Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

06/02/2010 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Panem et Circenses-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 12:56

Comando Cultural Os Rabiscos    

Artigo-Opinión de Teo Cardalda F. 

 “ Panem et circenses”            

     Esta locución latina que literalmente quere dicir pan e xogos de circo ( Pan e Circo), frase pexorativa de uso actual. Na súa orixe describía a costume dos emperadores romanos de regalar trigo e entradas  para os xogos circenses, como forma de manter ao pobo distraído  da política.   colosseum-rebuilt.jpg          

      Dígoo pola nova que lin nos xornais que, a Federación Española de Fútbol  propuxo a Liga de fútbol profesional a posibilidade de xogar luns (1ª División) e venres (2ª División); isto quere dicir que case teremos tódolos días da semana fútbol nas Televisións, contando cos programas lixo que tanto abondan xa temos montado ao completo o pan é o circo.  pan-y-circo-zp%20web.jpg           

      Coido que tamén esta decisión vai moito máis alá do deportivo, estou a pensar no económico, nos beneficios empresariais das cadeas de T.V.. ¿Qué canles terán acceso aos partidos?. Iso xa o saberemos  quen estará detrás de quen vai xestionar os dereitos de transmisión. ¿Escoitaremos un “pelotazo” a curto prazo?. Tempo ao tempo.              

      Para completar este “Panem et circenses”, non estaría mal o organizar no Santiago Bernabeu uns xogos florais “verticales”, concertos de música por rexións con entrada de balde e un pase de circo cada mes. ¿Será desta maneira como van a contentar a 4 millóns de parados?.   obama-hyllary.gif           

     Toda esta parafernalia é máis vella que andar de pé. O emperador Nerón usou esta estratexia e foi moito máis aló, tivo o seu 11 S sen Torres Xemelas, moito peor que iso,  plantoulle lume a Roma e votoulle a culpa aos cristiáns. Despois de 2000 anos algúns dos nosos representantes “democráticos” bailan ao son que toca o emperador do século XXI, usando na práctica con bos resultados esta despectiva  frase latina e as tragadeiras que nos meten de moitas Romas abondosas de lume.                       

      A moitos dos que representan a  “polis” neste país lles comento un refrán galego moi antigo : “véndanme os bois e véndanme as vacas e non me vendan o pote das papas”.     
   

      Ímola andando que a festa vai boa.

02/02/2010 GMT 1

O FMI recomenda a España a rebaixa dos salarios

sarampelo @ 22:48

Cousas surrealistas 

“El FMI recomienda a España una rebaja en los salariosPara recuperar la competitividad, dice el organismo”Xornal.com 

Xa está outra vez este puto “chiringuito” do FMI a votar a lingua a pastar. Fai uns meses con isto da gran crise, unha das medidas foi darlle recursos dun billón de dólares. Este organismo é un “moribundo” que queren facer revivir, cando foi o causante desta desfeita no mundo impoñendo a súa política económica (política USA) capitalismo21.jpgen recortes de gastos sociais e privatización de empresas públicas. capitalismo1.jpg

Un “chiringuito” capitalista para xestionar as supostas axudas (negocios) dos países imperialistas que manexa os destinos globais. Tanto este organismo do FMI cómo o Banco Mundial son os vampiros que conduciron e están a conducir á miseria aos países do terceiro mundo, deixándoos secos das súas materias primas.

Todas as receitas que están dando ata o momento estes “vampiros” están hoxe moi cuestionadas, pero seguen erre que erre ata chegar a sacarnos os “sancomiños”. Son cómo “sacauntos” 

Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

26/01/2010 GMT 1

OS NI-NI

sarampelo @ 21:00

 

 

Comando Cultural Os Rabiscos    

Artigo de Teo Cardalda F.  

OS  NI-NI        

    Os Ni-Ni é unha tribo que está xerminando neste país como cogomelos. Son xoves, teñen entre 17 e 22 anos e algúns chegan aos trinta, teñen todo o tempo do mundo, moitísimo tempo libre, “Ni estudian Ni trabajan”.            

     Asemellan máis ben a unha mascota na casa  que a un ser humano, sempre están de mal humor coa familia e esixen a comida, a súa roupa e o seu diñeiro. Saen cando queren, veñen cando lle ven en gana, non saben facer algo que non lles  satisfaga e dormen ata a hora que lles pete. Están moi cómodos desta maneira.  ni-ni.jpg          

     Neste intre coido que estase a converter nun problema  para a sociedade e para os pais que aturan a estes fillos.            

     O meu punto de vista ante esta tribo pode ser dabondo moi dura, pero é o que merecen, o digo por coñecer de primeira man unha destas “mascotas”. É unha xeración que carece dos valores máis fundamentais para unha boa andaina da sociedade, son uns egoístas, intolerantes ante os seus caprichos e o máis preocupante destes xoves son as súas actitudes ante a vida, xa que non se cuestionan ren de ren e son incapaces de facer algo altruísta. Parece que só teñen dereitos e non teñen obrigas .             

     Porén, este produto dos NI-NI son o evidente resultado dunha crise de institucións cómo a familia, que ten a súa orixe nestes últimos vinte anos dun neo-libaralismo salvaxe e crise global, cunhas relacións sociais dentro dun sistema consumista e económico. Cando todo isto falla entra en crise os valores. Iso é o que está pasando e non temos unha cura máxica para resolver este grande problema. Para comezar tiñamos que apagar a tele e acender o cerebro e revolucionar a próstata mental. Ou sexa, poñerse as pilas e dar exemplo a estes “parasitos” que aínda nós con 50 ou 60 anos temos “soños utópicos” revolucionarios de cambiar o mundo, quizais pouco podemos facer, pero si motivar. telebasura.jpg          

    Cómo dicía aquel gran mestre Paulo Freire: “Decir que los hombres son personas y como personas son libres y no hacer nada para lograr concretamente que esta afirmación sea objetiva, es una farsa.” Esta nova tribo son uns farsantes, son o inmobilismo personificado dunha xeración marcada pola crise de ideais. 

 

15/01/2010 GMT 1

O fundamentalista Munilla

sarampelo @ 14:44

Cousas de Xoán de Cagalloso e Soutomaior

 

 O fundamentalista Munilla

 

- El recién nombrado obispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla, ha asegurado, en declaraciones a la cadena SER, que "existen males mayores" que el que está sufriendo el pueblo de Haití tras el potente terremoto que asoló Puerto Príncipe hace dos días. Para Munilla mucho peor que las muertes, el dolor y el caos instalado en la isla caribeña, donde los muertos superan ya los 50.000, es "nuestra pobre situación espiritual y nuestra concepción materialista de la vida". Son dos defectos que caracterizan a nuestra sociedad, en opinión del obispo, y por los que "deberíamos llorar". -

allan-macdonald.jpg

        Xa votou a lingua a pastar (e cando fala manda carallo) este Sr. Bispo de Donostia. ¿Pero por que non cala este representante da organización e seta   máis antidemocrática que existe?.              

Estas declaracións son de moi mal gusto ante a desolación e morte dunha catástrofe como a de Haití con milleiros de mortos. Parece que debe ser algo máis que lle caeu do ceo aos hitianos e iso e menos grave que a preocupación que ten este Sr. coa nosa espiritualidade.        

 A pobreza dese espírito Sr. Bispo Munilla, da que Vd. fala, está na súa propia seta ou organización, que nada ten que ver co ensino daquel que crucificaron fai unha morea de séculos. Vd. e máis toda esa caterva de lacra son o reino dos infernos na terra, son deses “ricos” que xamais entraran no “reino dos ceos”        

 Non se preocupe pola miña espiritualidade. Preocúpese de recuperar a súa que voa falla lle fai e ao mesmo tempo achegarse ao sentido común. Vd. representa a esa España grotesca de pacotilla, un esperpento daqueles dos que falaba D. Ramón del Valle-Inclán.

No Evanxelio según San Mateo (cousa que Vd. predicará nos seus discursos) hai un apartado 7.5 que di: "¡ Hipócrita ! saca primero la viga de tu propio ojo, y entonces verás bien para sacar la paja del ojo de tu hermano". O Sr. Bispo non se entera nin se quere enterar da súa propia doutrina, e despois falan dos fundamentalismos árabes. Teñen máis cara que un zapato vello.

Vállase Sr. Bispo a fritir espárragos e pídalle perdón de xeonllos ao pobo haitiano.  

A ilustración  de Mac Donald é moi clarificante.    

Xoán de Cagalloso e Soutomaior  

 

12/01/2010 GMT 1

A hipocrísía de D. Luís Yañez

sarampelo @ 19:58

A hipocrisía do Sr. Eurodeputado Luís Yañez

 Ler Artigo en Público

 Ler artigo neste Blog      

      O día nove deste mes o Sr. Eurodeputado escribiu un artigo moi interesante por mor da súa expulsión de Cuba. Estiven unha morea de veces lendo e relendo ese artigo e de tantas palabras só saquei unha conclusión, o resumo con dúas palabras: un discurso burgués.  Permítame Vd que lle tutee, desta maneira a cousa é un pouco máis levadeirayanez.jpg. Digo eu, nonsí.

 

     Mira Luís, dis que desde xove sentiches que a liberdade era unha necesidade vital e ingresaches no “clandestino PSOE  en 1962, non che quito ese mérito de dar ese paso ¿ Pero que carallo era o PSOE neses anos en España?. Voucho dicir eu, ese partido nos anos máis duros do franquismo era un club de amigos da clase burguesa, algúns (poucos) con moi boas intencións os demais cunha visión de futuro oportunista, disto algo ten que dicir o teu amigo dese club sevillano o Sr. Felipe.  

 

       Luís, lémbroche que daquela o único partido que loitou con esforzo e resgo das súas vidas polas liberdades foron os homes e mulleres do PCE e PSUC na súa maior medida pola cantidade dos seus militantes, sen esquecer a outros frontes e organizacións do estado español como PT, MC, Anarquistas. Vos estabades haber como foder a Llopis no futuro Suresnes. Hoxe ao ler certas informacións, recordeime o que dicía Manolo Vázquez Montalbán naqueles tempos dos anos 60-70 que, a policía franquista BPS tiña sempre moi presente: aos comunistas leña ao mono e represión a moreas (torturas, asasinatos, anos e anos na cadea), o trato aos “nenes “ onde ti militabas tiñan un tratamento moi especial, diso ti sabes moito,  ao “nene” Felipe a ese nin tocalo, soamente facían o “paripé” con todos o do voso club de Sevilla. 

 

      Seica  es socialista e socialdemócrata. ¡Carallo!. E iso como se come, con patacas ou con chícharos. Non teño tanta intelixencia para comprendelo, debo de ser un idiota, preguntareillo ao escribidor de cousas  deste Blog un tal “curmán do Fervello” que disto entende moito. Haber o que me di. 

 

        Cando che expulsaron de Cuba ti comentas que che preocupaban as palabras do embaixador : “......sabíamos lo que Yañez pensaba hacer......”.¿ Porqué  non tes a coraxe de dicir a cantos turistas estranxeiros  está expulsando EEUU ?. Non denunciaches desde o Parlamento Europeo a expulsión de xornalistas españois en Marrocos cando o de Aminetu Haidar. Falas de vacacións en Cuba, iso non o cre nin o que asou a manteca, soamente ollar a túa paxina Web  para saber o teu anticomunismo que levas nos poros.  Eu aconsélloche outros países marabillosos de vacacións: Marrocos onde podes entrar libremente se ti non metes os pezuños , como intentaches facer en Cuba. Pides unha entrevista cos teus amigo do Frente Polisario (coido que non teñas ningún) para resolver o do Sahara. Despois viaxas ata Irak e placidamente escribes desde as praias de Basora. Outros sitios recomendables poden ser Pakistán, Honduras, Haití e inclusive Colombia. ¡ Ha !. Non te esquezas, vaite sen a inmunidade diplomática. 

 

       Mira Luís, mi amor, de que liberdade estás a falar. Da liberdade dos millóns de parados que non poden vivir dignamente. Onde está a liberdade dos traballadores deste país en precario explotados por este sistema neoliberal capitalista inxusto que ti apoias nesa institución europea votando cos neoliberais . Que me dis da liberdade dos partidos políticos con esas listas pechadas. ¿Cando poderei votar e elixir  libremente  na papeleta á persoa que eu considero honesta. Esa liberdade da que ti falas soamente serve para explotar ao persoal con merdas de soldos, a de especular coa vivenda. ¿Esa é a liberdade da que ti falas?. Entón te quedas ti con esa liberdade e de paso lávate con lexía a boca antes de criticar a Lenin . Luisiño, vendo o que temos na casa, e escarallante que vaias a criticar e facer política imperialista a outros países. As nosas oligarquías de partidos que apoiachedes,   herdeiras do réxime franquista representades á máis pura burguesía . ¡Coidado!. A min non, a min ti no me representas Luís. 

 

      É  moi doado falar de liberdades burguesas co estómago e o bolso cheo, cómo o teu amigo Felipe I O Fermoso chamado de mal nome X. Ou de Solana que está a defender os dereitos humanos apoiando invasións capitalistas, onde provocou terror e morte en nome das “democracias” burguesas que tanto che gustan a ti e a  todos vos. A autentica liberdade Luisiño, non é a que escribes e escribides nos xornais burgueses, senón a que desprende de actos cheos de valores de solidariedade e igualdade. Tiveches un exemplo para ti poder facer un exame de conciencia en Haminetou Haidar, pero coido que pasaches do problema cómo case cen pobos 

 

      Tres cousas Luís: a primeira que eu tamén te votaría do país. Segunda: deixa de chamarte socialista e socialdemócrata. A terceira non fagas máis discursos imperialistas coa idea de que fascistas e comunistas son as dúas caras da mesma moeda. Luisiño, con este discurso insultaches á intelixencia do persoal e insultaches á memoria histórica do século XX

 

 

       Luisiño querido, o curmán do Fervello coido que xa me aclarará o que ti es, concretamente en este asunto de “sociatas”. Llo preguntarei cunhas arelas tolas. 

 Xoán de Cagalloso e Soutomaior 

Ler máis »

11/01/2010 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Os esperpentos da actualidade-Teo Cardalda F.

sarampelo @ 13:19

 

 

 

Os esperpentos da actualidade        

      A semana pasada a 2 de TVE  ofreceunos unha emisión que facía moitos anos non ollaba. Quedei moi sorprendido xa que fai unha década que deixei de ver TV en tódalas súas vertentes e programas, non sendo de cando en vez algunha que outra película que pagara a pena.      

     A emisión tratábase da triloxía de esperpentos Martes de Carnaval de Valle-Inclán ( La hija del capitán, Las galas del difunto e Los cuernos de D. Friolera).Foi para moitos televidentes  algo moi especial e sorprendente  o ver na TV as obras de D. Ramón, polo motivo a que nos teñen acostumados os espazos televisivos da sub-cultura coas estrelas da cotilla, manipulacións e desinformacións lubricando a próstata mental ata límites insospeitados.   valleinclan.jpg    

       Toda a audiencia que viu a triloxía temos que agradecer á TV pública esta iniciativa  xa que nada podemos agardar  de ningunha outra TV . Foi un toque de atención a eses outros esperpentos actuais. Esperpentos da nosa “cultura” española cómo: Belén Esteban,  e moitos máis que  por falla de espazo nesta opinión enchería toda a cuartilla.       ç

        Coido que os esperpentos de Martes de Carnaval en versión televisiva foi un traballo excepcional por parte do guionista  Rafael Azcona ( finado en 2008 ) e do director José Luís García Sánchez, cuns extraordinarios intérpretes : Juan Luís Galiardo, Juan Diego, Adriana Ozores, Paco Tous e Pilar Bardem.        

      Don Ramón del Valle-Inclán nesta triloxía móstranos a seres grotescos, de pacotilla,de pura máscara e presentan o retrato degradante da sociedade española,  arremete contra os tópicos máis penetrados na vida do pobo español. Valle-Inclán móstranos a máscara ríxida dunhas convencións e duns principios falsos, a dimensión grotesca da existencia humana.  esperpento.jpg     

     É de mágoa que todos eses seres grotescos e de pacotilla daqueles esperpentos teatrais de D. Ramón, hoxe despois de 85 anos, os estamos contemplando na máis crúa realidade nas Televisións e outros medios cos programas lixo, achegándonos a ese retrato degradante da sociedade española.        

     Na última obra da triloxía que emitiu a 2 TVE, “Los cuernos de Don Friolera”, ao final di Don Estrafalario: “España es solo la deformación grotesca de la civilización española”. Esas palabras escritas por Don Ramón, teñen hoxe moito máis actualidade que cando as escribiu, o digo polo panorama televisivo actual que nos están a ofrecer de  “cultura”, manipulación prostática mental e de contrabando de palabras. 

Teo Cardalda F.

 

03/01/2010 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-Unha sociedade desinformada-Teo Cardalda

sarampelo @ 00:50

Unha sociedade desinformada       

      Coido que ante esta sociedade dirixida que vivimos, temos algo moito peor, unha sociedade desinformada. Para desgraza de nós, se queremos atopar ou escoitar algo que aseméllese á obxectividade temos que remexer nalgúns medios que pescuda nas mentiras e manipulación dos grandes medio e os poñen espidos e co cu ao ar. Hai uns días a “Web Arret Sur Images” descubriu a manipulación  da “cadena France 2” que emitiu a semana pasada imaxes da protesta da ditadura hondureña como se fosen imaxes da recente manifestación en Teheran.

     Concretamente esa fotografía atopábase nunha fotogmanipulacion1.jpgalería do 19 de xullo no dixital de “Le Figaró”.           

 Ou sexa, o que en Honduras non era represión, en Irán remata sendo  por graza duns manipuladores da prensa internacional controlada para dirixirnos, manipularnos e desinformarnos. Qué mais se pode dicir, este é un exemplo de miles de casos. Así é como os gobernos de Occidente que teñen o goberno pero non o poder, crean opinións no mundo (por orde dese poder na sombra) á súa medida segundo os intereses en cada contexto.                

Desta maneira lembraremos a creación daquela opinión mundial favorable á guerra de Irak cunha grande mentira. Aínda hoxe está  custando milleiros de mortos, o petróleo roubado e repartido entre esas grandes petroleiras de EEUU  e os culpables organizan conferencias (guita millonaria) nos púlpitos, onde falan de ética e moralidade, póñense de moreno no verán nos iates, no inverno con raios UVA, bótanlle chapapote “finolis” ás canas e dormen a perna solta.      2223533829_cd1c0e51e8.jpg

Con esta desinformación e manipulación que nos están vendendo sobre Irán, alguén destes novos “finolis canosos de chapapote” xa están pensando en facer como os outros: volver a matar, cometer xenocidios e roubar, sendo os medios internacionais que teñen o poder das grandes corporacións que controlan aos gobernos, aplaudindo a iniciativa. Cando as cousas non son cómo teñen que ser, hai gato pechado.          

Comezamos o novo ano 2010 co mundo ao revés. De tolos. E estes suxeitos quédanse tan panchos . Non teñen nin un anaco de vergoña e o mundo contemplando as paranoias e surrealismos destes “mandilóns” que entregan o Novel da Paz a un guerreiro.   original_21559_140x105.jpg   

Seguen lubricando a próstata mental dos cidadáns con manipulacións e desinformacións para os seus fins bastardos.  ¿Cando recuperaremos o sentido común dunha puñeteira vez?. Quizais cando o recuperemos sexa demasiado tarde. 

Teo Cardalda F.          

 

Vexan as "Perlas Informativas" de desinformación e manipulación dos principais xornais de España por Pascual Serrano. Non ten desperdicio a pescuda.

Artigo escrito en Galicia Dixital

31/12/2009 GMT 1

Comando Cultural Os Rabiscos-O curmán do fervello-Unha de consensos

sarampelo @ 12:46

Unha de consensos. 

Non me negarán que o ano pasado houbo abondo consenso na Galiza e no que vai quedando de España. 

Francos lazos de unión e entendemento tenderónse entre Goberno e Sindicatos co pío obxectivo de manter a paz social sobre os cimentos de 4 millóns de parados abertos en canal. Ou moi pillo é Zapatero, ou moi derrotados están os burócratas sindicais, que non teñen valor pra convocar unha protesta social por cómo os ricos levaron quentes os cartos: é o resultado de convertir este tipo de asociacións en brigadas de liberados e delegados sindicais que ben poden levar ata ¡16 anos! no Comité de Empresa, sei do que falo, que teño un deses no meu chollo.zpdialogosocial.gif 

Menor consenso houbo hai uns días entre o xefe da patronal española, señor Díaz Ferrán, e os miles de persoas que deixou tiradas xunto á máquina de café de Madrid-Barajas. Os empresarios de agora, da democracia, sonlles máis lucidos ca os casposos aqueles que andaban detrás de Franco e de doña Carmen.

Os empresarios de hoxe en día teñen un punto interesante, gastan moreno de iate, bótanlle brea ás canas, lubrican a próstata en fin de semana e gastan en vicios o xusto, un ou dous gramos, mais no tocante á xestión das súas empresas son pésimos, e, cando hai problemas, chaman por papá Estado para que solte panoja, flete sete avións, subvencione aos bancos amigos e abra unha liña de crédito para caprichos. Gran consenso, sí, hai arredor do académico da “Real”, camarada Méndez Ferrín, que debe gardar no piso de Vigo, baixo sete chaves, as sinaturas necesarias para ocupar o posto de Presidente da máis alta institución da sen oso galega. 

Por fin, por fin, e por fin, faise xustiza con Méndez, porén sexa no eido literario, e, por fin, Méndez gañará unha votación fóra da FPG e da CUT. E será, pásmense, por consenso: Ferrín, candidato de consenso, non é emocionante? O chollo debe estar feito cando o ex-claustrado Barreiro apoia a xogada, porque Barreiro, un home con moito púlpito, non dá puntada sen fío, nen deixa biblioteca sen analizar, é o que contan por aí, xa saben. Amaís, con Méndez na Presidencia da “Real” Academia Galega, matamos figuradamente aos descerebrados dos lusistas, en bo número ex-alunos do profe de Coia, ou ex-camaradas de calquer partido marxista-leninista de Nazón: con Méndez na Academia, non fica espazo nen á esquerda, nen á dereita, nen no centro, de xeito que a alternativa para esos iluminados é brincar cara o valeiro e chutarse en vena con patrón portugués. 

Cunha mínima de sorte, Xosé Luís Méndez Ferrín consensuará dietas, conferencias, discursos en enterros e separacións matrimoniais no Tribunal da Rota co resto dos académicos e académicas, agás con Xesús Alonso Montero e Franco Grande (vaia apelidos, en fin), e quén sabe, ao mellor comete outra falcatruada como aquela de tirar un voceiro do seu partido político de Nazón con este título: “Sempre en Galicia”... cando ata os de “Galicia Bilíngüe” saben que o texto de Castelao titúlase... “Sempre en Galiza”. Consenso, outravolta, en que Castelao non sabía papa da normativa. 19235.jpg

Onde sí houbo consenso, por riba e por embaixo, é no Parlamento Galego co asunto das Caixas de Aforro. Enténdanme, acordo e consenso entre PP e BNG, porque os sociatas adicáronse sen esforzo a nos proporcionar o número habitual dos Alcaldes de A Coruña e Vigo agora mendigando patas de nécora e unha sede da futura Caixa Única do Pobo Galego (CUPG). Sobre o PP, paso de lles decir ren porque saben mellor ca mín que o “Gran Líder Freijonetas” quere o mellor para nós e para todas as nais e nenos lactantes do País.En canto ao BNG, debo recoñecer a miña sorpresa pola actuación tan desinteresada que estiveron a desenvolver no asunto da fusión das Caixas de Aforro Galegas, aman tanto ao País que foron eles os que entregaron un borrador da nova Lei de Caixas ao PP. Isto é ser un auténtico patriota, colega. 

Lembro o chocho que lle montou a UPG a Xosé Manuel Beiras por ir cear  de cando en vez con Manolo Fraga a un reservado do “Vilas” para tratar da reforma do Estatuto. Os mesmos jichos, ou Xudas, que, agora, non teñen empacho en se aliar co PP para diseñar unha especie de Banca Pública Galega, trincando os aforros dos impositores, e entre un 20 e un 25% da representación en asambleas e consellos da futura “Caixa Única do Pobo Galego”, xa coñecen as siglas.2693522w.jpg 

Vaia. Despois de ver a Obama na Presidencia dos Estados Unidos de América pensei que o cupo de sorpresas estaba cuberto: pois non, aí están os nosos comunistas patrióticos merendando cos do PP ata se fartar. Que leven un bo empacho, e vomiten. Xa para rematar, penso que esta “Unión Temporal de Bandidos” (UTB) provocará efetos colaterais:

  1.  O PP sairá reforzado e aumentará a súa rede clientelar ata extremos insondábeis, e controlará desde a negra sombra unha palanca orzamentaria por fóra dos Orzamentos Públicos.
  2. O BNG aumentará a súa capacidade para crear País e montará en paralelo a súa particular rede clientelar para o seus artistas (non esquezan a famosa “Obra Social” das Caixas) e para os seus insaciábeis Alcaldes, case todos en núcleos de poboación máis ben pequechos.
  3. O PSG-PSOE levará unha hostia anunciada por non se sumar ao tinglado que sementa futuros desacordos entre os partidos que argallaron o Goberno “Bi”.

 Sospeito que, tanto BNG como PSG-PSOE, están convencidos de que non pisan moqueta en varios anos, ¿8, 12, 16?, e que a situación aconsella alugar unha toupeira con calefación central, ou sexa, seguir unha liña política estratéxica que consista en situarse o máis a caron do lume e rezar para que o PP meta a pata mentres un novo Mangouras manexa o timón. 

O curmán do Fervello.

 

26/12/2009 GMT 1

A Viñeta de Alland Macdonald

sarampelo @ 09:15

 NADAL 

A VIÑETA DE :

p_26_12_2009.jpg

21/12/2009 GMT 1

Contrabando de Palabras

sarampelo @ 01:53

 Contrabando de Palabras

 

Que vergoña de país, os "falsimedia" están a facer enquisas sobre quen gañou ante o caso Aminatu Haidar. Si Marrocos ou España. Pero o máis triste de todo isto é que algúns xornalistas "mandilóns" e mercenarios da pluma que andan con "contrabando de palabras", lle fan o xogo ao donos neoliberais "neocon" deses xornais que feden a podre.p_20_12_2009.jpg

 

Fan enquisas como se fora o fútbol, o Real Madrid e o CF Barcelona e comentan que,  seis de cada dez españois consideran que Mohamed VI “ha conseguido imponer sus intereses".

 

Malditos sexan estes "mandilóns". Aquí, señores da canallesca?. O único quen gañou foi a dignidade, os valores éticos e morais, os dereitos humanos e a persistencia encarnada en Aminatu Haidar. Qué nos serviu de exemplo de dignidad ante a sociedade española.

¡ Mandilóns !. Sodes uns mangantes do carallo.

 

Xoan de Cagalloso e Soutomaior 

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis