentaba: “....hice lo que creía que era mi obligación como ciudadano español, contribuir con los que entonces eran lo únicos que luchaban contra Franco. Fui consecuente con mis ideas, con la circustancia accidental de que los negocios me había salido bien. Dediqué mi vida y mi dinero, todo a la lucha contra Franco, son los mejores años de mi vida. El pago que tuve fueron unos años en los que me realicé como ser humano...”

 

 

Foi e é amigo de grandes  intelectuais como: Alberti, Neruda, Bardem, Gala, Marcos Ana, María Teresa León etc.Coido que na súa vida tan intensa, máis ben na sombra, moito terá que contar en especial sobre a transición. Para aqueles que non coñeceron esa etapa de España, coido que sen  Lagunero é imposible entender aquela  transición política, especialmente na legalización do PCE naquel nove de abril de 1977, Sábado Santo.

  Polo ano 1979, tiven a honra de acompañar durante un mes ao Secretario Xeral do PCG Santiago Álvarez nas súas viaxes.  Nunha  desas viaxes tiven a sorte de coñecer por primeira vez a Teodulfo,  entre moitos históricos como José Gros (guerrilleiro do “maquis” francés que había participado na II Guerra Mundial en accións na retagarda alamana e formou parte do Comité Central do partido e gardacostas de Carrillo), isto acontecera no  mes de abril de 1979 na Sede Central do PCE en Madrid na rúa Castelló 25, no barrio de Salamanca , un local de máis de 800 metros cadrados que Lagunero regalara ao Partido Comunista.

 

Desde aquela ata agora pouco ou nada souben del, algunha que outra nova nos xornais por mor de actos culturais. Ao ler onte a nova desa cesión da súa fortuna para bens sociais, non me trabuquei da impresión positiva que me deu aquel día de 1979, onde escoitándoo falar con Santiago Álvarez caérame moi ben o Sr. Lagunero.

Artigo publicado en Galicia Dixital

 

27/03/2008 GMT 1

Presentación do disco de Olalla Bouzas "Sentimentos da alma galega"

sarampelo @ 19:23

 

O 5 de abril ás 21,00 horas, presentará o disco a cantautora Olalla Bouzas " Sentimentos da Alma Galega" no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Ver Vídeos da presentación deste día

 

Cantará temas dos poetas galegos: Baldomero Iglesias Dobarrio. Daniel Pino Vicente.Gonzalo Bouza-Brey. Manuel Blanco Mariño. Manuel Rivas Barros. Sabino Torres Ferrer. Xesús Alonso Montero. Xesús Rábade Paredes e Xosé Neira Vilas.

 

Ler máis en Faro de Vigo

 

p1040568.JPG

 

20/03/2008 GMT 1

Viñeta de J.R.Mora

sarampelo @ 23:32

moraresurreccion.jpg

 

A viñeta de J.R.Mora ten moita carga de profundidade.¡Non sí!. Moi interesante a cousa.

Sobre o autor

18/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Teo Cardalda F., Cristina, unha moza valente e solidaria

sarampelo @ 13:16

81.jpgComando Cultural Os Rabiscos

Teo Cardalda F.

Cristina,unha moza valente e solidaria

 

 

 

O xoves pasado día 13 aconteceu no peirao de Vilaxoán  un grave accidente onde pereceron dúas mozas, Eva e María, ao caer o coche ao mar. Outra moza que se atopaba noutro coche, ao observar que se fundía, tirouse ao mar para poder salvalas. Esta rapaza de 19 anos Cristina Lobato intentou rescatar ás víctimas, pero por unha chea de circunstancias e moi mala sorte, non puído facer nada. Eu chegaba alí cando Cristina xa estaba en terra,  a vin toda mollada e tremente de frío, quizais non só de frío senón que tamén da impotencia de non poder rescatar ás devanditas mozas.cristina.jpg

 

 

Non é  moi normal que se trate de ti a unha persoa que non se coñece. Neste caso Cristina, permíteme  por unha vez escribir de ti a ti . Ante todo a miña máis sincera felicitación pola coraxe e valentía da túa acción. Coido Cristina, que os que nos consideramos adultos temos que facer moitas reflexións en canto a xuventude. Non soamente temos que estar a ler e escoitar nos medios todo o negativo , xa que iso é o que máis vende. Ti, Cristina, déchesnos unha lección de humildade, solidariedade e valentía que moitos de nós, os adultos, temos que aprender.

 

 

 (Foto, Iñaki Abella, Faro de Vigo)

Non teño ese gran pracer de coñecerte persoalmente Cristina, coido que  xa che coñezo nas miñas reflexións e na miña mente, representas a milleiros (a gran maioría) de mozos deste  país que xamais saen nos xornais ou TV polas cousas ben feitas, iso non vende.

 

 

Cristina, os adultos damos a cota máis alta en sintonización das TV, ollando as miserias humanas, os programas lixo, subcultura e logo pedimos responsabilidades aos mozos/as da falta de valores. Coido que temos parte da culpa de non saber comprendervos. Ti deches ese exemplo ante este sistema mediático que nos están a impoñer. Ti deches o exemplo a moitos detractores que pensan que están na posesión da verdade, poñendo a caer dun burro a toda a xuventude; cando saben positivamente que sempre son unha minoría. 

 

No é certo que os mozos de agora pasen de todo. Todo o contrario. Teñen os seus propios valores interiorizados e están comprometidos co que creen. Milleiros deles demostran cada día coas súas accións , a súa enerxía e a súas gañas de facer cousas, de actuar contra a inxustiza, o medio ambiente e en especial os valores do ser humano como é a vida.

Só che digo dúas palabras con moito agarimo: “chapo”Cristina.   

Artigo en Galicia Dixital

Ler noticia dese día en Faro de Vigo

Leer en español

 

Cristina,una joven valiente y solidaria

El jueves pasado día 13 aconteció en el muelle de Vilaxoán un grave accidente donde perecieron dos chicas, Eva y María, al caer el coche al mar. Otra joven que se encontraba en otro coche, al observar que se hundía, se tiró al mar para poder salvarlas. Esta chica de 19 años Cristina Lobato intentó rescatar a las víctimas, pero un montón de circunstancias y muy mala suerte, no pudo hacer nada. Yo estaba allí, la vi toda mojada y temblando  de frío, quizás no solo de frío sino que también de la impotencia de no poder rescatar a las jóvenes.
No es muy normal que se trate de tu a una persona que no se conoce. En este caso Cristina, me permites por una vez escribir de tu a tu . Ante todo la más sincera felicitación por el coraje y valentía de tu acción. Creo Cristina, que los que nos consideremos adultos tenemos que hacer muchas reflexiones en cuanto a la juventud. No solamente tenemos que estar a leer y escuchar en los medios todo lo negativo , ya que eso es lo que más vende. Tu, Cristina, nos diste una lección de humildad, solidaridad y valentía que muchos de nosotros, los adultos, tenemos que aprender.
No tengo ese gran placer de conocerte personalmente Cristina, creo que ya te conozco en mis reflexiones y en mi mente, representas a miles (la gran mayoría) de jóvenes de este país que jamás salen en los periódicos o TV por las cosas bien hechas, eso no vende.
Cristina, los adultos damos la cuota más alta en sintonización de las TV, viendo las miserias humanas, los programas basura, subcultura y luego pedimos responsabilidades a los chicos/as de la falta de valores. Creo que tenemos parte de la culpa de no saber comprenderos. Tu diste ese ejemplo ante este sistema mediático que nos están a imponer. Tu diste el ejemplo a muchos detractores que piensan que están en la posesión de la verdad, poniendo a caer de un burro a toda la juventud; cuando saben positivamente que siempre fue una minoría.

No es  cierto que los jóvenes de ahora pasen de todo. Todo el contrario. Tienen sus propios valores interiorizados y están comprometidos con lo que creen. Miles de ellos demuestran cada día con sus acciones , su energía y la ganas de hacer cosas, de actuar contra la injusticia, el medio ambiente y en especial los valores del ser humano como es la vida.
Sólo te digo dos palabras con mucho cariño: “chapo”Cristina.

Teo Cardalda F.

Ler máis »

17/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Cultura si, mausoleo non, Xesús Redondo Abuín

sarampelo @ 18:00

 

 

Comando Cultural Os Rabiscos 

sin-titulo311.jpgCULTURA SI, MAUSOLEO NON 


 Xesús Redondo Abuín

O que quero dicir quero dicilo por escrito. Por dúas razóns importantísimas. Unha. Porque falar pouco é máis difícil que falar moito. Dúas. Porque quero que se saiba que son palabras pensadas e non palabras ditas ó tun tun. E direino con toda a cortesía do mundo, e algo máis se é preciso, pero clariño. 

A cultura dun pobo non se  cultiva nun escaparate colosal instalado no curuto dunha montaña. A cultura seméntase no día a día colectivo. E a fonte principal da colleita cultural é o traballo. Desde o máis rudimentario ó máis cualificado ¡Ollo! Estou falando cuspidiño a como falaban as autoridades de agora contra as de antes. O que pasa é que as actuais autoridades, onde antes dicían ¡xo! agora din ¡arre! Claro, antes andaban no que lle cadraba e agora andan en Audi._museo_1.jpg 

O primeiriño que fixeron as novas autoridades ó chegar a San Caetano foi presentarse ante o erario nacional, preguntarlle ¿que hai do noso?, asignarse salario millonario; e a maiores, asignarse un aguinaldo vitalicio de 15.000 euros, que é máis que a media salarial dos Fuco Buxán da nación de Breogán ¡Ben se ve que as novas autoridades alentan por onde alentaban as de antes! Que deixen de intoxicar as autoridades. As de agora e as de antes. Que cando non parecen curmáns, parecen irmáns. Que deixen de intoxicar e tamén de apurrarnos os cans de seu amo, subvencionados tamén polo erario nacional.

Que deixen de intoxicar. E de denigrar. E de mentir. Nós non pedimos que entren as piquetas no Gaiás. Pedimos que nos aclaren que están facendo cos nosos cartos. Que é o mesmo que pedían as autoridades actuais cando eran aspirantes a ser autoridades. Os que cambiaron de partitura foron eles. Nós non tocamos partitura distinta á que eles mesmos tocaban.

Que deixen de intoxicar. E tamén de apurrarnos os cans de seu amo, subvencionados tamén polo erario nacional. Que deixen de intoxicar. E de falsear os nosos postulados. Nós non estamos contra a cultura. A cultura abre os ollos e nós queremos que a nación de Breogán abra canto antes e para sempre os ollos de par en par. Queremos saber a onde vai e para que sirve cada euro que gastan no Gaiás. Que están gastando euros do erario nacional. Que non están gastando euros da súa propiedade. E están gastando unha burrada. Daría para _museo_3.jpgfacer non poucas cousas en non poucas partes que están en precario. E volvo á carga.

A cultura non se fai con fantasías galácticas. Faise pé da realidade ordinaria. Con boas escolas infantís. Con boas escolas primarias. Con bos institutos. Con boas universidades. Con bos museos. Con bos transportes e rápidos. Con bos centros de saúde. Con bos hospitais. Con boas instalacións deportivas. E con alimentación san e suficiente para todos os Fuco Buxán. Que son non poucos os que non teñen de nada. Máis feitos e menos propaganda. A cultura ou nace no día a día colectivo dos pobos ou non nace. E o día a día colectivo do Fogar de Breogán ten lugar ó longo e ancho dos 315 concellos diseminados polo mapa adiante.

O do Gaiás a nós parécenos poñer o carro diante do gando. Tamén ás actuais autoridades llo parecía antes. Agora non. Agora cambiaron ¿Por que será?untitled7.bmp Co gando á rabela do arado non se labra. E nós queremos labrar. Nin queremos que as silvas volvan a colonizar por enteiro o Gaiás nin que no Gaiás fagan as Américas un puñado de aproveitados. O que esiximos é que rendan contas do gastado e que nos aclaren a onde vai e para que sirve cada euro que gasten. Nada máis. Que é o que as actuais autoridades pedían cando eran aspirantes a ser autoridades.

Nós nin orixinais fomos á hora de denominarnos. Foron eles os que empezaron a chamarlle a aquilo mausoleo faraónico. E cando digo eles digo Lola Villarino, presidenta do Parlamento; Emilio Pérez, presidente do bigoberno; Anxo Quintana, vicepresidente; e os demais; e todos os demais. Que volvan ó rego. Que deixen de apurrar contra nós os cans de seu amo. Que deixen de intoxicar. 

 


O

13/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Rogelio Díz-La Niña de Rajoy Se quedó Huérfana

sarampelo @ 23:00

Comando Cultural Os Rabiscos 

 

Artigo de Rogelio Díz desde Méxicoroxelio_diz7.jpg 

 Rogelio Díz

LA  NIÑA  DE  RAJOY  SE  QUEDO  HUERFANA 

 

Eran muchas las esperanzas que el Sr. Rajoy tenia en ganar las elecciones, y no solamente estas, como cabria de esperar, sino tantas como un poco más de 16 legislaturas para que su niña pudiese tener el ciclo completo desde su nacimiento, educación, boda, familia y pensión.

Quizás no con su mentor como presidente, pero si en la misma empresa en que su padre tuviera trabajo. Y después ella y su futuro cónyuge,  para que al final pudiesen cobrar la pensión merecida. La pena es que a esta niña Victoria Esperanza, en plena salida del cascaron le cambiaron la escenografita, y ahora tendrá que estudiar esa materia asquerosa de Educación para la Ciudadanía en vez de los maravillosos preceptos de la religión católica.la-nina-de-rajoy.jpg

( Foto, María José La niña de Rajoy)

Y por consecuencia, la imagen de la familia tan explicada por su mentor de papa, mama y sus hijitos, puede cambiar a la abominable idea de que sus compañeritos tengan dos mamas o dos papas y que a eso lo equiparen con nuestra sagrada familia. 

Y es que la tormenta de las elecciones, nos cambio la vida –diría la niña de Rajoy- pues ahora la crisis económica nos devorara en unos meses y nos encontraremos en la más absoluta pobreza, donde tendré que asistir a un colegio publico donde conviviré con extraños seres de diferente color y con diferentes costumbres y forma de hablar, que al no haberles obligado a firmar un contrato de integración, tendrán los mismos derechos que nosotros y lo que es peor, cada vez son más, gracias al efecto llamada de quienes volvieron de nuevo a chafarnos la vida. 

Que son los mismos que rompen nuestra querida España y venden Navarra, ya que así lo han negociado con los terroristas de ETA. Los que no oyen a los millones de gente bien que acompañamos a nuestros guías espirituales de la Santa Madre Iglesia tratando de salvaguardar los valores de la familia. Volveremos a ser cabeza de ratón con amistades tan peligrosas como las de Castro, Chávez y Morales, mientras seguiremos recibiendo el desprecio del gran adalid de la libertad, esperamos que siempre nos quede Mccaine. 

La idea de una España una, grande y li…(perdón) indisoluble, tornara a la idea del concepto de nación discutida y discutible, mientras los nacionalismos cobijados en la pluralidad nos impondrán sus lenguas por encima de nuestro castellano, tan antiguo él y tan preciado en el mundo, principalmente en iberoamerica donde fue placidamente adoptado y nunca impuesto. 

Trataran de reabrir viejas heridas y hablar de un pasado manipulando la historia como bien nos lo dicen en la COPE.Así que no me queda mas remedio que refugiarme con tito Camps en Valencia o tita Espe en Madrid. 

Rogelio Diz-Analista político, México

rdiz51@yahoo.com.mx 

 

11/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, A Debacle de I.U.-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 23:40

8.jpgComando Cultural Os Rabiscos

 

 

 

Teo Cardalda F. 

A debacle de IU

 Lembro hai unha década cando o xornal “El País” lle chamaba a Julio Anguita:  “iluminado” e personaxe que estaba noutra galaxia cando tiña no seu grupo parlamentario vinte deputados. Agora nestes intres pasado o tempo,  vou comprendendo o que quería dicir ese “xornal” e outros, axudar mediaticamente ao amparo desta Lei Electoral de repartirse a torta de España entre o branco e o negro. O acadaron para ben dos intereses deses progre-yupis con chaqueta de pana, que saíron como foguetes na época de Solchaga.  

 

É certo que a Lei Electoral é totalmente inxusta e defendida polos que lle beneficia, PP e PSOE. Evidentemente iso afecta a moitos escanos, a IU lle costa 500.000 votos acadar un deputado, cando ao PSOE e PP só lle fai falla 65.000. A Lei D´Hont nunha única circunscrición sería a máis xusta, coido que é moi desaxustado que, con case un millón de votos teña dous deputados IU e Coalición gaspar_llamazares1dn.jpgCanaria con 164.000 teña os mesmos escanos .

 

Nembargantes, hai moitos factores na perda de case medio millón de votos con respeto ao 2004: faltou un programa clarificante de esquerdas. Nos últimos anos a política que primaba asemellaba a un irmán pequeno do PSOE ( sen quitarlle o seu mérito nalgunhas  leis sociais que foron aprobadas grazas á súa iniciativa ),  a isto sumamos a política da dirección que aconteceu con guerras internas que saíron á luz pública e iso ten un custo a curto prazo negativo. Tamén pode ser que acontecera un factor  que eu lle chamo o voto do “medo” ( ollo, que veñen os fachas), que en termos  máis sutís  lle chaman o voto “útil”.

 

Considero que a partir deste intre retomen con máis forza  como sempre foron, cos seus valores da liberdade ( non esquezamos a súa loita polas liberdades contra a dictadura quedando moitos no camiño, mentres outros que se din de esquerdas estiveron de vacacións naqueles intres), da xustiza por riba de calquera interés, xa que considero que ten que haber un contrapeso neste pais que explique moi claramente e cale nas mentes dos paisanos que, a distribución da renda sexa un indicador máis importante que a renda “per cápita”. Teñen moitas razóns, só necesitan saber explicalas. Suponse que son a rama culta deste pajulio-anguita.jpgís, pero non illarse  nunha capa de propostas ilusorias.

 

É unha mágoa que unha esquerda consecuente con eses principios de igualdade sexa hoxe case testemuñal  no Parlamento, onde en case tódolos países de moito bagaxe democrático de Europa, sexan terceiras forzas políticas que obrigan de cando en vez a facer políticas sociais aos socialdemócratas cando estes escoran ao liberalismo. Non soamente este país e branco e negro, ten moitos cores e a pluralidade enriquece a política.

 

Como simple anécdota ante esta inxusta Lei Electoral, votando cunha única  circunscrición o PSOE perdería oito deputados, o PP  sete, IU tería 14, o BNG seguiría con dous, ERC tres, PNV perdería dous CIU conservaría os 11. Coido que é moi significativa  esta norma,  máis xusta en relación co número de votantes a cada forza política, a pluralidade e a representatividade dos cidadáns moito máis axustada.

Despois de máis de trinta anos de democracia, o troco desta inxusta Lei é unha materia pendente de calquera goberno de quenda. Coido que non hai vontade política e non interesa a certos poderes fácticos. 

Artigo publicado Galicia Dixital

10/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos,Xesús Redondo-Palabras para un soldado da historia

sarampelo @ 10:07

Comando Cultural Os Rabiscos 

 

 

 

 

 sin-titulo31.jpg

Xesús Redondo Abuín

PALABRAS PARA UN SOLDADO DA HISTORIA   

 

Alfredo García Caramés era ouro de lei; ouro en pano era; por fóra e por dentro; era dunha peza; calquera podía tomarlle o folio non cambiado á primeira; era un libro aberto: o que era e o que non era levábao a flor de pel. Con el sempre sabía un a que aterse. Non tiña nel nada de nada saduceo.

 

Naceu na parroquia de Liripio ¡Será por eufonía! Liripio talmente parece un chío saído da palleta cantareira da gaita do gaiteiro de Soutelo: entonces, o xílgaro que mellor repenicaba de toda Galicia.carames.jpg

 

Nacer en Liripio xa ten o seu aquel. Pero é que a maiores Alfredo medrou nas culturas de medio mundo e doutorouse en case todo no día a día dos seus nada maniños 86 anos de ir e vir de sitio en sitio; e por onde ía botaba raíces; iso si, co raigoto cravado toda a súa vida na parroquia de Liripio: Terra de Montes sempre foi a súa matria nutricia; nas quimbambas que estivese, o seu raigoto de Terra de Montes nunca saíu.

 

Foi moito o que el aprendeu na cartilla ágrafa do día a día colectivo; nos 86 anos que botou aquí aprendeu a mitra; e o moito que aprendeu aprendeuno moi aprendido, porque o aprendeu no duro oficio de resistir as patadas que lle arriou a vida, que foron non poucas e case sempre a vida llas arriou por onde máis a el lle doía; desde o día que naceu como quen di: táboa do barro á cabeza por Forcarei desde case meniño, emigración, guerra, exilio e pé do canón toda a vida a pé firme. El nunca quixo aprender a equidistar do perigo e apandou co seu quiñón del estoicamente cando foi preciso.

O seu bo amigo e biógrafo, Valentín García Gómez, chamoulle SOLDADO DA HISTÓRIA e en dúas palabras Valentín colleu polo peito o quid da cuestión de toda revolución: a historia é obra de todos, non dos adaís. Pero é que a maiores, Alfredo non foi asistente de Líster: foi lugartenente, que é moi distinto. E non foi máis porque el non quixo.carames1.jpg

Alfredo tiña non pouco de que se gabar. Sen embargo, coma todos os grandes, non era nada narciso. O maior timbre de gloria seu era ter sido lugartenente de Líster, iso que Alfredo era anarquista e Líster era comunista. Ese abismo non foi óbice para que Líster fose sempre para el moito Líster. E non foi insólito o caso seu. O tamén lendario xeneral Modesto tivo igualmente de lugartenente a outro anarquista. Do cal Modesto contaba marabillas.

¡Cómo non! Bmodestoylister.jpgo quiñón da aureola destes dous lendarios xenerais comunistas é tamén patrimonio lexítimo destes dous lugartenentes de aceiro anarquistas: Modesto e Líster alcanzaron o cume no que agora están a cachapernas destes dous facedores de historia invisibles. Ós invisibles débelle o mundo un potosí. Se o mundo non estivese tan rematadamente mal feito, sacaríase ante todos eles o sombreiro. Sería un xesto coa  propia especie.

 

 

Leer en español........

 

PALABRAS PARA UN SOLDADO DE LA HISTORIA

Xesús Redondo Abuín

Alfredo García Caramés era oro de buena ley; oro en paño era; por fuera y por dentro; era de una pieza; cualquiera podía tomarle el folio no cambiado a la primera; era un libro abierto: el que era y lo que no era lo llevaba la flor de piel. Con él siempre sabía uno la que atenerse. No tenía en él nada de nada saduceo.

Nació en la parroquia de Liripio ¡Será por eufonía! Liripio talmente parece un grito salido de la palleta cantarera de la gaita del gaitero de Soutelo: entonces, el jilguero que mejor tocaba de toda Galicia.

Nacer en Liripio ya tiene el suyo aquel. Pero es que la mayores Alfredo creció en las culturas de medio mundo y se doctoró en casi todo en el día a día de sus nada maniños 86 años de ir y venir de sitio en sitio; y por donde iba echaba raíces; eso sí, con el arraigo clavado toda su vida en la parroquia de Liripio: “Terra de Montes” siempre fue su matria nutricia; en las quimbambas que estuviera, su raigame de Terra de Montes nunca salió.

Fue mucho lo que él aprendió en la cartilla ágrafa del día a día colectivo; en los 86 años que echó aquí aprendió la mitra; y el mucho que aprendió lo aprendió muy aprendido, porque lo aprendió en el duro oficio de resistir las patadas que le dió la vida, que fueron no pocas y casi siempre la vida se las dió por donde más la él le dolía; desde el día que nació cómo quien dice: tabla del barro a la cabeza por Forcarei desde casi niño, emigración, guerra, exilio y pie del cañón toda la vida a pie firme. Él nunca quiso aprender la equidistar del peligro y apandó con su quiñón de él estoicamente cuando fue preciso.

Su buen amigo y biógrafo, Valentín García Gómez, le llamó SOLDADO DE LA HISTÓRIA y en dos palabras Valentín cogió ponerlo pecho el quid de la cuestión de toda revolución: la historia es obra de todos, no de los adaís. Pero es que la mayores, Alfredo no fue asistente de Líster: fue lugarteniente, que es muy distinto. Y no fue más porque él no quiso.

Alfredo tenía no poco de que se exaltar. Sin embargo, como todos los grandes, no era nada narciso. El mayor timbre de gloria suyo era haber sido lugarteniente de Líster, eso que Alfredo era anarquista y Líster era comunista. Ese abismo no fue óbice para que Líster fuera siempre para él mucho Líster. Y no fue insólito el caso suyo. El también legendario general Modesto tuvo igualmente de lugarteniente la otro anarquista. Del cual Modesto contaba maravillas.

¡Cómo no! Bueno quiñón de la aureola de estos dos legendarios generales comunistas es también patrimonio legítimo de estos dos lugartenientes de acero anarquistas: Modesto y Líster alcanzaron la cumbre en el que ahora están la cachapernas de estos dos facedores de historia invisibles. A los invisibles le debe el mundo un potosí. Si el mundo no estuviera tan rematadamente mal hecho, se sacaría ante todos ellos el sombrero. Sería un gesto con la propia especie.  


 

 

Ler máis »

08/03/2008 GMT 1

Asasinato de Isaías Carrasco polos covardes etarras

sarampelo @ 20:26

Teo Cardalda F. e tódolos currantes deste Blogue: Neste vídeo onde está a falar  a filla  de Isaías Carrasco, o di todo, non fai falla máis comentarios. Nembargantes, non me queda moi ben o corpo se non digo o que moitas veces ao longo destas últimas horas veño dicindo : Estes elementos son uns fillos de puta, uns putos covardes e bastardos que non pertecen ao ser humano.

Nestes intres non deixamos de pensar  (é inevitable) nas baixezas de  xente como Alcaráz, moitos dirixentes do PP e moitos xornalistas da ultradereita en especial ese elemento da COPE( non digo o seu nome por medo a estercar o Blogue) o que tal dixeron do goberno e Zapatero durante toda a lexislatura.  Non deixamos de pensar no Sr. Rajoy, como última mostra fai uns días ao acusar ao presidente do Goberno de "agredir a las víctimas". Usaron todas as armas putrefactas da mentira e da demagoxia, todo lles valeu.

Os que facemos este Blogue, a nosa solidariedade e condolencia á familia e achegados de Isaías Carrasco.

Leer en español

 

 

 Teo Cardalda F. y todos los currantes de este Blog: En este vídeo donde está a hablar la hija de Isaías Carrasco, lo dice todo, no hace falta más comentarios. No obstante, no me quieda muy bien el cuerpo si no digo lo que muchas veces al largo de estas últimas horas vengo diciendo : Estos elementos son unos hijos de puta, unos putos cobardes y bastardos que no pertecen al ser humano.

En estos momentos no dejamos de pensar (es inevitable) en las bajezas de gente como Alcaráz, muchos dirigentes del PP y muchos periodistas de la ultraderecha en especial ese elemento de la COPE( no digo su nombre por miedo a que se me pudra el Blog) lo que tal dijeron del gobierno y Zapatero durante toda la legislatura. No dejamos de pensar en el Sr. Rajoy, como última muestra hace unos días al acusar al presidente del Gobierno de "agredir a las víctimas". Usaron todas las armas putrefactas de la mentira y de la demagogia, todo les valió.

Los que hacemos este Blogue, nuestra solidaridad y condolencia a la familia y acercados de Isaías Carrasco. 

 

Ler máis »

05/03/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Un combate a dous-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 23:36

 Comando Cultural Os Rabiscos

8.jpg

 

 

 

Por Teo Cardalda F. 

Un combate a dous 

Xamais tiven maior interés por uns debates políticos onde non están representados tódolos votantes do arco parlamentario. Nembargantes, por esta vez tiven a santa paciencia de ollar e escoitar os dous debates para poder facer unha crítica (positiva ou negativa) dos dous representantes dos partidos maioritarios do estado. Cando me acomodei na cadeira fronte ao televisor, deume a sensación que ía a ollar un combate de boxeo, así o reciclei nos miolos desde o primeiro intre ao pé da pantalla.  

Comeza o combate co permiso do árbitro. O aspirante ao título comeza a dar uns golpes baixos demagóxicos  usando de cando en vez uns “barullos”  cara a  certo público que case non entenden deste “boxeo-político”, o aspirante dáse conta que o combate aínda que sexa desta maneira pode coller máis adeptos dese público, onde comezan a aplaudirlle como tolos. O actual campión, comeza a recibir estes golpes e  “barullos” e trata de esquivalos como pode, parte do público que sabe de que vai a cousa, comeza a gritarlle que use a mesmas armas que o seu contrincante. Na metade do combate trata de usar esas mesmas armas nalgún momento, dándose conta que iso non lle fai falla,  comprende que ten parte do público ao seu favor e trata de rematar o combate dunha maneira amigable.zaptero-rajoy-saludan-inicio-debate.jpg 

 

O árbitro da por rematado os asaltos. Ao final os medios e as enquisas falan de gañadores e perdedores. Eu que vin o combate, tamén teño o meu pobre criterio: o considero un “tongo” xa que non gañou ninguén, só houbo un perdedor que foi o público (pobo)  que é o que paga ante un combate tan patético.

Non foi un combate de ideas, pareceuse máis a un monologo facendo carantoñas, destacando o aspirante ao título de intentar insultar á intelixencia de moitos españois.  Cada un fixo o seu papel que lle corresponde no “ring”, dentro das coordenadas que ordena o “regulamento” dos que financian na sombra este “boxeo”político.

Aos organizadores destes combates témoslle que lembrar que non soamente existen os pesos pesados, senón que temos preto de catro millóns de “aficionados-votantes” que tamén lles gusta que se celebren combates de tódolos pesos no mesmo “ring”, onde podemos os españois ter unha máis completa información da grande e rica pluralidade deste país.

O vindeiro domingo día 9 o pobo dará o veredicto. O campión gobernará con ese título pero non terá o poder. Ese poder cos tempos que corren de “neocon” sempre será dos que fan e financian ese “regulamento”.

Ímola andando que a festa vai boa. A bo entendedor moi poucas palabras fai falla.  

Artigo publicado no Diario de Arousa e Galicia Dixital

Ler en español........

 

 

 

Un combate a dos

Jamás tuve mayor interés por unos debates políticos donde no están representados todos los votantes del arco parlamentario. No obstante, por esta vez tuve la santa paciencia de ver y escuchar los dos debates para poder hacer una crítica (positiva o negativa) de los dos representantes de los partidos mayoritarios del estado. Cuando me acomodé en la silla frente al televisor, me dio la sensación que iba a ver un combate de boxeo, así lo reciclé en los sesos desde el primer momento al pie de la pantalla.

Comienza el combate con el permiso del árbitro. El aspirante al título comienza a dar unos golpes bajos demagógicos usando de vez en cuando unos ”barullos” hacia cierto público que casi no entienden de este “boxeo-político”, el aspirante se da cuenta que el combate aunque sea de esta manera puede coger más adeptos de ese público, donde comienzan a aplaudirle cómo locos. El actual campeón, comienza a recibir estos golpes y “barullos” y trata de esquivarlos como puede, parte del público que sabe de que va la cosa, comienza a gritarle que use la mismas armas que su contrincante. En la mitad del combate trata de usar esas mismas armas en algún momento, dándose cuenta que eso no le hace falta, comprende que tiene parte del público a su favor y trata de rematar el combate de una manera amistosa.

El árbitro da por terminado los asaltos. Al final los medios y las encuestas hablan de ganadores y perdedores. Yo que vi el combate, también tengo mi pobre criterio: lo considero uno “tongo” ya que no ganó nadie, sólo hubo un perdedor que fue el público (pueblo) que es el que paga ante un combate tan patético.

No fue un combate de ideas, se pareció más a un monologo haciendo carantoñas, destacando el aspirante al título de intentar insultar a la inteligencia de muchos españoles. Cada uno fijó su papel que le corresponde en el “ring”, dentro de las coordenadas que ordena el “reglamento” de los que financian en la sombra este “boxeo”político.

A los organizadores de estos combates le tenemos que recordar que no solamente existen los pesos pesados, sino que tenemos cerca de cuatro millones de “aficionados-votantes” que también les gusta que se celebren combates de todos los pesos en el mismo “ring”, donde podemos los españoles tener una más completa información de la grande y rica pluralidad de este país.

El próximo domingo día 9 el pueblo dará el veredicto. El campeón gobernará con ese título pero no tendrá el poder. Ese poder con los tiempos que corren de “neocón” siempre será de los que hacen y financian ese “reglamento”.

 Vamos andando que la fiesta va buena. A buen entendedor muy pocas palabras hace falta.

Artículo publicado en el Diario de Arousa y Galicia Digital


 

 

 

 

Ler máis »

03/03/2008 GMT 1

Un piloto de Lufthansa evita estrelarse

sarampelo @ 18:01
Un piloto de Lufthansa evita no último segundo estrelarse en Hamburgo
 
O vento do ciclón «Emma» provocou que se saíse da pista pero tras tocar terra logrou remontar o voo do aparello no que viaxaban 131 pasaxeiros. 
Un piloto de Lufthansa, de 39 anos e identificado como Oliver A., logrou evitar coa súa pericia este fin de semana unha catástrofe aérea provocada polo paso do ciclón «Emma», que causou 14 mortos en toda Europa.
O piloto conseguiu dominar no último segundo o Airbus 320, con 131 pasaxeiros a bordo, no momento de aterrar no aeroporto de Hamburgo procedente de Munich

Oliver A. logrou dominar o avión xunto ao seu copiloto, a xóven Maxi J, de 24 años. Aterraron na mesma pista ao segundo intento, tras dar varias voltas agardando  de que amainara os ventos racheados.Ler máis...20minutos.es

Fervello: As imaxes o din todo, nembargantes ,quero dicir que o piloto e a xoven copiloto tiveron unha sangue fría e unha profesionalidade fora do normal. Hai que votarlle moitos "aqueles....." Ole por estes xóvenes profesionais. Os meus parabéns para o Sr. Oliver A. e moza Maxi J.

01/03/2008 GMT 1

Pazo do Rial-Vilaxoán de Arousa

sarampelo @ 11:24

Fervello: Estivemos remexendo os miolos os que facemos este blogue e pensamos que, non hai mellor terapia para todos aqueles que temos aínda un criterio propio (mentres non no lo quiten), ante esta patética campaña electoral o fuxir axiña de tantos dewater e promesas que xamais se cumpliran, das mentiras,  hipocresía e da devaluación da democracia, o pasar a un plano moito máis cultural como son os nosos monumentos artísticos da nosa Galicia. 







PAZO DO RIAL


O Pazo do Rial quizais sexa un dos máis fermosos da bisbarra do Salnés. A fasquía deste Pazo seméllase ao de Sobrán, encadrándose nunca traza moi xenérica de edificio central corrido entre dúas torres.Atópase no centro dun outeiro que antano favorecía a vista dos seus dominios.

Racha a norma, unha liña de ameas ao longo de toda a fronte do edificio e unha capela que está preto dunha das torres, engadido moi pouco estético a verdade. No eido existen un piorno e un pombal.

Descoñecese a súa orixe con certeza. Seica en tempos antigos, sobre a parte posterior do mesmo Pazo se erguía un mosteiro polos restos de rocha que aínda hoxe se atopan no lugar. Figura en tódalas guías de Galicia, inclusive en unha morea de obras que fai referencia á arquitectura barroca de España. Nun artigo de Xavier Ozores do Faro de Vigo de 1925, falaba o seguinte: “Por su traza, amplias proporciones y típica arquitectura es uno de los más hermosos de Galicia”.

Fai uns anos pertencía á familia Ozores; Estivo unha morea de anos en completo desleixamento e case ruína, ata que foi vendido para facer un hotel, foi restaurado polo dono actual, aínda que ao mesmo tempo rachou a conxugación maxistral e estética desta fermosa arquitectura palaciana, xa que non reflicte a propia fisionomía barroca das terras en que se asenta por mor dun edificio moderno que se ergueu ao carón do Pazo.

 Ao seu arredor existía un frondoso arboredo  que en tempos de primeiros do século XX facíase unha romaría moi importante no día de San Xosé, que en Vilaxoán tiña o nome da “Romaría dos Xosé-finos”, que era unha Asociación fundada por Xosé Garrido, Demetrio Garrido, Luís Faro e Francisco Villaronga. Nacera esta asociación en 1915 para tratar de non esquecer o que viñan facendo os seus antergos dende tempos antigos. O dono do Pazo e posesións daquel entón o Marqués de Aranda era tamén partícipe desta festa-romaría, cousa que na actualidade xa se perdeu. Organizaban bailes populares con gaiteiros, cucañas e unha puxa de vacas e becerros. A esta sonada romaría acudía moita xente da bisbarra do Salnés ao fragor daquel bosque ao remanso do río Rial e preto da praia das Saíñas.

Pertenceu este edificio barroco de primeiro aos Mariño de Lobera, estivo vencellado nalgún tempo ás familias Soutomaior, Valladares, Aldao, Sarmiento e Araujo entre outros;Ten unha chea de escudos coas armas dos Mariño de Lobera, Soutomaior, Maldonado Aldao .

Un dos escudos da fachada aparece sostido pola serea que a lenda pretendeu engaiolar co seu canto a un home da caste do apelido Mariño. 

t.c.f.