Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

Arquivo: Febreiro 2008

29/02/2008 GMT 1

Peperos Escozios

sarampelo @ 21:22

 

Faladurías e Cousas do Carallocampante 

Grupo de Rock Durisimo "Peperos Escozios"

 los-escozios.jpg

 

 Carallocampante comunica : O día 7 de Marzo, final de campaña o Grupo  "Los Escozios" actuaran na Disco "El Valle de los Levantados". Estrenaran tres temas inéditos:

"La niña" "El Papá de la Niña" e "El Rock de la  Sra. Cuaresma." Non nos cabe ninguha dúbida que será todo un éxito. Os seus padriños "musicais"  Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz e O Pizarra-Currante  lles faceran un agasallo, consistirá nun recordatorio en miniatura de ouro semellante á tumba  do gran rockero que tanto éxito tivo coa mesma canción "La Dentadura" durante 40 anos. Lles desexo moitos éxitos e moitos parabens.

...............................................

Carallocampante comunica : El día 7 de Marzo, final de campaña el Grupo "Los Escozios"  actuaran en la disco "Él Valle de los Levantados".

Estrenaran tres temas inéditos: "La niña" "Él Papá de la Niña" y "Él Rock de la Sra. Cuaresma." No nos cabe ninguna duda que será todo un éxito. Sus padrinos "musicales" Sres. Roncón Vadanas, Cañí-de los Zares, Alcatráz y El Pizarra-Currante les darán un regalo, consistirá en un recordatorio en miniatura de oro semejante a la tumba del gran rockero que tanto éxito tuvo con la misma canción "La Dentadura" durante 40 años. Les deseo muchos éxitos y muchos parabienes.

...............................................

Carallocampante communicates:  March 7, end of campaign the Group "The Escozios" acted in the disk "El Valle de los levantados". They premiered three unpublished themes:  
  "The girl" "He Dad of the Girl" and "He Rock of the Lady Cuaresma."  Us does not fit none doubt that will be all a success.  Its godfathers "musical" gentlemen Roncón  Vadanas, Cañí-Of the Zares, Alcatráz and Pizarras-Currante will give them a gift, Will consist of a commemorative one in miniature of similar gold to the tomb of the great rock artist that so much success had with the same song "The Denture" for 40 years. Them desire many successes and many congratulations. 


 

 

28/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Surrealismo Urbanístico-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 00:19

 

Comando Cultural Os Rabiscos

Artigo de Teo Cardalda F.



8.jpg



 


 

 

Surrealismo Urbanístico 

Hai uns días os veciños de o Piñeiro ( Vilagarcía de Arousa ) cualificaban o “muro da vergoña” de tomadura de pelo. Isto ben a conto sobre esa barbaridade urbanística que está a vulnerar a lei do solo no devandito lugar.a12c4f1.jpgFalando cunha persoa que coñece o tema o cualificou  a este “muro” de surrealismo puro e duro. Eu me pregunto. ¿Cantos surrealismos urbanísticos desta e outra índole veñen acontecendo desde fai un tempo atrás?. Non deixaron monicreques con cabeza en case tódolos recunchos do Concello de Vilagarcía.

 (Foto,Voz de Galicia.m.miser)

Os que somos xentes do común, xentes de embaixo, sen política polo medio, afectadas polas anteriores decisións daquel  goberno do Concello ( onde algúns que tiñan as leiras a render lle  chamaban goberno de “progreso”) nas súas diferentes formas, especulación, recheos, circunvalacións, expropiacións etc., estivemos nun desamparo total, onde case sempre houbo escuridade nestes temas, ou interpretacións da lei facendo malabarismos ao estilo : ” nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite”.08-04-04-esteiro-rial-01vv.jpg

Na freguesía de Sobran, voume a limitar concretamente a dous “surrealismos” (entre moitos máis) na zona de Vilaxoán. A primeira trátase dunha edificación “oficial da Xunta de Galicia” con alturas, coido que fora do normal  no parque Dna.Concha. En tempos pasados falábase de facer o parque cun recheo para que “xogaran os nenos”e estar máis preto do mar, fíxose o parque e agora nin nenos, nin ves o mar, neste caso é como pasar pola terra dos tortos e pechamos un ollo.

A outra atópase nas Saíñas, onde xa fai tempo lle comeron ao mar cuns recheos e ten unha entrada de soamente catro metros que vai preto da que antigamente era unha praia (Saíñas) e o Esteiro, neste lugar  permitiuse facer unhas edificacións que pode entrar nese surrealismo do que falaba antes.

23-04-04-destrozo-do-esteiro-falla-r.jpg

Agora están a falar desde os poderes públicos  de recuperar o Esteiro (antigas salinas) rexenerando esta zona de fauna e flora. Todo é unha contradición ante esta iniciativa (por certo, iniciativa moi positiva), os de antes hipotecan a zona con estas edificacións ao pé do mar e agora a queren rexenerar, o mal xa está feito, por intentalo que non quede; aínda estamos a tempo de recuperar o Esteiro antes de que a especulación nos coma vivos.

Isto é unha pequena mostra en Vilaxoán, non digamos o que se permitiu facer en todo o Concello deste “surrealismo” urbanístico.Daquela no Concello o demo para fp1000310.JPGacelas cubríase cunha manta e para descubrilas tocaba unha gaita, o demo naquelas paredes de Ravella xamais durmía.

Lembro fai uns meses cando a ONU alertaba sobre a “especulación urbanística” desenfreada en España, onde hoxe é un problema de estado, dun problema social, medioambiental e cultural máis grave do país. Xamais na historia europea tivo lugar unha ocupación do solo tan brutal polo seu impacto ambiental.

Temos que ir no camiño das cidades máis respetuosas co medio ambiente e recuperar unha calidade de vida máis saudable, cidades feitas á medida do ser humano; cidades onde os espacios sexa posible a convivencia e non o brutal intercambio mercantil.   

2004-aerea-freixo-esteiro-preguntoiroxxx.jpg

Artigo refletido no Diario de Arousa e Galicia Dixital 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

27/02/2008 GMT 1

Faladurías do Carallocampante - O sonado "De-Water"

sarampelo @ 00:04

 

 

Faladurías do Carallocampante 

 

 

O sonado "De-Water"

 

file0668.jpg

 

errazkindebatekalve.jpg

 Carallocampante di: Estas dúas ilustracións as secuestrei en dous blogs, a primeira pertece ao galego López no blogue Croques de Perfecto Conde. a segunda a J. Kalvellido en Insurgente.oreg.. Se a cousa do secuestro lles parece mal, non teño ningún inconveinte e sacalas. Se cren que poden estar neste blogue, graciñas .

Máis ben estas dúas ilustracións case están na miña sintonía con respeto ao debate entre Zapatero e Rajoy. Os medios e as enquisas falan de gañadores ou perdedores. ¡Manda carallo na Habana!, nin  que fora un partido de fútbol. Coido que o único que perdeu foi o pobo ante un  dabate tan patético. O que goberna, falando que fixo máis que o outro nas cousas positivas, e de negativas non fixo ningunha. O da oposición mentindo máis que un cosaco a cabalo ata chegar ao cinismo máis puro e duro, onde ao final nos trae un programa de conto de hadas, que si a meniña chora, que si a meniña non ten que xantar, que o pai da meniña non ten traballo. ¿Pero que carallo foi iso?. Se o pensamos friamente e poñemos os miolos (chips mentais) a toda leite, ata podemos sacar en conclusión e dicirnos a nós mesmos: ¿Qué carallo fixemos nós para merecer estes dous personaxes como dirixentes dun país?. Non houbo debate de ideas, foi un puro monólogo, por non chamarlle un diálogo de besugos. Nembargantes teño que recoñecer que o socialdemócrata Zapatero fixo o seu papel na liña de: "nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite". Como non tiven opción a ver un debate de ideas en representación dos máis de catro millóns de votantes dos demáis partidos, teño que dicir que dentro dese monólogo o Zapatero levou o gato a auga sen moito mérito por parte del, senón máis ben por deméritos do representante dos "currantes" Pizarro, Aznar e Villalonga.

 Está xemellando estas campañas e debates ao estilo do Imperio, Demócratas e Republicáns, tanto monta monta tanto, e os medios axudando a adomercer ao pobo con cantos de sirena e roubando as ideas. Que os Deuses nos collan confesados, se antes non a palmamos con tanta porcallada política.

 

 

25/02/2008 GMT 1

Xuizo a Aznar

sarampelo @ 10:28

 

logo.jpg

"Xuízo a Aznar" presentará unha querela contra o ex presidente tras as eleccións . Ler máis...ELPLURAL.COM/

A plataforma "Xuízo a Aznar" non está morta, nin moito menos. O sábado celebrou unha "xornada de reflexión" cunha nutrida asistencia de público e medios de comunicación, no que supuxo segundo os seus organizadores "un volume realmente desbordante dadas logo-adhesiones1.jpgas limitacións de tempo con que se contaba en cada unha das mesas sectoriais celebradas sobre o tema". Disto conclúese o gran interese que existe respecto diso, tendo en conta que, dado que non é unha actividade que teña reflexo na campaña electoral en canto aos resultados, parece sinalar que o interese da cidadanía podería "campar por outras lareiras distintas dos das promesas electorais".
Ollar os vídeos das distintas conferencias que se impartiron o sábado día 23.

21/02/2008 GMT 1

400 artístas entregan ao PP un manifesto

sarampelo @ 23:16

400 artistas entregan ao PP un manifesto no que lle esixen "respecto"
 

Revolta dos “titiriteros” contra Rajoy

 

Varios integrantes da Coalición Cultura, liderados polo músico e compositor Teo 0000009425.jpgCardalda, entregaron onte na sede madrileña do PP un manifesto en defensa dos seus dereitos, ante os “ataques directos á Cultura” recibidos durante a precampaña electoral. O manifesto, que apareceu publicado hoxe na prensa, conta co apoio de máis de 400 firmas de compositores, autores, produtores, actores, artistas, bailaríns e cantantes e o “avalan e apoian un millón de persoas que traballan nas diferentes modalidades e disciplinas da cultura e o espectáculo”.p1040520.JPG Cardalda comentou:”Non estamos en campaña e que se dean por aludidos os que teñan que darse?, anotou o músico e compositor, subliñando que os artistas senten “discriminados polo PP desde fai bastante tempo”. Ler máis en español......


 

0000009492.jpgBardem dedica o Oscar á súa familia e aos "denostados titiriteros". Ler máis....... 

Teo  C. F.: ¿Pero que fai o meu curmán na cova do raposo?. ¡Mala centella me coma!. Tiña que facerlle caso a aquel refrán moi galego que ten moita sorna: " Casa vella (cova raposeira) todo é pingueiras".

O demo e mailo raposo nunca durmen. O demo para facelas cobre unha manta e para descobrilas toca unha gaita e o raposo fai o morto e cando te das conta non tes galiñas. ¡ Ollo ao boi curmán !.

Comando Cultural Os Rabiscos, Rogelio Díz-La Subasta del Poder

sarampelo @ 16:03

Comando Cultural Os Rabiscos 

Nota: Despois dunha grave enfermidade, Rogelio volve a estas páxinas do Mañanceiro para deleitarnos cos seus artigos desde o outro lado do Atlántico. Alégrome da súa recuperación e que por moito tempo sigamos lendo os seus comentarios. Deséxoche de todo corazón Rogelio que, te recuperes completamente para recibirche calquera día deste ano en Galicia. Aquí estaremos agardando. Unha aperta.  Teo C. 

LA  SUBASTA  DEL  PODER 

 roxelio_diz6.jpg 

Artigo de Rogelio Díz desde México 

Los dos partidos políticos más importantes de España se encuentran desde hace unas pocas semanas en una verdadera subasta de acciones y promesas que podrán llevarnos al Edén, y solamente por el hecho de otorgarles un simple voto de confianza para según el caso, afianzarse en él por cuatro años más, o permitir que la oposición recobre el poder. 

Y eso que estamos en la pre-campaña, no me quiero imaginar cuando en estos días empiece la cuenta final, donde las acciones y promesas se multiplicaran y entremos todos en una vorágine frenética en donde nos veremos acosados de mítines, anuncios televisivos, debates, carteles en las paredes, y toneladas de propaganda electoral dentro de nuestros buzones pidiéndonos el voto por su causa, diciéndonos que son los mejores, el más honrado y honesto, el más coherente, de más credibilidad, el más justo, el más listo, el más, el más y el más…20ventura.jpg Si Zapatero es arropado por artistas y cantantes, muchos de fama internacional. Rajoy los tacha de untados y favorecidos del canon y se rodea de deportistas de elite, prometiéndoles más y mejores subvenciones. Y vendrán los debates entre las dos caras mas visibles, solo espero que no sigan la línea de sus adlátere que lo hicieron en un debate a tres en el programa 59 segundos, donde por una y otra parte, mostraron el cinismo ante las acusaciones de sus adversarios y solamente se defendían con el clásico: y tu más.

No hubo debate de ideas, ni de propuestas a futuro. Solamente el reproche de lo mal que lo hacían, lo mentirosos que eran y lo mucho que se habían beneficiado en sus puestos. Nosotros en México, y pienso que en muchos lugares de la España exterior, estamos acostumbrados a que gane quien gane, nuestros dirigentes en las

Instituciones españolas en este país, así como los representantes consulares siguen siendo como siempre de la derecha y afines al PP y así lo demuestran con su forma de proceder.20070408030512-elecciones.jpg Es por eso que las leyes y apoyos de toda índole promulgadas en aparente beneficio hacia nosotros los residentes en el exterior, las vemos tan lejanas, puesto que ya se encargaran nuestros mandatarios locales de no difundirlas y aprovecharlas para su propio beneficio, mientras que desde sus puestos directivos continúan medrando, discriminando a sus mujeres y a sus propios congéneres, para privilegiar a familiares, amigos y afines a sus intereses.

Mientras que los Cónsules honorarios y el (CRE) Consejo de Residentes Españoles en México, salen de esta misma camarilla, y que el Embajador y el Cónsul General, lo saben pero miran para otro lado y supongo que emitirán a sus superiores que todo esta cumplido y bien gestionado. Aprovechemos estas semanas en que los ciudadanos seremos importantes, los cantos de sirena pulularan por todos lados, dejémonos querer, mimar, adular por todos ellos y disfrutar el momento ya que después del nueve de Marzo volveremos a ser solamente un numero de estadística. 

Rogelio Diz-Analista político

rdiz51@yahoo.com.mx

 

Crea ventos e recolles treboadas

sarampelo @ 00:32

Crea ventos e recolles treboadas

 

 A demócrata San Gil  no 2003  

 

 

Trátase dunha noticia de 2003, cando San Gil, Díez e Gotzone Mora uníronse a un grupo de alborotadores que increpaba duramente ao peneuvista Josu Jon Imaz gritándolle insultos como ¡asasino!, ¡covarde! ou ¡chivato!.

  

0000009408.jpg

Logo en outras declaracións ensalza ao franquismo:"afirmaba rotundamente que “con Franco vivíamos en paz”.
 

 ---------------------------------------------------------------------------    

 

A demócrata San Gil no 2008, Santiago de Compostela 

En declaracións aos medios de comunicación, San Gil confesou que estaba "enormemente sorprendida" e advertiu de que este episodio "debería facer reflexionar aos políticos de Galicia sobre o que está pasando e como pode ser que nunha universidade, que se supón que é un foco de liberdade de expresión, ocorra un acontecemento destas características". "Por encima de todo, se algo defendemos no PP é a liberdade", subliñou.

 

 

 

 

 

  

762982.jpg

Entrevista a un detido en Santiago.  

Fervello: Non fai falla escribir moito, soamente catro palabras que son as que encabezan este post. O resto o din as imaxes

 

19/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, Xesús Redondo Abuín-Marcos Ana

sarampelo @ 21:40

Comando Cultural Os Rabiscos 

MARCOS ANA 

sin-titulo3.jpg

Artigo de Xesús Redondo Abuín 

O ano pasado foi abondoso en libros de memorias. Non por iso bo para o pracer de ler, nin tampouco para a historia, que a historia é o día a día colectivo, non o traxe a medida co que o visten os mercenarios da tinta e os todo embigo. Agás catro dos libros que eu lin, mellor fose aforrar papel e tinta. Polo ben das letras e do planeta, tamén do libre albedrío. Agás catro, digo, enrolan á militancia denodada contra a tala de árbores. E o primeiro dos catro que pagou a pena non escatimar papel nin tinta é DECIDME CÓMO ES UN ÁRBOL, escrito por Marcos Ana e prologado por Saramago, dous xílgaros da palabra alada.  

Marcos Ana, ben sabido é, non é o nome dun home, senón o pseudónimo no que caben nin se sabe cántos e cántas ex presos e ex presas da besta ártabra. A patronal tarasca pasou a soberanía popular polas armas e o canalla ártabro viviu e morreu matando e levando refractarios de patio en patio. A Marcos Ana chegou a saberlle o corazón a patio. A teima da besta ártabra era deixalo todo atado e ben atado. Coa complicidade inquebrantable dos seus subordinados. Un dato. O 27 de setembro de 1975 mandou fusilar a cinco contrarios e o ministro portavoz de entonces, León Herrera, debullou deliberadamente sílaba a sílaba: “no ha habido el menor disentimiento por parte de ninguno de los miembros del Gobierno” ¡E tanto! A transición foi cautelosamente demorada polos interesados en facer o tránsito sen cambiar sequera de coche oficial.  A noite caeu de golpe. A alba tardou corenta anos en apuntar. E apuntou grazas que non metemos o rabo na silveira os descalzos a agardar que escampara. marcosana.jpg

Se polos do coche oficial fose a alba nin chegaba. Ou se fose polos bispos, que levaron ó lado do corpo do misterio á besta ártabra ata que a bendita flebite arredou de nós ese cáliz. Ou por Juán Carlos, que lle xurou fidelidades plenarias. Se por eles fose acaso nunca escampase. E sen acaso.  Por certo: o de que nos dous bandos houbo atrocidades é o cabalo saduceo no que cabalgan os que pasaron polas armas o sufraxio universal.

Aquí non pasou o que pasou porque media España teña que morrer da outra media poñámonos como nos poñamos, por máis que o dixese Larra, que se pegou un tiro para non ter que facerlle o panexírico ós do coche oficial. Tamén é cabalo saduceo o das dúas Españas condenadas a xearse o corazón unha a outra, por máis que o dixese co corazón na man o bo de don Antonio Machado e por máis que Joan Manuel Serrat o musicase canela en ramo. Aquí pasou o que pasou porque o Frente Popular sacou 53 deputados máis que todos os demais sumados. Foi por iso que a Casa de Alba e a Banca March afiaron as unllas e arricharon o rabo. Nin máis nin menos, máis. Por tomarlle emprestado o verso seixal ó gran vate vasco de palabra blindada. 

E claro que hai que retomar a coexistencia cívica malia os antagonismos de clase. Pero que cada quen apande co seu quiñón de responsabilidade no pasado. Que uns foron os que afiaron as unllas e arricharon o rabo cando os ventos electorais non lle sopraron favorables e outros non fixeron máis que defender con unllas e dentes o sufraxio universal. E recuperalo saíunos ós leais polos ollos da cara. ¿Cántos e cántas homes e mulleres deixamos a alma a tiras nas aramadas da clandestinidade? Con seguridade ninguén o sabe. Nin Marcos Ana -con levar el ó lombo 22 anos arreo de recontos e cacheos- é quen a saber con certeza cántos e cántas foron os presos e as presas que pasaron polos penais. Cousa que non debe botarse en saco furado. Por pura profilaxe democrática. Non vaia ser que á patronal tarasca volva ás plato.gifandadas. 

A alma de Marcos Ana -contra tanto patio e tanta reixa- voa tan alto e con tanta elegancia, que merece saber cómo é unha árbore novamente. Esta vez para sempre. O 16 de febreiro de 1936 cantounos no papo a esperanza a todos os descalzos de España coa forza da palabra alada. Nas páxinas deste libro de Marcos Ana canta unha alma a bebelo paxariño de elegancia moral. Por poñerlle ó libro unha tacha, direi que noto a ausencia dos nomes e apelidos de cada pecador ó pé de cada pecado. Ningún deles merece que ninguén o bote de menos. Que alguén non ten o libro e o quere: Umbriel Editores, 18 euros.

 

18/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos,O Curmán do fervello-Galiza non se vende, seica

sarampelo @ 19:41

 

Comando Cultural Os Rabiscos

Artigo para o Mañanceiro (en exclusiva) do Curmán do Fervello 

 

 

Galiza non se vende, seica.

 

Por O Curmán do Fervello. 

Recén desembarcado do avión que me traía da Habana, onde fun enviado polo director deste blog sen apenas cartos e sen aloxamento, chamou-me o xefe e me dixo: “Vaite para a manifa dos de “Galicia non se vende”, que hai que cubrir ese evento”. Sabia-o, cajo en Ros, sabia-o, e por iso lle dixen na illa de Cuba a Manolo Rivas: “Manolo, por qué non vas ti e levas a caracola e quedas ben?” Nen caso me fixo o noso Manolo, así que tiven que ir eu e isto é o que hai.foto-antonio-hernandez.jpg 

(Foto-Antonio Hernández, Galicia Hoxe)

 

 

 

 

 

 

Que conste que as cifras de persoas participantes oferecidas pola prensa dixital e analóxica non son nen remotamente certas. Na Quintana  de Vivos e coleando arracimaron-se unhas 12.000 persoas, aquello parecía un 25 de xullo curto e sen os do Bloque, e, polo tanto, bastante máis divertido. Iso sí, estaban Joselito Beiras e Camilo-Mona-a-Castelao-non-se-traciona. De Beiras, qué decir, colegas, parece que os anos non pasan por él e cada vez se parece máis ao patriarca israelita Moisés antes de cruzar o charco coas “Bases constitucionais da Nazón Galega” na man. Só temo que, como estivo tanto ao sol, e o sol caendo-lle na cachola, hoxe non estea algo mareado, xa me entenden. De Camilo… etc, tamén son escasos os comentarios. Cada día do noso Señor que pasa, parece-se máis a un teleñeco; sí hai que decir que, pese a fama que ten de gafe, non aconteceu nada de especial porén, sí, a mesma hora na que o vin estaba producindo-se un terremoto en Ávila, terra de Santa Teresa. Despois había moreas de xentes de todos os recunchos que en Galiza están a piques de desaparecer, xentes do común, xentes de embaixo, sen política polo medio, afectadas polo que chaman Progreso nas súas diferentes formas: especulación urbanística, costas alicatadas como o baño de actual esposa de Miguel Boyer, lagoas a desecar, plantas de gas, Celulosas, recheos, circunvalacións, expropiacións… Había unha pancarta que concitou o apoio unánime do persoal. Decía: “Touriño, menos gas e máis viño”. Deliciosa. O discurso final foi de todo punto axeitado, non deixaron monicreque con cabeza, deron paos a todo quisque, ao PSOE, ao BNG, ao PP, aos partidos políticos en xeral, aos políticos no poder, ás políticas que está a desenvolver o Goberno Bi que temos. Dúas persoas cantaron dúas pezas, e, non, non era Uxía Xenlle nen o locutor da Radio Galega Xurxo Souto, qué va, éstas tiñan máis marcha e polo tanto pasámolo ben e nos rimos.xose_manuel_beiras.jpg

 

Foron comentadas as ausencias das vangardas patrióticas galegas, nomeadamente a UPG disfrazada ou non de BNG. Claro, non sei se saben que Paco Rodríguez, o xa noso exdeputado no Congreso de España, está moi a prol da planta de gas de Mugardos, non tanto da súa actual ubicación, porén pasa abondo, e comprende moito ben as penas do actual Conselleiro de Industria (outro da UPG) que, por certo, non pía nunca cando hai un problema, qué habil o Fernando Blanco, e tamén os esforzos dese capitalista galego que chaman Tojeiro, a quen un alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Vitolo, outro da UPG, nomeouno “Fillo Predilecto” da vila, predilecto sobre todo por pagar baixos salarios, explotar laboralmente e ser o principal armadanzas da planta de gas de Mugardos.

 

Se non viron o filme “O salario do silencio” sobre a historia nada exemplar de Reganosa, entón é que non están ao loro porque aí sae Paco Rodríguez apoiando á planta de gas de Mugardos. Este Paco, vai-lle pasar como a Franco e non vai poder ir a Ferrol nen nas pontes de Semana Santa por andar metendo a pata. 

 

Eu non lles son un comentarista político, a min o que me mola é a crónica social, así que pode ser que as miñas valoracións non sexan aqueladas e sí algo disparatadas, pero o director de “O Mañanceiro” é bastante cutre e na redación todos e todos dsc_0543.jpgtemos que facer de todo… e sen cobrar.

 

Desde meu ponto de vista, as comandancias do BNG e do PSOE poden ir tomando nota do que aconteceu onte en Compostela, e mesmo a comisión de Subsecretarios do Goberno Bi pode ir tirando conclusións do

(Foto recollida do Blogue de Perfecto Conde "Croques") 

que se di no manifesto da rede “Galiza non se vende”, sobre todo porque as elecións están aí, á porta, e un lixeiro pero consciente movemento abstencionista pode tirar pola borda o traballo tan ben feitiño que levan realizado Torito e Kim, éste último investido no seu papel da cacique bon, e o primeiro estirado como se fora a mesma Sarita Montiel.

 

Tamén pode ser que ese movemento abstencionista non se dea e sí un trasvase a outros partidos como Esquerda Unida porque no caso de Ferrol, e trala actuación estelar do Movemento Nacionalista Galego (BNG, UPG e CIG), foi esa forza política a que recolleu mellor as nasas. Non creo que forzas tan marxinais e tan carentes de ideas como a FPG sexan quen de atrapar uns votos, nen tampouco os indepes (esos precisan antes dun transplante de cerebro, a ser posible basco) obterán réditos. 

nogueira.jpg

 

Se deixamos á política de lado, ao mellor resulta que un dos significados da mani de onte en Compostela, con toda a súa variedade e riqueza, consiste en que estamos diante dunha manifestación de persoas emancipadas ou libertas, isto é, xentes que non precisan da tutela dunha vangarda política ou sindical para ergue-la voz cidadá. Iso sería interesante porque se logramos liberar-nos do voceiro de “Nunca Máis”, camarada Rafa Villar, e dos discursos de Manolo Rivas e de Suso de Toro, e dos artistas de Burla Negra (pero con pasta entregada polo goberno Bi, que todo se sabe, colegas) e de Xurxo Souto, entón, entón, señoras e señores, miñas donas e meus señores, que decía aquela mona televisiva de Blanco Campaña, entón é que estamos no bo camiño: emancipados dos políticos, emancipados dos intelectuais orgánicos, emancipados dos burócratas de Nunca Maís, albiscamos que unha rede social está aí emerxendo do movemento contra o Prestige. En fin, que non está todo perdido. 

 

Ao remate do acto na Quintana, a organización tivo a ocurrencia de sacar á palestra uns gaiteiros para que atacaran o Hino de Galicia. En mala hora. Como saben, ese hino é bastante aburrido, bastante pouco marchoso, e pouca xente sabe a letra. Refiro-me a que poucas son en Galiza as persoas que, sen subvención, saben toda a letra.

 

De modo que resulta un espectáculo pouco edificante contemplar desde a Quintana de Mortos, ou sexa, desde as escaleiras, o pouco interés que desperta entre nós a dichosa letra, problema que ten unha solución difícil até que o noso Kim non atopa amaño nas Galescolas.

 

Algunhas persoas saben malamente a primeira parte pero é minguado o número das que coñecen o hino completo; iso sí, pasaxes como “Fogar de Breogán”, son interpretados por todo quisque e berrando alto e forte.Está ben. Temos un pobo que non sabe a letra do seu hino patriótico, Somos de libro Guiness, ou de pinta de Guiness, tamén.Así que non acabo de entender qué resortes brincan entre os grupos anarquistas e asimilados cando se intrepreta o hino ese…, se total non o sabe nen Deus e non o canta nen María Santísima, agás uns chicos canosos que co puño pechado ergueito entonaban como un coro de parroquia a canción patriótica galega. 

Bon, polo que me pagan abonda xa con esta crónica.

 

Comando Cultural Os Rabiscos,Carlos Taibo-Kosovo y las esencias

sarampelo @ 19:18

 

Comando Cultural Os Rabiscos

Artigo para o Mañanceiro de Carlos Taibo

colaborador-ctaibo5.jpg

Carlos Taibo*

 

 KOSOVO Y LAS ESENCIAS    

Parece fuera de discusión que el proceso que ha conducido a la independencia, por tutelada que ésta sea, de Kosovo arrastra vicios nada desdeñables. Recordemos al respecto, y por lo pronto, que ninguno de los objetivos establecidos hace ocho años por el protectorado internacional ha sido colmado: si por un lado apenas se ha progresado desde entonces en materia de democratización del país, por el otro la economía permanece estancada en un escenario marcado --y esto es al cabo lo más importante-- por violaciones serias de los derechos de las minorías. Quienes a esto le atribuyen un relieve singular agregarán que la fórmula abrazada para permitir que la independencia sea un hecho conculca las normas estatuidas al efecto de estas cuestiones en el derecho internacional. Por si poco fuere, ni siquiera quienes defienden el principio de libre determinación --entre ellos me cuento-- tienen con qué sentirse satisfechos: aunque a menudo prefiera olvidarse, las principales potencias del planeta han preferido esquivar en Kosovo cualquier criterio inspirado, en los hechos, en ese principio.021408_pristina_3.jpg

    

Nada de lo anterior justifica, sin embargo, la hostilidad manifiesta  con que la abrumadora mayoría de nuestros analistas y políticos, cargados de prejuicios y lugares comunes, ha acogido en los últimos meses el horizonte de un Kosovo independiente. De la noche a la mañana ha desaparecido de nuestro discurso público y mediático lo que --parece-- debería ser un recordatorio obligado a la hora de encarar lo que ocurre en el Kosovo contemporáneo: en el decenio de 1990 las autoridades serbias protagonizaron una agresión en toda regla contra los derechos elementales de la mayoría albanesa de la población kosovar. De resultas, la condición autónoma de la provincia fue abolida, se disolvieron el parlamento y el gobierno locales, se prohibió el empleo del albanés en el sistema educativo, se instauró un genuino régimen de apartheid y, en suma, cobró cuerpo una ley marcial saldada con numerosos muertos, desaparecidos y detenidos. Quiere uno creer que nada de lo que sucede hoy en Kosovo puede entenderse de no haberse verificado en su momento todo lo anterior, tanto más cuanto que durante ocho años, los que mediaron entre 1989 y 1997, la respuesta de la mayoría albanesa de la población ante tantos desafueros consistió en el despliegue de un olvidado movimiento de desobediencia civil no violenta.

    

Pero el rechazo, casi unánime, de un Kosovo independiente que se registra entre nosotros bebe también de la certeza, rara vez verbalizada pero evidente, de que los Estados y sus fronteras son sagrados. Sin rebozo se nos dice que, a la hora de determinar si un territorio o una población pueden abandonar el Estado en que se hallan, ello debe ajustarse escrupulosamente a lo que rezan las leyes de éste, en franco olvido, claro, de que esas leyes obedecen casi siempre, como no podía ser menos, a percepciones ontológicamente hostiles a cualquier perspectiva de secesión. Al cabo se nos señala, sin más, que Kosovo es Serbia porque lo dicen las leyes de esta última, sin formular pregunta alguna en lo relativo a cómo y cuándo nació el Estado correspondiente, a la presunta condición democrática de su ordenamiento legal y a las fórmulas que en su momento permitieron la integración de unos u otros territorios y poblaciones en ese Estado. ¿Cuándo se le preguntó, por cierto, a los habitantes de Kosovo si deseaban formar parte de Serbia?kosovo_ethnic_2005.png

    

En realidad la forma de razonar de la que acabamos de dar cuenta no tiene, entre nosotros, otro sentido que el que nace de una lectura sesgada vinculada con un problema celtibérico de siempre. Y es que en realidad poco importa lo que haya ocurrido en el pasado, y lo que suceda hoy, en Kosovo: lo que preocupa a los guardianes de nuestras esencias es el efecto que la independencia kosovar pueda tener en materia de las disputas nacionales que se revelan en España. El lector atento rápidamente se percatará de que la universal contestación que la independencia en cuestión merece entre nosotros se ve siempre acompañada de la mención del presumible efecto dominó que le seguirá. Interesa sobremanera subrayar que, de resultas, los procesos de secesión se nos retratan cargados de universales rasgos negativos sin que, de nuevo, se deje espacio para pregunta alguna relativa a su eventual racionalidad. Una vez más lo que despunta es, en otras palabras, la postulación de la bondad intrínseca de los Estados realmente existentes. Cuando se señala, con argumento respetabilísimo, que no parece razonable que se reconozca en Kosovo lo que se rechaza en otros lugares, bueno sería que quienes tal criterio abrazan se planteasen si no habría que pelear, no por la negación del derecho de secesión en Kosovo, sino por la extensión de tal derecho a otros escenarios.

    

Rematemos con la mención de un fenómeno que se ha revelado sibilinamente, en las últimas semanas, entre nosotros. Curioso resulta el cambio de percepción que se ha operado, con enorme diligencia, en determinados discursos públicos. Los mismos que a lo largo de los veinte últimos años han demonizado de manera visiblemente acrítica todas las políticas que cobraban cuerpo en Serbia parecen recorrer hoy el camino contrario. Pareciera como si la necesidad de pertrechar argumentos que permitan contestar la independencia kosovar condujese a aligerar repentinamente las críticas --a menudo impregnadas, por cierto, de gris xenofobia-- vertidas durante dos decenios contra la conducta abrazada por los gobernantes serbios. ¡Qué lejos llegan entre nosotros, supuestamente amparados en la magia que desprenden las palabras democracia y derecho,  los defensores cabales de las esencias patrias!  

*Carlos Taibo es profesor de Ciencia Política en la Universidad Autónoma de Madrid y autor de Guerra en Kosovo. Un estudio sobre la ingeniería del odio (Catarata, 2000).

 

16/02/2008 GMT 1

O Entroido en Vilaxoán de Arousa

sarampelo @ 20:08

O Entroido en Vilaxoan de Arousa

Ver Fotos

Sarampelo: Teño uns vídeos  que me deu Fervello para que os puxera no Blogue. Son en relación co Entroido en Vilaxoán, concretamente da Comparsa "Os Trancheiros" e un anaquiño do Enterro da Sardiña. De cando en vez un ten que ser un pouquiño chouvinista e resaltar o pobo onde un neceu. ¡ Digo eu !.

No Enterro da Sardiña vese por un momento ao Sr. enterrador co chepeu e traxe negro o concelleiro de Cultura X.Castro Ratón, no sei si veu enterrar a cultura no pobo ou a sardiña, o tempo nolo dirá.  Tamén ollamos ao "capitan de navío" Sr. Tifón que deixou barba, tamén non sabemos si veu para adornar un pouco ou para pegar un golpe de estado no país de Sobrán. Os deuses nos collan confesados a todos si se lle rebiran os miolos a Tomás (Tifón).

( Comparsa "Os Trancheiros" )

( Enterro da Sardiña )

Ver Fotos
p1040444.JPG 
 p1040445.JPG
p1040448.JPG

Ler máis »

15/02/2008 GMT 1

Janis Joplin en Woodstock

sarampelo @ 21:23

 

Janis Joplin en Woodstock 

 

 

Sarampelo: Quero lembrar a unha cantante que naqueles anos 60 era un gran “fan”, tanto dela como de Joan Baez. Dúas interpretes que actuaron naquel gran festival de Woodstock, Festival que ata o día de hoxe non se acadou imitar e superar.Daquela época que vivin de xovenciño eran outros códigos, outras visións, un mundo onde todavía as ideas tiñan un importante lugar no imaxinario colectivo. Que gañas me quedou de non poder haber estado naquel gran festival, os problemas en España eran de outra índole, tanto económicos como políticos e de unha maioría de pobreza. 

---------------------------------------------------------  

Janis Joplin naceu en 1943 en Port Arthur, Texas, onde realizou os seus primeiros estudos. Comezou carreira na Universidade de Texas, onde colaboraba cunha banda chamada 'Waller Creek Boys', na que se mesturaba o blues co rock. Por aquel entón xa era preocupante a súa adicción ao alcol. images14.jpg



En 1963 Janis Joplin foise a San Francisco, onde cantaba en locais nocturnos de pouca sonada. Alí afeccionouse ás anfetaminas e os seus amigos devolvérona a casa dous anos máis tarde.

images13.jpgEn 1966 regresou a San Francisco e uniuse á banda 'Big Brother And The Holding Company'. Fixéronse moi coñecidos na cidade. O prestigió de Janis Joplin creceu, e chegaron a tocar no 'Monterrey Pop Festival', o que lles valeu que unha importante discográfica fixásese neles e propuxéselles publicar un disco.

Pronto editaron un disco, o segundo da banda, que se converteu nun gran éxito: 'Cheap Thrills'.

En 1968 Janis Joplin abandonou o grupo por discrepancias co resto dos membros. O éxito non lles sentou demasiado ben.

En 1969, Janis Joplin deu un paso adiante creando un grupo chamado 'Janis and the Joplianaires', xunto ao 'Big Brother' Sam Andrew e un puñado de bos músicos. Posterormente cambiarían o nome da banda polo de 'Kozmic Blues Band'.

Coa 'Kozmic Blues Band' gravou un novo álbum: 'I Got Dem Ol'Kozmic Blues Again, Mama!', o cal foi recibido con frialdade polo público. Ademais, os concertos en directo eran un desastre. A pesar de que no disco notábase o mal estado de Janis, vítima do seu consumo desmedido de alcol, o disco tiña algunha boa interpretación da vocalista.

A súa fama foise deteriorando aos poucos e comezou a darlle á heroína, que levaría a súa vida por diante o 4 de outubro de 1970, cando faleceu nos Angeles por unha sobredose.

A título póstumo publicouse o último disco no que estaba traballando, 'Pearl', que contaba con colaboracións de Kris Kristofferson e de Bobby McGee, ademais dunha renovada 'Kozmic Blues Band'

 

13/02/2008 GMT 1

RosadoMar,escultura do Porto de Vilagarcía de Arousa.Xaquín Chaves

sarampelo @ 19:07

RosadoMar

Nova escultura para un peirao novo do Porto de Vilagarcía

Obra diseñada polo pintor - escultor Xaquín Chaves López.

chaves.jpgp1040464.JPG

 

Vídeo

Comando Cultural Os Rabiscos,O Curmán do Fervello, A Consellería Cultural, Cuba e máis nós.

sarampelo @ 00:30

Comando Cultural Os Rabiscos  

Artigo do Curmán do Fervello 

A Consellería de Cultura, Cuba e máis nós. 

 Como xa saben, a nosa cultura foi este ano de Deus a invitada á Feira do Libro da Habana. Por esta razón desembarcaron alí varias decenas de cargos políticos da Xunta e outras tantas de intelectuais e xentes da cultura galega nas súas máis variadas acepcións: do libro, do cine, do teatro, do contacontos, da danza, da música, da banda deseñada… Imos quedar moito ben, seguro. Incluso lles vai toda a plantilla da Real Filharmonía de Galicia, que son moitos e tocan que te cagas de ben.  Como ven sendo habitual non podían faltar dous primeiros espadas do País, ou sexa,Ramón cuba-libro-feria.jpgVillares e Víctor Freixanes, que semella viñeron ao mundo para estar casepernamentemente masticando canapés e dando-lle á palleta en saraos e reunións. E se alguén agardaba que Neira Vilas non estivese alí, pois vai dado, porque estaba co neno labrego ao lombo xa que Balbino é case tan vello coma o seu creador, e xa está divorciado e ten netos, o que é a vida, colegas. 

Tamén andan por alí con camisolas floreadas e bermudas que deixan as horribles canillas ao aire varias profesoras depiladas e varios profesores sen vergonza allea das universidades galegas, pero sobre todo da Universidade de Santiago de Compostela co seu Vicerreitor Elías Torres en plan de comisario político, non vaian desmadrar-se-nos Aurora Marco e Margarita Ledo Andión. Tocados con “Panamás” e vasete de Matusalén na man percorren as rúas da Habana Vella un grupo de poetas galegos en franca camaradería e gastos pagos: Xosé María Álvarez Cáccamo, Helena Villar Janeiro, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xabier Rodríguez Baixeras, Chus Pato e Miguel Anxo Fernán Vello. Un ronsel de boa xente, preocupada polo País –sobre todo pola economía-, aberta, sincera e bilíngüe. Ja, pensaban, cecáis, que Manolo Rivas, Suso de Toro e Ignacio Ramonet non estaban. Van aviados. Están alí, faltaría máis, coordinando algo e falando de calquer cousa, do mundo diplomático, do grupo PRISA-NOSTRA, e así.

Hoxe toca ocupar-se máis polo miudo do primeiro escritor sen esquecer a Ramonet, un especialista en anti-globalización que, cando veu dar unha charla a Galiza, solicitou, por esta orde, pasaxe en avión en primeira, hospedaxe nun hotel de cinco estrelas e case medio millón de pelas por impartir doctrina; naturalmente, a institución contratante aceptou todas as súas demandas e aquí paz, despois gloria e moito dar-lle ao pico sobre a globalización co peto cheo. malecon-habana.jpg

O noso Manolo, estarán enterados, foi premio de Amnistía Internacional polo seu libro “O lápis do carpinteiro”, galardón merecido, sen dúbida, e participou no libro colectivo titulado “Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional)”. Ou sexa, o Rivas é un comprometido militante da seción española de AI (antes tamén era de Greenpeace, agora non lles sei) e sempre que pode presta o seu rostro para as campañas que desenvolve esa organización, mais estou temendo que todos os folgos, toda a súa verba e toda a súa escrita a prol da liberdade de expresión van, digamos, a enmudecer na Habana, ao mellor non, pero iso será no Hotel Habana Libre, con tremendo hall repleto de mozas habaneras exercendo a prostitución fidelista. Vin-nas eu, eh colegas, vin-nas eu, e no Habana Libre non está permitida a entrada de cubanos e cubanas, no seu próprio país, no seu próprio hotel, este Fidel é a hostia. Pois ven, estou seguro que Manolo Rivas non levará embaixo do brazo que lle queda libre un exemplar do Informe de AI de 2007 que, entre outras perlas cultivadas, adica unhas páxinas de nada á situación das liberdades en Cuba.

Como de seguro que vosteden non coñecen o informe de marras direi-lles que hai 69 presos de conciencia, que 12 cumpren condena fóra do talego e que hai numerosas persoas recluídas sen cargos e sen xuizo. Hai poetas, escritores, xornalistas, cineastas, editores…, en fin, xentes relacionadas co mundo da cultura e, ai Deus, nen Manolo Rivas nen o resto dos nosos intelectuais orgánico-galegos van mover o cu da cadeira do Habana Libre para entregar unha escrita solicitando algo a prol desa xente. Seguro. Xogamos algo?. E moito menos cabe agardar que nunha palestra pública estes os nosos progres subvencionados e intermitentemente colonizados teñan o atrevemento de alzar a voz para denunciar a situación pola que pasan algúns presos de conciencia ou ler un poema dun poeta preso ou que viva á forza no exilio. Xogamo-nos algo?.  

Bon, tampouco hai que ser así, radicalote, con esta xente nen andar a sacar-lles as cores. Tampouco. Porque sempre queda a oportunidade de que a Conselleira Bugallo e máis Luis Bará (que pertence á UPG) xestionen con Gallego Fernández a liberación de dous ou tres presos que sobran no sistema penitenciario cubano, seguindo fielmente a política desenvolvida por Manolo Fraga nas súas viaxes a Cuba: o ex-misnistro de Franco solía carretar de volta a casa algún preso que lle encasquetaba Fidel, como se aquello fóra una procesión de Semana Santa sevillana, xa saben, na que liberan a un ou dous ou tres, non lembro o número exacto. 

O que sí parece que se pode dicer é que quedarían en mal lugar se tiveran que se enfrontar con eses estudantes universitarios cubanos que puxeron dos nervos a un alto cargo cubano hai uns días. Algunha pregunta tería difícil resposta, creo, sobre todo se tivera que respostala Ignacio Ramonet, xornalista e vividor que ten nas librarías unha apoloxía de Fidel Castro. Non, os estudantes habaneros non terán esa oportunidade. Talvez se cobrara máis…   

O Curmán do Fervello, enviado especial de O Mañanceiro na Habana.

 

11/02/2008 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos, artigo de Teo Cardalda F. Os Ilustrados das TV

sarampelo @ 23:03

Comando Cultural Os Rabiscos.    

8.jpg

Teo Cardalda F.  

Os “ilustrados” das T.V. 

Artigo en Galicia Dixital  e Diario de Arousa

Vaiche boa a cousa, mala chispa os coma. Non sei se vos dades conta que dun tempo acó, non se pode ollar a Televisión sen alporizarnos. Algúns “parroquianos” os ves tvbasura.jpgpola rúa con cara de beatos e as uñas de gato.   

 

Dáme que pensar  que as productoras para que estéamos “cabreados” día si e outro tamén, acometeron unha estratexia onde non hai un só programa que non remate a ouvear, berrar e ornear, inclusive xa comezan os programas berrando como lobos, logo no intermedio do programa ven a publicidade cun son infernal que rematas cunha subida de adrenalina e cun “cabreo” épico que che dan gañas de coller un mazo de ferreiro e escachar o aparato da TV. Estas productoras están a sementar sen semente, para que os oíntes e televidentes rematemos segando sen fouciño. 

images31.jpgIntentas desconectar os miolos  un anaco e pos calquera programa de corazón (subcultura) dos que temos agora. Pero moi lonxe da túa intención, o teu “cabreo” vai a máis cando aparece alguén que coñeceu a non sei quen; que saíu con non sei cantos; que estivo na cama con tal persoa; que si a vaca da miña veciña da mellor leite  que a miña; tal é a nai como a filla; uns en boa cama e outros en mala. Neste programa de lixo xuntouse a fame coas gañas de comer.   

Falan gritando como nas lonxas do peixe (con moito respeto polas peixeiras). Qué máis quixeran algunhas “señoritas” que saen neses brodios de TV cunha cultura máis semellante a pés de bancos, chegarlle á altura dos tacóns as nosas peixeiras galegas. 

 A subida de “cabreo” ten lugar cando o presentador berra máis que os “personaxes” invitados e pasas a converterte nun cabalo furioso  e rematas ouveando todo descomposto: ¡ Vaia anaco de cabróns…....!. 

A túa dona mira para ti e pregunta se estás doente, que tes unha cara descomposta e sáenche os ollos e os dentes para fora. Para non armala  colle-lo coche e vas dar unha carreiriña, sintoniza-la  radio e escoitas máis berros, esta vez a Jiménez los Santos que ladra e fai posible aquel refrán galego: “na terra dos lobos hai que ouvear coma todos”.   Apagas a radio, saes do coche e vas dar unha volta; tes a negra sorte de atopar a uns coñecidos que comezan a berrar polo ruín dun presentador nun faladoiro de fútbol na TV, enchen o ar de blasfemias dirixidas a estes comentaristas, comezo a fuxir dese ar tan contaminado de “cabreados”, voto a tvbasura2.jpgandar é “pírome” axiña para non rematar tolo.  

Ao pouco tempo os “chips” da miña “cacholiña” lémbranme o libro de cabeceira que estou lendo ("Vivir para contarla", de García Márquez), e sinto unha tranquilidade, un acougo que o corpo comeza a relaxarse ao momento, métome na cama comezo a ler, estou ata preto das tres da mañá saboreando o  intelixente tema de Gabo; foi como un sedante e durmín como un bendito.  

¿Como é posible que estes responsables das TV, guionistas “ilustrados”, productores e toda esa  tropa poidan insultar á intelixencia dos “parroquianos” con tanta impunidade?. De ruín madeira, nunca deu boa astela.

Á única maneira de facerlles a “puñeta”: apáguemo-lo televisor nas horas de máis audiencia e collámo-los libros e os discos, é a mellor terapia contra os principios da tolemia.  

Agora que acaban de aparecer os índices de lectura neste país e, por fin Galicia, imos en cabeza en algo: lemos pouco.  Non lle deamos pé a estes comediantes e farsantes das TV a seguir sendo os primeiros no negativo. Libro pechado non fai letrado.

Graciñas Gustavo por darme a idea.  

 

09/02/2008 GMT 1

Comando Cutural Os Rabiscos, artigo do Curmán do Fervello "¿Cultura para qué?

sarampelo @ 11:03

Comando Cultural Os Rabiscos, Artigo do Curmán do Fervello

¿Cultura para qué? 

Acaban de aparecer os dados sobre os índices de lectura neste país sen Estatuto de Nazón e, por fin, imos en cabeza en algo: lemos pouco.  

cuerpo_56350.jpgXa sei. Agora toca meter-se coa televisión, cos maquinetos dos nenos, coa Play Station e trebellos así para explicar por qué raio aquí non se abre un libro. Pola contra en Galiza non paramos de editar libros e, como cogumelos, aparecen carimbos editoriais en cada comarca practicamente cada semana, o que indicaría que os índices de lectura deberían seren máis elevados, e, diso, nada, monada. 20050730165316anxela.jpg 

Qué razóns hai entón?. Pois miren, resulta que ser editor en Galiza é participar nun mercado cautivo polas axudas e subvencións oficiais, nomeadamente da Xunta de Galicia; se a vostede lle entra un repente ou apretón e quere pasar aos anais da historia como editor galego de século XXI, que saiba que menos perder cartos pode pasar de todo; para que un poida sacar peito e decir aos colegas que é editor, bastaría con se dar de alta no rexistro correspondente, editar un libro e saber que o goberno galego, tanto se é de Progreso coma de Regreso, único ou bi, comprará tal número de exemplares que será imposible que perda cartos, e se non es un manta algún cartiño sacarás para pagar uns vasos na taberna aos parroquianos que, admirados, f355fd9c5131a3d6i3.jpgcontemplaran-che como se mesmo foras un marciano. 

Está claro, digo eu, que a vida hai que vivila e mellor neste val de pesadelos ca na outra vida futura e sen subvención. A maiores, se es un editor dócil e publicas moito sobre temas dos que gosten os gobernantes, poderás optar a unha pasaxe para acudir á Feira do Libro da Habana, un mercado aberto e sen censuras estruturado de tal xeito que é imposible asinar nengún tipo de contrato porque Fidel non recoñece a Convención de Berna. Ou sexa, que, vale, está ben iso de ir a Cuba a ver parentes lonxanos, beber ron e trasnoitar, pero a facer negocios, pois pouco. Ah, sempre se pode visitar a un poeta entalegado e recomendar.lle prudencia até que a palme Fidelito. g17p45f1.jpg

E se es un editor que tira libros de texto, entón, chico, entón es o amo. Pensen e, sobre todo pensao ti, Fervello, que se cada ano a Real Academia Galega introduce algunha modificación idiomática por miuda que pareza, alá van tomar por saco os libros do ano anterior xunto cos dicionarios e a carraxe dos cativos, que non saben por onde andan e preguntan se agora se dí Retor ou Reitor, gracias ou grazas, e así. 

Ao empresario do mundo do libro, ese editor subvencionado e con chalete enx__anton_lopez_dobao.jpg Portosin ou en Praia América, tanto lle ten que se diga grazas ou obrigado, o caso é agardar esperanzado que un académido da Real galega, conetado e ben con grupos editoriais do país, vexa imprescindible que haxa que escreber "imprescindíbel" e non imprescindible. Non, non agarden a que concorden dunha vez e para sempre a ortografía, qué va, o negocio está aí. Naturalmente o de menos é que se lea en Galiza. Ese non é o tema. O ideal é que exista un mercado cautivo dominado polos políticos e certo número de mariachis e intelectuais.

Vaiamos ao segundo: supoño que todos e todas saben que o Presidente Touriño fala un idioma que, sorte que temos, agora podemos entender gracias ao Dicionario Galego-Touriño, Touriño-Galego, texto en edición dixital que non recebe subvención e que poden consultar na Rede, máis exactamente na "Touripedia".  Pois ben, este o noso Presidente de Progreso, camarada Touriño, non aquela dúas verbas nen con chuleta pero, sí, está arrodeado de asesores culturais que cobran unha burrada e algún procede da Editoral Galaxia, nomeadamente o camarada Villalaín, un salario perfectamente prescindible/prescindíbel. Acaso ese chico e outros asesores máis abriron últimamente un libro e llo recomendaron a Touriño?. Pois vai ser que non. 

gdecarla_bruni_-_foto_1.jpgOutros dos nosos intelectuais tampouco abriron un texto desde hai tempo, especialmente libros de xestión cultural ou contabilidade non creativa; estou a citar á recua de listos e listas que acudiron á chamada da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo (pobre, Paco Rodríguez tenna enfilada, vai durar menos ca unha subvención á porta do Concello de Vilagarcía) para "repensar" o proxecto da Cidade da Cultura, iso sí, cobrando: se esta xente, incluida a nosa Bugallo, tiveran lido algún libro nos últimos meses pois saberían que o mellor e máis sensato era botar o candado, parar a obra e montar neses terreos un grande Casino conectado con Lavacolla e, optativamente, un enorme prostíbulo con luces e fervenzas quentes, tipo Caldas. Pero, nada, fiámolo todo á sabiduría de Antón Reixa, Antón Dobao (vaia petartada a súa última peli), Suso de Toro, Marilar non-sei-qué, Os Tonechos e Carla Bruni, e untitled6.bmpseguimos sen abrir un libro nen sequer de cociña. 

Carecemos en Galiza dunha rede de bibliotecas públicas que mereza ese nome e son inexistentes as bibliotecas escolares. Así queremos fomentar o hábito de lectura?De qué imos, colegas?.  Asistimos á construción de grandes edificios que toman nome de Auditorio, tipo o de Pontevedra, que sae por un riñón tan só a calefación, para mantelos infrautilizados máis da metade do ano. De verdade alguén con boa vontade pensa que Vilagarcía merece unha biblioteca como a que ten, biblioteca que hai anos expandíu as súas instalacións á sala de teatro gracias á ocurrencia de aquel fenómeno alcumado "Sacauntos"?roberto-marta1.JPG

Con ese tipo de infraestructuras de verdade, en serio, imos fomentar o hábito lector entre as crianzas? Saben acaso que Santiago de Compostela carece a día de hoxe dunha biblioteca pública e que se está a rematar por fin o edifio que vai albergala?. Pola contra, Compostela foi hai algúns anos "Cidade Europea da Cultura", un mamoneo máis para que o alcalde e varios jetas da oposición lisquen a Bruxelas uns días a comprar panetones e bombóns.Non, con cultura de espectáculo non se fomenta o hábito lector. Con cultura de espectáculo engrosamos os petos de varios autotitulados artistas multimedias e multicaras.  

Non, pagando becarios que cobran menos ca un mileurista non se monta unha biblioteca nen se atende un servizo público. Con libros vellos, anticuados, con instalacións de alpendre, con edificios vellos e con persoal mal pagado non imos pola camiño doado. E, mentres, estes os nosos intelectuais vendendo as súas bibliotecas por millonadas para a Cidade da Cultura ou revalorizando as súas pinacotecas particulares facendo loubanzas da pintura de tal ou cal pintor desde as páxinas de “El País”. alvarez-pousa.jpg 

Ah, esa é outra historia. Que contento está Luis Álvarez Pousa e o director da Televisión Galega, Suso Iglesias, mirando cómo se revalorizan as merdas que compraron, caras, hai uns anos.Pero esa é outra historia.